lunes, 29 de octubre de 2012

NAVALLADAS DE MELANCOLÍA


Vaime a alma a mil.
O camiño hacia a escola.
Os primeiros Reebook.
O carbón de comer.
Os autobuses de domingo.
As curvas de Mondoñedo.
As pozas nas que aprendín a nadar.
Meu pai en vaqueiros nas rochas.
Caídas de bicicleta.
Feridas nas mans.
O risco debuxado na terra.
O saco das canicas.
Aquel balón Molten laranxa.
O tambor da lavadora de batería.
Os tendais nos que xogaba a volley.
As zapatillas de tacos da escola.
As camisetas de tiras interiores.
As mans quentes de miña nai.
As pelexas de sábado pola mañá na cama de pai.
Os almorzos de Angélica na aldea.
Os regresos de Santiago de Paula.
Nacementos celebrados.
Tantas ceas, tantos xantares…
Noites de fogueiras.
Baños que non acaban nunca.
Un medo infantil.
Ao instituto da man.
As bágoas de esforzo.
Os dentes de leite.
O tempo na casa.

Cousas tan fermosas como a chuvia escorrendo polos tellados de lousa.

lunes, 22 de octubre de 2012

PASEAR

"PASEAR.
Pasear é unha arte pobre, un non facer nada cheo de cousas, o pracer de escribir unha páxina en branco, un doce eco da nosa vida privada. Pasear quere dicir partir para chegar, pero sen obligacións, porque nos podemos deter antes, cambiar o percorrido, proseguir con outra idea, tomar un camiño secundario, facer unha digresión. Pasear significa abandoar a linea recta, improvisar o percorrido, decidir a ruta a cada paso, transitar lixeiros de equipaxe pola penumbra, non ter medo de escoitarnos. (...)
Pasear é, tal vez, un perderse breve nun espazo pequeno, unha microfísica da aventura de onde volvemos cunha historia por contar. (...) Pasear non serve para manterse en forma senón para dar forma á vida para entender as proporcións... É a modesta plegaria das artes inferiores."

                                                                                                                          CASSANO, 2001.

domingo, 14 de octubre de 2012

DEBATINDO?


Tras o debate desta semana entre o popular Núñez Feijoo e o socialista Vázquez quédame claro, primeiro, que a pobreza intelectual, moral e dialéctica de ambos candidatos é algo manifesto. Tamén, considero que falar dun vencedor, neste caso, é como elixir o gañador dun concurso de tiro ao plato no que os participantes dispararon ao público.

Co mesmo sentido que o filme de Manuel Gómez Pereira "¿Por que lo llaman amor cuando quieren decir sexo?", pregúntome eu "Por que lle chaman debate cando queren dicir exposicións cutres redactadas por tipos aínda máis cutres?". Resulta insultante asisitir a tal mostra de enconamento, hermetismo, rixidez, atomatismo e falta de ideas. É que acaso non hai ninguén máis brilante que estes dous nos seus respectivos partidos? Estou seguro que sí… aínda que tampouco moito máis… non vos vaiades pensar. O seu grado de cultura é directamente proporcional á veracidade das súas promesas… "cero patatero!" como diría o outro.

Admito que non papei enteiro o cara a cara de Hollande e Sarkozy pero vin bastantes puntos do mesmo e quedoume claro que aquelo sí que era un intercambio de opinións, ideas e ofensas. Agradécese esa franqueza, esa naturalidade e esa capacidade de improvisación baseada na conversa presente. Creo que os españois terían que fixarse moito máis nestas cousas… e envexalas… e menos indignarse coa polémica do dopping hacia os nosos deportistas. Sacar peito ao carallo que dá noxo vernos!

Menos mal que queda Beiras para escoitar a alguén falar con xeito… e que queda Martiño Noriega, un progresista, un tipo avanzado no noso tempo… e que queda Yolanda Díaz, que pouco ten que agochar… Menos mal!

Tanto o PSOE como o PP moito me temo que pensan máis nos outros que en si mesmos e eso é sinal dun problema. Vázquez mirando de reollo o resultado dos demais para a coalición… e Feijoo igual,  acusando ao final do "debate" aos socialistas de querer gobernar con outros. Que pensará este Habichuela que é a democracia entón? Hai algo malo en xuntarse? Eu non o vexo? Non é o máis próximo actualmente ao modelo de listas abertas que tanta xente pide?

Outra cousa, ninguén lles explicou aos contertulios que se di "crise" e non "crisi"? Ninguén lle dixo a Feijoo que o de saudar en galego e castelán xa non vende nestas eleccións? Non lle dá vergoña á xente ter a estes dous candidatos como máximos representantes?

Algo mais movidiño estivo a charla entre Jorquera e Feijoo… ainda que máis do mesmo.

E o do candidato do BNG e o do PSOE foi como o sexo de última hora nos baños dun pub, rápido, consentido e carente de significado.
  

domingo, 7 de octubre de 2012

APUNTANDO...


Esta semana chegoume un WhatsApp dun amigo e colega de traballo, mestre, acerca da multitude de recortes ao profesorado que contemplaba a nova lei de educación, a LOMCE, do asasino pedagóxico Ignacio Wert e compaña. 
Baixada de soldo, reducción do período vacacional, aumento de horarios, recortes económicos nos períodos de baixa… unha serie de medidas que a lei non contempla pero que moitas delas xa se nos foron aplicadas con anterioridade (con ambos gobernos).
É unha mensaxe bulo do tipo "comparte" animando a unha folga indefinida do sector que comigo non cola… a min non ma meten… porque basicamente sei ler. 
Todo sae, sospeito, de entornos ligados á administración para crear un determinado efecto no profesorado. Tentan pintar o panorama moi mal (peor aínda do que está… que xa é dicir…) para que logo, cando descubramos a realidade lexislativa descubramos que as cousas son mellor do que pensábamos. Son como raposos… ou como zorras… pero repito, non cola. O cal non quita para darse conta de que esta lei é restrictiva, elitista, segregadora, mercantilista e sinWertgoña… unha merda falando claro… como a maioría das medidas que toma esta tropa que non sirven para absolutamente nada de proveito, tan só pero continuar afondando na diferencia social e económica.
Malos tempos para todos aqueles que apostamos pola igualdade de oportunidades, polos dereitos dos cidadáns a desenvolverse sen importar a conta corrente, e en definitiva por unha sociedade xusta e democrática.


Cambiando de tema, faime moitísima graza o arranque da multi-salario María Dolores de Cospedal (que cachondo me poñen estes apelidos compostos!) con respecto á defensa a ultranza que o seu partido fará contra todos aqueles que simplemente plantexen a posibilidade (de dereito e lóxica) de mudar algúns aspectos (fundamentalmente sobre a organización estructural… léase creación dun Estado Federal) da benquerida Constitución Española. 
Non vin eu que puxese tanto empeño en opoñerse á súa modificación cando PP e PSOE (co apoio de UPN) se puxeron dacordo nun moi breve espacio de tempo para introducir nesa mesma Constitución o texto de principio de estabilidade presupostaria que controla o déficit. Seredes mentireiros!
Algo máis. Non resulta contradictorio coa propia Constitución ese carácter inmutable que algúns lle queden dar? Acaso algo que foi tan positivo froito do acordo de diferentes ideoloxías non debe adaptarse aos tempos? Non temos que seguir crecendo en acordos? Non é xusto que recolla as sensibilidades dos pobos? 
Váianse á merda dunha puta vez tropa de ultraliberais cercenadores de liberdades!

Movemento señores, movemento!