domingo, 30 de octubre de 2011

O SOÑO DUNHA NOITE DE OUTONO


"Line" - Portico Quartet (Sbtrkt 'More Hang' Mix).
"Maybes" - Mount Kimbie (James Blake Remix).
"Wire" - Jon Hopkins (Nathan Fake Remix).
"You Are Here" - Nathan Fake (Four Tet Remix).
"Love Cry" - Four Tet (Joy Orbison Remix).
"Limit To Your Love" - James Blake (Freemun Dubstep Remix).
"I Feel It All" - Feist (Diplo Remix).
"Love Like A Sunset" - Phoenix (Animal Collective Remix).
"Skinny Love" - Bon Iver (Das Kapital Rerub).
"Forever Dolphin Love" - Connan Mockasin (Erol Alkan Rework).
"Awaiting An Accident" - Boom bip (Lali Puna Remix).
"Take It Back" - Toddla T. (Dillon Francis Remix).
"El Moreno" - Mexican With Guns (feat. Helado Negro).
"Kaili" - Caribou (Fuck Buttons Remix).
"Real Love" - Delorean (Pional Remix).
"Kalise" - El Guincho (Delorean remix).
"Tribulations" - LCD Soundsystem (Lindstrom Mix).
"Plans" - Bloc Party (Replanned by Mogwai).
"Shelter" - The XX (John Talabot Remix).
"Surfer's Hymn" - Panda Bear (Actress Primitive Pattern Remix).
"Night Air" - Jamie Woon (Blue Daisy Market).
"Kick Out The Chairs" - Munk con James Murphy (Who Made Who Remix).
"The Journey To Serra da Estrela" - The Phenomenal Handclap Band (Fujiya & Miyagi Remix).

domingo, 23 de octubre de 2011

ESES BARES...

Na nosa cultura, galega e española, sabemos, vivimos e desfrutamos dun tempo ocioso que se desenvolve en grande medida nos bares, eses lugares onde se toma café, té, copas, refrescos (poucos) e tamén comida (en ocasións). Son algo así como templos, moito máis visitados que as igrexas (cada vez máis abandoadas), refuxios de persoas que buscan escapes das elevadas horas de estancia nos traballos (que non sempre se corresponden con horas de traballo… horas produtivas me refiro), locales de reunión destinadas á socialización extrema, sexa esta profunda ou superficial. O caso é que os bares están ahí para nós, agardando a ser ocupados por ferventes consumidores non moi esixentes.

Acudimos a bastantes e de diferentes tipos, pero hai uns que teñen un significado especial… non sei se son os máis guais ou os que máis nos gustan… o que sí sei é que son moi relevantes nas nosas vidas. De festa, de descanso, de charla, de debate, de encontro, de paso fugaz, de estancia continuada… moitos tipos, como digo.

Hai uns bares que ocupan no noso día a día un espazo único e diferente. Son aqueles que nos traen as lembranzas máis regulares, máis habituais, nos que facemos cousas que nos identifican. Se tivésemos que elixir os nosos favoritos, estes, non aparecerían na lista… estarían nunha que non existe.

Nas diferentes etapas da miña vida, foron aparecendo e facéndose fortes unha serie de locais que boto de menos (algúns) e outros aos que non desexo voltar (algúns, tamén).

En Foz, o meu pobo, hai un no que, cada vez que vou, paso o tempo de despois de comer (unha ou dúas horas), sexa a época do ano que sexa, é "A Eskina", que é un bar situado enfronte da praia da Rapadoira, o epicentro do turismo focense. Nel, sempre encontro á mesma xente e case sempre tomo o mesmo, un café (con xeo ou sen el) e en contadas veces, en festas e eso, emociónome cun gin & tonic de tarde. Poido quedarme dentro ou fóra, en función dos acompañantes, dos temas de conversación ou do clima. Para min supón unha posta ao día do feito popular, unha tormenta de ruxe ruxes sá e saudable, supón unhas risas con vaciles de lado a lado (que van e veñen… 'hostias como panes'), unha actualización do devir político local, unha aceptación e visionado das rapazas de moda, un complemento informativo a Punto Pelota, supón unha lectura superficial da prensa diaria (deportiva, autonómica e central) ou unha vista rápida da Interviú (cos intercambios de opinión propios sobre tetas operadas ou non). A Eskina é unha neopousada dun par de horas.

