domingo, 15 de mayo de 2011

HOLY ALMODÓVAR

Roberto Dosis fumaba un cigarro tumbado na súa cama de auga cando escoitou un estarabouzo na cociña. Deulle ao botón de Pause do seu reproductor CD e interrumpiu a fantástica versión de “Under Pressure” de Bowie e Mercury que estaba escoitando. Descalzo, camiñou eses metros que o separaban do ruido e asombrouse ao ver a un home negro con doce pendentes en cada orella vestido de rei mago negro. “Que hai?” lle dixo. “Tudo bem?” respostou aquela especie de Baltasar. “Que coño pasa aquí? Que fas na miña cociña? E… a todo esto... que fas coa tixola de miña prima entre as pernas?”. “Nao sei…eu também fico surprendido… eh… estou aqui para dizer-lhe ou para conceder-lhe um desejo… sou o mágico da lâmpada”. “Como? O mago da lámpara? E eres portugués? Joder! Non sabía que eras portugués… sempre imaxinei que serías árabe ou persa… non sei… por eso das películas…” “Sim, sou português”. “Vaia carallo… pensei que só viñades por aquí pa traballar nas subcontratas do concello… sodes os máximos!”. “Já sei… sou operário da construção também…” “Dádeslle a todo… eh cabrós?”. “Temos de trabalhar muito… Quales são os seus desejos?”. “Pois… a ver… quero un coche todoterreo, unha hembra que flipas e un mundo diferente… quero que a historia sexa diferente”. “Perfeito! Ahí os tem!”. Escoitouse outro forte sonido, algo raro, como un peido de Falete cos decibelios multiplicados por cento trinta e Donato, que así se chamaba o xenio da lámpara, desapareceu. Roberto quedouse con cara de pailán naquel laberinto de fume e aqueloutros de cociñar. Miraba para os lados tentando comprobar se o que pasara facía uns segundos fora real ou se era todo produto da resaca que tiña. É interesante deixar claro que a noite anterior, o señor Dosis andivera pouco fino á hora de conseguir o puntillo do alcol, é dicir, pasárase tres ou catro pobos. O primeiro que se lle ocurriu facer foi asomarse á fiestra e mirar o que pasaba na rúa. Fixou os ollos no final da tranquila estrada e non viu nada raro. Dous segundos despois comprobou que fronte á súa casa había un Nissan Patrol branco de segunda man con escopetas na parte traseira. Meu deus! Que a cousa ía en serio…Saiu á présa para ver o seu novo “vello” coche. Non estaba mal coidado de todo, abriu a porta e meteuse dentro. Aquello era moito… vaia tanque… con esa máquina sería o rei do puto mambo na vila… e as escopetas habería que usalas, tería que anotarse nun clube de caza, comprar cans, ir a enchentas e matar bichos borracho perdido… convertirse nun cazador quero dicir. Xogaba co volante facendo eses movementos de lado a lado que fixeron famoso a M.A. Barracus e sentiu uns húmidos beizos no pescozo que lle fixeron dar un salto no asento. Xirou a cabeza e alí estaba unha pedazo loira de cabelo longo, unha boca coma un buzón de Correos (á que enseguida lle imaxinou un uso) e unhas tetas como dúas sandías. Deus bendito! Comezou a suar como un porco e a poñerse pinocho. “Soy Pamela Cabarcos… tu chica.” Ole, ole e ole! “Me cago no Donato da virgen santa! Vaia puto crack!”. A rapaza veña amasarlle a merenda e el tan quente que lle botou man ao filete. Cando todo indicaba que naquel todoterreo ía haber fogos de artificio, ela díxolle que se relaxara que ía para a Trocha (unha tenda de lencería do pobo) comprar unhas bragas e unhas cousas que o deixarían cantando o “Only You” nove semanas e media. Pamela saiu taconeando e movendo as cachas que nin o Agarimo (un barco do pobo) con olas de sete metros. Roberto non sabía o que facer pero non despegaba as mans do volante ata que se deu conta que as chaves non estaban no contacto. Mirou ao asento do acompañante e alí estaban, sobre un libro que poñía “The Holy Bible” (A Santa Biblia).

Que raro… unha biblia… de quen carallo sería? Abreuna e na primeira folla, en branco había unha nota escrita: “Vaia á página 321 e leia com atenção”. Roberto Dosis non dubidou e abreu o libro pola páxina 321. Que pasada! A biblia nunha edición bilingüe en galego e inglés. Comezou lendo en inglés (non me preguntedes o motivo pero foi así) ata que se deu conta que da frase “The door was not open and he decided to introduce his gorgeus cock into the lock” só entendeu o significado de “door”. Decidiuse, pois, pola lectura en galego.

“Eva e Adam camiñaban collidos da man polos verdes campos do paraíso mentres as súas tripas facían uns sonidos que parecían tronos. Tiñan fame negra e non aguantaban máis. Chegaron a unha zona de silveiras onde unhas fantásticas moras dun brilante vermello e un atractivo negro asomaban provocando ao paseante para seren comidas. Adam non podía coas ganas e alongou a man para coller unhas cantas. Xusto cando xa as estaba rozando coa punta dos dedos, pinchouse profundamente con varias espiñas que o levaron a exclamar un “Me cago en Soria! Puta madre que pareu ás moras!”. Eva díxolle que falara ben, que non costaba nada ser educado e despois de separar as follas de parra da súa perrecha, animouno a seguir andando. Cen metros máis adiante atoparon un castaño cargado de esas bolas de pinchos que dentro teñen o froito. Estaban altas pero curiosamente, ao pé, había un banco de madeira cunha lenda no respaldo que dicía “En memoria de Pepe de Boni”. Non tardou en subirse e poñéndose de puntas, estirouse para coller o alimento sen ter sorte. A única castaña que conseguiu foi a que lle fixo romper os dentes contra o apoiabrazos. Vaia dor! E vaia imaxe! Andar por ahí sen as paletas… sorte que Eva tiña nesa especie de bragas de follas un par de chicles Trex que lle colocou na boca para disimular. Todo indicaba que non ían encontrar nada para acabar coa fame pero de súpeto, apareceu un escáncer, un tipo de serpe pequena con conciencia humana que lles ofreceu unha mazá con moi boa pinta. Comezaron a salivar e a abrir os ollos, estaban fóra de sí. Foi nese punto cando a discusión empezou. Que “déixame a min primeiro que son unha dama”, que “pero non queredes igualdade?”, que “como vas comer ti eso que cos chicles facendo de dentes non podes”, que “pois xa a comerei cos dentes do lado”… e cando chegaban a outra das súas constantes crises de parella, escoitaron música ao lonxe. A serpe fuxeu chea de medo e a mazá quedou alí no chan como algo que xa non era de interés. Eva trotou hacia o son seguido de Adam, trotaron tanto que ao rapaz saíuselle o rabo e a ela, puxéronselle os pezóns como garavanzos. A música viña de detrás dunha mesta vexetación e cando chegaron viron a un tipo redondo, baixo, con gafas de sol e cun peinado que parecía un niño de paxaros. Movíase ao ritmo dunha canción que dicía “Bailandooooooo… me paso el diiiiía bailandoooo…”. Nunca viran tal cousa e ademáis sempre creran que naquel lugar só vivían eles dous. O extravagante ser balanceaba a maceta que tiña por cabeza mentres algo raro que tiña posto producía destellos. Achegáronse a el e preguntáronlle quen era e que facía alí. “Son Pedro Almodóvar, cheguei onte despois de perderme dando un paseo no Parque do Retiro”.

Coa boca aberta, sorprendidos, seguiron preguntando “E que é eso que levas posto?”. “O que? Esto? Ah… unha americana dorada de lentejuelas e un tanga de leopardo”. “E o de debaixo da americana?”. “Eso é o meu pelo do peito… xa sei que parece unha camiseta negra… é que son moi peludo… mira… toca, toca”. “Buaaaaaah… que virguería” dixo Adam. “E eso non é todo… mira toca aquí abaixo que teño moito máis” e levoulle a man á merenda. “Cago en Ros! Parece un arbusto!”. Eva e Adam estaban completamente alucinados, pensaban que era un ser superior, tan diferente… e pode que o fose porque Almodóvar non tardou en convencelos para xogar con el. “Teño fame!” dixo Adam. “E eu” contestoulle Eva. “Fame? Non hai fallo amigos… eu teño por aquí unha froita que se chama plátano e que quita a fame e a sede”. “En serio? A ver…” “Vedes? Ademáis, é máxico, cando o comes, faise máis grande e alimenta máis”. “Dasnos un pouco?” “Dou… pero… unha cousa… non se lle pode morder porque… é pecado… eso! Pecado mortal!” “Vale… e que facemos logo?” “Pois chupar, joder! Mira proba ahí Adam…” Adam empezou a comer aquela nova froita e despois comeu Eva outra pouca. Tiveron alimentándose dez ou quince minutos ata que lles dixo Pedro “Quietos ahí! Ahora separádevos uns centimetros… teredes sede ou? Non vai ser todo comer… teredes que beber… e coidado que vai morno…” Eva e Adam viron como aquela especie de leite quente lles poñía a cara feita un cristo sen saber moi ben se xa non tiñan fame nin sede. Tiñan unha sensación rara…
Rober parou de ler dándose conta de que cando pechara a nova biblia todo o seu mundo sería completamente diferente… aínda que… que máis daba! El xa tiña o seu Patrol para fardar por ahí, ademáis dunha mulleraza propietaria do mellor par de tetas que vira nunca. Deuse conta que debía estar a piques de chegar de comprar a lencería polo que abandoou o todoterreo e cruzou a rúa para meterse no piso. Cando mirou aos lados para ver se viña algún coche, pareceulle ver a dúas drag queen falando cunha monxa. Xa comezaba a notar o cambio pero o mellor foi cando mirou a fachada do seu edificio, cuberta de terciopelo violeta. Buuuufff! No portal cruzouse co seu veciño, o párroco e díxolle “Que vai pa misa de oito Don Amador?” “Que va! Vou pas putas”. Eso foi o que lle fixo pensar que as cousas, pode ser que non cambiaran tanto. El o que tiña claro, era que dentro duns minutos estaría na súa habitación debidamente acondicionada cuns toques de Brumel, movéndose na súa cama de auga ao ritmo da lambada.

