domingo, 15 de enero de 2012

FRASES QUE VOU BOTAR DE MENOS


Sabedes ao que me refiro cando falo desas frases que dixeron (e din) as nais e os pais aos seus fillos ao longo do tempo e que van pasando de ser unha lata a ser graciosas, verdade? Pois deso é, precisamente, do que quero escribir hoxe, desas frases.

A min dicíamas sobre todo miña nai, supoño que polo papel que desempeñaba na miña educación, papel que varía en función das casas de forma evidente. Digamos que na miña, o poli malo era miña nai e o bo meu pai (a non ser cando a cousa era moi heavy que o poli bo non era tan bo e o malo seguía sendo igual de malo). O certo é que esas frases, esas expresións quedaron na miña memoria pola cantidade incontable de veces que foron ditas e porque aínda hoxe en día as escoito de vez en cando. Ao principio, non me facían nada de gracia, máis ben poñíanme de mal humor, é probable que tamén por ser ditas desde o mal humor. Co paso do tempo, fóronme amolando menos ata chegar ao momento actual, que as considero divertidas e pertencentes a unha idiosincrasia familiar que xa forma parte de min.

Doume conta agora, de que cando desparezan, faltará algo na miña vida, faltarán meus pais, claro, e eso, anticipo será moi malo de levar pola miña parte. Pero non quero falar da pérdida neste momento, quero facelo deste patrimonio verbal da miña familia. O que vos vou contar non é máis que un exemplo do que fun oíndo cada vez que facía determinadas cousas e que cada un de vós compartiredes do mesmo xeito ou doutro moi parecido. É unha homenaxe aos pais e nais da miña xeración, desde o agarimo (non do barco focense, senón do sentimental).

"No meu carro non vas/vai á misa". Que pasada de exemplo! Esto viña sempre falando dalgunha compañía (amigo/a, colega) que ti elixiras e que a ela non lle gustaba moito. Era a súa maneira de expresar disconformidade coa túa xuntanza. En ocasións tamén mo dicía a min cando facía cousas que non ían coa súa forma de ser. Era unha maneira de dicir que unha persoa non lle caía ben, que non era trigo limpo ou que era moi diferente a ela.

Outra frase era "Hasta ahora, tú e máis eu non somos iguales". Esta era unha das miñas preferidas, cun rollo moi parecido a esa outra expresión menos empregada de "Hasta ahora, aínda hai clases, eh!". Quere dicir que non había que subirse á chepa, que non tiña que tratala de igual a igual, que ela é miña nai e non unha amiga, que quen poñía as normas nesa casa era ela e que o debate ao respecto quedaba pechado no mesmo momento que se pronunciaban esas palabras, sen tontería ningunha. O efecto provocado era o silencio e a aceptación, xusto o que ela pretendía.

"Pónteme coma a xente". Do máis gracioso e inconcreto que me podía atopar. Imaxinade que saía da casa 'coidadamente' mal peiteado (coidado que ela non apreciaba, por certo), ou que levaba os pantalóns rotos, ou cando aparecín cun pendente en cada orella… veña frase! Moito tempo pasei eu pensando quen era esa xente á que ela se refería. Serían persoas coa raia ao lado? Coa camisa por dentro? Cos pantalóns por encima do embigo? Xente seria desa? Xente aburrida? Eran máis xente que min? E o máis guai, se eles eran xente, que carallo era eu? E sería un bicho supoño, ou un animal raro… non sei. Supoño que querería dicir que fose normal… ese adxectivo tan difícil de definir e tan pouco motivador. Quen collóns quere ser normal de adolescente? E de maior? Acaso son máis normais esas vellas que tiñen o pelo de violeta? Non son esas máis punkys que calquera? Seguramente ela non se daba conta de que quen ela consideraba xente non eran máis que gilipollas (ou non).

