domingo, 27 de febrero de 2011

GIN & TONIC PARTY

Creo que todo o mundo sabe a estas alturas o que é o Tea Party, ou polo menos algunha vez escoitou falar del, non na casa, non na sobremesa da comida de San Lorenzo nin antes de tomar as uvas de Noite Vella, non, pero sí nos xornais (se é que se seguen lendo) ou nos informativos da televisión. Eu penso que, dos que están lendo esto, o que menos sabe do Tea Party, sabe o mesmo del que do chópped, por exemplo. O chópped. Sabes o que é o chópped? Sí claro… un embutido que se lle mete aos bocatas e que sabe que te cagas… pero nada máis! Nin de que está feito, nin que o diferencia da mortadela.
Parto entón de facer unha breve introducción ao concepto (de Tea Party, non do chópped) para situarnos.















En realidade chámase o Tea Party Movement e moitos tradúceno como ‘Partido do té’. Ven a ser un movemento político estadounidense moi conservador (moi de dereitas para entendernos) centrado nunha baixa fiscalidade, na volta aos principios filosófico-constitucionais de EE.UU. e na reducción do papel do Estado na sociedade, é dicir, menos goberno e máis poder para os que teñen pasta. Esto tradúcese en ataques constantes á clase política (tanto de dereitas como de esquerdas) e a todo o que ten que ver con sistemas públicos. Comezouse a falar deste movimento desde o ano 2009, creo que coincidindo coa chegada ao poder de Obama e cos últimos coletazos da era Bush. Opóñense entre outras cousas á Lei de Estabilización Económica de Urxencia de 2008, á Lei de Reinversión e Recuperación de Estados Unidos de 2009 ou á Lei de Protección ao Paciente e Coidado da Saúde Asequible. O que non teña cartos que se amañe vamos, falando rápido. Fan manifestacións, comunican a través das redes sociais como Facebook, Twitter, Myspace ou blogues, e en 2010 o Tea Party abreuse paso no Congreso gañando escaños figuras como Rand Paul e Marco Rubio. Estes candidatos ao Parlamento deben cumprir dez mandamentos, digamos, que son os seguintes:
1. Identificar a constitucionalidade de toda lei nova.
2. Rexeitar o comerzo de emisións.
3. A demanda dun presuposto federal equilibrado.
4. Simplificar o sistema tributario.
5. Auditoría da constitucionalidade dos organismos do goberno federal.
6. Limitar o crecemento anual no gasto federal.
7. Derogación da lexislación sanitaria aprobada o 23 de marzo de 2010.
8. Aprobar unha política enerxética en línea cos puntos anteriores.
9. Reducir a demarcación.
10. Reducir os impostos.

Como pasa coa roupa, os smart phones, a comida ou as tendencias sociais, estes movementos chegan a España, á nosa España, sí a nosa, esa que tanto nos gusta de ‘lo compré por cincuenta y lo vendí por cien’, esa na que ao seleccionador de fútbol que gaña o mundial lle dan o título de marqués (que carallo significa eso? Por min que lle den o de ministro, aquí todo dá igual), esa de ‘se fixéramos como en Alemania ou Holanda que case hai pleno emprego…’ e logo mórdense os collóns se suben os impostos un 0’001%. A nosa España. E chega da man de El Yunque mexicano ou polo menos sospeitase que a financiación ven de ese lado do Atlántico. Son os que fixeron moverse aos obispos coa Lei do aborto (que non critico eh! Que faigan o que queiran, nin nas iglesias nin na rúa me interesan, pero algunha explicación deberían dar, ou perdón pedir pola cantidade de pollas de nenos que acabaron nas súas bocas á forza), os que se opoñen ao matrimonio homosexual, os que non queren a igualdade entre home e muller, os que defenden a unidade familiar tradicional ante a desintegración que provocan algúns (jajaja). É a versión católica do Tea Party estadounidense. Outro grupo semellante é o grupo Inter… bosta! Porque quen pode estar contento con eles sen ser eles mesmos? Non creo que lle guste nin aos do PP, asustan, só cren neles mesmos, son os máis listos, os máis puros, a liberdade, os que tratan con desprecio a todo o mundo.
A dereita ten que existir, e a esquerda tamén, e o centro, todos xuntos podemos conducir esto ben e mal, pero coordinados. Se eu fose de dereitas odiaría esa canle de televisión do toro porque teño un mínimo de gusto e o esperpento deixaríallo a Almodóvar.

Paso de entrar a valorar máis a fondo todo esto porque a verdade é que xa non me interesa, ademáis uns estarán a favor outros non, sería un debate para ‘59 segundos’ ou algo así. É doado debatir se che pagan por facelo e como a nós non nos pagan… pasamos, ou?


O que quero dicirvos é que a min todo este secretismo, todo esto de actuar desde detrás das montañas ponme dun bruto que non é normal… e sinto envexa desta tropa de capullos, quero ter algo parecido e por eso vou crear o ‘Gin & Tonic Party’ que vai ser un movemento aberto a todas as persoas que queiran sumarse. Eso sí, para poñelo en marcha voume poñer en contacto cuns elixidos totalmente capacitados para dirixir o sistema e para dicir paridas, que creo é do que se trata, non?

