lunes, 29 de agosto de 2011

ESAS COUSAS QUE VOS QUERO PREGUNTAR

Parécemo a min ou moitos andaluces crense simpáticos soamente por ter ese acento?

Por que a maioria de rapaces tuning saen con rapazas que traballan en salóns de peiteados?

Que proporción será maior… a de galegos coa pegatina GZ no coche ou a de asturianos coa cruz amarela?

Hai algo mais feo neste mundo que a perilla de segurata?

Quen ten máis barba, Jorge Javier Vázquez ou Chuck Norris?

Cando pensades na barba de Chuck Norris… a imaxe que vedes é unha moqueta marrón?

Credes na maxia do triángulo vital "sexo-comer-cagar"?

Hai algo mais obvio que os complexos de José Mourinho?

Non vos parece que está moi normalizado eso de que te exploten no traballo e ter que dar gracias por elo?

Que é máis bonito que unha braga branca microperforada?

Mataríades a alguén se o acto non tivese consecuencia?

Que anuncio vos pon máis dos nervios… o de Wipp Express ou o de Ligeresa?

Non leva Claudia Schiffer sendo toda a puta vida igual?

Tamén credes que a Cuore emprega o Photoshop para empeorar ás celebrities?

Pensades que a Cuore é a mellor revista para ter no baño?

Eso de "non cantes… que vai chover" está pasadísimo, verdade?

Se comes moito, a polla non engorda, non?

Non vos gustaría ter un chimpancé como mascota?

Hai algún tipo que se equivoque máis indo de guapo e bo mozo que Aznar?

Vistes algunha peli de Van Damme na que non se escachara?

Hai algunha mentira máis idiota que cando entrevistan a un madrileño para a tv nun restaurante galego en verán e di eso de "esto también lo tenemos allí, eh!"?

Hai que ter bigote para ser moi, moi, moi, moi, moi, moi moderno? Ou hai que telo só para ser moi, moi moderno?

Que é de OBK?

Por que teño que escoitar a palabra "estramonio" cen veces esta semana sen querelo?

Quen inventou (e se quedou tan tranquilo) eso de "Curuña, la ciudad en la que nadie es forastero"?

Un gin&tonic de pola tarde… só me pon a min cachondo?

Non cansa moito xa o rollo de A Mariña Lucense e o clima?

En verán só se pode ir a Ibiza?

Non son as tendas de campaña Quechua o mellor produto deste século?

Por que moitas mulleres comezan a vivir como queren cando lles morren os seus homes?

Non vos dan mal rollo as persoas que usan seguido refráns?

Deixaríades que vos mexara encima Falete se vos pica unha medusa?

Hai algo máis guai que ser tranquilo?

Por que moitas rapazas confundiron a madurez co aburrimento?

Que quere dicir que no trinta aniversario che regalen un skate longboard? A ver se te matas e me deixas tranquila? Regalo para que non me sinta vello? Que?

Que é máis horrible que o trikini?

Por que volve a estar de moda o rap?

Non vos molaría ser negro para ter "hermanos"?

Por que hai tanta xente de cor laranxa pola rúa ultimamente?

Non é unha merda a Maruxaina?

Hai algo máis alternativo que cagarse en dios nunha conversa?

Que triste reducción de éxito terá un rapaz que ligue en galego en Coruña?

Cantas mentiras costa facer sentir especial a unha muller? E a un home?

Cantos calzoncillos teño? 100?

Foi este o peor verán da historia?

Que hai máis molón que unhas brochetas de tomate cherry e queixo fresco antes dunha tortilla?

Hai mellor plan que ver o Barça un sábado pola noite?

Beber champagne Viuvé Clicquot directamente do peito dunha muller?

Corremos o ano que ven a maratón de New York?

Morreu Ben Johnson?

É Paquirrín riquiño?

Cal é mellor nome para un club? "Azúcar"? "Vanessa"? "LaCona"? "Aquí esbara"? Ou "Suavecito"?

Quedan ben as gafas de sol indo en pelotas?

Pódese xogar a pelota vasca na frente do presentador de "Enemigos Íntimos"?

Son obrigatorias as dilatacións se levas tatuaxes?

Ten un bo polbo o neoliberalismo?

Que pesa máis un quilo de pipas ou un de alma?

Vale de algo peitearse pola mañá se vas á praia pola tarde?

Son máis listos os calvos?

Quen foi o guai que inventou palabras como "nembargantes" ou "coido"?

O de "Gallegos y asturianos, primos hermanos"… quen o dixo por primeira vez? Un galego ou un asturiano?

Alguén deixou as lentellas sen comer cando lle dixeron o de "… si no las quieres, las dejas"?

lunes, 15 de agosto de 2011

PALABRAS

CAN
AMEBA
SEÑORA
TENEDOR
AMENCER
TECNO
SOL
COLCHÓN
MAR
XABÓN
MADEIRA
SENSACIÓN
VERDE
LUCES
PERFUME
XEO
BEIZOS
FALAR
LIBRO
PEL
REFRESCO
PERNAS
AUGA
ESTACIÓN
CAFÉ
PELOTA
CEA
CAMISAS
COCIÑA
MARRÓN
CREMA
SAL
BICICLETA
CALMA
HERBA
AREA
SALTO
NOITE
TENSIÓN
TRABALLO
PENSAMENTO
MÚSICA
NUBES
LUGAR
AMIGO
ESCOITAR
COMER
CEO
ENTENDER
MIRADA
AIRE
SANDALIAS
GATOS
MINUTOS
CARTEIRA
CIGARROS
MESA
VIÑO
AUSENCIA
MEDO
CANSANCIO
BESO