lunes, 9 de mayo de 2011

3... 2... 1... O MURO

Carlos e Jose tiñan dez ou once anos e alí estaban, no medio de xente de quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte anos, algún de trinta e ata un de corenta. Diferentes xeracións misturadas entorno a un ritual extinto: tirarse do muro e do faro da praia da Rapadoira en Foz. Estaban os mellores, Edu Bull, Casti, Iago “Cubano”, Tilanito, Canducho, os irmáns Pataca, Marcos “o suizo”, Israel, os heavies do “Costa Blanca”, Luisgo, Pose, media ducia de veraneantes, Juan de Sinito, Berza, Juanri, Tilford, Abraham, Mauro, Marta Castillo, o Beibi, Sevilla, e algún máis, uns mirando, outros voando.
Mentres os socorristas e os guaperas (eses que se peinaban cando saían da auga) se quedaban na beira (naquelo que chamábamos ‘a orilla’) ligando coas veraneantas ou fichándoas para despois, de noite, entrarlles, outros, os máis alternativos, cruzábamos a praia para lanzarnos ao mar da altura máis grande posible. Mentres aqueles primeiros corcheros (bodyboarders) entraban a por ondas coas súas licras Rip Curl, outros só tíñamos na cabeza o espectáculo do outro lado. Mentres os que querían manter o tipo (ou lucilo) paseaban coa auga polos nocellos, outros só pensábamos en entrar na auga da ría como balas. Mentres os amantes da area seca durmían as súas sestas ao ritmo dos “40 Principales” daqueles radio-cassetes tan grandes, outros lembrábamos o que nos costara adormecer a noite anterior imaxinando novas formas de tirarse do muro. Mentres nosas nais se cruzaban as unhas coas outras dando eses paseos de lado a lado da beira e dicindo que toliños estaban os que se tiraban desde o faro, outros non facíamos caso da prohibición que nos puxeran e alí estábamos, calculando os pasos para a fase aérea.


Creo que o muro foi o máis parecido que estes rapaces tiñan a unha relixión naquel tempo. Era vivir para o muro, desde que se levantaban, neses tres meses de verán (Xullo, Agosto e Setembro) ata que se deitaban. O mellor momento foi cando Carlos e Jose comezaron a ir sós á praia. Comían, descansaban unha hora (a dixestión), poñían os seus bañadores azuis de flores, toalla ao ombreiro e tira para a praia máis contentos que un oito.
O primeiro que facían era coller o seu sitio no inmenso areal que é a Rapadoira, sempre tendo en conta a subida da marea para que a charca (unha especie de piscina que se forma coa entrada, entre as rocas, do mar do canal, do mar da ría) non lles mollase as cousas. Despois para o muro directos ata que chegaba a hora de irse.
Cando eles chegaban, había tres ou catro persoas pero pouco a pouco enchíase. Ao principio, só miraban aos que sabían daquelo agardando o seu momento. Fixábanse no máis mínimo detalle, tentaban aprender, memorizar os seus pasos, coñecer a técnica dese asunto que molaba tanto, querían ser coma aqueles outros. Era unha delicia velos, de verdade, era impresionante!
Casti era dos que mellor se tiraba de cabeza, collía moita carreiriña, dez ou doce metros de trote rápido no que os pés batían contra o formigón ata despegar nun voo alto, extenso e elegante que finalizaba cunha entrada na auga refinada, sen levantar espuma. Case podía voar… como un paxaro. Edu Bull tampouco lle daba mal, tiña un estilo moi similar ao de Casti pero era algo máis pesado. Na comparativa, serían como un Concorde e un Boeing 797. Ademáis, Edu metíalle efectos especiais durante a carreira, imitaba o ruido do avión. Ffffcchchchchcuuuuu… e para a auga! Con ese son perfecto ao entrar que levanta unha parede de mar moi fina. Israel, máis coñecido no pobo por “Kuwait” e posteriormente polas súas pelexas e desfases nocturnos, era tamén espectacular… e o máis experimental probablemente. Sempre de cabeza pero con entradas varias, desde brazos abertos a pechados pasando por picados ou planchazos. Luisgo tamén era tremendo, moi radical, sendo a súa especialidade a entrada sen brazos, é dicir, directamente coa cabeza. Sempre saia despois a flote cun sorriso dicindo “Non toquei!”. Marcos “o suizo” puxo de moda ‘o americano’ que era saltar en curva facendo unha extensión de membros total e cando todos apostaban por un planchazo, pechábase facendo un bicho bola que levantaba unha cantidade de auga coma nunha bomba. A bomba precisamente era o que dominaba Pose, vaia tremendas zoupadas coas cahas se pegaba! Supoño que algo parecido sería Hiroshima. Iago “Cubano” tamén era elegante, estaba algo recheo o cabrón pero daba gusto velo no aire… e era dos que mellor entraba. Era áxil, a verdade, e moi divertido. Canducho debía medir pouco máis que un vaso de chupito pero tiña máis peito que un cabalo. Pegaba uns saltos alucinantes e a súa especialidade era a carpa. Juan de Sinito traía o exotismo cos seus mortais sen erro e entrada de pé que nos deixaban coa boca aberto. Eso sí, nunca desde a altura máis alta, máis ben desde un pouco máis da metade da rampa. Os heavies do ‘Costa Blanca’ eran como Jesucristos ou Tarzáns do século XXI, torso ao aire, melenas e vaqueros ceñidos que mollados, aínda apretaban máis. Posiblemente, os mellores anxos que vin en vivo. Sen cortarse un pelo, arriscaban coas maiores alturas, o faro facíaselles pouco e sempre se tiraban para o lado do Porto Chico. A Carlos e Jose gustábanlles moito tamén os Pataca, o Beibi e máis Juanri que sempre buscaban a orixinalidade tirándose de pé. Xirábanse, miraban ao público e botaban a mangueira, sacaban a chorra no aire, facían un calvo ou facían o xesto de correr hacia San Cosme durante a fase aérea. Había para todos os gustos. Marta Castillo era unha madrileña da pandilla dos primos de Jose que non se deixaba intimidar pola maioría masculina. As súas execucións sen carreiriña eran un exceso de bo gusto. Pero, sen lugar a ningunha dúbida, o rei era Tilanito, un señor maior, de corenta e pico daquela, que tiña un estilo propio, moi identitario. Cando ao lonxe se acercaba, andando polo espigón, todos dicían “Ahí ven Tilano… ei! Ahí ven!”. Producíase un silencio, cinco pasos de carreira e a súa figura no ceo, pernas pegadas e estiradas, tronco en curva hacia atrás e mans en posición de rezo na fronte. Despois dobrábase e facía unha carpa para entrar como unha agulla na auga. Un símbolo de respeto ao mar que foi bautizado como “o tilanito” e que todos tentaban imitar sen éxito. Lembro que cando saia despois da entrada, botaba un chorro pequeno de auga pola boca. Era como un cisne.


A primeira vez que Carlos e Jose se tiraron non foi ningún salto memorable pero sí supuxo un grande paso para eles. Eran moi noviños e demostraban unha valentía (ou inconsciencia) que canto menos sorprendía un pouco. Non sei por cal razón Carlos tentou convencer a Jose para tirarse para o outro lado, o do Porto Chico e despois dun pequeno debate, chegaron á conclusión de que podía ser máis perigoso. Logo de medir as súas carreiras antes do salto (o salto en estático nin o contemplaban… o que querían era voar!) Carlos ofreceuse a ir primeiro. Trote suave e salto leve (con anxo) que comezou bonito pero que rematou cunha entrada pasada de vertical (semi-costas) que non lle doeu en absoluto. Jose foi despois. Carreira longa e rápida cun salto alto que acabou cun picado no que pegou un golpe coa auga na cabeza que aínda lle doe hoxe. Xa no muro, chocándose as mans, felicitándose e rindo, déronse conta de que perderan a virxinidade, de que xa formaban parte daquel selecto clube de rebeldes e atrevidos.
Desde aquel momento, veráns e veráns pasaron ata que o Concello colocou no muro unha baranda de ferro que impedía o salto (aínda que un par de veces se intentou e os planchazos e caídas raras foron o factor común, incluso algún a papou cos dentes) e que acabou cunha tradición folklórica, tola, liberadora, desafiante, irracional pero jodidamente bonita.

domingo, 1 de mayo de 2011

EXPERIENCIA SALESIANA

Adolfo Requejo, Emilio Cabanelas, Mariano, Florencio, Chema, Juanjo, Siro, Secundino… eses son os nomes dos salesianos que me acompañaron ao longo da miña infancia no colexio Martínez Otero de Foz. Excelentes profesionais que se adicaron en corpo e alma á educación dos seus alumnos e alumnas e á organización espiritual da comunidade focense.



