domingo, 28 de septiembre de 2014

BOS CONSELLOS QUE OS SEUS RECEPTORES IGNORARON


"Mira, cielo, va a ser mejor que sigas siendo una petarda. Vende más y se ve más natural". 
Calquera persoa do círculo de Russian Red antes de que, agora, pretenda convertirse na Anna Calvi nacional.

¿No crees que estaría bien ir a casa de Rosinda? Te ayudará a usar el diafragma, a controlar la respiración… ¡hasta jugarás con velas!".
A nai de Rajoy cando era un neno.

"Non te fíes destes!".
O señor apoiado na porta de Caixa Galicia.

"No dejeis para mañana lo que podeis hacer hoy". 
Alguén do corpo técnico do Barça ao equipo na semifinal de Champions League contra o Bayern de Munich.

"Don't go to this parade! Let's play golf with us!".
Uns colegas a John Fitzgerald Kennedy antes de ser asasinado.

"Acere, para mi que ese chandal Adidas no va mucho con el cuento anticolonial y anticapitalista con que le vas a los negros".
Un camarada a Fidel Castro.

"Creo que deberías apuntarte, mami. Nunca está de más".
Fai uns cantos anos, Alonso a súa nai, Ana Botella.

"Esa copa de vino ya es la quinta señor".
Un camarero a Aznar antes daquel discurso no que falou o de "¿Quién te ha dicho a ti que quiero que conduzcas por mi?" refiríndose á DGT.

"Esto te queda muy grande, cariño".
A  Muller de Zapatero ao seu home.

"Voçê tem de ser prudente, meu José".
O mestre da escola a Mourinho.


domingo, 21 de septiembre de 2014

NO SANTIAGO BERNABEU



No Santiago Bernabeu pítanlle a Íker Casillas. Pítanlle a Sergio Ramos. Pítanlle a Florentino. Pítanlle a Benzema. Pítanlle a Ancelotti. Pítanlle a Guardiola. Pítanlle a Messi. Pítanlle a Neymar. Pítanlle a Dani Alves. Pítanlle ao Cholo Simeone. Pítanlle a Diego Costa. Pítanlle a Mourinho. Ao árbitro. Aos linieres. Ao cuarto árbitro. Ao gato que salta ao terreo de xogo. Aos recollepelotas nenos. Ao marcador electrónico. Aos paxaros que sobrevoan o estadio. Aos xornalistas. Ás cámaras de televisión. Ás liñas de cal do campo. Ás porterías. Ao balón. Aos paneis publicitarios. Pítanlle ao señor que fuma nas bancadas. Ao seu cigarro. Ao chisqueiro. Á gorra que leva posta. Pítanlle á señora que se levanta comprar un paquete de pipas. Aos seus zapatos de tacón. Ao seu pelo tinguido de loiro. Ao abrigo de pel que luce. Pítanlle ao rapaz que apampa cara o ceo co dedo metido no fuciño. Á camiseta que ten co número de Di María. Pítanlle ao himno. Ao sistema de megafonía. Pítanlle á muller que aplaude un gol. Á que non aplaude tamén. Pítanlle aos que pitan. Aos que calan. Pítanlle aos que ven o partido desde a casa. Aos que están tomando algo nos bares de fóra. Pítanlle a Madrid. A Barcelona. A Zaragoza, A Sevilla. A Valencia. A Ourense. Pítanlle a Obama. A Rajoy. A Merkel. A Fidel Castro. A Mújica. Pítanlle ao sábado. Ao venres. Ao domingo. Pítanlle aos seus teléfonos por non recibir SMS. Ao WhatsApp porque soa sen parar. Pítanlle ao día. Á noite. Pítanse a eles mesmos.
No Santiago Bernabeu pítanlle a todo o que se move… e tamén a aquelo que está estático.

domingo, 14 de septiembre de 2014

domingo, 7 de septiembre de 2014

LIBROS



Montóns de letras que enchen as estanterías brancas, do chan ao teito. Jean-Paul Sartre, Richard Ford, Anxos Sumai, Marjane Satrapi, Castelao. Pasado, presente e futuro. Libros. Colocados sen atender ao alfabeto, sí ás editoriais. Alice Munro, Enric González, Ramón Gómez de la Serna, Daniel Clowes, Percival Everett. Balas de cores sen uniformidade aparente bailan no estatismo lunático. Libros. Hai vida sen eles? Quim Monzó, Richard Brautigan, Lupe Gómez, Junot Díaz, Jardiel Poncela. Formigas no estómago para a elección. Nubes, chuvia ou sol. Segundos, minutos e horas. Fernando Aramburu, Xosé Neira Vilas, Joyce Farmer, Thomas Mann, Jonathan Franzen. Paseos lentos hacia a galería. Calor e frío. Libros. Resumes e reseñas. David Rubín, Teddy Wayne, Chuck Palahniuk, Jim Dodge, Manuel Antonio. Sons e ruídos de fondo, propios, de abaixo e de arriba. Trompetas   que acompañan no xiradiscos. Praceres ocultos e visibles. José Domingo, David Trueba, Ben Brooks, Juan José Millás, Stefan Zweig. Felicidade máxima. Coñecemento, diversión e evasión. Libros.