miércoles, 29 de agosto de 2012

"ACUTO!"


Na miña vila, cando un neno ou nena quería pedir un tempo morto no transcurso de calquer xogo recurría ao termo "acuto". "Acutooooooo!" berrábamos todos cando nos viña en gana. 
No medio do Escondite sacarte da manga un "acuto" e fastidiarlles aos demais escondites alucinantes. Pouco a pouco todos os participantes ían saíndo e había unha pequena discusión sobre normas de xogo.
Xogando a Coller, a maioría dos "acuto" caían xusto no momento no que o que pillaba che estaba rozando coa punta dos dedos nas costas. Ahí había follón garantizado.
Impresionaba bastante "acutar" xogando a Polis e Cacos por case toda a vila, cando te atopabas só no medio dunha rúa e berrabas sen que ningún compañeiro poidese escoitar. Un dábase conta da dimensión espacio-temporal do propio xogo.

Gustaríame que todo esto que está pasando no mundo fose un xogo e que se poidese "acutar" ben alto para poñer as cousas no seu sitio, non como estaban antes… senón ben postas.

viernes, 24 de agosto de 2012

FACER O MORTO

Tumbado sobre o mar, como nunha cama leve na que me descansan as costas… Abro os ollos… Llás. Pecho. Arriba, abaixo, abaixo, arriba. Abro os ollos… Lapamán. Pecho. O sal nos beizos. Abro os ollos… Uhabia. Pecho. O sol quéntame a cara. Abro os ollos… Soustons. Pecho. A espuma envólveme. Abro os ollos… Peizás. Pecho. O nordés agarímame a punta dos pés. Abro os ollos… Port Vieux. Pecho. Castelos… Aire… Area… Ceo…

martes, 7 de agosto de 2012

AQUELA ESTACIÓN


Conversas pasadas por fume.

Miradas que se perden no chan.

Cadeiras rotas.

Asuntos de vida infinitos.

Lembranzas que atan, lembranzas que liberan.

Máscaras situacionais.

Lugares con memoria.

Historias talladas en madeira.

Ventos que transportan pensamentos.

Músicas que conectan instantes.

Inacabable sentido!

Pechaduras que permanecen abertas.

Áncoras pesadas.

Todo e nada.

1981.