Antes de nada, deixo claro que fun a un colexio de curas porque era no único (xunto ao de monxas) no que se podía competir en idade escolar. Daquela, o que quería facer atletismo, baloncesto, fútbol sala, cross ou xadrez, tiña que ir a este centro concertado, para a miña opinión, de bastante menos calidade educativa que calquera dos públicos. Polo deporte tiven que pagar unha peaxe moral que me sitúa hoxe en día exactamente onde estou.

No Martínez Otero había mestres bos, regulares, malos e moi malos. Uns eran curas da orde salesiana, outros ‘xente normal’ que entraban no colexio a dedo despois de dar mostras de vontade ante a institución. Os que non eran malos eran deste último grupo, os salesianos eran todos malísimos. Eu non sei se eran mestres, profesores ou soamente curas. O caso é que eles impartían lingua e literatura castelá, matemáticas, ciencias sociais ou relixión sen despeitearse, como quen come unha magdalena, coño! Que non é o mesmo que comerlle o coño a Magdalena…



Por un lado estaba Adolfo Requejo (apelido que moitas veces ía seguido dun “el maricón del colegio”… xa sabedes o aficionados que son os nenos ás rimas e a dar onde máis doe porque curas e gays non é que se leven moi ben) que era o director, o manda máis, a autoridade máxima. O que máis lle gustaba, do que lembro, era chegar á aula, poñerse diante dunha das filas e mirar se estaban perfectamente en liña. Botaba dez ou quince minutos con eso, sen problema. En silencio máximo, levantaba as gafas co dedo índice e miraba para os pupitres. Nese momento, poñíamonos nerviosos e ollábamos abaixo a ver se a cadeira e a mesa de cada un estaba no seu sitio. Se arrastrabas e facías ruido ou se estabas torcido, collíate pola patilla e tirábache dela tan forte que caían as bágoas. Adolfo era delgado e medianamente alto, moreno de pelo negro, vestía pantalón gris de pinzas (que eu denomino ‘de salesiano’), camisas feísimas e xersei. No patio non se deixaba ver moito, supoño que as súas tarefas de despacho non lle permitían atender aos nenos. Di ti que daquela non había internet… polo de estar no porno digo…

Cada día, o primeiro que facíamos era rezar despois dos “¡Buenos días!”. Preguntarédesvos que é eso. Pois era unha especie de saúdo con reflexións espirituais que debía servir para lavar conciencias e pensar que se facía moito por mellorar o mundo. Para darlle un toque de modernidade, tamén daban algún resultado ou comentaban os éxitos deportivos da fin de semana. Algo moi de USA se vos dades conta. Era un bo momento para quitar algún moco da nariz sen que te viran, para mirar para os dátiles da palmeira de enfronte da porta principal do cole ou se atúa clase daba ao patio, para mirar quen chegaba tarde.

Mariano era o salesiano que daba inglés, cun acento e nivel moi parecido ao do noso expresidente do goberno… e non me refiro a Zapatero (que tamén) senón a Chemari. Era o que máis se ría pero era un dos máis sinistros por ese mesmo motivo tamén. O típico que ía de amigo dos alumnos pero, en realidade, é o fillo de puta maior. Sempre pensei que estaba namorado do Tano, que naquela altura era o señor Moreda porque tiña con el unh actitude de amor-odio moi rara. Gustáballe moito sacar aos rapaces a facer exercicios ao encerado (eu creo, para mirarlles o cú) e a súa especialidade era facer o “cachis-cachis” que era como el cariñosamente chamaba a unha animalada de golpe. O termo viña de “mecachis” que ven á súa vez de… merda e media! Era unha parida que inventou para cebarse cando lle saía das pelotas. Consistía en poñer a man en forma de garra e abrindo e pechando os dedos, golpear na cabeza aos nenos. Suave non daba.

Lembro o día da familia, unha celebración na que nenos e pais desfrutaban conxuntamente con xogos e comidas. Teus pais coñecían aos pais dos teus amigos de fóra do pobo e poñíanse ao día das trasnadas que fixeran en común. Era unha festa na que o que máis lembro son as carreiras de sacos, o brilé (que alí se chamaba balón rei, supoño que por darlle un toque máis señorial e menos popular), poñerme cego a ‘gusanitos’, mancarme en algunha zona do corpo e acabar coa camiseta empapada de auga.



Emilio Cabanelas era un tapón de gafas enormes, non máis alto que unha copa de coñac, psicólogo e profe de matemáticas. A súa materia aprobábase presentando con limpeza e orde o caderno que semanalmente había que entregar. Con coidar o tema das marxes e da caligrafía… listo! Lembro que no primeiro exame do instituto (despois de ter salido do Martínez) saquei un 0’75. Como psicólogo… digamos que era parecido a un peido deses que invitan ata ao vómito propio. Non esquecerei os test de intelixencia e actitudinais que pasaba a todo o colexio e que daban uns resultados manipulados e incoherentes. Tería que quedar claro (xa naquela altura) que a intelixencia é un concepto tan inabarcable que o feito de encadralo nunhas cantas preguntas de memoria espacial e de problemas matemáticos é como xulgar a personalidade humana a partir de Antonio Anglés ou Tony King. Para resumo, dicirvos que a min deume, entre outras cousas, que amaba á institución relixiosa e a miña nai pero que quería moi pouco a miñas irmás e a meu pai. A don Cabanelas faltáballe ese “ojo clínico” que el tanto repetía que había que ter e que levou a Lanzós a desplomarse mareado desde a tarima desfacendo coa cabeza a mesa de Cristina Montes.

O “Vieiro”, a revista trimestral do cole, teño que recoñecer que era unha idea boísima… pero algo monotemática. Case sempre eran os mesmos os que gañaban a carreira esa de ser publicados. Os meus amigos e máis eu practicamente non o conseguimos nunca. Pode que algunha vez, algún debuxo, é posible, pero poucas veces. Creativos éramos, sen lugar a ningunha dúbida, o que pasa é que non debíamos adaptarnos á idea da revista. Algo así como se Juan José Millás manda un relato dos seus á revista Época. Pasábanos algo semellante. Mentres María de los Ángeles mandaba unha poesía sobre o nacemento de Xesús, nós un resume das finais entre Phoenix Suns e Chicago Bulls. Mentres Nerea debuxaba unha familia feliz con nai, pai, irmáns, can, casa e árbores aos lados, nós facíamos imaxes da cidade e do pobo do futuro con coches voando, nenos nos teitos das casas e nada de adultos. Mentres Juan José ou Arnaú reflexionaban sobre a primeira comunión, nós facíamolo sobre os primeiros amores da clase.

Secundino era salesiano pero non cura, ou eso se dicía polo menos, ademáis nunca daba misa polo que podía ser certo. Sempre andaba en chándal e era o encargado de conducir aquela furgoneta Ford branca. Non era mal tipo aínda que deixaba ver de vez en cando un toque cabrón tamén. Estaba forte e eu sempre pensei que era o único deles que de vez en cando se ligaba a unha titi. Gustáballe ir de viños e houbo unha época que andivo con Soto que é algo así como o Hugh Heffner de Foz. Chamábamoslle Secun e eso demostraba un certo acercamento aos nenos, que se agradecía con tanta seriedade e rixidez que había.



As veladas eran unha pasada, con dous horarios, un pola mañán para mestres e alumnos, outro aberto para pais e amigos. Os Reis Magos chegando a Belén (eu fun Baltasar, o mouro), cancións dos Backstreet Boys con Doris do moreno que non tiña tatuaxes, obras de teatro de autores galegos como “Os vellos non deben de namorarse”, a rondalla con metralletas… digo con… bandurrias, perdón! (menos mal que tocaban as cachondas), chistes dos nenos máis graciosos, cancións á guitarra, clases enteiras cantando panxoliñas, e en definitiva, todo o centro sentado no salón de actos vendo aos seus compañeiros sendo artistas por un día, entrando na fama e expoñéndose á crítica.

Florencio coincidiu pouco tempo comigo, veu en sétimo creo pero deixou un pouso moi fondo. Daba literatura castelá e era algo así como o rei das metáforas, un Antonio Gala en feo, en baixo, sen fulares de seda e sen bastón (sen o de madeira porque o outro, o metafórico tíñao sempre moi presente… e probablemente, moi duro). A el o dos complementos directos (CD ou OD) e indirectos (CI ou OI), o de predicado e suxeito, importábanlle ben pouco. O del eran as metáforas, os símiles, as comparacións en xeral. Por exemplo, unha frase como “El niño cogió una flor y se la entregó a su abuela” convertíaa nun órgano sexual en forma de flor que o neno terá que entegar algún día. Non vou entrar xa en ameixas, coellos e demáis imaxe fácil. “Florence & The Sex Machine” era un adicto do sexo imaxinado, un John Holmes impotente, un boxer capado, un consolador sen pilas, un Chuck Norris sen metralletas… un dedo meñique sobre os beizos que indica desexo, que pide ilusión e que recibe unha realidade frustrada.

Como xa dixen antes, o mellor era o deporte. Dúas categorías: alevíns e infantís que desfrutaban en todo aquello que se lles permitía (fútbol sala e baloncesto eran incompatibles). En baloncesto, en catro anos gañamos todos os títulos provinciais e galegos… todos e en consecuencia pouco máis se pode dicir. Era o nosos leit motiv. En campo a través as competicións eran moi emocionantes con esas estratexias de equipo, esa fatiga continuada, esas saídas a toda hostia, esas botas de tacos amarelas Adidas, eses bocadillos de despois da carreira ou esas mañáns soleadas. Era unha preciosidade. No atletismo, domingos enteiros en Lugo vendo a Laura (a miña preciosa loira de cidade). O salto de lonxitude, os dous mil metros, os cento cincuenta, os relevos 4x60 (onde aínda temos o récord galego con Ratoeira na saída, Pedro Reimunde na segunda, eu na terceira e JAGS na chegada). Para a posteridade quedará o terceiro posto de Arale en dous mil marcha (con dez descalificados e tres acabando a carreira) ou o lanzamento de disco de Lanzos que deu tres ou catro voltas na rede (co rapaz facendo un bicho bola para que non lle dera nos dentes).



