Quedo durmido no sofá coa televisión de fondo. Nese estado de semiconsciencia, escoito voces que caen na miña mente co eco propio do que chega con retraso. Movo a cabeza e coloco as mans encima da barriga. Teño esa sensación de estar cómodo na que a flexión e a extensión das extremidades produce pracer… tanto que o meu membro se pon duro. Agárroo coa man e tiro del hacia abaixo. Eso gústame. Pecho os ollos definitivamente e cando volvo a abrilos pasou case hora e media. As voces da tele resoan na miña cabeza. Eso moléstame, agora. Érgome rápido cos ollos entreabertos. Collo o mando e apago o aparato. Percorro os poucos metros que hai ata a habitación. Carla está xa deitada. Métome na cama. As sabas están quentes. Fai calor. Abrázoa e amóldome ao seu corpo. Ao pouco cambio de posición, hacia o outro lado. Os ollos non queren pecharse. Saco a man de fóra en busca do frío exterior do edredón. O frío convértese rápido en calor de novo. Volvo a abrazala. Dame un ataque de tos. pecho os ollos con forza. Nada. Non prendo. Desdobro o brazo que teño case adormecido. Saco unha perna de fóra e aos dez minutos métoa dentro de novo. Pasan os minutos. Póñome boca para arriba. Pícame a cabeza e ráscome. Doume a volta e coloco o peito en contacto co colchón. Respiro con dificultade. Coloco os collóns ben. Ráscome no cú. Abro as pernas. Póñome de lado e deixo colgar o brazo. Méxome. Levántome ao baño e descargo catro pingas. É máis a sensación, as ganas, que a necesidade real de descargar. Volvo á cama. Tres xiros a un lado. Tres xiros ao outro. Son as tres de mañá. Teño que despertar ás oito. Cruzo os brazos detrás da cabeza e o corpo mira hacia o teito. Outro ataque de tos. Súo aínda que estou espido. Pícanme as pernas. Ráscome cada trinta segundos. Penso na fin de semana. Cambio de postura. Miro o reloxo. Pasou o tempo. Escoito a sirea dunha ambulancia fóra, na rúa. Pecho os ollos. Ábroos de novo. Coloco as mans sobre o peito, cruzadas. Xiro a cabeza hacia a esquerda. Xiro a cabeza hacia a dereita. Acurrúcome hacia un lado. O espazo que teño na cama non me chega. Extendo as extremidades. Atopo algo de frescura nos pés e nas mans. Desaparece a frescura. Pecho os ollos e penso en bobinas de fío enrolándose. Intento que non se me vaian esas imaxes da mente. Enrolo e desenrolo fío vermello. É o último recordo que teño. Adormezo tarde. Sobre as catro da madrugada.
domingo, 13 de mayo de 2012
domingo, 6 de mayo de 2012
DESAPARECER EN QUILMAS
Jim Dodge relata no seu fantástico libro "Stone Junction" da editorial Héroes Modernos Alpha Decay, como un xove, o protagonista, Daniel Pearse, alcanza ao final da súa formación delictivamente persoal, a capacidade de desaparecer. Hacia o final da novela e despois do roubo dun preciado diamante e a consecuente fuxida por todo o país, logra introducirse na pedra preciosa e pasar a formar parte da súa identidade. Algo moi parecido me pasou a min nunha montaña en Quilmas, na Costa da Morte.