O meu equipo, inicialmente, vai estar formado polas seguintes estrelas:



CHARLES BARKLEY:
Apodado “Sir Charles”, “El Gordo”, “The Round Mound of Rebound” e “The Chuckster”, naceu en Leeds (Alabama) en 1963, mide 1’95 cm. e pesa 115 kg.
Xogou nos Philadelphia 76ers, nos Phoenix Suns e nos Houston Rockets da NBA, é membro do Basketball Hall Of Fame, é considerado un dos 50 mellores xogadores da historia, foi un dos integrantes do extraordinario Dream Team e xogaba cos números 34, 32 e 4. Actualmente está retirado e traballa na TNT de analista de partidos da NBA, está casado cunha tal Maureen e ten unha filla chamada Christiana, participou no filme “He got Game” e “Space Jam”, xoga cada ano o Celebrity Golf Association Club e ten á venda dúas autobiografías.
No noso clube encargarase de tarefas de seguridade en todos os actos que se organicen, tanto xuntanzas, como merendolas ou manifestacións. Ademáis será asesor en temas de patrocinio de vida saudable e alimentación.


JOSÉ LUÍS PERALES:
O cantante romántico por excelencia para algúns, naceu en Castejón, un pobo a cincuenta quilómetros de Cuenca no 45 no seo dunha familia cristiana tradicional. Con só seis anos tocaba o laúd e con dezaseis estudou unha mestría industrial en electricidade na Universidade Laboral de Sevilla. Alí formou parte da tuna e aprendeu a tocar cinco ou seis acordes de guitarra. Con “Niebla” (a súa primeira canción), deuse conta que a música sería a súa vida. Trasladouse a Madrid para ampliar estudos de peritaxe, onde compaxinaba o seu traballo de electricista coa composición.
Manuela é a súa muller, á que adicou a seguinte frase: “Eu, se non fose por Manuela, estaría perdido”, xa vedes, poesía pura.
Rafael Trabuchelli é o que fai que a vida de Perales dé un xiro e amplíe o seu rexistro de composición a cante e supuxo o seu triunfo en España e Latinoamérica. Ten máis de catrocentas cincuenta cancións rexistradas na SGAE e compuxo para Julio Iglesias, Rocío Durcal, Isabel Pantoja, Raphael, Miguel Bosé ou La Oreja de Van Gogh.
Será o encargado do movemento en España, o que o difundirá a través das súas cancións, fará que a mensaxe entre coa música, fará o que el sabe, cantar. Bueno… tamén arranxará posibles avarías de electrodomésticos, computadoras e demáis.


JOSÉ LUÍS SANTAMARÍA:
Este reputado cociñeiro do sur español, tamén coñecido como “El Cocinero de Rota” e que se fixo famoso a nivel español polas súas aparicións (cagándoa máis da conta) en ‘El Intermedio’ de Wyoming, será o responsable paramilitar do grupo gracias á súa experiencia no programa con avións que o sobrevoan e lle rompen os cristais desa cociña tan cutre. A proximidade coa americana base de Rota fai del o perfecto alucinado que se encargue da provisión de armas no caso de facer falta. Coa súa célebre frase: “...vamos a ver Joce Luí... donde ta..bueno si no lo encuentro no se lo hecho” conquistou ao mundo pola enorme capacidade de adaptación. E por eso que… a versatilidade ten un nome… Seluí! Traballará man a man con Barkley.



RAFFAELLA CARRÁ:
Cantante, bailarina, actriz, presentadora… unha superwoman! Coñece á perfección o mundo dos medios de comunicación (traballou na RAI e en TVE) polo que será a directora xefa do novo grupo de comunicación ‘Aquí esvara’ (tv, prensa e radio) que reflexará os ideais do Gin & Tonic Party e que se editará en vintecinco idiomas. Autora de temazos tan potentes como “Fiesta”ou “Hay que venir al sur”, actriz en “Von Ryan’s Express”, “La sombra del zorro” ou “Tormento del passato”.
Ademáis, xestionará o movemento en Italia, país no que anticipamos que imos ter moitos seguidores.






DUSTIN NEIL DIAMOND:
Actor que daba vida a Samuel ‘Screech’ Powers na mítica serie de televisión “Saved by the Bell” (“Salvados por la Campana”) e que ten un bico máis grande que o de Davor Suker. Naceu en 1977 e despois deste papel tan recoñecido (extendido con posterioridade como xefe de estudos do instituto), caeu no esquecemento colectivo ata que se lle ocorriu participar nun video porno (“Saved by the Smell”) co que non conseguiu recuperar a fama. É agora cando pode volver a ter protagonismo encargándose da parte xuvenil do movemento. Será o encargado de enlazar as nosas ideas co público xoven (tan disperso nestes tempos). Só ten que facer unha cousa, esquecer a súa identidade, xa que se convertirá en ‘Screech’ para sempre. As redes sociais serán a súa arma de traballo. É o cerebro informático.