De Juanjo nunca souben nada, nunca me deu e nunca falei con el. Era un tipo semigordo que andaba por alí dando pretecnoloxía co seu xersei Lacoste gris.

A.D.S. señores! Amigos de Domingo Sabio! Unha asociación para os nenos de carácter espiritual que fomentaba a convivencia entre diferentes centros con reunións, excursións e campamentos. Se non eras de A.D.S. non eras ninguén. Supoño, a touro pasado, que era unha cousa do estilo das fraternidades americanas, esas que teñen tantas letras gregas, pero sen ter que sufrir putadas para formar parte delas. Tamén é certo que xa era unha putada en sí mesma pertencer.

Siro, en cambio, era o cura total. Estivo un ano ou pode que uns meses soamente. Tiña pelo longo e barba, todo negro. Era delgado e alto… era Xesús Cristo (se é que é verdade que o que acabou na cruz tiñas esas pintas grunge tan cinematográficas). Tivo unha acollida no pobo excelente, os nenos queríano e os veciños tamén. Foi unha estrela eclesial, o Messi da igrexa… non, máis ben o Cantona da igrexa. Acabouse indo ou forzándoo á irse sen explicación para a comunidade focega. A miña teoría é que se cansou daqueles vellouzos avellouzados que identificaban o seguimento de deus coa pasividade, o gorroneo e o aburrimento. El era un home de acción e decidiu irse ás misións. Siro Forever!

Educación cívica era a materia máis molona (empatada coa pretecnoloxía dos electro-imáns, poleas, marquetería e demáis). Lembro subir os mércores, na primeira hora da sesión de tarde ao salón de actos. Alí agardaba xa Tono preparado para deleitarnos con “Un héroe anónimo”, “Alabaré”, “Cogidos de la mano” ou “Somos ciudadanos de un mundo”. Cun pé no chan e outro sobre a cadeira, guitarra apoiada, tres pares de calcetíns no paquete (porque supoño que todo aquelo non era del… ou se o era, agora entendo de onde viña a obsesión de Florencio) e veña voz grave. Entres os temazos, normas de urbanidade, como comportarse na mesa, como saudar, como facer feliz ao noso señor, De vez en cando, tamén se lían fragmentos da Biblia, relatos de Mateo, novelas de Pablo, ensaios de Juan, poesía de Marcos… e os corintios coa cabeza coma un bombo.



E chegamos a unha das lendas do Martínez Otero: Chema, ao que cariñosamente chamábamos “O Chutao”. Anos antes déralle unha trombosis e quedara cunha lixeira parálise nunha perna en un brazo, o que lle provocaba unha coxeira moi característica de pé que repta. Chema foi o terminator do despertar dos bicos, o adoctrinador definitivo, o feo do cole, o cocho do cole, o chaquetón violeta e verde andante, o amigo-inimigo… era como Belén Esteban… estaba en todas. Cando nos retirábamos para xogar a “El conejo de la suerte” (vaia supernome!) aos lugares máis recollidos, alí aparecía el coa súa libreta para anotar aos que nos bicábamos. Sempre dicía a súa frase de “se lo voy a decir a vuestros padres”. Aínda así, non evitaba aqueles bicos de sabores. Era mestre de relixión e pretendía ser a vacina cristiana infantil (a min suspendeume en cuarto de EXB por non entender o que pasara con María, o anxo, a Santísima Trinidade e todo aquello que… joder! Alguén mo pode explicar?). Era feo como un demonio, un puto cromo dun trol. Era cocho con ganas e sempre andaba buscando trangallada na tocha e cera nos oídos. Saíanlle os pelos polas fosas nasais e polas orellas que metía medo. Parecía un chumino depilado con soplete. Pasaba de ser colega a ‘joputa’ en segundos. Eu penso que non era agudo, que estaba alí en plan obra social salesiana.

Non me esquezo do resto de mestres e mestras que me deron clase ou que non me deron. Elisa e a súa ríxida organización amable. Tono e os seus experimentos no laboratorio, Justa e a súa mala hostia de porcelana, Don Luís e a súa incapacidade para o galego, Ramón Eiras entre os climogramas e a cruzada antifutbolera, Ramonita e o seu atractivo de muller con carnes xunto ao seu sobrediagnóstico de dislexia, Don Fernando e a súa capacidade para convertir en carisma o maltrato físico baixo o amparo corporativo, Don Vicente coas súas bromas crueis fóra do alcance dun neno ou María Elvira tan esixente como eficaz.

Os salesianos son eses seres que etiquetan aos nenos en función do nivel económico da súa familia, do idioma no que falan e pola súa capacidade de ser gobernados sen pedir explicacións. En definitiva, son uns tipos aos que lle gustan as ovellas… pero non son pastores, que va!, son os que mandan neses pastores porque a eles o de pasar frío… non lles vai.

Para rematar, que xa chega, déixovos con algo de proveito que me ensinou o pornográfico Florencio: “Los discuros, tienen que ser como las minifaldas… cortos y que enseñen mucho”.