"Es como 'peido de puta'". Pero alguén sabe quen ou que é eso? Nunca o entendín. Había alguén ao que lle chamaran así? Era un capullo de Foz? Era un piropo ou un insulto? É diferente o peido dunha puta que o de quen non é puta? Nin idea… nin idea. Ademáis, a cuestión é que mo dicía por moitas cousas. Que dicía unha tolería… 'peido de puta'! Que cambiaba de planes… 'peido de puta'! Que non tiraba a toalla para lavar… 'peido de puta'! Que poñía dúas veces seguidas a mesma camiseta… 'peido de puta'! Que non facía os deberes… 'peido de puta'! O curioso era que a meu pai tamén llo dicía, "Sodes como 'peido de puta'!"… imaxino que sería algo só para homes porque a miñas irmás nunca llelo dixo.

"Cólleme aquelo d'alí" ou "Colleme eso d'ahí". Esto sempre sucedía en contextos onde había moitos 'aquelos', moitos 'esos', moitos 'alís' e moitos 'ahís'. Poñédevos nunha cociña (con lavadeiro incluido… que aínda facía máis difícil o asunto), chea de sarténs, culleres, garfos, coitelos, potas, comida, manteis, servilletas, escumaderas, trapos, especias, produtos de limpeza… as de deus! Non será máis doado dicir o nome do que se quere e o lugar aproximado no que pode estar? Por exemplo, "cóllesme o pirixel que esta na cesta do lavadeiro?". Non! Para ela era mellor terme dando voltas con cara de pailán mirando para cincuenta sitios en vinte segundos ata que lle preguntaba "Pero que é o que queres, mamá?".

Agora ven unha frase de pasotismo máximo, unha expresión tipo "Pero tú…?", un ninguneo cun valor elevadísimo, o "Quen che dera que che dera corte!". Impresionante! Eu preguntándolle "Má, mañá vamos salir en Burela, vale?" e ela xa tiña resposta. Eu, "Hai unha bici en Baltasar chulísima, e non é mui cara, cen mil pesetas" e volta coa frase. Non había maneira! Bueno, sí que había… irlle co conto ao meu pai.

Parecida a esta última, estaba esa de "Non che había vir podre!". Do mesmo estilo e para as mesmas ocasións. Tanto valía unha como outra… ou a combinación das mesmas.

"Home… tú non es do teu tempo!". Canto a levo escoitado! Certo é que case sempre tiña razón, dicíamo porque o merecía e ten mérito que eu o diga agora pero é que fixen cousas que non eran de ser do meu tempo.

Agora, a frase máxima, a nai de todas as frases de nai e pai, ese sinsentido que crea cátedra, que é indiscutible a oídos de calquer neno ou nena, que non ten réplica posible, que desarma rapidísimo e que non pode desaparecer… por favor. Ten moitas apariencias pero sempre co xogo do xénero másculino e feminino dos substantivos. Esto é, "Má, vou pa plaia" e ela "Nin plaia… nin plaio!". "Má, quedei hoxe pa ir xogar ao baloncesto" e ela "Nin baloncesto… nin baloncesta!". É boísimo! O fallo foi meu, tiña que haberlle posto unha palabra que non puidera feminizar nin masculinizar… eu que sei, por exemplo, "Má, mañá vou salir". Non hai resposta, teríaa collida… ou non, a quen quero enganar, diríame un "Quen che dera que che dera corte" e listo.

E nada máis, creo que con esto chega. Hai moitas máis pero creo que xa as coñecedes e senón son esas, son outras do estilo. O que pretendo é mostrar o meu agrado por todo este pedazo de historia propia, de momentos inesquecibles, de vida. Son frases que me encantan e que recoñezo vou botar moito de menos cando xa non estén ahí… porque só serán lembranzas dun tempo pasado, recordos dun tempo mellor que tentarei traer ao presente repetíndollas aos meus fillos cun leve, prudente e apenado sorriso interior.

domingo, 8 de enero de 2012

WINNIE THE POOH É O PRESIDENTE DA MIÑA COMUNIDADE


Os presidentes das comunidades de veciños (tamén os das comunidades autónomas e países) teñen que ser persoas respetables e respetadas, grandes solucionadores de conflitos, xente comprensible, paciente, sociable, con dotes explicativas… ou simplemente, persoas espabiladas, non pido máis.