GARY BARLOW:
Membro de Take That (os que no seu tempo foron os novos ‘New Kids on the Block’), cantante, compositor, pianista e productor inglés, que traía de cabeza a todas as adolescentes daquela época e máis ás súas nais. Era o fillo perfecto e precisamente por eso, será o embaixador do Gin & Tonic no Reino Unido. O seu será un labor complicado pero confiamos na súa beleza, na súa condición de loiro e neses traxes tan axustados que leva. A súa mirada de ‘estoume cagando pero non me importa’ convencerá a moitas seguidoras que verán no noso movemento unha saída para a crise.


ROMARIO DA SOUZA FARIA:
Futbolista brasileiro nacido en 1966 que foi xogador do Vasco da Gama (dúas ligas), PSV Eindhoven (tres ligas, dúas copas), F.C. Barcelona (integrante do Dream Team), Flamengo e Valencia. Foi un grandísimo goleador, xogador de inspiración e regate soberbio que en 1994 gañou a Copa do Mundo coa súa selección. Durante a súa carreira profesional tivo bastantes enfrentamentos con adestradores e xogadores polo que será, agora, o responsable de relacións internacionais. Ademáis de encargarse da publicidade en todo Sudamérica, coordinará os diferentes países nos que esteamos presentes (que agardamos sexan moitos). A elevada capacidade de comunicación deste deportista está contrastada (“E os compañeiros… que se jodan”).


KIRK CAMERON:
Actor estadounidense coñecido, sobre todo, polo seu papel de Mike Seaver en “Growing Pains” (“Los problemas crecen”) e que na actualidade produce un programade televisión cristiano e é predicador. Naceu en 1970 e nos seus primeiros anos protagonizou un anuncio anti-droga e outro de cereais. Está casado con Chelsea Noble e ten seis fillos (catro adoptados). Nos oitenta había tantas fotos del nas carpetas das rapazas como Phoskitos se pode comer Falete nun mes. O que pasa é que este artista, en vez de estar chingando e drogándose ata as cellas (como todos os precoces actores de éxito), estaba coñecendo a Xesús (e non me refiro ao dos estornudos).
Cremos que a súa pouca habilidade para comer o coco á xente vainos ser moi útil e xestionará o Gin & Tonic en USA.


CHUN-LI:
Que significa “Beleza de Primavera”. Naceu en China o 1 de Marzo de 1968, mide 1’70m., practicaba Wu Shu (estilo de loita) no Street Fighter e é moi aficionada ao aeróbic. Controlará todo o tema en China e en Oriente en xeral. O seu pasado como axente da Interpol supón unha boa base para facer tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i). Por outra parte e gracias aos seus numerosos viaxes polo mundo para participar en campeonatos de loita, ten moitos contactos (Ken, Ryu, Guile, Blanka…) que á hora de extender as nosas ideas serán moi de agradecer. Eso sí, todo hai que dicilo e ben é certo que nos últimos anos gañou uns cantos quilos que non lle fixeron perder axilidade pero sí un pouco de atractivo.



HUGH HEFNER:
Este militar, empresario e editor da revista Playboy é, sen lugar a dúbidas, unha das pezas clave do noso engranaxe. Por dicilo claramente, é un dos que financia todo o cotarro e sen o seu esforzo, esto non sería posible. Ten xa oitenta e catro anos, é de Chicago, defensor da revolución sexual e da liberdade persoal, loitou nos últimos meses da Segunda Guerra Mundial, estudou psicoloxía e actualmente, celebra vintedúas festas ao mes na súa mansión de Los Angeles con convidados ilustres. O éxito de Gin & Tonic Party está case garantido, polo tanto. É nesta casa de estilo inglés onde se farán as reunións do G&TP que durarán toda a fin de semana. O seu afán competitivo, así como a súa capacidade para os negocios son sinónimos de victoria.


Este é o meu equipo, o que elixín… porque me deu a gana, porque considero que para facer o que fai o Tea Party non se necesita moito máis, tan só ter ganas de tocar as pelotas e de crerse alguén importante sen selo.
Antes de rematar, déixovos algunha idea ou principio que nos define como movemento ideolóxico e de control.
Queremos que Valentino Rossi se encargue da sanidade mundial.
Obrigaremos ás mulleres a ter sempre os pezóns duros e aos homes a tocarllos sen parar.
Prohibiremos o tabaco e a bebida para legalizar o resto das drogas.
Subiremos o soldo das mulleres e baixaremos o dos homes.
Pecharemos os ximnasios e haberá que facer deporte ao aire libre e ligar nas discos.
Destruiremos os medios de transporte e o que queira viaxar, terá que facelo a pé ou a nado.
Non haberá diñeiro e haberá que chegar a outro tipo de tratos.
Para dar unha opinión en público haberá que facer trámites burocráticos durante un ano.
Eliminaremos as escolas e montaremos estadios de fútbol.
Cambiaremos (en masa) ás persoas de país. Así por exemplo, estadounidenses para Costa de Marfil, españois para El Salvador, chinos para Portugal, etc.