Nunha viaxe que fixemos Cristina, Eva, Monda e máis eu a Carnota e arredores, arrendamos unha casa na vila de Quilmas a un par de quilómetros dunha das praias virxes máis grandes e impresionantes de todo Galicia. Detrás desa casa había uns picos desde os que a vista era do máis fermoso que o ollo humano pode experimentar. Ben, pois unha das noites, despois de estar tomando algo na casa, fomos andando ata O Pindo en busca dun bar onde continuar a festa. Non atopamos nada e quedámonos no porto tomando as cervexas en lata coas que enchéramos a mochila. Mollamos os pés no mar, ao lado das chalanas, falamos de bobadas e decatámonos de que todo estaba pechado, de que a diversión víase obrigada a chegar ao seu fin. Cando iniciamos o camiño de volta chegou a nosa sorpresa, escoitamos ruido nun bar de nome esquecido co paso do tempo. Tiña as portas pechadas pero aínda así, chamamos. Dentro, tres rapaces tomaban a última. Nun primeiro momento non nos querían deixar entrar, insistimos e conseguímolo. Acabamos tomando dous cubatas cada un e falando co dono sobre o concello, sobre cousas para ver nel, sobre cáncer e sobre Marcial, un tipo de pelo vermello, natural da vila pero que pasara a súa adolescencia en Foz. Estudara hostalaría no noso instituto e era amigo do grandísimo e inimitable Piolo. Lembro unha ocasión na que, no patio do Martínez Otero, nos amezara despois de vacilalo coa mítica frase: "Aquí o máis tonto fai reloxos". Un tipo duro era Marcial… e que dicir do Piolo? Ademáis da súa época como Vizcaíno no Atlético de Madrid quero dicir…
O caso é que despois de coñecernos un pouco chegou a hora de volver á casa e deitarse, eran as cinco e media ou seis da mañá. Regresamos todo pola beira do mar, ríndonos, gravando videos, sacando fotos e intentando remexer a lingua ante o agresivo ataque do alcol. Despois de media hora, máis ou menos, debido ao noso paso lento, entrábamos no noso chalet adoptivo con ganas de cama, de durmir, baixo as primeiras manifestacións de luz da mañá. Estivemos pola cociña uns minutos, bebendo auga, deixando as cousas, comentando as últimas xogadas e nun momento no que quedei só, collín unha cervexa e saín a fóra. Mirei para o mar de enfronte, xireime, vin a montaña de pedra caliza e comezei a ascender por un camiño. A costa era bastante pronunciada, por non dicir moito, moi pendente, pero tirei para arriba, correndo, como Marco Pantani nos seus mellores tempos. Suaba. En vinte minutos estaba no cume case sen respiración e con dúas chamadas perdidas dos meus amigos que notaran a miña ausencia sen aviso. Vendo todo o que tiña aos meus pés, contestei á terceira das chamadas, era Monda, "Onde estás, oh?" me preguntou, "Na praia!" lle dixen eu, "Ao fondo, nas penas…". Desde encima dunha enorme pedra vin a Monda, diminuto coma unha formiga, cruzar a estrada e dirixirse ás rocas onde estivéramos pola tarde. Sorrín. O ceo estaba xa claro e o sol golpeaba primeiro, alí arriba o aire era de verdade. Eu, de pé naquela obra de caliza, cos brazos abertos, como Xesucristo na cruz, pero gozando en lugar de con puntas nas mans e pés, mirando aquela fermosa paisaxe que nunca vira. Sentíame como o home máis poderoso do planeta. Os meus ollos nunca tan atentos estiveron mirando algo, exceptuando as tetas dalgunha rapaza na adolescencia, aquelo era marabillosos, o máis fermoso que vira nunca, contando aquelas tetas. De súpeto, as nubes avanzaron polos lados ata xuntarse no centro sen tapar ao sol, o ceo rompíase, a natureza actuaba sen ordes, guiada pola súa ansia. Comezou a chover miúdo e lento, tanto que parecía unha tea de araña, a auga golpeaba os toxos e a terra do camiño, un son agradable, a camiseta e os pantalóns marcaban os centos de pingas como ovos de rá e decidín que tiña que quitar a roupa. Pouseina dobrada, ao estilo Doris, na caliza e deixei que a chuvia me mollase por completo, caendo directamente sobre a miña pel, sobre o pelo, sobre as costas, sobre o peito, sobre o meu membro, sobre as pernas, sobre as mans, os pés… Tumbeime na roca e así estiven quince minutos, asistindo a un festival de sensacións onde os sentidos eran os protagonistas, a vista no ceo, o oído nos paxaros e no golpear da auga, o tacto na pel húmida, o gusto da chuvia e o olfato da vexetación mollada. Púxenme de pé e volvín a abrir os brazos, mirei ao fronte e todo aquelo pertenciáme, era o rei do instante. Pechei os ollos e mirei arriba deixando caer, con suavidade, a cabeza atrás sobre o pescozo. Nese intre foi no que desaparecín en min e formei parte dos elementos, diluínme nos tres eixos, nos tres planos, nas tres dimensións, evaporeime na chuvia, rocei os toxos, toquei o mar, voei entre as nubes ao longo do litoral da Morte, fun un afluente do Xallas, un falcón, fun unha pinga, fun o aire, fun a terra, fun a area, fun a pedra, fun a natureza.