lunes, 25 de abril de 2011

CARTA A ABRAHAM. TEÑO UN AMIGO PERDIDO

Teño un amigo… ou tiven… non sei como chamarlle a esta situación pero permitídime falar en pasado (faime sentir un pouco culpable e creo que así debe ser). Pois eso, que tiven un amigo que se chama Abraham e que foi moi importante na miña vida, sobre todo na infancia e comezo da adolescencia. Xogábamos a todas horas detrás da miña casa, a veces sós, a veces cos outros do barrio e xa ao final, con Carlos tamén. Lembro moito mellor o verán naquela época, cos días longos nos que o sol desaparecía tarde, moi tarde, cerca das once. Xogábamos ao escondite, a polis e cacos, a saltar rampas coas bicis, á goma, á comba, ás canicas, á pateza, ao fútbol ou á mancha.
O escondite era divertidísimo, con moitos lugares onde agocharse. O container de fibra do peixe da avóa de Blodi: Nati. O oco pequeno do cristal que daba luz ao portal e que estaba xusto encima da porta traseira do edificio, onde se facía a conta ata corenta. Detrás das chabolas. Detrás de muros de cemento. Ou detrás de táboas de madeira. Éramos quince persoas polo que cada partida duraba bastante e o factor de que o último librase ‘por mi y por todos mis compañeros’ supoñía un follón considerable para o que apandaba.
Polis e cacos, tres cuartos do mesmo. Horas e horas e xogando… e foi progresivo cronolóxicamente. Ao principio, as marxes eran o espazo que quedaba detrás das nosas casas. Logo, ampliouse ata as Corporacións. Despois ata as Torres e o Poli, para finalmente, non haber límites. Eu sempre preferín ser caco e escapar como se me fose a vida en eso (cousa que máis tarde me serviría para que non me pescaran nunha obra-Post de “Eu, as obras e todo o demáis”).
As rampas e as bicis foron a nosa paixón (Post “A miña BH azul”). Non saíamos da casa sen elas e os brincos que pegábamos eran a nosa primeira experiencia cercana a voar.
A goma estaba guai. E non me refiro á merda aquela de “Sangre cuajada de primera división…” Non! Eso era de nenas! Quero dicir o xogo da tela de araña que tanto molaba. Dúas persoas, unha enfronte da outra, a dous metros, e collida unha longa goma polos pés e as mans. Á de tres (ou dunha canción que non recordo), enredábanse os extremos por outras partes do corpo quedando unha parede de fíos. Ben, pois había que pasar ao outro lado sen tocar a goma. Impresionante!
A comba cunha fila longuísima tamén tiña a súa graza e había moitas variantes. Por outra parte, era a mellor actividade mixta porque as rapazas ensinábannos a saltar e sentíanse super listas. Non se daban conta de que non facía falta eso para saber quen era máis listo. Rapazas… sodes máis precoces sexualmente, sacades mellores notas, facedes de nós un pandeiro cun par de tetas ben (ou mal) postas… que máis probas queredes?
Dentro das canicas, o guá e o risco mandaban. Primeiro só por puntería e orgullo, logo xa apostando canicas. Lembro colocar o talón na terra e xirar creando un furado perfecto.
Á pateza xogábase nas superficies de cemento pegadas ás casas. Nas ‘aceras’ en castelán… e en galego , como é unha palabra inventada por algún excéntrico da lingua (ao igual que ‘coido’ en vez de ‘penso’ ou ‘nembargantes’ en lugar de… eu que sei!) non a utilizo. Pintábamos o debuxo con trozos de ladrillos que, por certo, sempre había moitos, e a apuntar e saltar.
O do fútbol xa é un caso aparte. Era a relixión, non? Nenos pegados a un balón, e digo nenas, xa sabedes que naquel tempo as nenas xirábanse para que non lles tocase a bolaaaaaaa… que medo! Pero era normal, fútbol e zapatos de charol é como o ballet con botas de tacos de aluminio.
A mancha, case sempre remataba cunha pelexa por pasar a mancha con demasiada forza ou algo así. Ou tamén (ja,ja) por dous tipos quedándose no sitio, sen moverse dándose golpes nos brazos dicindo “tú!”, “No, tú!”, “tú!”, “tú outra vez!”, “lévala tú!”, “ahora tú!”… e sí, outra vez pelexa ou alguén que salía e dicía “Renuncio! Acuto! Hai que moverse, eh!”.
A todo esto xogábamos Abraham, eu, Gon, Ramón, Samuel, Suso, Ovi, Ana, Estefan, Rosana, Cristina, Mila, Iago, Jorge, Fátima, Bárbara…
Cando non estábamos en actividade conxunta, Abraham e eu sentábamonos ao lado da miña casa e falábamos de chorradas, sempre cun pau na man. Ou metíamonos na cabana da pandilla a fumar pallas e comer pipas. Ou queimábamos follas de periódico. Ou roubábamoslle a miña nai o bote da laca do pelo para facer unha máquina de lanzar lume. Ou íamos roubar maiz á terra da Tata (e sempre nos cachaban). Ou a insultar aos das Corporacións. Ou xogar un 1x1 a volley no tendal. Ou tocar a batería usando o tambor dunha lavadora vella. Ou intentar meterse no pío de lavar a roupa á man e mirar se collíamos. Ou comer o líquido do tallo daquela flor amarela que sabía a limón. Ou xogar ao tres en raia na acera. Ou meternos nas bodegas. Ou saltar os muros que separaban as terras. Ou meternos en palleiros. Ou xogar ao aforcado tamén na acera. Ou discutir sobre as regras do “escondite inglés” ou do “declaro la guerra”. Sempre Abraham e máis eu. Sempre os dous. Éramos uña e carne, como se soe dicir.
Abraham era un neno moi bo, cun corazón enorme, deses que sabes que darían a vida por ti. Era tamén un pouco atolado, rebelde, inquedo. Lémbroo sempre cos ollos vermellos, ensangrentados… e con lagañas. Era o meu irmán. Nunca estábamos o un sen o outro. Medramos xuntos.
A súa vida era diferente da miña, eso sí. A miña familia estaba estructurada dunha forma tradicional e a educación en valores sempre foi boa. A del… prefiro calar a boca… ou non! Que carallo! A súa nai fórase para Lugo levándoos a el, a súa irmá maior, Ana, e ao menor, Jorge deixando a seu pai por diferencias no matrimonio. Á avóa materna foi buscalos e tróuxoos para Foz con ela. Así viviron, separados dunha nai, un feito que marcou moitísimo a vida do meu amigo. Na casa dos avós levou cada pasada de seu avó que mandaba truco. Que home máis malo, joder! Recordo como lle daba vareadas nas costas por cousas de pouca importancia mentres a Sheyla, outra das súas netas lle daba mil pelas para fundir en Donuts (que lle fixeron ter uns dentes e un colesterol que daba medo… xa de pequena). Recordo como lle daba patadas. E recordo como logo facían as paces nun lavado de conciencia (pouca) por parte do vello. Foi das cousas máis feas que vin na miña vida… aquela violencia. Non me esquezo da noite de San Juan na que Abraham, despois duns golpes recibidos, colleu un coitelo e se foi da casa. Que move a un neno para facer eso? Pois a indefensión e a falta de cariño. Estaba só na súa familia, sentía que o querían pouco. Eso ten que ser moi duro. Esa noite, tan só eu sabía para onde se fora e fun ao seu encontro. Estaba no faro da praia, chorando, cos seus ollos vermellos. Falei con el e tróuxeno de volta despois de preguntarme se me ía con el para sempre. Quería que nos fóramos da casa a un lugar moi lonxe. Eu díxenlle que na miña casa estaba ben e el pideume que falara con miña nai para que o adoptase. Danme ganas de chorar… Voltamos e durante dous días tratárono ben, como sempre pasaba. Desgraciadamente, esa tenrura pouco duraba. Houbo moitas experiencias deste tipo, ano tras ano.
A cuestión é que con once anos tivemos que separarnos e romper o noso contacto diario. Seu pai acababa de casarse (ou arrimarse) cunha muller que chegaba de Ecuador (ou Perú). Abraham estaba emocionado. “Volvo a ter mai, Jose”, dicía. Xusto! Pensei eu. Ao pouco, el e seus irmáns deixaron o colexo de monxas do Pilar e fóronse a unha escola en Panxón (Pontevedra) para orfos do mar. Eles non eran orfos pero deu igual, coma se o fosen. Foi neste momento cando todo cambiou. Practicamente non nos víamos. De feito, só lembro daquela época que estivo interno unha visita (seguro que foron máis pero non recordo). Foi un día que eu tiña gripe. Non acostumábamos a timbrar nas nosas casas para vernos. Simplemente berrábamos desde fóra e saíamos. Aquel día timbrou. Abreulle meu pai. Veu ata a miña habitación e puxémonos ao día. Tíñamos catorce anos. Entre as cousas que me contou, quedoume grabada unha. “Jose… fumo porros no cole… e bebo”. Eu non souben que dicir. Púxenme vermello. Dunha maneira semellante a cando túa irmá se bicaba na boca co pailán de Antonio, o seu noivo. Algo lle dixen de que non me molaba eso, que eu pasaba. El cambiou de tema e non tardou en irse, xa que eu non podía acompañalo. Cando se foi, meu pai (agora doume conta) díxome que o notara raro. Contestei cun movemento de ombreiros en plan ‘non sei’. Pero sí sabía. Sabía que Abraham se ía tomar polo cú. E foise.
Nos seguintes anos debín velo dúas ou tres veces. Eu tiña moito lío co baloncesto e el andaba só ou con outra xente.
O que veu despois, pola súa parte, foi alcool, drogas, pelexas, etc. A muller do pai non lle deixaba nin entrar no piso, no seu piso e cortáronse as relacións despois de enfrentamentos con pai, avóa (avó xa non, que morrera… e… que se joda!), irmáns. A miña opinión e que moita gana non tiñan de axudarlle. Ten durmido na alfombra da entrada e entrou a roubar á casa dun veciño para comer. Amelia colleuno cun chourizo nas mans e deulle máis cousas por pena (de todo esto entrerime máis tarde). Viña pouco e cando viña armábaa e nunca coincidíamos. Se daquela houbese móviles…
Na romería do Obispo Santo na que eu estudaba COU apareceu na nosa tenda. Eu acababa de chegar e falamos moito. Bebín dez ou quince cervexas moi rápido e collín unha mamada de carallo. Abrazámonos e choramos. El foise e eu quedei grogui, chorando o que quedaba de tarde e de noite. Sorte que a miña moza daquela estivo comigo medio durmindo medio pensando. Cando espertei ás catro da mañán non recordaba moi ben o que pasara. Que pena, gustaríame saber do que falamos.
Unha noite tola que veu, nunha pelexa, contáronme que moita xente lle pegou (incluso patadas cando estaba no chan). Estiven moi fastidiado, sobre todo cando ao día seguinte, na praia, algúns amigos meus me dixeron que lle estaba ben, que era pouco se o mataban. Quentóuseme tanto a cabeza que me tiven que ir. Eu póñome agresivo se lle fan mal a alguén que quero e aquelo podía acabar mal. Funme. Seguro que Abraham tivera moita culpa (ou toda)… pero era Abraham, o meu irmán.
Unha vez, vino na tele nun programa que había ás nove e media da noite, non sei o nome, estaba pola rúa, en Madrid, sendo preguntado, cunha flauta (e supoño que algún can) facendo malabares.
Un verán no pub 3D, pregunteille por el a Anuska, súa irmá. Quedeime de pedra cando me dixo “Que Abraham?” E eu “Joder, teu irmao”. E ela “Non teño ningún irmao que se chame Abraham”. Apeteceume collela do pescozo e asfixiala… en serio. Desde esa non volvín a mirar para ela. É noxenta!
Outra noite, de visita a Foz, noutra pelexa, lanzoulle unha botella na cara a unha dona dun bar (non sei o motivo… e creo que naide… sei o que digo) e fíxolle un corte. Unha animalada! Ía á deriva. Veu a Garda Civil e rebotouse con eles.
Non volvín a velo nin a saber del. Anos despois, outro veciño maior, por un asunto de malos tratos, pasou uns meses no cárcere de Bonxe e ao volver contoulle á xente que coincidira alí con Abraham. Meu deus! Busquei en Internet e era certo. Unha condea por asalto á Garda Civil. Non sei cantos anos para o trullo.
Alí segue a día de hoxe.
En ocasións busquei información sobre o réxime de visitas pero non atopei nada. Vou ir velo, seino… pero cóstame, a verdade.
Non sei se quedará algo do neno que coñecín, nin da amizade que tivemos, nin se algunha vez, en todo este tempo, pensou en min. Sei que hai un fío moi fino que me segue unindo a el, un fío que me fai pensar en el moitas veces e que me pon triste.
Lembro cando os Venres polas noites ía con meus pais e miña irmá Paula á casa de Santa Cecilia da miña outra irmá Angélica. Nese corto traxecto, moitas veces, miraba ao ceo estrelado, lémbroo perfectamente, e pensaba nel, en onde estaría… e caíanme bágoas… pero sabía que tiña que parar para que non se me notase ao chegar… como a el se lle notaba con aqueles permanentes ollos vermellos.

Hoxe apetecíame (e necesitaba) escribilo.

domingo, 17 de abril de 2011

ESTE PAÍS É ASÍ. As sardiñadas


Era o día da sardiñada no pobo. Dunha delas, claro… porque había varias durante o verán. Non caera a noite aínda, quedaba unha hora de luz, desa alaranxada que rompe o ceo cando as horas precedentes tiveron o Sol como nota dominante.