Eu non teño sorte. Aquí, en Pontevedra, tocoume un presidente do máis apático, moi borde, incapaz de facer nada por un, chamámoslle Winnie The Pooh. Non fai moito, tivemos (en catro ocasións) problemas coa calefacción, que é comunitaria, e recurrir a el foi como acudir a un charcuteiro para facer un moble.

Fixo un frío de moito carallo no piso durante tres días e entón decidimos baixar ata a segunda planta onde vive Winnie e comentarlle o que pasaba. Non tardou en subir, en pixama e cunhas zapatillas de casa desta personaxe de debuxos animados. Despois de escoitar as nosas explicacións sobre o problema e sen mirarnos tan sequera á cara, pousou unha das súas mans sobre o radiador e dixo "Esto va a ser problema vuestro… en nuestras casas no pasa… seguramente sea algo de los radiadores…". Estámosche ben! Deuse a volta e para o seu nido de calor. Nós quedamos naquel frío ambiente que por poñer algo positivo, polo menos endurecía os pezóns femininos e eso, sempre resulta gratificante.

Os radiadores estaban purgados (que palabra máis fea!) e requetepurgados (e esta aínda máis!) polo que non entendíamos o que sucedía. Cando lles deu a gana volveron a quentar.
Uns días máis tarde, a voltas co problemiña. Un frío que pelaba! Baixei ata o segundo piso para intentar solucionalo e obtiven unha porta pechada por resposta. Sentinme como un destes pobres que van pedir limosna e ninguén lles abre a porta, ignorado e marxinado ao sentir como alguén desde dentro mira pola mirilla da porta e fica alí, respirando e inmóbil. Timbrei dúas ou tres veces máis e nada. Tivemos que estar un día máis conxelados.

Ao día seguinte, baixou Eva ou Carla (non lembro) e tiveron a sorte de ser recibidas polo grande Winnie The Pooh. Alí estaba el para arranxar o que fose. O carallo arranxou! Empezou cos seus rollos de evadir culpas e soltou outra das súas perlas: "Pues no entiendo lo que pasa… es cosa vuestra seguro… aquí nos achicharramos de calor". Jejejejejejejeje (risa sinónima de contar ata dez… ou ata vinte, para tranquilizarse). Nese momento, co frío metido nos ósos, o que merecía aquel tipo era secuestralo e metelo en tanga nunha cámara frigorífica de carne durante sete ou oito días. El estaba alí, no seu forno, quentiño, e nosoutros dando as denteladas. Será cabrón!

Ao final e despois de moito insistir (en días e en explicacións), a calefacción vai máis ou menos ben. Eu xa estaba contento por perder un pouco de vista a Winnie pero este 3 de Xaneiro pasado, pola mañá, viña de facer uns recados do centro e coincidín con el na porta do portal. O típico, eu coas chaves na man e el tamén. Foi máis rápido e abreu. A min non me deu tempo de entrar (ou non me quixen pegar a el o suficiente) e deixou caer a porta na miña cara. Tiven que abrir coa miña chave e sen dicirme nada subeu comigo no ascensor sen preguntarme a onde ía. Presionou o puto botón do 2 e pista! Deume tempo a contar ata cen para tranquilizarme.

Pregunto eu, non estarei ata as pelotas, xa, de contar números? Non merece esta xente un par de hostias? Ou un insultiño tipo "a ver, soplapollas!"? Que teño que facer nestes casos? Axudádeme! Vaime dar algo!

No que me quede de estancia nesta fermosa cidade do sur galego, o que Winnie The Pooh vai obter de min vai ser a ignorancia absoulta, o desprecio máximo. Nada de "Bos días!" Nada de "A que piso vai?" Nada de nada. XA ESTÁ BEN, JODER!

domingo, 1 de enero de 2012

PUTO "DESAMOR". PUTO SERRAT!




"En su soledad, sentados frente a frente
a la hora de siempre y en la misma mesa
café de por medio, la misma pareja
de mediana edad y pinta de buena gente.
No les queda resto para otra jugada.
Se torció el camino... Se dio vuelta el viento.
Les pudo el fracaso y el resentimiento
y hoy son dos ejércitos en retirada.

Ay desamor, desamor...
negro desamor...
feroz desamor...