Pouco a pouco a cousa irá a máis en xente e en ideas, polo que xa sabedes, contactade con nós a través de calquera páxina web que escribades no directorio dos vosos portátiles. Só tedes que pinchar enriba das tres uvedobles.

domingo, 20 de febrero de 2011

ESTE PAÍS É ASÍ. O FÚTBOL

Ramón “O Carolo”, Felipe “O Virollo”, Salustiano “Peido de Puta” e José María “de Maderas” estaban, como cada tarde, no ‘banco das mentiras’, un antigo asento de tres prazas con respaldo de madeira desde o que se vía o porto, a praia e parte da ría.
En Galicia somos moi dados aos alcumes e vese ben nestes nosos catro amigos, que o eran desde a infancia. A Ramón chamábanlle “O Carolo” porque de pequeno, cando aínda vivía en Mondoñedo, baixaba en verán á praia mollar as pernas na auga do mar. Facíao vestido, cos pantalóns remangados polo xeonllo e tan branco que parecía unha desas luces fluorescentes que temos na cociña. “Carolo” era a palabra para designar a ese tipo de ‘guiris’ da terra. Felipe era virollo, é dicir, tiña os ollos moi atravesados, non vía palmo se non era a través dos enormes cristais dos seus feos óculos. Así é, aquí, os defectos, por así dicilo, son razóns de peso para marcar a unha persoa, tamén estaba Juan “O Cebolo” (pola gordura), Isma “O Feo”, Ricardo “O Sable” (porque só tiña un dente) ou Toñito “O Tolo”. “Peido de Puta” nunca souben moi ben de onde viña pero Salustiano era un tipo tranquilo que, eso sí, mudaba de opinión moi rápido e o que dicía non era moi tido en conta, non se lle facía moito caso, era un ‘vaiche boa’. Supoño que aos peidos das putas tampouco se lle farán caso, non sei. Por último, José María “de Maderas” era a segunda xeración dunha familia que se fixera rica na Arxentina e que ao regresar montaran unhas prósperas empresas madereiras e compraran grande parte dos mellores edificios e terreos do pobo.

O día estaba chegando ao seu fin e esa extraña luz do ceo alaranxado inundaba o mar nunha mistura de beleza e paisaxe que pertence ao inferno. José María, Felipe e Ramón estaban sentados, Salustiano de pé fumando un cigarro. Falaban de fútbol antes de ir tomar uns Ribeiros aos seus bares preferidos onde seguramente, seguirían falando do mesmo sen variar as súas posturas e sen chegar a ningunha conclusión. As mesmas discucións de sempre cos mesmos protagonistas de sempre.

José María “de Maderas” (JMM): Tas amañao!– contestou despois dun comentario de “Peido de Puta” sobre Cristiano Ronaldo- Quen lle dera ser a Messi namáis que a mitá de bon que Cristiano…


















Ramón “O Carolo” (RC): Non te pases tampouco…
JMM: E logo? Ben se ve… os goles tan ahí.
Salustiano “Peido de Puta” (PP): Os goles… os goles… haberá que mirar tamén os pases ou?
JMM: Si calaras…
RC: Po que pases nin que hostias! Aquí o que conta é marcar.
PP: Xusto!
Felipe “O Virollo” (FV): E logo Messi que leva… poucos goles ou?
JMM: Leva menos que Cristiano.
PP: Levan os miiiiismos...
RC: Noooo… non sei si levarán os mismos, eh José María?
JMM: Que vá! Debe levar un ou dous máis Cristiano.
FV: Sí… creo que sí… deben levar por ahí…
PP: Bueno, é igual… pa min non vale un chico… non o quero nin regalao…
JMM: Home tu es bobo perdido… non tes nin puta idea… nunca balón viche…
PP: No… víchelo tú, oh!
JMM: E logo non xuguei eu en terceira ou paiaso?
PP: Po cando?
JMM: E logo non xuguei cando xugabamos con Pepote, Chiño, Longarela, Lino e todos aqueles ou? Tíñamosche mal equipo…

FV: Ai daquela daba gusto vervos eh! Érache un equipo bárbaro!
RC: Ai sí! As cousas como son.
PP: Boh! Nunca nada fixérades…
JMM: Si te comeran os cochos…
FV: Dígocho eu…
RC: O que dá gusto velo tamén… é Xavi eh? Vaia xugador! Non perde un balón.
JMM: Ahí non digo nada… si lle quitas a Xavi, o Barça queda de mitá da tabla pa baixo.
PP: Bueno carallo!
JMM: E logo non é verdá? Sábeo todo quisque.
PP: Non sei quen o sabe… sábelo tú!
FV: Perooooooo… tamén tá Pedrito, Iniesta… Alves… Villa, joder!
RC: E o mouro ese…
JMM: Cal?
PP: E será… Abidal.
RC: Non oh…
FV: Ai! Sí oh... o africano ese... ai, ese bótalle huevos!
PP: Xa… e… Keita?
RC: Ese! Caraaaaaaaallo!
JMM: E ese… roubáronllo ó Valencia.
PP: Que vá oh! Ese veu do Sevilla. E que dices de roubar… vades falar vosoutros…

Nesto pasa para abaixo unha rapaza de fóra que traballa nunha inmobiliaria da zona.