Os membros do BNG organizaban a dese día e levaban desde as sete facendo a brasa para poder cociñar. As primeiras colas deixábanse ver entre xente que paseaba polo porto, coches que aminoraban a marcha e vellos que miraban sorprendidos.

Aurora, Chiño, Munda e Tomé eran dous matrimonios lucenses de idade avanzada, de vellos falando claro, que veraneaban na vila e que aproveitaban estas cousas para compartir unha cea ao aire libre. Viñan cargados con mesa e cadeiras plegables, das da praia, que poñían sobre o xardín do parque… e listo! Por tres euros, que é o que costaba cada ticket, dúas sardiñas, un trozo de pan, dous liscos de tamaño aceptable, cachelos e un vaso de viño tinto. Por tres ou seis euros, en función da fame de cada quen, podíase cear ben.




Dani, Iván e Iago eran tres colegas locais de trinta anos máis ou menos que, como cada ano, deixábanse caer polos mostradores para desfrutar deses momentos do verán que merecían a pena.

Silvia, Amanda, Irene e Raquel andaban polos vintecinco anos e o que lles gustaba era ir a todos os lugares onde houbera xente, unha especie de necesidade de “estar”, eran das que facían todo o que se puidese facer. Digamos que eran como unha etiqueta de calidade de eventos, se non aparecían era como se faltase algo, como se un deixara a carteira na casa.

O tema é que os tres grupos coincidiron nunha das colas. Diante estaban os rapaces, logo os vellos e despois as chavalas.

Dani: Dios! Vaia fame teño! Non sei se coller un ou dous tickets…
Iago: Hache chegar un, ou?
Dani: Non sei…
Iván: Yo pido uno sólo en principio… y si eso, luego, me cojo otro.
Dani: Tes aí á túa, eh Iago! Víchela?
Iago: A quen? – xírase e ve a Irene – Boh! E tú á túa… no te jode!
Dani: Eu á miña… o carallo! Será a de Iván, que tamén lle deu un paseo…
Iván: ¿Yo? ¿De quien me hablas? – ve a Amanda e cala – Ah…
Dani: A que se está poñendo atómica é Silvita… eh? Vaia periñas máis chulas!
Iván: jejeje…
Iago: Tes razón, tío… xa me levo fixando unha temporada e é verdá.
Iván: ¡Ey Dani! Ya nos toca, mira pa delante.

(CAMBIO DE GRUPO)

Aurora: Pois a min non che me parece nada barato… 3 euros…
Tomé: Non é moito tampouco…
Chiño: Chégalle ben pa merdallada que é…. ben sei que a eles lles costou un euro ou euro e medio…
Aurora: Por eso!
Munda: … - fai un xesto cos ollos e un leve movemento de cabeza en sinal de afirmación.
Tomé: É igual oh! Pa que ques os cartos? Halos levar po nicho…
Munda: … - rise e tapa a boca mentres mira para Aurora.
Aurora: Vou calar porque este home… Quen me vas levar po nicho es tú…
Tomé: tche! – machada e aparta a mirada para o mostrador porque lles toca pedir.

(CAMBIO DE GRUPO)

Iago: Chao! – saúda a Irene ao cruzarse na cola e ela devólvelle un xesto coa man e un sorriso.
Dani: Ei! – e dá por saludadas a todas mentres continúa andando con Iago buscando un sitio para comer.
Iván: ¿Que tal chicas? ¿Todo bien?
Silvia: Por aquí… de sardinada.
Amanda: Que aproveche…
Iván: Gracias… igualmente… nos vemos… venga!

(CAMBIO DE GRUPO)

Amanda: ¡Que bueno estás! – di o suficientemente baixo para que non a escoite Iván pero o suficientemente alto para que a escoiten as amigas.
Raquel: jajajajajaja… como eres nena!
Silvia: jajaja
Irene: chssssssss… que te vai oir Amanda…
Amanda: Pues si me oye… ¡mejor! Que lo sepa… bueno, ya lo sabe…
Irene: Xa!
Silvia: Oye Irene… ¿y tú que tal con Iago?
Irene: Ben… normal… non sei… falamos pola noite e eso… liámonos un par de veces… pero pouco máis.
Raquel: Un par de veces? E cinco e seis tamén…
Irene: As que sexan pero logo, tampouco é que me faiga moito caso… creo que non lle gusto…
Amanda: Estos son así… hacen que pasan… pero nada de eso.
Irene: Non sei eu…
Silvia: Yo creo que sí le gustas, se le nota…
Raquel: Sí muller! Eu tamén llo noto. Si cada vez que te ve, quédase mirando…
Amanda: A estos tres los tenemos loquitos…
Raquel: jaja…
Silvia: jajajajajajajajaja…
Irene: E eles a algunhas de nosoutras tamén…
Raquel: … tócanos!

(CAMBIO DE GRUPO)

Iago: Non perdes ocasión, eh mamón?
Iván: ¡Joder! Solamente soy agradable.
Iago: Xa.. que non digo nada… fas ben!
Iván: Amanda está mazo buena.
Dani: Moito! É un caso!
Iván: Pues no estará pero tú bien que te la tiraste…
Iago: Toma logo polo cú! Jajajajaja
Dani: Pero chaval… que che teño que explicar que non sempre se come marisco? Non ves que hoxe tou comendo sardiñas pailán!
Iván: Bueno… pues a mi me mola…
Dani: Paréceme ben… xa sabes…
Iago: Esto sí que é vida, eh? – mentres se sentaban nuns bancos que daban ao porto – Sardiñas, viño, cachelos, torrezmos… estou na gloria!
Dani: Xa che digo!

(CAMBIO DE GRUPO)

Tomé: Abre as sillas e a mesa anda!
Aurora: Sabes que… es ben cómodo tú…
Tomé: Manda carallo! Pero si levo nas maos os platos… que ques? Que o poña eu co que teño entre as pernas ou?
Munda: jaja… deixa que as poño eu.
Chiño: Quita dahí… será mellor que as poña eu que aínda has joder todo…
Munda: …
Chiño: Listo!
Tomé: Si non é polos homes… iba ir ben o país, oh!
Aurora: Pois sin as mulleres…
Tomé: E logo que facedes? Tar na casa seguido…
Aurora: Na casa sí, planchándoche, coséndoche, facéndoche a comida… que daquí padiante vala facer tú me parece a min…
Tomé: E fáigoa perfectamente… as sardiñas en lata sálenme bárbaras!
Chiño: jajajajajajajaja…
Munda: jajajajajajaja…
Aurora: Quítateme dahí anda!

(CAMBIO DE GRUPO)

Irene: Poñémonos por cerca destes?
Raquel: Vale…
Amanda: ¿Cuantas somos? Mierda! Cuatro… y ellos tres… lo echamos a suerte y la que pierda se va a casa sin comerse nada… jajajajajaja…
Silvia: jajajajaja…
Raquel: jajaja…
Irene: jaja… Pídome a Iago.
Amanda: Yo a Iván.
Silvia: Pues a mi Dani… así… tan borde… me pone…
Raquel: Pois todo pa ti, eu destes tres paso… se estivera Darío…
Irene: Así sí que non che era igual, eh cabrita?
Raquel: jeje…
Amanda: Pues tengo su número… si lo quieres…
Raquel: Tamén o teño eu…
Irene: Darío estará trabajando ahora, no?
Raquel: Supoño…

(CAMBIO DE GRUPO)


Dani: Pero xa tan os putos vellos veraneando apoderándose da acera…
Iago: Puta que os pareu… Se vos fórades veranear ao carallo…
Iván: jajajaja… Y que mal os hacen?
Dani: Joder, pois que sempre tan igual… quéixanse, aprovéitanse, pensan que é todo deles… pero tú viches como están nos merenderos da plaia? Non hai dios que ande! Tumbados… enchendo todo de mierda…
Iago: Eso é verdá, eh! Si son eu alcalde había pasar con caldeiros de auga fría e tirarllos encima…
Iván: Estás loco!
Iago: Tou sí… iban despertar de vez! Pero si beben unha botella de viño e tíranse alí a durmir que da noxo velo…
Dani: Xa che digo… Tan mas coloraos que o meu pixo… E veña partidas e trangalladas… e logo deixamos nosoutros dúas botellas por alí despois do botellón e xa nos chaman catrocentas…

(CAMBIO DE GRUPO)

Aurora: Tan boas as sardiñas, eh?
Chiño: Po si non se tragan…
Tomé: Non tan mal oh!
Munda: … - asinte coa cabeza.
Tomé: Si chas fixeran os do PP… habíanche gustar…
Aurora: Eso é verdá…
Chiño: Pero que terá que ver eso… eso sí.... organizado había tar millor.
Tomé: Moito millor… é un caso… falarían as sardiñas en castellano e listo!
Munda: E despois… xugaremos un tute, ou?
Chiño: Home claro!
Tomé: E… trouxeches a baraxa?
Aurora: Téñoa eu no bolso.