Casi sin mirarla, él le habla de puntillas
con frases muy cortas mientras ella niega
con los ojos fijos en la taza y juega
mecánicamente con la cucharilla.
Se sacó del bolso tal vez un anillo
lo tiró en el mármol y sonó a mentira
Él busca su mano y ella la retira
con la excusa de encender un cigarrillo.

Qué triste se ve.
Qué lejos está.
Tanto que olvidar
y nada que decirse.
Quién diría que
un día también
se quisieron y tal vez
fueron felices.

Mientras él, inmóvil se quedó sentado
ella muy despacio llegó hasta la puerta,
abriéndose paso entre las horas muertas
y la indiferencia de los parroquianos.
Y tras el cristal de la cafetería
calle abajo la siguió con la mirada
impotente, viendo cómo se alejaba
sin volver la cara el último tranvía.

Qué triste se ve.
Qué lejos está.
Tanto que olvidar
y nada que decirse.
Quién diría que
un día también
se quisieron y tal vez
fueron felices.

Y mañana la mujer de la limpieza
junto a las colillas barrerá del suelo
unos besos mustios y un mechón de pelo
algo pisoteado por la clientela".




RESULTA REALMENTE DURO (E AO MESMO TEMPO, REAL) QUE UNHA PERSOA POIDA ESTAR ATRAPADA NESTA CANCIÓN.

domingo, 25 de diciembre de 2011

SET LIST PARA CALQUER NOITE DO NADAL


"I'll Take Care Of U". GIL SCOTT-HERON & JAMIE XX.
"Hanging On". ACTIVE CHILD.
"Rain". HORSEPOWER PRODUCTIONS.
"Days". CREEP.
"Pure". PALPITATION.
"The Look". METRONOMY.
"Swing Tree". DISCOVERY.
"Hawai". BLACKBIRD BLACKBIRD.
"Polish Girl". NEON INDIAN.
"Close". ASLOPE.
"Soak It Up". HOUSES.
"Night Air". JAMIE WOON.
"You'll Improve Me". JUNIOR BOYS.
"Right Thing To Do (feat. Jessie Ware). SBTRKT.
"Utopia". YACHT.
"Come Back To Me". THE RAPTURE.
"I >3 U SO". CASSIUS.
"All Of The Lights". KANYE WEST.
"Midnight City". M83.
"Aminals". BATHS.
"Liiines". GHOSTPOET.
"Mi Mujer". NICOLAS JAAR.
"What You Do To Me". BLAKROC.
"Constellations". DARWIN DEEZ.
"Blue Cassette". FRIENDLY FIRES.
"Broken". LATE OF THE PIER.
"Over My Dead Body". DRAKE.
"Illuminata". CEO.
"Cloud 909". LONE.
"Gardening". MIKE SLOTT.
"Just The Yellow Bits". TEEBS.
"Futura". BATTLES.
"London Girl". THE INVISIBLE.



HORRIBLE FOTO: unafrasecelebre.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

A MIÑA CARTA (SEN PAMPLINAS) AOS REIS


Queridos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar:

Este ano porteime bastante ben… ainda que sempre se pode portar un mellor. Esforceime no traballo, continuei estudando portugués, reactivei parte da economía comprando bastantes cousas, tratei ben á familia, noiva e amigos, fun solidario con quen puiden selo e desfrutei coas pequenas cousas (e coas grandes tamén).

Agora vou centrarme xa nos regalos que quero para este ano. Non vos pido nada de amor para os seres humanos, nin nada sobre o fin da fame, nin a mellora de África coas enfermidades, nin para evitar a pobreza, nin máis traballo para os que non o teñen, nin saúde pública, nin sorte nos novos proxectos, nin a eliminación do racismo, do clasismo e de todos eses "-ismos" feos e malos, nin acabar co quecemento global e a contaminación, nin o coidado e salvamento das especies animais e vexetais, nin os éxitos para o Barça este ano, nin sorrisos para ninguén, nin felicidade sequera… este ano, todo o que quero é material.

Ahí vai a miña lista:

- Estiven en Oporto fai pouco e vin unha parka Fred Perry nunha tenda do Centro Comercial da Bombarda. Habíaa en tres cores: azul barco, verde e granate. Váleme en calquera dos tres (en ASOS haina en granate… por se vos é máis doado pedila).