Na Coruña, o meu lugar era o "Torre Esmeralda", debaixo da miña casa, ao ladiño da fonte de Catro Camiños. É un bar-cafetería de clientes fixos, do barrio e de traballadores da zona, uns camareros tan agradables de segundas como secos de primeiras. Ten madeira escura e mámore, fotos nas paredes e ultimamente, polas mañáns da fin de semana, estase a convertir no novo Portiño (por que?). Era ideal para ver calquera partido de fútbol (tanto liga como Champions) no que xogara o Barça e que non desen en aberto, claro. Tamén para ir conectarse a internet (se non tes na casa), para tomar un café de mañá ou a cervexa de espera dun colega. Xente maior, xente xove, aquela muller de cincuenta e tantos sempre impecable e delgada como unha pasa, o meu veciño hipereducado que cheiraba a viño, aquel matrimonio de pailáns, os de UGT en mesas de catro, a vella xunto ao cristal… o Arenal enfronte…. ah! E os sandwiches mixtos vexetais.

Cando preparaba oposicións en Lugo, había un bar que significaba o desconecte das cinco ou seis horas que estudaba ao día. Unha horterada total, na Rúa Fontiñas, a un minuto do noso piso. Non é que fora moito pero é que nesa época tampouco ía a moitos sitios, unha vez á semana aproximadamente e case sempre a última hora. Non lembro o que bebíamos, supoño que cervexa (ou mojitos?) porque a principal atención era a misteriosa camareira do Sur de América (non sei o país pero pode ser Venezuela). Xogábamos a adivinarlle a vida, idade, situación sentimental, fillos, carácter, talla de sostén… así somos… supoño que uns porcos… ou será que sinxelamente non finximos? Chamábase o "Menta y Limón" e supoñía unha hora semanal de liberdade e fantasía naquel cárcere de apuntes e programacións didácticas.

Na miña estancia de un ano en Carballo, polo menos un par de veces por semana, baixaba á cervexaría do lado do meu piso, a "Boa Estrela", un lugar agradable no que tomar algo e falar un pouco. Case sempre ía acompañado polo que a conversa estaba asegurada. Cando non era así, sinplemente collía a prensa e a poñerme ao día. Era case toda en madeira, cun pequeno alto de mesas máis íntimas e con dúas pantallas de televisón nas que, entre outras cousas, vin a final que gañamos da Eurocopa de Fútbol. Penso que era un bar típico de xente xoven desa zona… camareiras guapas multiempregadas (pubs, bares, discos) coñecidas por todos os locais, coches "preparados" aparcados fóra xunto a motos de grande ciclindrada, lingua galega nos oídos, gomina e escotes.

No breve pero intenso tempo que estiven en Compostela (tres meses), había un bar que para min significaba "desconexión" e "venres pola noite", o "San Clemente", coas súas estufas de exterior e as xenerosas tapas coa cervexa ou viño. Traballaba nun cole en Negreira de substituto e preparaba oposicións ao mesmo tempo, o cal significaba de Luns a Venres, de oito da mañá a doce da noite, traballo máis estudo, co único descanso de unha hora para comer, así foron eses tres meses. O momento no que tomaba aire? O do bar.

Na fase londinense, teño dous con significado distinto: o "About Thyme" e o "The Steele's". O primeiro, o restaurante no que traballei, que no pranta baixa tiña unha barra de bar na que agardar a mesa ou degustar interesantes viños. Alí traballei de barman un tempo e outro de camareiro de mesa. Un restaurante de nova cociña europea con exposicións de pintura e actuacións de jazz e soul en directo. Na barra tiven moitas conversacións de bar cun presentador de deportes da BBC, cun dos excontables de Ruiz Mateos (piradísimo), cun xuiz, cun político do parlamento, cun branco e rico vello (caendo) e o seu xove noivo negro, cunha vella de Fisterra ou con Pepe, o comercial de Martin Códax… e cos compañeiros de distintas nacionalidades. O segundo, era un pub, aínda hoxe, un dos meus preferidos da capital, ao lado do noso primeiro fogar en Belsize Park. Música en directo (sobre todo acid jazz), menú Thai, varios ambientes e sempre boa compañía.

Agora, en Pontevedra, xa comezo a ver cal vai ser o meu bar deste tipo… o "Al Andalus"… santo nome! Preto do meu piso, enfronte á Alameda, e vai ser o meu bar porque é onde vou ver os partidos do meu Barça cando sexan de pago, hora e media de Aquarius e bocata quente de beicon con queixo. É un local normal, incluso con certo toque impersoal na decoración, pero ten o seu encanto… e ademáis é a sede dun clube de xadrez e acuden a el para xogar todos os días… silencio, entón. A maiores, ten unha camareira moi, moi agradable que trata á xente fantásticamente ben.

