domingo, 16 de noviembre de 2014

ABÚRREME



1. As rapazas que din que o día da súa voda é o máis feliz das súas vidas.
2. As camisetas de El Niño.
3. A carne moi feita.
4. Os que pensan que ter barba é algo moderno… e os outros que cren que andar afeitado é andar limpo.
5. A xente de papel cebola.
6. Arcade Fire.
7. As conversas sobre Inditex e sobre traballo en xeral.
8. O cheiro a peido que non é meu.
9. Os/as que só poñen pulseiras en verán.
10. Falar con xente que ten os ollos clavados na pantalla do teléfono.
11. Os libros con forro.
12. A música de Morrisey (que non as súas letras).
13. Os debates sobre o leite normal ou de soja.
14. As familias reais.
15. A xente que dice que Izal mola. 
16. Os libros de consumo masivo como os de Dan Brown, Stieg Larsson, Manel Loureiro ou E. L. James.
17. As polémicas de Mariló Montero sen que traian consecuencias serias.
18. Xornalistas pseudoescritores e populistas como Arturo Pérez Reverte ou Antonio Herrera.
19. As organizacións políticas tradicionais.
20. As cartas de gin & tonic que convirten os gin & tonic en algo que non son.
21. Facer uns cornos coa man nos concertos metal.
22. Ter que familiarizarme coas normas de uso dunha lavadora.
23. Os Rolex.
24. A cor vermella.
25. Repetir a mesma discusión cunha mesma persoa.
26. Os filmes de Almodóvar.
27. Pablo Motos e o seu programa.
28. Quenes deixan de interesarse por algo por motivos alleos ao propio interese.
29. Os selfies unipersoais.
30. O amiguismo, o clientilismo e a perversión da meritocracia.
31. Que só se vexa violencia onde hai hostias.
32. As inversión en bolsa e, en consecuencia, as páxinas alaranxadas dos xornais.
33. A xente que sempre antepón as formas ao fondo con frases como "Quien pierde las formas, pierde la razón".
34. Roberto Blanco Valdés.
35. O silencio de quen non ten valor para opinar.
36. Os/as que sempre teñen motivo para amargarse.
37. Poñer etiquetas e atender a estereotipos para facer escarnio.
38. Os/as que non se deixan conquistar.
39. A desconfianza.
40. O vinagre balsámico.
41. As reducións de Pedro Ximénez.
42. As fotos do arco da vella.
43. Fito y Los Fitipaldis e a súa falta de creatividade.
44. O conto da valentía dos toureiros.

domingo, 9 de noviembre de 2014

CLASES DE FRANCÉS

A: Ola!

B: Bonjour!
C: Salut!
D: Bonjour!

A: Ah, sí... Bonjour!

C: Comment allez-vous?
B: Comment vous appelez-vous?
C: Vous êtes d'ici?

A: ... eh... oui, oui...

D: Quel âge as-tu?
B: Tu es étudiant?
C: Vous travaillez dans quoi?

A: Oui... eh... je ne sais pas...

C: C'est la premiere fois que vous venez ici?
B: Ça fait combien de temps que tu es ici?
D: Quelle belle journée, hein?
C: Il a fait un temps magnifique.

A: Excusez-moi... baixo xa o pantalón?

lunes, 3 de noviembre de 2014

_D__S_NCR_S__


Catrocentas veces merda.
Catrocentas veces medra, 
reza o corrector automático.

Comezaba desairado
e xa multipliquei ese tono por tres.

Grazas (non quero!-berro).
Gracias.

onteS,
POPonde?
tÚ!
consolar…





Paredes grises, con humidade, feas, estáticas.
Nubes que se moven rápido por arriba.


domingo, 26 de octubre de 2014

RESPOSTAS TELEFÓNICAS



O teléfono foi un grande invento, non digo que non, parécemo de verdade, mais é certo que o uso que del se fai hoxe en día é radicalmente abusivo. Tanto falar chorradas! Tanta mensaxe de merda! Tanto grupo de WhatsApp! Tanta consulta en internet! Perdeuse o fin comunicativo, xa que se nun principio ese era o seu grande valor, agora o que temos é que sentados a unha mesa non fale ninguén. O móbil como desconexión do humano. Pero imos falar do fixo mellor, do da casa, e máis concretamente do que se di ou pode dicir cando se descolga.