- Gustaríanme tamén tres ou catro bastidores con lenzo para pintar… dos bos eh! Non me veñades con trangalladas desas que se lles ven as grampas.

- Se pasades por algunha FNAC, collédeme pelis ("Mil años de oración" de Wayne Wang, "Ríos y mareas" de Thomas Riedelsheimer, "Fantástico Sr. Fox" de Wes Anderson, "London River" de Rachid Bouchareb e "Miel" de Semih Kaplanoglu), discos ("Chorando apréndese" de Emilio José, "Maintenant" de Gigi, "A new exciting experience" de Free Pop Electronic Concept e "Gemini" de Wild Nothing), libros ("Historias de Nueva York" de Enric González, "El rey pálido" de David Foster Wallace e "Libertad" de Jonathan Franzen) e cómics ("Historias del barrio" de Gabi Beltrán e Bartolomé Seguí e "Crónicas de Jerusalén" de Guy Delisle).

- Quero tamén unhas cantas botellas de viño: Rioja Torre Muga Reserva do 1995, Chablis La Sereine 2008, Chateau Smith Haut Lafitte, Paco & Lola 2010, o Eco-Wine Marechal Foch Organic de Amity Vineyard do 2008, Pinot Noir Reserva 2009 Terra Noble e o champagne Bollinger Special Cuvee.

- Por suposto, tres ou catro foies frescos envasados ao vacío das Landas (Francia).

- Non estaría mal que lembrásedes o que me gustan as Tom Ford de sol, concretamente os modelos Gabriel ou Alphonse (marrón ou negro, tanto ten).

- Encantaríame un Scalestric, o C4 GT por exemplo.

- Teño moitas ganas dun equipo hi-fi. Descríbovolo para que saibades cal quero. É unha Yamaha MCR-840SN con DVD e iPod Dock gris plataeada. Para completar o asunto, que vos parece un xiradiscos? Ben? Pois o Project Debut III en vermello.

- Tampouco estaría mal un sobre branco con 2000 euros para unha viaxe que quero facer a Londres con miña nai. Esa cantidade creo que sería suficiente.

- Sería xenial que os Rolling Stones tocaran na Rapadoira de balde con toda a praia chea de bolas de goma de cores.

- Tanme entrando as ganas dun tambor africano de percusión… non son moi caros e hainos chulísimos… Baltasar, xa ti sabes...

- Ah! Esquecíame! Hai dous reloxos que me gustan. Un é o Longines Heritage Collection con caixa en ouro de 18 quilates sen mini esferas. O outro, un que vin nunha reloxería da Vía Santa Catarina de Oporto, é restaurado, tipo os reloxos de avó (como eu lles chamo), sinxelo, correa marrón e caixa tamén de ouro. O comerciante, a primeira vez que fun deixábamo por 950 euros e a segunda por 1100 (pode que na suba tivera algo que ver que para probalo deixei o meu Omega Dynamic do 70 no mostrador) e, a verdade, é que calquera dos dous prezos sería xusto, é unha peza de grande valor. Ambos son automáticos, nun só hai que pagar e no outro, tamén negociar (pero bueno… Baltasar sabe deso, non?).

Ben… e creo que nada máis señores… non pido nada que non mereza e que non desexe.

Pode parecervos algo mal que todo sexa material pero entendédeme, estou mirando por vós. Que queredes? Que vos pida o ben e toda esa parida? Meteríavos nun follón de carallo. Convertiríavos en políticos e creo que xa temos bastantes. Ademáis, se nos poñemos tontos, a min tamén me pode parecer mal o feito de vervos en mil sitios, en mil cabalgatas ao mesmo tempo. Ou o caramelazo que me deu unha vez Melchor nun ollo de pequeno. Ou a discrimanción positiva da que desfruta Baltasar desde fai xa moitos anos. Ou que lle roubedes todo o protagonismo ao bo de Papá Noel… co frío que pasa o pobre! Ou que bebades vós os chupitos de herbas que lles deixamos aos camelos. Ou que cheguedes tan tarde que case non dé tempo a xogar cos regalos. Ou que só traballedes un día en todo o ano (coa que está caendo). Ou que todos os Nadais lles teña que explicar a centos de nenos e nenas que existides de verdade. Ou que sigades sendo os únicos monarcas ben vistos. Ou que desde os balcóns dos concellos prometades piscinas e pavillóns que nunca chegan. Ou que a Baltasar se lle vaia a cor da pel cando chove. Ou que poidades ir traballar con esas pintas. Ou que vos poidades tirar a todas esas paxes sen que ninguén sospeite. Ou que nunca me trouxerades o puto Blandi-Blub. Son moitas tonterías, ou sexa que non me jodades!