FV: Araaaaallo! Vaia cachas!
JMM: Eso velo ben… eh cabrón? Ahí non hai avirollada que valga…
RC: Eche burro…
PP: Chámalle burro ó cabalo!
FV: Po vístedes esa máquina?
JMM: Vimos, home, vimos… o que pasa é que non andamos tan quentes coma ti…
PP: Ai, tar… tache bien buena eh?
JMM: Ta de cojones… habíalle enseñar eu a bailar o musipó…
FV e RC: jajajajajaja… jejejejeje…
PP: Tú si que tas quente perdido…
JMM: Cala, anda… cala que nunca cona viche.
FV e RC: jajajajajaja…

Prodúcese un silencio no que Felipe pensa no que leva sen botar un polvo, apura a última calada do pitillo e lánzao á estrada. Ao mesmo tempo, o “de Maderas” tamén pensou o engañado que ten aos compañeiros no tema do seu éxito coas mulleres que, en realidade, se reduce a ir de putas tres ou catro veces ao mes. Salustiano pensou de onde podía ser aquela muller e Ramón no seu tema, anticipando o tempo que faría ao día seguinte para ir aos calamares.

PP: E digo eu… e quen xoga hoxe?
JMM: E xugará o Barça… coma sempre…
RC: Non oh… que o outro día aínda botaron ó Madrid.
JMM: Caaaaaaaaando oh? Por digital… ou papiviu… ou a merda esa!
RC: Noooooo, en aberto… na sexta.
JMM: Estráñame…
PP: A ti todo che estraña meu fillo.
JMM: Pero logo vasme dicir tú a min que non botan sempre o Barça, logo?
PP: E… botarano coma o resto ou…
RC: Hoooome… algo más creo que televisan o Barça, eh…
PP: Pois porque ahora é o que vende.
JMM: Po que vende?
PP: Vende… que é o millor equipo do mundo ahora mismo.
JMM: Ala… xa vai o outro…
FV: E é a verdá.
JMM: Eramos pocos y parió la abuela… po con que tropa andamos Ramón?
RC: Tche…- machada criminal.
FV: Pero vamos a ver… é mellor o Madrid nestes momentos?
JMM: Pois claro, joder! Ahora e sempre. Dez ou once copas de Europa… ligas ganámolas todas…





PP: Pero si fai un ano ganamos sete títulos nun ano… cando chegou Guardiola…
JMM: Outro…
FV: Outro... de que?
JMM: Ai oh! Que non val un peso… e punto!
PP: Tas amañao! O mellor entrenador do mundo… e non val un peso?
RC: Eh, eh, eh… para o carro… e logo non é millor Mourinho… ese sí que é o millor.
PP: Tú… imposible de dios que non te faigas o bobo…
JMM: Pero si ganou non sei cantas ligas en todos os países que hai.
FV: Non che toca o carallo… facéndolle os equipos como quere…
JMM: Non ves que a Guardiola déronlle toda a merda que había…
PP: Pero Guardiola sacou a Pedrito, a… a… ai oh! A… ó que era fillo do porteiro aquel…
RC: De Zubizarreta? Érache bon…
PP: Que Zubizarreta nin que Zubizarreto… de… Busquets!
JMM: E logo vale pa algo ese?
RC: Aaaaaaai… pa tirarse é bárbaro.
FV: Eu que me leve o demo… internacional… novo que é…
JMM: Si vos fórades tomar bien por culo…
FV: Boh! Non hai con quen falar.
RC: Noooooo… hai contigo.
FV: É que non admitides nada, joder… non dades o brazo a torcer nin pa dios!
JMM: Que brazo nin que carallo… o Barça non ten banquillo ou? Ou ten? Que carallo vai ter…
PP: Non ten non…
JMM: Mira o Madrid… Lass, Canales, o negro que trouxeron ahora… que che é malo…
PP: Vai tardar ben en guarnila…
JMM: E como se chama esteeeee? Joder… o… Roberto Carlos non oh… o outro.
RC: Marcelo oh!
JMM: Ese! Non o hai millor eh? Non me joder.
FV: Xusto! Un partido bon e sete malos.... Hooome… o Madrid ficha como o meu carallo.
JMM: Ficha millor o Barcelona, oh! E veña Kichinskis e Bramovis e trangalladas… Non fichou un con xeito.
PP: Non nos fai falta fichaaaaar… que nosoutros témolos da casa.
JMM: Da casa? Que da casa? E logo Iniesta é da casa? Po si é de León ou de Cuenca ou de non sei donde…
RC: De Albacete, creo que é.
FV: E que? Pero si veu de chaval xa pa alí.
JMM: Sí… coma Ces… que o deixastes ir pa fóra…
PP: Ai, pero ese vense po ano amigo.
RC: Ven… polo carallo… sabes pa onde vai ir ese? Po Madrid. Vaille pagar Florentinos o que pida… e punto. Non podedes competir a cartos home.
PP: Así vos vai… moita trangallada e logo nada… a velas vir!
JMM: Xa falaremos!