De pequeno parecíame algo "borde" o xeito de contestar de meu pai. Hoxe en día paréceme directo, honesto e elegante. Ese "A VER…" é toda unha declaración de intencións, amable tamén nese sentido de "dime". É un saúdo maduro, adulto.
Por outra parte, lembro que alguén me dixo, de pequeno, o "QUEN ANDA POLO TUBO?" que empregaba seu abuelo. Desde logo, unha proposta simpática, moi galega e que deixa un tanto descolocado ao interlocutor.
Un "BO DÍA!" a secas sempre resulta educado, deixando o tema moi aberto e ben preparado ao que está ao outro lado, quen deberá contestar primeiro cun saúdo de cortesía ou en caso contrario, a conferencia será cortada.
Algunhas veces, sobre todo os sábados pola mañá despois de sair de festa, gústame descolgar cun "RESIDENCIA DE LOS LÓPEZ OTERO, DÍGAME?". Denota distinción, sofisticación, un sentido alto do que é a finura, con certo aire de "mansionismo" e indispensable nese castelán de vogais abertas das señoritas do servizo (que non criadas… nin pornochachas!).
Tampouco está mal contestar imitando a pronuncia das "eses" do noso benquerido preshidente Rajoy (pero non imitándoo a el, que conste). Sería, por exemplo un "SHI?" ou un "QUE PUEDO HACER POR USHTED?". Cousa bestial e sen parangón.
E que me decides de facelo con sons animais? O que máis me gusta é o "OINK?", aínda que tampouco están mal os "GUAU?", "MIAU?", "MUUUUUUUU?" ou "KIKIRIKI?". Isto ven a ser algo parecido a unha aposta pola confianza nos animais da casa como un membro máis da familia, unha mostra de respeto.
O "QUE!" ou "QUE TES!", aínda que poidan parecer violentos en primeira instancia, non son tal, probade, xa veredes como contestan igual… e con desculpas e todo…
Se queremos convertir todo o cotarro en algo máis folklórico non temos máis que cascarlle un "AILALEEEELO-OOO"ou no seu desfecto mandarlle un aturuxo que non me vou esforzar en plasmar na escrita.
Non fai falta que vos achegue o rollo ese de cando despois de contestar cun "SÍ?" e che contesten co nome da persoa coa que queren falar, arrearlles un "AQUÍ NON HAI NINGÚN (TAL)". 
A mítica variante de facer coma se se cortase por momentos é tremendamente divertida pero complicada tecnicamente en canto a que resulte veraz. "B… D… AS! DÍG… E?" o outro replicará o que sexa e volta cun " NON ES… ITO … EN". Confuso e entretido.
Penúltima opción. Descolgar e entregar o silencio. Algo como "……………….", e que quen estea no lado contrario teña que preguntar oitenta veces o teu nome ou dicir oitenta veces "Óesme?". Acabara colgando e tentándoo, de novo, polo menos tres veces. Esta opción é divertida por un lado e desesperante por outro.
Xa para rematar esta análise, un dos meus preferidos, facer que es ti quen chamou… e como es o primeiro en falar, deixas á outra persoa flipando. É dicir, descolgar cun "BUENO… EU HOXE PASO DE IR TOMAR O CAFÉ QUE TEÑO MOITO CHOIO, VALE?".





domingo, 19 de octubre de 2014

CARDIOLOXÍA


70 x 60 = 4200.
4200 x 24 = 100800.
100800 x 365 = 36792000.
36792000 x 33 = 1214136000.

domingo, 12 de octubre de 2014

ODIO


ODIO como esta sociedade se rendiu aos peores sentimentos. ODIO como se trata ás persoas, coma se fosen mercancía, como se venden e se compran as súas vidas. ODIO cada día que pasa, fondamente. ODIO aos vixías deste sistema, aos interesados en que non perda ritmo. ODIO esa indiferenza, puta, de quen se cre salvado. ODIO aos que nunca miran ao lado… ou abaixo. ODIO este xogo no que sempre gañan os mesmos. ODIO cada unha das garabatas do poder, a quen fai o nó desas garabatas e a quen se axeonlla ante elas. ODIO ese labirinto de miseria emocional a onde moitos son conducidos. ODIO este tempo que non é tempo, é cancro cerebral. ODIO a quen non odia todo isto porque odian aos que o odiamos.

domingo, 5 de octubre de 2014

SOS


Árdeme a alma en laranxa intenso.
Non collo na pota, 
peto nas paredes, 
levanto a tapa.
Voume cagar en deus!

Non sei quen me cociña,
non sei quen me meteu aquí.

Estaba andando, de vagar,
pola rúa.

Viñeron por min os homes escuros
con camisas de ideas
que apretaban moi forte.
Déronme unha malleira 
que me doeu moi dentro.

Engaioladamente…

Cada día cocen xente.
Fillos dunha puta!

Non respiro, non hai aire.

Mamá, calor…

Quen nos dixo tal?
Por que camiñamos SÓS?

Berrade centolos, berrade!
Usade as pinzas!
Revolvédevos no metal!
Poñede a cociña coma un cristo!
Non vos deixedes pescar!