Nada máis. Agardo con impaciencia a que chegue todo e só me queda desexarvos a vós, tamén, unhas felices festas que chegan e que todo vaia ben.

Un chuchiño meus reis!

JALO.



P.D.: O ouro, o incienso e a mirra deixádellos aos de Burela antes, vale? (Xa vos dixen que non quería trangalladas… e de "realidade", "divinidade" e "amargura" está o mundo cheo!).

domingo, 11 de diciembre de 2011

CATRO MINI-CONVERSAS


Un rapaz e unha rapaza falan deitados na cama despois dunha longa noite de sexo. Son as nove e media da mañá, el é de Laracha, ela de Agolada.

Miguel: Hostia tía! Vaia festa eh?
Natalia: Como? Que dis?
M: Que vaia festival nos acabamos de pegar…
N: Jajajaja… xa, non estivo mal, verdade?
M: Naaaaaaada mal. Fíxate que me apetecen fumar vinte ou trinta cigarros…
N: Carai! Pois na miña cama non é que aínda vai arder todo…
M: Un sí ou?
N: Veña… un sí que che deixo.
M: Que pasada! Esto é o mellor que hai, veña foder e ahora relax…
N: Que bruto es!
M: Debo ser… ti sí que eres bruta… 'a los hechos me remito'… jajaja
N: Cala! jajaja
M: Se o amor fose facer leña Natalia, ti serías unha Husqvarna.



Tres amigos bailan no fondo dun pub de Foz, e quen di bailar di mover a cabeza. Como é habitual neles, escanean a todas as tías que entran. Entra unha rapaza cos fumes subidos, unha veraneante, de Lugo, que fai anos era un cañón prepotente ao alcance só dos máis horteras metrosexuales e agora collera uns quiliños de máis.

Álex: Cuidao, cuidao que ven ahí a guapa!
Román: Diiiiiiiiiosssss! Ahí ven Scania…
Tomás: Dille ao camarero que abra tamén a outra porta non vaia quedar atrancada…
R: Sí, non vaia ser…
A: A ver quen a quere agora a esta…
R: Tonta perdida e aínda encima púxose como o container do vidro…
T: Vaia depresión debe ter…
R: Debeu parar de ir ao gym.
A: Pois que non se despiste moito non vaia ser que rebente.
R: Como se debe poñer de churrasco a cabrona…



Xa na discoteca, o último local antes de marchar para a casa, José fala cunha coñecida nun enésimo intento de levala á súa cama, unha penúltima bala, un lanzamento de aparello en toda regla.

José: Que tal Sonia?
Sonia: Bien… Hola José… ¿Y tú?
J: Podía estar mellor…
S: Como todos supongo…
J: Supongo… jajajaja… Xa facía tempo que non te vía…
S: Es que no bajo mucho de Coruña… ya sabes, esto es un pueblín y siempre es la misma historia…
J: Xa, claro… Tomas algo que te invito…
S: Bueno… Un Bacardi Limón con cola - ponlle a man no peito.
J: Estás moi guapa hoxe… - captou a mensaxe, debe levar moito tempo sen estar cun tío porque a cousa vai moi doada.
S: Gracias, tú tampoco estás mal… Te noto algo cambiado...
J: Home… estou indo correr e eso… - cre que xa é momento de soltar o seu 'guión de excéntrico especial para o ligoteo diferente'.
S: Se te nota, se te nota…
J: Oye Sonia… - cambia ao castelán polos nervios - … Tú que eres, más de Bollicao o de Mi Merienda?
S: ¿Como? Creo que soy más de Tigretón…
J: Mmmmmmm… Eso me gusta… Guau, guau, guau… - imita o ladrido dun Yorkshire.