(CAMBIO DE GRUPO)

Amanda: No quiero más… estoy llena…
Silvia: Yo también.
Raquel: É que enchen bastante, eh?
Irene: Xa.
Silvia: Que os parece si vamos a tomarle una a Darío al bar?
Raquel: Moi ben…
Silvia, Amanda e Irene: jajajajajajajajaja…
Irene: Vamos anda que seguro que veñen estes despois tamén…
Amanda: Segurísimo… que estos no pierden día.
Silvia: Hoy promete…

(CAMBIO DE GRUPO)

Iago: E saliremos hoxe?
Dani: Non ou? Haberá que descansar algún día, non?
Iago: Tamén é verdá…
Iván: Pero si siempre decimos lo mismo y luego acabamos saliendo todos los días…
Dani: Nooooo… hoxe no… non me jodades…
Iago: Home… eu creo que hoxe non é mal día, eh? Vaise estar ben… de tranqui… non moita xente…
Iván: Podemos probar…
Dani: Bueno… que carallo… xa se verá… en función da emoción que levemos…
Iván: Además, el partido lo veremos, no?
Iago: Que partido?
Iván: España contra Korea… amistoso.
Dani: É o que me faltaba… vaia santa merda…
Iago: Non tarás cansado de fútbol…
Iván: Lo digo por hacer algo.
Dani: Bueno… sentámonos alí… tú miras o partido e eu mírolle a Rodolfo pa muller.
Iago: jajajajajajaja… ta boa a cabrona, eh?
Iván: Joder… buenísima…
Dani: E dixéronme que era unha puercona…

lunes, 11 de abril de 2011

VIAXE CORUÑA-VIGO


Por un motivo determinado, tiven que baixar a Vigo en tren. Pasei de levar o coche e decidín utilizar este medio de transporte tan romántico e, a verdade, é que rápido e cómodo tamén, polo menos neste traxecto. Ademáis sae moito máis económico que pagar gasolinas e peaxes de autoestradas. O tren fai poucas paradas, creo que foron Compostela, Vilagarcía, Pontevedra e finalmente Vigo, o meu destino. Unha viaxe relaxada e pracenteira.

Un autobús ou tren, como é o caso, constitúe unha mostra heteroxénea exacta para unha análise profunda da sociedade. Neste mundo, hai moitos tipos de persoas, o ser humano é moi diferente en función de aspectos tanto internos como daqueles que dependen máis de axentes externos e, durante a hora e pico que durou o meu traxecto, puiden comprobar esto en persoa.

Cheguei con tempo, como sempre acostumo facer, e quince minutos antes da saída xa estaba lendo eu “Llamadas telefónicas” de Roberto Bolaño sentado neses asentos semi cómodos e espaciosos enfrentados dous a dous. Xa se compra a praza numerada polo que un vai a tiro fixo e o meu tiro caeu ao lado dun rapaz que preparaba o seu ordenador ‘tuning’ para a viaxe. Veña cables, veña auriculares (con micrófono, por certo) e encima da mesa, un inmenso Asus de deseño futurista cunha especie de debuxos de planetas, constelacións e cousas desas. Supoño que o chaval sería eso que moita xente chama friki, que é un termo que non emprego moito porque para min non ten significado ningún. Aínda así, para entendernos, ahí queda. Vestía todo de negro e cheiraba a suor. Con esto non quero dicir que fose un porco, non, facía calor e notábase no ambiente, simplemente. Ía chegando xente a medida que se aproximaba a hora de marchar, a maioría estudantes, uns nos primeiros anos e outros xa acabando. Era Venres e os universitarios voltaban ás súas casas para pasar a fin de semana, moitos coa resaca da noite de Xoves anterior, xa se sabe…

Para os asentos do outro lado do pasillo chegou un rapaz de pelo corto falando pola Blackberry. Sentouse ao lado dunha muller duns corenta anos cargada de mochilas e cun estilo un pouco hippy que ao minuto de apoiar a cabeza contra a ventanilla, xa estaba durmindo. Ao pouco, chegou outro rapaz, en chandal, que coñecía ao que falaba polo teléfono. Saudáronse e comezaron a falar das batallas da noite anterior entre risas.

Logo entrou no vagón un tipo maior ca min, pero non moito máis, tería uns trinta e cinco. Con polo Lacoste, pantalóns raros, zapatos e un maletín de man. Era un deses tipos de raia ao lado (sen gomina) e vestimenta formal que deciden que o venres é o día que poden relaxarse no seu look. Sempre me sorprendeu ese peiteado tipo Pantene, de anuncio. Acomodouse no seu lugar e iniciou o proceso de mostra do seu arsenal. Da maleta máxica sacou un Mac Book Pro, un iPad e un iPhone. Toma xa! Alí estaba o alucinado de turno… sí alucinado porque non digo que non teñas todas esas trangalladas pero para que se pode sacar ordenador e iPad á vez? Non sei, ao mellor son eu que son moi raro, ou moi crítico… quen sabe!

Máis tarde chegou unha rapaza moi delgada, morena, guapa e cun corte de pelo moi francés. Desas tías que non sei ben que idade teñen, pode andar por unha franxa de vinte a trinta e cinco. Aspecto de nova pero que pode enganar. Despois dunhas maniobras un tanto raras coas maletas, sentouse enfronte miña.

O noso grupo de catro quedaba completo e aos do lado faltáballe unha persoa. Dous minutos para a saída e correndo polo andén chega o home, the man. Faltaba el na granxa. Pendientes de diamante nas dúas orellas (pequenos polo menos), pelo corto, de punta, engominado, pantalóns azuis ceñidos combinando cuns botíns brancos coa longa lengüeta por fóra, cinturón branco, camiseta gris desas con mensaxe, reloxo XL branco e unha chupa de coiro marrón. Todo un Cristiano Ronaldo… pero deses permanentemente cansados polo trafegado das súas vidas. Chegou arrastrando os pés con ese toque chulo pero gracioso dos amantes do xesto estudado. Ese toque de “tú non andas chaval… tú calcetas”. Ocupou a praza da ventana. Xa estábamos todos e o tren púxose en marcha.

Eu lía e observaba. Encántame observar o entorno, as persoas, todo. Son como esceas dunha peli ou dun libro. O do meu lado, o da miña dereita (eu ía no pasillo), parecía Chayanne cada vez que miraba para el, co pinganillo, só que n vez de cantar “Torero”, vía “Too Fast, Too Furious” sabe deus que parte. Tiña tanto volume que se escoitaban tantos aceleróns e derrapes que fixo que me lembrara de cando os do piso de Lugo (época universitaria) xogábamos ao “Need for Speed” da Playstation. Vaia tolería! Pero o caso é que non lle pegaba moito ver aquel filme, máis ben podía estar vendo “Cube” ou algo así, máis para mentes que buscan os retos intelectuais.

O que se masturbaba cheirando os aparatos do logo da mazá creo que vía unha película (polo que din visto reflexado no espello) no seu iPad con funda de goma negra incorporada. Unha funda que era soporte ao mesmo tempo para apoiar na mesa. Estes de Mac son a hostia! Que deseños! Que minimalismo! Que van fan o de ‘menos é máis’! Aínda que se aguantaba só, decidiu que molaba máis ilo agarrando sempre coa man esquerda.

Xusto diante de min, a rapaza, vestida moi formal, con falda negra por encima do xeonllo, camisa branca, medias negras cunhas liñas grises, varias pulseiras de perlas e un colgante de Tous (ninguén máis se dá conta de que estes complementos son máis para can que para persoa?). Lía un libro de Torrente Ballester e parecía bastante discreta.

No grupo da miña esquerda, os dous que se coñecían continuaban coas anécdotas do Xoves intercalando expresións do tipo “¡No jodas!” con outras como “¿En serio?” ou “¿Sabes?”.

A compañeira deles continuaba a durmir e Cristiano cun mp3, moi místico, mirando para a paisaxe e pensando, seguro, que frases dicirlle ás rapazas do seu pobo para ser, aínda, un pouco máis irresistible.

Chegamos a Compostela e baixáronse os que eran colegas. O resto seguimos xuntos. O tuning rozábame sen querer co brazo e pedíame perdón. Cinco ou seis veces. Eu pensaba para min “Que imos en asentos pegados… é normal que nos toquemos, non pasa nada, non teñas complexo de gordo, tío!”. El coas desculpas seguido.

O outro cambiara o iPad polo ordenata e facía como que miraba asuntos de traballo pero en realidade buscaba algúns deses xogos do solitario ou de billar que veñen xa no disco duro. Estou seguro. Ou vía fotos da súa última viaxe a Sanxenxo.

A guapa refinada con cara de rata e máis plana que unha táboa de pasar o ferro, lía, miraba para as maletas que estaban non sei onde e botaba un ollo disimulado aos aparatos do seu veciño. Debía pensar que ela tiña que facerse cun iPad xa, sería algo positivo para a súa imaxe.

Á muller oíanselle os primeiros sons similares a ronquidos e o guaperas pasaba a súa mirada de vez en cando pola de outras rapazas do vagón testando se era o máis sexy do tren. Tamén daba golpes cos dedos na mesa seguindo o ritmo dalgunha canción que escoitaba e que podía ser “Viva la Vida” de Coldplay. Era como se esperase (e molaría que pasase de verdade) que o letreiro electrónico das paredes puxese o texto “El más guapo del tren es…”

Pechei o libro ao chegar a Vilagarcía e empecei a escoitar música, Ryuchi Sakamoto. A partir dese momento centreime máis en mirar a paisaxe e en pensar nas miñas cousas, nos dous días que me esperaban en Vigo cos colegas e no meu futuro.

Non sei o motivo pero o friki parou de ver a peli sen acabala e puxo música, algo de hip-hop parecía.