Eses bares...

domingo, 16 de octubre de 2011

CROMOS ESQUECIDOS?



STEVE SMITH:
2'03m. 97k. Escolta dos Miami Heat. Nº 3. 15.2 ptos./p. Guaperas.

SCOTT SKILES:
1'85m. 84k. Base dos Orlando Magic. Nº 4. 11 ptos./p. Como un taxista irlandés.

LAPHONSO ELLIS:
2'03m. 109 k. Alero dos Denver Nuggets. Nº 20. 15 ptos./p. De muslo ancho.

LATRELL SPREWELL:
1'96m. 86k. Escolta dos Golden State Warriors. Nº 15. 18.3 ptos./p. Rápido e moi de street basket.

JEFF HORNACECK:
1'93m. 86k. Base dos Utah Jazz. Nº14. 14.7 ptos./p. O Rivas (K.C. Rivac) da NBA (da liga… non na orquestra).

MARK PRICE:
1'83m. 81k. Base dos Cleveland Cavaliers. Nº 25. 16.5 ptos./p. Triplista central.

CLARENCE WEATHERSPOON:
2'01m. 109k. Pívot dos Philadelphia 76ers. Nº 35. 17 ptos./p. Reboteador pasao de peso.

GLEN RICE:
2'03m. 100k. Alero dos Miami Heat. Nº 41. 18.7 ptos./p. Triplista total superperilla.

RIK SMITS:
2'24m. 120k. Pívot dos Indiana Pacers. Nº 45. 13.7 ptos./p. Como Darío en alto.

CLIFFORD ROBINSON:
2'08m. 102k. Pivot dos Portland Trail Blazers. Nº 3. 14.5 ptos./p. Con cinta na cabeza e bigote negrata.

CHARLES SMITH:
2'08m. 111k. Pívot dos New York Knicks. Nº 54. 16.3 ptos./p. Reserva de Ewing.

CHRISTIAN LAETTNER:
2'11m. 111k. Pívot dos Minnesota Timberwolves. Nº 32. 17.5 ptos./p. Este chaval estivo no Dream Team.

SHAWN BRADLEY:
2'29m. 109k. Pívot dos Philadelphia 76ers. Nº 76. 10.3 ptos./p. Un spaghetti branco e rápido.

MOOKIE BLAYLOCK:
1'85m. 84k. Base de Atlanta Hawks. Nº 10. 13.3.ptos./p. Ladrón de guante branco.

CRAIG EHLO:
2'01m. 93k. Escolta de Atlanta Hawks. Nº 3. 9 ptos./p. Da escola de Paco Maldonado.

MAHMOUD ABDUL-RAUF:
1'85m. 73k. Base de Denver Nuggets. Nº 3. 15.4 ptos./p. Boísimo nos tiros libres e pelo pollísima.

MITCH RICHMOND:
1'96m. 98k. Alero dos Sacramento Kings. Nº 2. 22.7 ptos./p. Un superclase total.

VINNY DEL NEGRO:
1'93m. 91k. Escolta dos San Antonio Spurs. Nº 15. 8.6 ptos./p. Cara de capullo… o cuarto Fustes.

CEDRIC CEBALLOS:
2'01m. 102k. Alero dos Phoenix Suns. Nº 23. 11.6 ptos./p. Abría as pernas como Jordan.

ROBERT HORRY:
2'08m. 100k. Alero dos Houston Rockets. Nº 25. 10 ptos./p. Moi completo e peinado de Will Smith.

ROD STRICKLAND:
1'91m. 84k. Base de Portland Trail Blazaers. Nº 1. 12.9 ptos./p. Penetracións, roubos, defensa…

KENNY ANDERSON:
1'85m. 76k. Base dos New Jersey Nets. Nº 7. 14.5 ptos./p. Zurdo moi anotador, All Star.

TOM GUGLIOTTA:
2'08m. 108k. Ala-Pívot dos Washington Bullets. Nº 24. 14.7 ptos./p. Moi bo xogador branco de peli de mafia italiana.

domingo, 9 de octubre de 2011

SOBRE O PASO DO TEMPO



ARRUGA: Pregue da pel ou doutra cousa flexible.
ARRUGAR: Formar arrugas. Encollerse. Envellecer.
ENVELLECER: Facer vella a unha persoa ou cousa; avellentar. Durar moito tempo.
AVELLENTAR: Facer avellar, envellecer prematuramente; tornarse vello, ir cara a vello antes de tempo.
VELLO: Que ten moita idade. Antigo, de época ou tempo pasado. Gastado, consumido polo tempo e o uso. Persoa de moita idade.
BELEZA: Conxunto de gracias ou cualidades que, manifestándose sensiblemente, provocan un sentimento de pracer, admiración ou de gusto. Algo que é belo.