Unha parella toma algo polo pobo a esas horas nas que apetece cear algo rápido.

Ramón: Apetéceche comer unha burguer?
María: Unha Burguer? Non!
R: Que queres logo?
M: Non sei, algo máis light…
R: Máis light que unha burguer? Eu que sei… un pouco de churrasco ahí no do lado?
M: Joder! Sempre estás igual… que non son unha vaca!
R: E que queres? Leituga soa?
M: Boh! Eu que sei… un sandwich mixto…
R: Vaia merda! Ti pide o que queiras, eu deso non quero…
M: Eres un animaliño… Non podes facer coma a xente normal? Mira para as demaís parellas…
R: Que fan?
M: Pois cear lixeiro… sen problemas e sen discutir.
R: As demáis parellas… As demáis parellas - imita voz de tía rallante.
M: Ti non es normal Ramón…
R: Non, non son, ti sí en cambio…
M: Esto non parece unha parella, sempre tes que discutir…
R: Buffff!
M: Nin sequera me dis nunca que me queres…
R: Como que non? Pero se cho dixen a semana pasada…
M: Pero dilo por compromiso, non o sentes...





Foto: Bruno Rico

domingo, 4 de diciembre de 2011

CRÓNICA DUN INSULTO


Fillo de puta, cabrón, imbécil pailán, estúpido, idiota, capullo, gilipollas, puerco, tonto, bobo, soplapollas, carapolla, pallaso, ignorante, petardo, burro, toca pelotas, absurdo, ruín, cerdo, bosta, friki, mollo, paleto, tío feo, polilla, merdeiro, carolo, notas, pardillo, muñeco, choni, analfabeto, bocazas, fillo de puta (outra vez)…

Encántanme as librerías… moito… e en todos os sitios que vou, en todos os lugares, intento enterarme das máis especiais para perderme nelas e encontrar cousas que me gusten. Eso mesmo facía esta fin de semana pasada en Oporto, nunha viaxe durante a ponte de 'todos os santos' (long weekend) na que desfrutei bastante. Era pola mañá, camiñaba polo entorno da Torre de Clérigos despois de almorzar no precioso establecimento Galería de París e atopei a Livraria Lello e Irmao (na Rúa das Carmelitas), famosa pola súa arquitetura interior (ademáis de por ser unha das localizacións do filme Harry Potter) e por ser unha das máis belas de todo Europa. Saquei a típica e obrigada foto de min coa impresionante fachada branca de fondo e para dentro. A primeira impresión foi de asombro, asombro ante aquela basta expresión de madeira (que non é tal… imita madeira en realidade) da escaleira e polos altos teitos e vidreira superior. Non tardei en darme conta, aínda que xa o sabía, de que a maioría das persoas que alí estaban, era como mera visita turística despois da repercusión que tivo no mundo do cine de aventuras.