O do pelo de anuncio agora estaba co teléfono, seguramente consultando en google a capital de Letonia, os habitantes de Nova Delhi ou a distancia que hai entre Luarca e Mos. Pode ser que tamén estivera buscando en Youtube videos de goles de Maradona, ou tan só mirando os máis vistos desa semana. Ou que estivese no Street View localizando a súa casa de Pontevedra, cidade na que se baixou uns minutos despois xunto a Cristiano que volveu a mostrar o seu encanto baixando con caras de ‘¡que cansado estoy!’, ‘¡fue buena ayer!’ e ‘bufff…y hoy salir otra vez…’

Na cidade do Lérez montouse unha rapaza, amiga da que tiña eu enfronte e cambiáronse para os asentos do lado para poder ir falando das súas cousas. Eu non oía moito porque o piano de Sakamoto soaba intenso pero se tivese que xulgar polos xestos, finolis eran bastante, destas de “o sea”, “ah, vale”, “¿perdooooona?” e demáis. Desde esa parada a paisaxe era moi fermosa e non retirei os ollos da ría e das illas ata chegar a Vigo, onde nos agardaba unha fin de semana de Reconquista intensa e pasada por auga. Estaría ben saber como cada unha desas persoas que me acompañaron describirían a súa viaxe.

lunes, 4 de abril de 2011

QUERO SER DEAN MARTIN

Moita xente, cando lle preguntan quen querería ser ou a quen lles gustaría parecerse dubidan… ou simplemente escollen a alguén que gañe moitos cartos. Son habituais respostas do tipo Cristiano Ronaldo, Madonna, Messi, Bono (o de U2 , non o político), Beyoncé, Brad Pitt, Clooney, Pau Gasol, Jon Kortajarena, Rafa Nadal, Julia Roberts, John Lennon, Fernando Alonso, Lady Gaga, Tiger Woods (ou este xa non… ou sí… ou eu que sei), a princesa Leticia, Gandhi, Mick Jagger, Angela Merkel… Alguén quere ser… non sei, Jordi Estadella? Ou Jordi Hurtado? Non vexo moitas respostas deste tipo. Hai persoas que din a verdade cando lles preguntan e hai outras que se deixan levar, un pouco, por excentricidades moi pensadas para dar que falar ou para mostrar certa inquietude cultural que realmente non experimentan. Sexa como fora, cada un pode facer o que lle dé a gana e dicir o que queira, non vou ser eu quen xulgue a ninguén, por suposto que non. Nas revistas do corazón, vemos en ocasións entrevistas a famosos (por calquer motivo, aínda que case sempre, non polo seu traballo) que respostan a esta pregunta. Non lembro agora mesmo casos concretos pero non me costa imaxinar o que contestarían algúns e algunhas.




Por exemplo, Guti. Aposto o dedo meñique do pé esquerdo (que fai moitos anos que me morreu) a que lle gustaría lucirse e diría algo así como Nelson Mandela. Con esto conseguiría dar unha imaxe comprometida coa igualdade social e os dereitos humanos, deixaría por un momento ao marxe a súa reputación de festeiro e manifestaría un coñecemento da historia (que en realidade se cinguiría a ver o filme “Invictus”).

Joaquín Reyes, en cambio, está claro que diría a parida do século. O que xa me costa máis é saber se se decantaría por Yola Berrocal (por poder tocar e asfixiarse coas súas propias tetas) ou por Chuck Norris (por ser capaz de acabar, na ficción e na realidade, cun exército asiático a pesares de ter a avirollada máis demencial do star system e unha barba que parece moqueta).


Estou seguro do que contestaría Belén Esteban. “Si volviese a nacer me gustaría ser… (dous segundos para darse importancia nese ritmo televisivo no que parece que transcurre toda a súa vida e pechar os ollos como só ela sabe facer)… yo misma”. Ñaaaaaaaaasssss!!!! Que pesada e previsible eres miña filla! Sempre poñendo en valor a túa loita constante coa vida e esa capacidade ilimitada de sufrimento. Nin que os demáis estivésemos no orgasmo cada segundo. Juan Manuel de Prada (coa súa pedancia habitual e a súa ultracultura que taladra o escroto) diría, citando a algún filósofo grego que “quien pretende ser quién no es, permite a su destino elegir el revés”. Se limparas as gafas! E a ver se un día destes compras unha camisa que che dé para meter por dentro. Na sección de roupa de home non probes, vai mellor á de fogar.

A filla da Preysler, despois duns segundos (bastantes, e neste caso, non por facerse a interesante senón porque se daría conta nese momento de que en vez de levar o iphone na man leva un plátano) decantaríase por ser súa nai. O entrevistador diría que eso non vale (como cando xogando ao culé de pequenos, non valían furos) e esixiría outra resposta. Ela, despois de dicir sete veces “…no sé… no sé…” diría unha a boleo que probablemente sería Nati Abascal. “Me encanta… es supersimpática… jaja… y tiene un estilazo… creo que ella y mi madre son de las mujeres más elegantes de este país”.

Adiviñades quen contestaría “No sé quién me gustaría… pero sí sé quién no me gustaría ser!”? Efectivamente! Jorge Javier Vázquez. E deixaríao ahí no aire para que cada quen interpretese ao gusto. Poderían ser Patricia Conde, Carles Francino ou algún político (ou xornalista) que esa semana lle chamase maricón publicamente ao socialista madrileño Zerolo.

O Gran (gran) Wyoming continuaría afiliado ao seu amor eterno (pero non cansino) a José María Aznar, o expresidente do goberno coa parede abdominal máis lograda e traballada da historia. Melloraría a súa elección cunha rectificación a tempo, escollendo ser o bigote de Aznar que, por certo vai desaparecendo como unha sopa no prato ata ter a cualidade da invisibilidade presencial.


Pola súa parte, o do Partido Popular, posteriormente a deixar ben clariño que el está orgulloso de todas as cousas que fixo (porque as fixo con convicción e pensando no interese xeral) afirmaría que lle gustaría ser simplemente unha persoa que axudase á xente e que dese solucións aos problemas actuais… para rematar cun “Justamente lo que no hace el señor Zapatero”. Despois amosaría eses preciosos dentes de papamadeira que algún rompería dun martelazo.

E Zapatero quen diría? Quen sabe? Ao mellor, “Me gustaría ser el presidente del gobierno que hizo que, con el apoyo de la ciudadanía, la crisis fuese un mal recuerdo que cimentase las bases de un funcionamiento económico y social más igualitario y justo para todos… Buenas noches y buena suerte!” E sorte é o que fai falta para sair do burato… que cos cen euros que me quitaches do meu soldo só poido ir tres venres ao mes a comprar á Fnac en vez de catro.

Serrat diría sen cortarse un pelo que Messi. Non esconde o seu barcelonismo e chegou a admitir que os Sábados non merece a pena buscar bo cine, boa literatura nin boa música porque xoga o seu equipo.

A elección pode facerse en función do éxito profesional, do éxito co sexo oposto, do campo no que se triunfe, do diñeiro que se posúa, do poder que se teña, das experiencias vividas… e todo esto sempre con xente coñecida porque aos anónimos non os coñecemos. Aínda que é certo que tamén está ben ser un familiar que admiramos, un amigo, etc. O normal é elixir a alguén popular. Independentemente do que pensen os demáis, e de que mole ser un mesmo, tamén ten que estar ben ter sido outra persoa. Pode ser que a pregunta correcta sexa ‘Quen che gustaría ser se non poideses ser ti mesmo?’


Eu quixen ser Michael Jordan, Michael Jackson, Eddie Vedder, Castelao e agora gustaríame ser Dean Martin. Se me fixeran esa pregunta, a miña resposta sería Dean Martin, de verdade, é unha persoaxe que me encanta. O único que me fodería é que é estadounidense pero pago a peaxe. Dean Martin. Sabedes quen é, verdade? Axúdanvos as fotos? Dean Martin naceu en 1917 en Steubenville (Ohio) nunha familia de inmigrantes italianos. A escola nunca chamou o seu interese e eso fixo que comezase a ganarse a vida como peón, empregado de gasolineira, crupier de casino e ata como boxeador (o seu alcume era “Kid Crocetti” debido ao seu nome real Dino Paul Crocetti). Simultaneamente deixábase ver nos clubes nocturnos como cantante compaxinando música e humor. Nunha das súas actuacións, coincidiu con Jerry Lewis (que tamén intentaba ganarse a vida) e non tardaron en facerse amigos e parella profesional. Debutaron na radio e no 49 ficharon pola Paramount. Despois duns cantos filmes de éxito, iniciaron as súas carreiras en solitario. Dean seguiu triunfando con pelis de tinte humorístico e tamén dramático, á vez que colleitou éxitos musicais con temas como “Volare”, “When You’re Smiling”, “That’s Amore” ou “Everybody Loves Somebody”. En 1940 casou con Betty McDonald e en 1949 con Jane Biegger. A partir dos 50 comeza o mambo e fórmase o “Clan Sinatra”, máis coñecido como o “Rat Pack” (“Banda das Ratas”), amantes da festa e da boa vida e sempre relacionados, dalgunha maneira, coa mafia. Para min, musicalmente son do mellor. Frank Sinatra, Sammy Davis Jr. e Dean Martin. Vaia trío! Ser un dos membros do Rat Pack non ten prezo. A veces, uníanselles outros dous, Peter Lawford (actor) e Joey Bishop (comediante) co que pasaban a ser un quinteto de luxo. No 1990 morreu Davies, o 25 de Decembro de 1995 en Beverly Hills finou Martin e no 1998 Sinatra pero a súa lenda e modo de vida seguen moi vivos. A súa música foi, sen lugar a dúbidas, como unha man ganadora no póker de Las Vegas, ese lugar que os viu facer historia. Dean Martin, un tipo de pobo, coma min, foi un dos tipos con máis clase que vin na miña vida. Dino… ese quero ser eu.