domingo, 29 de abril de 2012
MÓNTAME UN GUATEQUE, PAPI!
"Mi limón mi limonero". HENRY STEPHEN.
"Black is Black". LOS BRAVOS.
"Get On Your Knees". LOS CANARIOS.
"Quince años". EL DÚO DINÁMICO.
"Eva María". FÓRMULA V.
"Un rayo de sol". LOS DIABLOS.
"Fiesta". RAFFAELLA CARRÁ.
"Diana". PAUL ANKA.
"Lo conseguiste". LOS MOCKERS.
"Staying Alive". BEE GEES.
"Vivir así es morir de amor". CAMILO SESTO.
"Aires de fiesta". KARINA.
"Tengo el corazón contento". MARISOL.
"Yes Sir, I Can Boogie". BACCARA.
"Anduriña". JUAN Y JUNIOR.
"Mi calle". LONE STAR.
"Torito Bravo". EL FARI.
"Vuelvo a Granada". MIGUEL RÍOS.
"Dancing Queen". ABBA.
"Rivers Of Babylon". BONEY M.
"La puerta de Alcalá". ANA BELÉN Y VÍCTOR MANUEL.
"La chica ye ye". CONCHA VELASCO.
"Triki, triki". DEMIS ROUSSOS.
"La Ramona". FERNANDO ESTESO.
"La barbacoa". GEORGIE DANN.
"Bamboleo". GIPSY KINGS.
"Te estoy amando locamente". LAS GRECAS.
"El porrompompero". MANOLO ESCOBAR.
"La, la, la". MASSIEL.
"Háblame de ti". PECOS.
"Juntos". PALOMA SAN BASILIO.
"El Rey". PEDRO VARGAS.
"Borriquito como tú". PERET.
"Pavo real". EL PUMA.
"Escándalo". RAPHAEL.
"Vivo cantando". SALOMÉ.
"La escoba". LOS SIREX.
"Help". TONY RONALD.
"Gloria". UMBERTO TOZZI.
"YMCA". VILLAGE PEOPLE.
"Libre". NINO BRAVO.
"Chic". LE FREAK.
domingo, 22 de abril de 2012
A MIÑA FIESTRA
A miña fiestra é o aire do meu piso, un agasallo para a vista, a maxia constructiva que abre un espazo para que non morramos, é a liña do horizonte na miña man, o mar, as árbores, as persoas, o ceo, a xeada, as nubes, os paxaros, a chuvia, o sol, o vento. A miña fiestra é a ilusión de comezar un día novo, a forza para seguir andando, a esperanza para permanecer, o contacto coa humanidade. A miña fiestra son trescentos sesenta e cinco instantes, unha morea de lembranzas, ducias de cheiros diferentes, infinitas posibilidades narrativas, é a liberdade máis libre, o galope da imaxinación, a enfermidade alegre, a litografía real, a cantilena da cidade, a asimetría perfecta, a tronza da artificialidade, a subliminalidade, a percepción múltiple, a zarabanda agradable, o xemido inexistente, o valse das almas, o triquitraque das cousas, a seda mental, o relé non caduco, a quimera ardente. A miña fiestra.