Con estas seis definicións do meu antigo Xerais do ano 1988 (xa choveu!) quero achegarvos un tema que me gusta… o da vellez. Fáigoo, primeiro, co termo "ARRUGA", e non "engurra" (algo tan feo como chamarse "Inverno" ou "Winter"), algo que me parece precioso, como xa dicía Adolfo Domínguez, "La arruga es bella"… e así é. Non hai nada máis fermoso que unha arruga no rostro das persoas, eses pregues que nos identifican e que deixan ver o paso dos anos, que nos enchen de experiencias e que nos permiten sentir libres e vividos ao mesmo tempo.
Nunha ocasión que estaba só en Malpica, tomando unhas racións e unha cervexa fresca nun bar do porto, observei pola cristaleira durante media hora a uns vellos que falaban entre eles. Dous fumaban, tres non. Falando das mesmas cousas de sempre, miraban ao porto, ao infinito (seguramente pouco lles queda por ver) cuns ollos cheos de vida, signos de valor persoal, elementos da linguaxe, miradas históricas sen contaminar. A s súas arrugas da cara e mans demostraban o que tiñan vivido, daban fé de quenes eran. E precisamente eso creo que é unha das manifestacións máis claras de BELEZA… e non o é querer agochar o paso dos días, das semanas, dos meses, dos anos.
Hai diferentes maneiras de ENVELLECER. Unha é de xeito natural, deixando que o tempo flúa e se note, outra negándose a admitir ese paso ao estado seguinte. Non falo de formas de vestir, falar ou actuar (que tamén podería), senón do propio corpo, do físico, de asumir realidades. Prefiro mil veces antes calquera persoa da rúa (penso en miña nai e meu pai… aínda que seguramente poderían ser calquera dos vosos) que unha Preysler, unha Obregón, un Mickey Rourke ou un Arturo Fernández. Deixamos de ser quenes somos por levar unha careta? Non sabemos quenes somos? Porque mudar o rostro cando o que necesitamos é mudar o cerebro?
Envellecer non é sinónimo de AVELLENTAR e por eso temos que coidarnos na medida do posible para que cheguemos a VELLOS no momento que teñamos que facelo e non antes de tempo. A idade é como as catro estacións do ano… non por símiles en relación coas características dunhas e as etapas da outra, non, máis ben no sentido de que cada unha delas ten que ser como é… polo menos, eso é o que eu creo. Polo tanto, non teñan medo ao que non hai que telo… e déixense ARRUGAR!

Na liña que eu vexo a vellez, vena tamén máis persoas e, como sabedes (ou non) que me gusta o número 4, poño catro exemplos.
Primeiro preséntovos o que di un grande da literatura universal, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, "O segredo dunha boa vellez non é outra cousa que un pacto honrado coa soedade", con esa soedade non cun matiz de tristeza, senón como un exercicio de honestidade ante a vida, de saber quen é un mesmo… porque é nesa soedade cando estamos con nós mesmos, cando non temos que finxir, cando somos o que somos.
INGMAR BERGMAN, mestre do sétimo arte, considera que "Envellecer é como escalar unha gran montaña: mentres se sube, as forzas disminúen, pero a mirada é máis libre, a vista máis ampla e serena", e deixa claro que todo ten os seus 'pros' e os seus 'contras', todo depende dos ollos que ven.
A paz é algo que todos buscamos ao longo das nosas vidas pero segundo o que afirma ANATOLE FRANCE, novelista e Premio Novel francés, "A vellez conduce a unha tranquilidade indiferente que asegura a paz interior e exterior", é dicir, quita responsabilidades, proporciona o descanso, elimina o estrés e en definitiva, deixa que nos retiremos para vivir nun mundo do que se pode 'pasar'. (Eso sí, non esquezamos aquí que os maiores non son pais e nais dos seus netos, non son 'au pairs'… están ahí para desfrutalos e non para sufrilos… sexamos responsables, lóxicos, autónomos e xustos.
E outro xenio, neste caso da pintura, SALVADOR DALÍ, pensa que "Moitas persoas non cumpren os oitenta porque intentan durante demasiado tempo quedarse nos corenta", reflexión en relación con esa non asunción do paso do tempo que deriva en operacións estéticas que nos deixan cun par de colchonetas pintadas con Tintalux en lugar de beizos e con parches de tambor na cara e con ollos que comezan nas orellas.