A escuridade cada vez é maior e a xeada comeza a meterse nos ósos.

FV: Bue… iremos ou?
RC: E pa onde ques ir?
PP: E iremos tomar unhos vasos ou?
JMM: Digo eu ou? Que aquí non pintamos nada… eso que se quedou unha tarde podre eh? – (sete grados e unha humidade que case saca moho nos chaquetóns).
RC: Tar ta pa dar un paseo, eh?
FV: Déixate de paseos e vamos tomar algo que debe andar por ahí Tilano.
JMM: Tilaaaano, vaia outro! Tache amañao, nunca agudo foi…
PP: Bueno carallo… non che vale naide…
JMM: E logo pensas que teño ganas de andarlle pagando toda a noite ou? Debes pensar que son paiaso…
FV: Po que pagar nin que catro hostias si nunca pagas unha…
JMM: O que, oh? Non ben sabe dios que hoxe non a ulides…
PP: Ñaaaaaaaaas… cuuuuuidao con Botín!
JMM: Cala a boca ignorante que nunca plato quente comiche…
PP: Comín, comín…
JMM e RC: Comiche!

Levántanse, suben o colariño dos abrigos, frotan as mans, colocan ben o paquete dentro dos calzoncillos e inician o paso, lento, hacia o bar no que adoitan tomar a primeira de seis ou sete rondas.

RC: Moito me doi o lombo!
PP: Doi… moooito… non che doi cando vas ós calamares…
RC: No… doiche a ti, ben sei…
PP: Pero non tou eu operado de cincuenta hernias discales ou?
RC: Taaaaas…
JMM: Quen tou son eu…
FV: Pois eu…

domingo, 13 de febrero de 2011

A MIÑA BH AZUL

Estou na cama e penso, estou vendo a tele e penso, escoito música e penso, cociño e penso, camiño pola rúa e penso… ata cando penso, penso. Habitualmente véñenseme á cabeza imaxes, ideas, lembranzas e o outro día centreime na miña primeira bicicleta, ou polo menos, na primeira que recordo e a que foi máis especial para min.
Acabo de chamar a miña nai por teléfono e dime que tiven unha bici antes, vermella, que ma regalara Pili, supoño que será a do Gorrión (o apodo dun home de Foz) e a memoria non lle dá para afinar a marca. Segundo mo di, venme á cabeza a imaxe das miñas pedaladas de máis neno.


É unha historia recurrente nas miñas comidas familiares, a miña precocidade para andar en bicicleta. Foi un caso moi raro, din. Con dous anos (pouco despois de andar) xa comecei a montar pero fíxeno cunha particularidade, sen aquelas rodas pequeniñas traseiras. Nunca se me deron ben, cada vez que as vía, vía ao demo. Amargábanme. Non as quixen e meu pai, como sabía que non eran estritamente necesarias para aprender, pasou delas. Agora lembro lixeiramente sair naquela bici con meus pais, eles andando, dando un paseo, eu nas dúas rodas. Como me resultaba moi complicado seguir o seu ritmo tan baixo de zancada, eles deixábanme pedalear ao meu aire ata que remataba a beirarrúa, e unha vez chegado, tiña que agardalos para que me cruzaran. A min valíame ben, chegábame con esa liberdade, non pedía máis. Naquel tempo, a miña rebeldía ceñíase a chamarlles putas ás monxas que me agarraban dos papos e á nai de Chicha, unha veciña nosa, o que traía a miña nai pola rúa da amargura… e enténdoa moi ben. Imaxinade unha nai co seu fillo camiñando da man hacia a casa da avóa e ver enfrente, achegándose, ás monxas da escola onde estudou ela e coas que sempre paraba a falar. É normal que empezase a suar prevendo o que eu podía armar. Perdón, mamá!