Tiña pensado comprar, polo menos, un par de libros pero un suceso amaragoume a estancia e fixo que tivera que cambiar os meus plans. Din un garbeo pola pranta baixa examinando o xénero, guías de viaxe, libros de arquitetura portuguesa, de cociña, de literatura nacional e internacional, diccionarios e libros infantís basicamente. Tampouco era gran cousa deixando a un lado o local en si mesmo. O piso superior non me fixo cambiar de opinión, máis arquitetura, cine, arte en xeral, deseño, libros de texto, best-sellers e demáis libros sen ningún caracter especial. Pouca xente revolvía entre os libros, aínda que uns cantos sí o facíamos. Foi cando revisaba un bonito libro sobre un conxunto de lofts nos que predominaba a madeira como elemnto constructivo cando aconteceu o que non tiña que ter acontecido. Un pedazo de merda humana apareceu de detrás dun ordenador para berrarlle a un home que non sacara fotos, que estaba prohibido. Nese momento non me enfadei pero recoñezo que non me gustou o xesto, non me gustou ese protagonismo innecesario… as cousas pódense dicir de outra maneira, achegarte á persoa e dicirllo en baixo, dunha forma discreta, sen dar a nota. O tipo en cuestión paseábase cun aire raro, como vixiando, tanto que me lembrou a ese seguimento desconfiado e inquisitivo que fan os chinos nos seus almacéns de merda. Facíame estar incómodo nun lugar que se supoñía me tiña que agradar. Non pasaron nin dous minutos, cando volveu á carga o xeneral 'mal follao'. "Nao tire fotos!" lle espetou a unha rapaza de quince anos, máis ou menos. A nena tiña a cámara apagada colgando sobre o peito e miraba hacia abaixo, hacia as escaleiras agardando a chegada de seus pais. Non era portuguesa (polo que non entendeu) e non estaba atendendo ao 'fenómeno' (non tiña motivo, estaba desfrutando coas vistas e compartindo a ledicia coa súa familia). O panoio repiteu máis alto a mesma frase despois de arrear unha machada moi desagradable. A chavala levantou a cabeza medio cagada de medo e polos xestos entendeu a mensaxe. Tamén coa mímica tentou contestar que non estaba facendo nada e o puto soplapollas botoulle unha bronca de carallo. Hai que ter pelotas! O artista acabou dicindo "Nao brinques comigo, que estou a trabalhar" cun tono despectivo e borde nun volume demasiado alto. Todos nos enteramos e a rapaza, sen comelo nin bebelo, quedouse cortadísima… deume moita pena, pareceume moi inxusto. En pouco tempo recordei aquela clase (unha de moitas) na que o maltratador (e tamén fillo de puta… hai que dicilo!) Don Fernando, no Martínez Otero, foi de listo (sendo do máis burro que vin na vida…) cando Ratoeira estaba queimando serrín cun soplete no taller de pretecnoloxía e chegou el… "¿Quien está comiendo quicos?"… todos calamos e el seguiu "A mi olfato no hay quien lo engañe" (jejeje…)… e claro a cousa acabou con Víctor 'Petrolero' expulsado da clase por comer maiz frito. Volvendo a Oporto, alí estaba o imbécil ese co peito de fóra pavoneándose como se fose 'o rei das librerías mediáticas'… O rei da merda diría eu! Apetecíame matalo a paos, machacalo alí mesmo… foi un deses momentos nos que case me cego de todo. Estes rollos aféctanme moito, sacan toda a miña agresividade (tanto físico como verbal)… e só poido pensar en devolverlla á miña maneira. A opción máis adecuada foi adicarlle unha mirada de desprecio seguido dunha machada das que marcan época para acabar dicindo mentres seguía vendo libros "Se eso é traballar…". Nese mesmo momento decidín escribir esto e pasáronseme pola cabeza todos os insultos que coñezo para adicarlle.

A cuestión é que o que ía comprar non o comprei (e imaxino que non lles importará) pero o máis fastidiado é que o que tiña que ser un bo recordo da Livraria Lello e Irmao, foi a cagada máxima, deixándome un moi mal sabor de boca.

É probable que esto vos pareza desproporcionado (ou non) pero creo que non debería ser así… o protagonismo debe terse cando debe terse, e non cando a un lle dá a gana. Ademáis, quen pollas é ese capullo? Pois eso, un pailán que non folla nin un venres ao mes, que non sabe facer un ovo frito nin facer a cama, un idiota que se levanta empalmado sin saber para que vale o que ten entre as pernas, un ignorante que ve na bordería e en dar a nota cando non procede o seu mecanismo para combatir a impotencia mental, un capullo dos grandes ao que súa nai lle pon a roupa encima da cama para sair á rúa, un tipo cunha cara de gilipollas tan grande que apetece colgarlle un cartel de "Se Traspasa", un estúpido co addxetivo 'amable' no seu penoso perfil de Badoo, un peideiro que se limpa os mocos na manga da camisa, un pardillo que non leu un libro na súa puta merda de vida traballando onde traballa… e, en definitiva, un fillo de puta integral.

Polo menos, creo que en certa medida lla devolvín á miña maneira e teño a esperanza de que algúns usuarios lean esto cando busquen en Google "Livraria Lello e Irmao".