Pola contra, tamén hai quen cre de forma diferente, menos vitalista, como é o caso de PLATÓN, "Teme á vellez, pois nunca ven soa". Unha visión que, a veces pode ser certa, pero que reflexa unha interpretación parcial, xa que nos tempos que vivimos, o mal ven dado en calquer etapa… e mirade unha cousa… se ven na vellez, podemos pensar que polo menos ven cando ten que vir… non hai máis… trátase de pensar.
ALBERTO MORAVIA, escritor italiano, di que "A vellez é unha enfermidade como calquera outra na cal ao final, un morre irremisiblemente". Que morremos está claro, a dose de realismo agradécese pero o de "enfermidade" é unha visión pesimista e que el debería evitar porque no seu caso, a enfermidade veulle moito antes, no período infantil, e fixo que tivera que estar recluido sen sair. Esto relátao nno seu libro "Agostino" (1944).
Outro excelente escritor, ENRIQUE JARDIEL PONCELA (que agora volve estar presente gracias á editorial Blackie Books), ponse reflexivo dicindo que "A vellez é un exceso que aumenta por días". "Exceso" pode significar 'sairse dos límites establecidos' ou 'abuso' e en ambos casos creo que non está lúcido. En primeiro lugar, el non a viviu, morreu con cincuenta anos, arruinado e deixado de lado polos amigos. En segundo lugar, penso que os excesos ao que levan é a morte antes de chegar á vellez (e non digo con esto que fose o seu caso). Discrepo totalmente entón, con aquel que no seu epitafio puxo "Se queredes os maiores eloxios, morrede!"… eu paso de eloxios.
Despídome cunha das máis xeniais mentes, OSCAR WILDE, e cunha frase súa (con moita miga) á que eu lle dou a volta (que por outra parte é o que el faría). Afirma "A traxedia da vellez non é que un sexa vello, senón que un é xove". Para min, "O BO DA VELLEZ É QUE UN, SENDO VELLO, PODE VOLVER A SER XOVE".

domingo, 2 de octubre de 2011

QUE FARÍA A HUMANIDADE PARA MERECER ESTO?


Pocholo-Isabel Preysler-Carmen Bordiu-Víctor Sandoval-Chayo Mohedano-Fran Rivera-Carmen Lomana-Kiko Matamoros-Duquesa de Alba-Lydia Lozano-María Patiño-Nacho Polo-Belén Esteban-Raquel Mosquera-Antonio David Flores-Josemi García Sieiro-Terelu Campos-Kiko Hernández-Julián Muñoz-Mario Vaquerizo-Nuria Bermúdez-Elena Tablada-Sonia Monroy-Bárbara Rey-Chabeli Iglesias-Carla Goyanes-Pitita Ridruejo-María José Campanario-Alessandro Lecquio-Marta López-Toni Genil-Yola Berrocal-Rosa de Benito-Sergio Alis-Maite Zaldívar-Karmele Marchante-Aída Nízar-Pipi Estrada-Paco Porras-Jesús Mariñas-Dinio-Loli Álvarez-Carmen Hornillos-Leonardo Dantes-Ana Obregón-Norma Duval-Rafael Medina-Luís Medina-Pepa Jiménez-Blanca Cuesta-Borja Thyssen-Jesulín-Fran-Tita Cervera-Eugenia Martínez de Irujo-Cayetano Martínez de Irujo-Leticia Sabater-Tamara-Mila Ximénez-Paris Hilton-Nani Gaitán-Raquel Bollo-Jaime Ostos-Jacobo(bo) Ostos-Miriam Sánchez-Tamara Gorro-Justin Bieber-Nacho Montes-Genoveva Casanova-Sofía Cristo-Nagore-Jorge Berrocal-Malena Gracia-Aramis Fuster-Coyote Dax-Alfonso Díez-Chelo García Cortés-Luís Rollán-Marujita Díaz-Ortega Cano-Antonio Montero-Makoke-Paloma Barrientos-Beatriz Cortázar-Belén Rodríguez-Andrés Bruguera-Maricielo Pajares-Isaac "caballito de mar"-Ivonne Reyes-Rafa Mora-Cari Lapique-Amador Mohedano-Jorge Javier Vázquez-Jaime Cantizano-Paloma García Pelayo-Marina Danko-Marina Castaño-Sara Montiel-Jose Manuel Parada-Jimmy Giménez Arnau-Fosky-Mari Ángeles Grajal-Jaime Peñafiel-Antonio Tejado-José Campos-Isabel Pantoja...

Moitas cousas malas levamos feito e aquí temos todo o carbón...