A bici vermella, como xa viña de ser usada polo fillo de Pili, non me durou máis de un ano e houbo que ir pensando en mercar outra, a miña, a mítica, a que recordo con máis agarimo, a que pagaría o que fose por conservar hoxe en día. Aquela máquina foino todo para min, o equivalente ao que agora podería ser unha noiva. Lembro ata o día que fumos por ela a “Bicicletas Veiga”, na estrada Xeral de Foz, unha tenda do avó da rapaza que me gustaba na gardería, Marta Andrade se chamaba. De entre todas as que había, fixeime deseguida naquela preciosa e pequena BH azul que eu chamei “A miña BH azul”. Deus! Foi amor a primeira vista, que gardabarros!, que empuñaduras! (goma negra con moitos cadriños pequenos), que protector da cadea e da catalina!, que portaequipaxes! (que viña a ser transporta amigo), que… todo! A meu pais non lle fixo falta preguntar cando viu que eu ía hacia ela, me montaba e comezaba a facer ruidos de moto. Teño a imaxe de velo pagar, algo no que sempre me fixei porque sabía o que significaba: moito traballo para eles. Agradecín toda a miña vida o esforzo que fixeron para que eu tivese de todo e o que lles gustaba verme contento e feliz. Pero ese día, houbo un problema, despois de moito tempo sin velas, a bici viña coas malditas rodas pequenas. Xa lle dín ás cellas para abaixo, non me gustaba o que vía. Meu pai díxome que xa llas quitábamos na casa e non me quedou outra. Vaia cantidade de topetazos que me peguei contra as paredes das casas. Aquelas rodas facíanme perder o control, o manillar seguía a dirección que elas querían. Chorei, baixeime da BH e preferín ir andando centrándome na miña obsesión por atopar o pau perfecto. Cando chegamos á casa, quitámosllas e a miña fonte de felicidade consagrouse: a BH azul. Dinme que aquel día quixen dormir con ela pero, claro, non me deixaron.
A todos os sitios ía nela (só, case sempre), á casa da miña avóa, aos camiños máis perigosos e difíciles, a ver á miña amiga Mar (de onde sempre volvía sen unha das sandalias), á praia, ao porto… Aló ía eu para arriba e para abaixo, cada vez máis rápido e dominando máis a bici ata que andaba como un tolo, sen medo a nada. E veña rampas que facíamos a pandilla de detrás da miña casa, rampas de todos os tipos, con madeira, con fibra, con cemento ou con tubos de hormigón. Saltos grandes, saltos pequenos, así pasaban os días, carreiras polo “camiño da cabra” que ía dar ás perigosas ruinas da Fábrica de Damián, carreiras ata as Corporacións (o barrio veciño), concursos dos derrapes máis longos, pinzar a roda de diante, colocar a bici sobre o manillar e o sillín no chan e darlle aos pedales coa man para ver a velocidade que pilla a roda, poñer un cartón dobrado nun dos radios da roda de atrás para que choque co cadro e soe como unha moto, desmontaxes de cadea, baixar costas sen frear…


Fun cumprindo anos e máis ou menos con sete ou oito compráronme (en Tristán de Taratol) unha bicicleta de carreiras Orbea branca e azul de dez velocidades, dúas catalinas e cinco piñóns. Seguía tendo a miña BH azul pero só para ocasións. Un día, que lembrarei sempre, meus pais chamáronme e dixéronme que lle ían dar a BH a Sico, o fillo duns amigos de meus pais. Vaia choros! Negueime en rotundo pero non valeu de nada. Espero que Sico a aproveitara porque a verdade é que non sei se o fixo. Co paso do tempo entendín que a min tamén me pasaran a miña primeira bici e que era un acto bonito por parte de meus pais, compartir está ben… e reciclar obxetos tamén.
Na miña nova etapa de bici de carreiras, empecei a facer viaxes longos de dez, quince, vinte, vintecinco, trinta e ata corenta kilómetros, moitas veces acompañado de meu pai, que ía na súa BH azul claro grande, unha de paseo preciosa (que unha das miñas irmás deixou podrecer no seu palleiro). Ía a Peizas, Fazouro, San Martiño, Santa Cecilia, San Acisclo, Alfoz e Ferreira. Que guais eran aqueles sábados pola mañán, pai e fillo en busca de aventura cada un co seu chandal. Inolvidable!
Tres anos despois, aparquei un pouco o tema da bici e adiqueime uns anos ao monopatín, ao skate. Tiven (e teño) unha táboa Santa Cruz con rodas Powell Peralta, eixos Goldwing e rodamentos NMB. Precioso! Aprendín a facer tres ou catro maniobras pero en breve dinme conta de que o que eu quería era ir rápido, así que comprei uns protectores Vision para os xeonllos e a baixar costas. Tamén nestes anos, Carlos, Abraham e eu poñíamos os nosos panos de pirata na cabeza, as gafas de sol redondas e pendentes de anilla para ir, nas de cross, a ver a unhas tías que nos gustaban preto da praia. Vaia tres!


Un tempo máis tarde, con quince ou dezaseis tiven que cambiar de bici porque xa non era aquel neno baixo, peguei o estirón e estaba en 1’75m. Fun con meu pai (de novo) a Talleres Baltasar e fíxenme cunha de montaña, a Imprex 500 negra, unha pasada! Vinteunha velocidades, cambio Shimano 500, moi lixeira, freos tamén Shimano, e unha animalada de contaquilómetros con non sei cantas funcións. Nesa fixen moitas viaxes cunha nova dimensión, levar todo controlado naquel aparello que marcaba a velocidade media e a máxima, a distancia total percorrida e a do día, as pulsacións, o tempo tardado nun traxecto ou o cálculo dos diferentes factores. Moitas historias en grupo cos amigos, merendolas, comidas, descubrir lugares novos…
En canto os estudos esixiron máis horas de adicación e o tempo de ocio o ocupaba básicamente o baloncesto, a actividade de bici viuse reducida. E así foi ata fai catro anos que recuperei o interés e o tempo.