domingo, 15 de abril de 2012
FUTURISMO

Non me sorprende pero sí me repugna o silencio de moitas persoas con todo o que estamos a vivir nos últimos meses. É o que máis me fai ferver o sangue. A xente de dereitas como decimos aquí, neoliberal en realidade, que vota ao PP ou a CIU e demáis partidos da liña "retro-future", opinan favorablemente sobre todas as medidas que estamos a adoptar ou que se adoptarán nun futuro moi próximo e, eso, aínda que non me guste nada, ten a súa lóxica, son os palmeiros dun goberno que fai o que eles queren, non se ocultan, móstranse "orgullosos de ser de dereitas", lema dunha das súas cadeas de televisión. Para min este grupo fórmano un conxunto de cabróns democráticos (e digo cabróns porque os principios nos que cren afunden aos máis débiles) que coidan moito as súas accións e son moi listos para mostrarse sempre no mesmo número nas eleccións, coa mesma forza, sen perder simpatizantes polo camiño. Unha batalla gañada á esquerda, cecais a máis importante. En cambio, os que non forman parte dese grupo, mostran día a día a súa división e desunión. Por un lado, están os que non calan e denuncian todo aquelo que non lles gusta, entre os que me encontro. Por outro, os desencantados co sistema en xeral que, inconsciente ou conscientemente (o que denota que ou ben se enganan a sí mesmos coa súa orientación ideolóxica ou que teñen medo a mostrase tal e como son) caen na trampa da dereita desacreditando e deslexitimando institucións e organizacións vitais para a unha democracia digna. Finalmente, hai outro grupo, o máis puto, de persoas que calan ante as mostras de inxustiza e a perda de dereitos e liberdades. Son os que eu chamo "capados cerebrais" e que, cada día que pasa, me caen peor.
Despois dunha reforma laboral que esmaga á clase traballadora e beneficia descaradamente ao grande empresario, que non ao pequeno (e como mostra, os sorrisos non contidos de Rosell e demáis membros da CEOE no momento que se aprobou), despois de nomear a un ministro de economía, de Guindos, responsable de Lehman Brothers en España e Portugal, unha das entidades causantes desta feroz crise na que estamos envoltos, que lembremos, vendían mentira, fume, despois de escoitar a Ana Mato ou Esperanza Aguirre dicir que se debería traballar gratuitamente (non quero nin pensar que alguén propuxera o contrario, que os empresarios paguen sen presentarnos polo noso posto), despois de que os dependentes vexan como as súas axudas lles son retiradas, despois de ver o ataque indiscriminado ao mundo da cultura con peches de taetro e eliminación de subvencións, despois de ver ao Rei Juan Carlos de cacería en Botswana na situación actual, despois dos brutais recortes en educación e sanidade, despois de reducir esaxeradamente a inversión en investigación, despois dos incontables, xa, casos de corrupción política e económica, despois de ver o desgoberno galego en todos os sentidos (por que alguén recorda algún asunto ante o que Feijoo e compañía non se lavaran as mans e espiasen culpas?), despois de tratar aos folguistas como vagos e farsantes que protestan inxustamente (persoas ás que, desde aquí, lles adico un "fillos da grandísima puta" porque non mola que te insulten sen devolvela, a todos os que pensan e manifestan eso), despois de escoitar opinións que tiran por terra o estado das autonomías, un dos logros máis importantes da democracia moderna, despois das declaracións do FMI, nas que afirmaban que vivir moitos anos vai ser un factor de risco para a sociedade, despois de ver como, por exemplo, Conde Roa admite, logo dunha denuncia da fiscalía, non ter pagado a facenda e, ao mesmo tempo, dicir que non cometeu delito ningún, despois de ver como os que acusaban de mentir (sen entrar en se tiñan razón ou non) se coverten nos máis mentireiros, despois da desacreditación de todo o público coa que nos bombardean día sí, día tamén, despois de todo eso e máis, chega a última, a penalización da opinión e da súa manifestación. As persoas que faigan uso da súa liberdade de expresión pacificamente e se organicen para protestar contra o que cren inxusto no noxento mundo que vivimos, serán tratados como terroristas ante a lei, e non o digo eu, díceo o noso ministro de interior, de nome que non desexo lembrar. Supón unha tallada limpa e sen contemplacións da voz do pobo, un acto de fascismo moderno que non se agocha, que elimina a réplica democrática, que impón a máxima de "servir e calar" tan propia de réximes autoritarios. Que bonito, verdade? A dar palmas todo o mundo! A rir! A traballar! A non levantar cabeza! A resignarse! Pobriños somos…
O máis gracioso é que o que moitos pensan é que hai que calar… calar! Claro, estamos nunha situación complicada, nunha situación moi dura na que temos que sacrificarnos… os de abaixo, eso sí! Os de arriba que sigan cos seus vicios e cos seus trens de vida… porque cando todo ía enganosa e burbulleantemente de luxo, nós vímonos beneficiados polas enormes ganancias dos nosos xefes, verdade? Aumentáronnos o soldo unha burrada, a que sí? O feito de ter traballo era a súa moeda e nós a plaudir coas orellas sen decatarnos que ese é un dereito e non un privilexio, que é xustamente no que queren convertilo algúns.