domingo, 7 de agosto de 2011

HISTORIA DUN XV ANIVERSARIO


Un XV Aniversario é algo que costa cumprir, é algo que dá que facer, que dá que manter, que supón un esforzo por todas as partes… pero un esforzo a hostia de agradable de asumir neste caso, un pracer, un encontro entre amigos, entre compañeiros, unha xuntanza para poñerse ao día… é o día do verán!
Van xa quince anos, quince ceas desde que un grupo de rapaces arredor dos trinta anos (a maioría) e da cuarentena e pico (a minoría) se xuntaron para cear e conmemorar os poucos éxitos dun equipo de baloncesto cadete que, por contra, cimentaron unha boa relación de amizade.
Case sempre nos xuntamos un día do verán (que pode variar) en Xullo ou Agosto e ultimamente nese paso dun mes a outro que marca o ecuador estival, para cear. O noso templo culinario foi a maioría das veces o Bar Acuario, máis coñecido como "O Chulo", aínda que tamén ceamos unha vez en O Frenazo de Alfoz e nesta última, en O Burato de Malpica. Ao principio, estábamos todos, Carlos ("O Tano"), Marco ("Blody"), Pablo ("Poni"), Miguel ("O Checo"), Manuel ("O Polaco"), Juanjo, Lluís, Jorge ("O Tunin"), Calvín ("O Campanillo"), Gustavo ("Gus"), Dorado ("Doris"), Emilio José ("Avisio"), os adestradores Simeón ("Sime") e Alejandro ("Ale") e máis eu ("O Jalo"). Polo camiño foron caendo algúns, uns definitivamente e outros puntualmente (por motivos de axenda). Outros non faltamos nunca pero o verdadeiramente importante é manter o espíritu de equipo… e lógrase.
Todos estes anos foron deixando anécdotas inolvidables, feitos espectaculares, comentarios esaxerados, discusións de temas repetidos (unhas máis intensas que outras), pachangas de basket subrrealistas, excesos de gin & tonics, partidas de ping pong, de baralla española, conversas sobre o uso do galego, viños, cervexas, pratos combinados, pizzas, bailes, escapadas, análises estéticos, música e moito, moito máis.
O ano pasado, medio en broma medio en serio, decidimos que a seguinte cea, como facíamos eses quince anos, celebraríase en Malpica. Por que? Pois non teño nin puta idea! Quizás porque é un pobo especial, un lugar do litoral galego porta da Costa da Morte, con atractivo turístico, cunha paisaxe agreste, un acerto (creo) que non se esquecerá facilmente.
Algúns quedamos no Xoyma para almorzar ás nove e media da mañá e sair sobre as dez. A outro collímolo en Coruña e outros viñeron ata Carballo. Chegamos a Malpica a mediodía, cedo, á unha en punto, deixamos as cousas no Hostal JB (curioso nome, Josefina e Balbino? Justerini & Brooks?) onde a extravertida dona nos botou unha bronca por quedarnos só un día. A primeira caña tomámola abaixo, no paseo da praia (abarrotado, por certo), e as seguintes foron por todo o pobo. Martinis, viños e cervexas ata que chegou a hora de comer, que nun principio tiña que ser obrigatoriamente ás dúas e cuarto (sen escusa) pero que acabou sendo ás tres menos cuarto. A marisquería O Burato foi a elixida, preto do porto, pementos de Padrón, lagostinos á prancha, arroz caldoso, flan cun raro sabor a queixo Loran, chupitos e dixestivos. Un restaurante con camareiras na puta berza, ausencia de café e cervexa, un saleiro que foi moi necesario, protestas, cigarros ao aire libre e risas.
Despois de hora e media comendo, comezou a sesión gin & tonic nun bar bastante curioso de enfrente da praia urbana. Uns xogaron ao mus ou ao tute mentres outros soamente falábamos das fichaxes da liga española. Alí botamos toda a tarde, unhas cantas horas, entraron as nubes pero non avanzaron, quedándose estancas á altura da beira, coma se o mar frease ao clima, non permitindo á choiva amargarnos a festa. Pouco tempo máis tarde, o solete saiu e deixounos, a algúns, pegarnos un baño nese estado de brilo nos ollos que nos espabilou levemente. Unha hora máis tarde estábamos xa cambiados e dispostos a comezar a sesión de viños. Coma sempre, caeron uns cantos, a ritmo razonable, sen presa pero sen pausa ata que nos entrou a fame outra vez. Preguntamos no bar que estábamos se era posible picar unhas racións xa que quedaban mesas libres. A resposta do camareiro foi "Imposible!", unha constante en toda a viaxe. Decidimos irnos a tomar outra para intentalo máis tarde. Voltamos e agora si, na mesa de fóra, démoslle ás racións de calamares, chipiróns e raxo, cousa light, lixeira, encher o bandullo para o tema duro do resto da noite. Cando nos levantamos, non quedaba outra que desfrutar do Nordestazo Rock, que casualmente coincideu na mesma fin de semana. Deunos tempo de escoitar a Che Sudaka e a Stereotypos, os primeiros rollo mestizaxe e os segundos cun toque rock electrónico ao Delorean. E veña bailes, e veña tickets para cubatas, e veña fandango, e veña idas e vidas, e veña trangallada ata o fin do evento. Deste intre en diante, pubs, máis copas, perdas de equilibrio, retiradas por turnos e unha empanada de bonito camiño do hostal.
A xuntanza comezou diferente das demáis pero acabou igual que todas, da única maneira que se pode acabar… coa vista neboenta, arrastrando os pés e co sentimento de ter desfrutado o máximo xunto a outros dez tipos que agardo se sigan reunindo moitos anos máis.