domingo, 21 de diciembre de 2014

COAS BRAGAS NOS NOCELLOS



Xoán: o mozo.
Aroa: a moza.
Carmen: a nai da moza.


C: Pues no sé lo que regalarle a tu padre cariño…
X: Como?
A: Habla conmigo, Xoán.
X: Ah! Xa, xa…
C: Tú que dices? 
A: Ni idea mamá, tú sabrás… lo conoces mejor…
C: Ay! No me ayudas nada…

Aínda que Aroa é fermosa, Xoán síntese moi atraído fisicamente pola súa nai.

C: Crees que le gustará ese reloj que vimos el otro día en la joyería de al lado de casa?
A: Supongo que sí pero es un poco caro, no?
C: Sí, bueno… es un regalo especial, ya sabes, son veinte años de casados…
A: Ni que lo digas… que mérito!

O contínuo movemento de mans de Carmen, con esas veas levemente marcadas, as uñas vermellas e o anel de pedida, excítao moito.

A: Mamá…
C: Dime.
A: Imaginas que el se olvida y no te regala nada?
C: Estoy tan segura de que eso no va a suceder… Tu padre es muy detallista.
A: Ya… tienes razón.

Carmen retira o pelo para atrás cada pouco cun lento e sensual xesto. Xoán non perde detalle.

C: Y tú que Xoán? Que tal los exámenes?
X: Pois ben. Déronme catro notas e ben. Estou á espera de outras dúas. A ver que tal…
C: Tú estudia que alguién tiene que mantener a mi hija… (atacou a rir).
X: Sí… (sorriu finxindo).
A: Mamá, soy independiente, yo tendré mi propio dinero.
C: Cariño… era una broma, no soy tan anticuada…

A Xoán váiselle a mente a territorios porcos cando Carmen se lle dirixe. Ese mínimo contacto ocular que manteñen é suficiente para facelo arder por dentro.

C: En fin, chicos, os dejo… He quedado con Sofía para ir a comprar unas cositas.
A: Vale, nosotros iremos aal cine. Llegaré a casa sobre las once, vale?
C: Muy bien! Tienes dinero, hija?
X: Sí, Carmen, non te preocupes.
C: Uy, qué atento! Este es mi yerno!
A: Mamá… no le llames así…
C: Qué niña! No se puede abrir la boca… 
A: Es que…
C: Anda… muac, muac chicos. Pasadlo bien!

Os beizos de cereixa de Carmen con ese "muac, muac" veos Xoán na temperatura ideal para un contacto inadecuado. Como inadecuado será estar na butaca dun cine, coa túa noiva, vendo un filme romántico e coa mente nun desexo perigoso.

domingo, 14 de diciembre de 2014

CONEXIONANDO ANDO



Xamón. Troitas. Champú. Corazón. Améndoas. Tanga. Rede. Conto. Sombreiro. Can. Anel. Camisa. Xantar. Número. Pan. Xente. Piano. Son. Amar. Condón. Parque. Vento. Luz. Tempo. Neve. Zapatillas. Reloxo. Comedor. Galiñas. Coche. Cabozo. Ascensor. Traxe. Fume. Ceo. Mar. Sol. Escuridade. Amable. Porto. Cartón. Campá. Torre. Pedra. Ánimo. Vontade. Cú. Anchoas. Cristal. Pel. Feira. Oriente. Moscas. Pallasos. Porcos. Guitarra. Figos. Moeda. Cociña. Alento. Serpe. Antes. Cartos. Alfombra. Porno. Tarteira. Lixo. Sobaco. Dentes. Corcho. Arco. Soedade. Tensión. Rosca. Parar.