"Pero se todos os políticos son iguais…" din algúns. Xa! Pode que todos fagan cousas mal, que seguramente escollamos aos menos malos e non aos mellores, pero que todos son iguais, 'nanai de la China', como diría miña nai. Para a miña opinión, hai uns que son peores que o resto, os que están agora mandando… e ás probas me remito. "Hai que facer recortes para sair desta crise" din os mesmos. En que quedamos? O FMI, que non o FBI, di agora que hai que incentivar políticas de estímulo. Que lúcidos, verdade? Agora! Varios anos despois de que os "inimigos" do neoliberalismo o dixeran. Agora vale! Máis vale tarde que nunca… pero que llelo digan xa a Mariano e compaña.
Eu que pensei que cando chegaran os populares ao goberno se solucionaría todo en nada de tempo, como eles dicían… e resulta que aínda estamos peor! E din que nuns anos seguiremos igual de mal. Hai que entendelos, necesitan un ano para deixar todo organizado para os seus, os adiñeirados amos do mundo. Nós, mentres tanto, queixarémonos no silencio da intimidade do fogar, coas nosas parellas, cos nosos amigos… ou tampouco, non vaia ser que acabemos presos polas nosas palabras… a voz como arma, as letras como balas.
É curioso ver como os causantes de todo este fregado mundial (banqueiros, especuladores, políticos…) desfrutan da súa pracenteira vida sen a asunción de responsabilidades facendo máis do mesmo, enganando, mentindo, manipulando a través da información nos medios, e nós por demostrar o que pensamos pacificamente acabemos na cadea. Este é o mundo que quere a dereita, o mundo que queren os que calan como putas (non entendo moi ben esta expresión porque non son putero), o mundo dos resignados, o mundo de todos aqueles que non denuncian o inxusto, o mundo dos que chegan ás súas casas e choran penas de plástico, o mundo dos vencidos.
Pode que eu sexa un rallante pero prefiro ser esto a un cobarde. O que non admito é que me chamen esaxerado, xa que calquer persoa cun mínimo de capacidade intelectual, debe darse conta de que a realidade, agora mesmo, supera a ficción, supera a maior esaxeración.
Se me deixo levar polo corazón, máis optimista e romántico, creo aínda na capacidade de reacción da especie humana, pero se emprego a razón, dime que a batalla está perdida, non hai valores, non hai conciencia colectiva, á grande maioría só lle importa un mesmo.
Con todo, quero crer, crer na xente, nas mulleres e nos homes, vellos e vellas, nenas e nenos, quero pensar que se nós queremos, ningún goberno pode acabar coa nosa forza, a do pobo, a máis importante, a base da democracia… por eso é o de "soberano", non? O medo lévase empregando para calar ás persoas ou para desviar a súa atención desde os comezos da humanidade, e con éxito, pero do que non se dan conta e de que para vencer o medo, primeiro hai que sentilo… e moitos estámolo sentindo. Sun Tzu dixo: "Nada é máis difícil que a arte da maniobra. A dificultade neste terreo consiste en convertir un camiño tortuoso na vía máis directa e en cambiar a mala sorte en ventaxa". Pode que o tiro lles saia por onde non desexan.
Espero que a xente se siga reunindo, se siga xuntando, se siga manifestando, siga opinando, siga denunciando, canta máis mellor, espero que non impere a política do medo, espero que gañen os valores democráticos e non os filofascistas. Ademáis, que se poñan dacordo dunha vez, se os empresarios nos mandan "¡A la puta calle!" e logo non nos deixan estar nela...
PD.: Agardo tamén, non ter que seguir escribindo este blogue desde Bonxe, postos a escoller un cárcere actual prefiro a rúa.
PD. 1: Que será o próximo? Condóns con receita? Raia ao lado obrigatoria? Implantación de Microchips persoais? Poñer murallas nas fronteiras? Áreas xeográficas restrinxidas en función da renta individual? Obriga de fumar puros e de asistir aos toros periodicamente? Limitar as risas a tres máximo ao día?
domingo, 8 de abril de 2012
ihaveafriendincanadaMEETStenhoumamigonocanada
1. A ti, mujer de hoy, ¿prefieres que te la meta antes un caballo que nuestro expresidente del gobierno?
Por supostísimo! Poido pedirme o de "Sea Biscuit"… ou o de "El hombre que susurraba a los caballos"?
2. ¿Qué equipo te mola más el Villareal o el Getafe?
O Xetafe, que non paga millóns de euros por dossieres de Urdangarín.
3. ¿Con Gabino Diego o con Pepe Navarro para ir de cañas?
Gabino Diego, ainda que se Pepe Navarro trae a Yvonne Reyes…
4. ¿Qué te comprarías antes, un Ferrari o un Rolls Royce?
Un Rolls Royce, os Ferraris son para horteras.
5. ¿Qué prefieres que te regalen por tu cumpleaños, un juego para la videoconsola o un libro?
Non teño videoconsola… ou sexa que o xogo.
6. ¿Con colonia o sin ella?
Para facer que?
7. ¿Nouvelle Cuisine o vieja escuela?
Non entendo a unha sen a outra.
8. ¿Cuál es tu droga preferida?
Creo que a crema de cacahuete, probeina unha vez e deixeina pero foi unha sensación brutal.
9. ¿Te gusta más dormir con pijama o mejor sin él?
De pequeno sempre "con", agora sempre "sin".
10. ¿Qué te mola más el lesbianismo o la homosexualidad?
Home… sempre quixen ser un amante lesbiano.
11. ¿Eres de música electro-indie-folk o de experimental-progressive-rock?
Son máis de boleros.
12. Imagínate que te hago un regalo. ¿Con qué te quedas una Derbi Senda o una Derbi Variant?
Coa Derbi Variant, aínda que non sei cal é cal.
13. ¿Madrid o Barcelona para vivir?
Non as coñezo, acostumo a non pasar do Cebreiro.
14. ¿A Coruña mola cantidad?
Eu diría máis ben que mola mazo.
15. Es la una de la tarde, ¿un Blody Mary o un Sweet Moon?
Blody Mary clarísimo.
16. Son las doce de la noche, ¿un Adelita o un Cosa Nostra?
Que Adelita? A do súper?
17. ¿Cuál es para ti la lengua más sensual, francés, portugués, italiano o alemán?
O portugués… deixando claro que o francés dos sábados pola maña vólveme tolo.
18. ¿Por cuanto dinero os venderíais?
Quenes? Eu e todo o equipo de tenhoumamigonocanada?
19. ¿Qué te molaría más ser, carpintero, médico, otorrino, puta, butanero, drogadicto o modelo?
Carpinteiro.
20. ¿Prefieres pesar 43 kilos o 87 kilos?
Oitenta e sete é o meu peso ideal.
21. ¿Te gustaría que te enterrasen vivo?
Sí, sí, claro… a quen non?
22. Si estuvieses muerto y te enterases, ¿te cagarías en Dios por
haber fallecido?
Pero me cago en dios! Que culpa ten el?
23. ¿Te gustaría besar a Magic Johnson aún sabiendo que es portador del V.I.H.?
Prefiro a James Worthy coas gafas do revés.
24. ¿Cómo preferirías quedarte sin los dientes de tanto esnifar coca o de una hostia contra el manillar de una bici?
O da bici é tentador pero quédome coa miña, contra o fondo dunha piscina, non hai color...
25. ¿Prefieres comer verduras o que te caguen encima?
Gústanme as verduras… seguidas dun bon chuletón de boi.
26. Chicas y chicos, ¿cambiaríais para toda la vida la regla por tener que afeitarse?
Creo que non… non me afeito moito, así que se tivera a regla sería moi descoidado e non ganaría para calzóns.
27. ¿Se queda una mujer embarazada si en vez de esperma depositamos semillas de calabacín?
Depende do calabacín.
28. ¿Mola más la orquesta "Panorama" o la "París de Noya"?
Para min a mellor orquesta é a que nunca chega… con todo o meu respeto para as súas cantantes.
29. Si eres chico, ¿te consideras tonta? Y si eres chica, ¿eres un idiota?
Non son nin "chico" nin "chica".

domingo, 1 de abril de 2012
TRADUCCI6NS FOCEGAS
As traduccións poden facerse entre moitos idiomas, tantos como hai no planeta. Gracias a elas podemos ler libros de calquera parte do mundo, escritos por persoas dentro da variedade máis ampla de nacionalidades. Tamén gracias a elas podemos entendernos entre nós e incluso coñecer a través das palabras moitos elementos das diferentes culturas que existen. Hoxe achego traduccións de palabras ou frases do castelán (ou ben termos doutros idiomas que tamén se empregan no castelán) ao galego, pero non á lingua galega formal ou normativa, senón á miña propia, á lingua coa que nacín, na que medrei, na que me educaron, a lingua de Foz. A continuación, algúns exemplos de focego:
- "VINTAGE": "Atopeino nun baúl do rocho" ou "Collinllo a miña mai".
- "ES UN VIVIDOR": "É un pelexo!"
- "¡GUAU! ¡NUEVO LOOK!": "Po padonde vas?"
- "LOOK": "Vaia pintas!" ou "Vaia pintas de capullo!"
- "FOLLAR" / "HACER EL AMOR" / "TENER SEXO" / "ACOSTARSE": "Foder".
- "OUTFIT": "Pareces paiaso!", "Vaia ganas de pintar a comedia" ou "Ñaaaaaaaaasss!".
- "ESTOY CANSADO…": "Non poido cos collós!"
- "¡DÉJAME EN PAZ!": "Non me quentes!", "Se te foras á merda…"
- "¡ESTA TARTA ESTÁ BUENÍSIMA!": "Consola!" ou "Sabe coma as noces!".
- "ES UN POCO PESADO…": "É máis rallante que a puta que o pareu…"
- "¡ESTÁ LOQUÍSIMO!": "Non é do seu tempo!", "Ta amañao…" ou "Chóvelle!".
- "NO ES MUY LISTO": "Fáltalle unha cocedura / fervedura / vrao!".
- "COOL": "Vaia puta merda!" ou "O que oh?"
- "ME ENROLLÉ CON ELLA": "Papeina!".
- "YA TE GUSTARÍA…": "Quen che dera…"
- "ESTABA BORRACHO": "Taba podre", "Non me lambía", "Non revolvía a lengua", "Non a remexía" ou "Carguei de proa".
- "NO TE CABREES HOMBRE…": "Xa tas fungando...".
- "ESO ES IMPOSIBLE": "Vaite deitar!".
- "NO LE HICE CASO": "Non lle din corte".
- "¡QUE BUEN DÍA HACE!": "Esmecha!" ou "Me cago no nordés de dios!".
- "¡QUÉ CALOR!: "Caen os páxaros!".
- "¡QUÉ FRÍO!: "Non se para!".
- "ME FUI SIN AVISAR": "Fixen un Doris".
- "LA LIÉ PARDA": "Armeina de carallo".
- "¡VENGA TÍO!: (Machada).
- "HOY NO TE DEJO SALIR": "Sácateme de diante!".
- "ESE CHICO ES GENIAL!": "Vaia petardo!".
- "¡QUÉ ABURRIMEINTO!": "Voume!".
- "PERDIÓ LOS PAPELES": "Chalouse".
- "PESADO": "Non hai dios que o aguante".
- "NO SÉ PORQUE PEINSAS ESO": "Pero que carallo dices?".
- "NO VEO BIEN": "Non vexo palmo" ou "Non vexo garuto".
- "¡QUÉ MAJO ES!": "É bobo perdido!".
- "¡BUFFFF! CUANTO HE COMIDO": "Vou fendendo!".
- "ESTÁ UN POCO RELLENITA…": "Ta abrindo!".
- "QUÉ BIEN SE CONSERVA…": "Está patente Londón…".
- "TIENE MIEDO…": "Ten medo callao…".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)