Comprei, co meu soldo esta vez, en BiciTotal, unha Conor Zip plegable que vira por primeira vez cando vivín en Londres. Durante o tempo que estiven de mestre en Carballo, fun todos os días á clase na bici, sen importar o tempo que fixera, e a verdade é que só me colleran dous chubascos, contados. Cando me mudei a Coruña, a cousa complicouse pola ubicación do meu centro de traballo, intenteino ao principio pero era bastante distancia e con moita costa, chegaba suando a traballar. Hoxe en día, téñoa en Foz e utilízoa para ir á praia ou ao noso “rincón especial”, para ir tomar uns viños ou o café en verán, para ir ver o mar despois de cear…
O que me queda claro é que para min, as bicicletas foron moi importantes e aportáronme moitas cousas, cada unha no seu momento. Coa vermella fogueeime, coa miña BH azul descubrino todo (o entorno e a min mesmo), coa de carreiras ampliei horizontes, coa de montaña madurei e descubrín a tecnoloxía e coa plegable recuperei a ilusión e dinlle a man ao medio ambiente. No futuro, teño a idea de recuperar aquela BH azul claro de meu pai confiando en que a esaxerada e descoidada estancia nese palleiro de Angélica non a matara. Chégame con que respire un pouquiño.

domingo, 6 de febrero de 2011

CON MARIO VAQUERIZO NO MERCADONA


Un día máis ía camiño da oficina de traballo temporal sen esperanza ningunha de apañar un choio medianamente decente, nin tan sequera agardaba algo de fin de semana, nada, alí me dirixía como alma en pena, camiñando levado pola brisa leve do paseo marítimo da Coruña. Rúas longas, rúas cortas, cruces, pasos de peóns, persoas fóra das oficinas e dos bares fumando cigarros apurados, algún paraugas, coches aparcados, rapazas con uniforme de colexios privados, homes de traxe e mulleres elegantes, xoves de resaca da noite anterior, contedores de lixo, colas nas oficinas do INEM, autobuses urbanos a toda velocidade, cheiro a fritanga misturado co cheiro a mar, cabezas baixas e moitas ilusións asasinadas. Sen decatarme do paso dos minutos cheguei ao meu destino, cansado, co alento apurado. Unha señorita en falda e chaqueta cun atractivo marciano díxome bos días. Contestei educadamente. Ao verme, deseguida dixo o meu nome, con apelidos e todo, Jaime Oterito Otero. Vaia sorpresa! Pero esto que é? pensei. Uns segundos de silencio cos ollos abertos manifestando sorpresa e Vanessa, que así se chamaba a de marras, dixo:
- Hombre, caballero, a usted estaba yo esperando.
- (…) - non sabía que dicir ante tanta confianza.
- Acompáñeme, por favor.
Levoume a unha oficina, ou sala mellor dito, que había no fondo do local. Estaba tan desconcertado que non podía anticipar que pasaría. Serían máis ou menos dez pasos de un metro de lonxitude nos que pola miña mente pasaron ideas como unha bronca “de tipo mamá”, un striptease de lencería fina ou unha trama de masonería laboral.
- Tome asiento, por favor – dixo Vanessa.
- (…) – seguía sen saber o que dicir.
- Mire… me acaba de llegar una oferta muy interesante para usted. Se adapta totalmente a su perfil.
- Ah! Si?
- Pues sí… señor Oterito… puedo llamarle Jimmy, verdad?
- Eh… claro, claro.


- Resulta que acaba de llegar a la ciudad Mario Vaquerizo, marido de Alaska, y necesita… bueno… nos ha requerido un servicio de shop assistant para esta tarde.
Shop assistant… xa… - pero que carallo pasa aquí? Pensei.
- No se lo esperaba, verdad? – seguiu sen deixarme contestar – Es una oportunidad única! Mirando en la base de datos, sólo usted cumplía con los requisitos para poder hacer este trabajo eficazmente. Lo cierto es que su capacitación es alta en este sentido, en el mundo de la moda y las tendencias, me refiero.
- A miña capacidade… xa… - non sabía de que falaba, estaba claro que se trataba dun erro informático pero estaba tan abraiado que me quedei bloqueado.
- Le iba a llamar por teléfono justo en el momento en que entró por la puerta, vaya coincidencia que se decidiera usted a venir hoy.
- Bueno… tocábame, veño un venres sí, un non.
- Ja,ja,ja. Entonces que me dice? Firmamos el contrato? – me preguntou mentres mordía o capuchón dun boli Bic laranxa, que por certo pensaba que xa non se fabricaban – Es un contrato por horas. Diez horas concretamente… aunque posiblemente, la tarea le lleve unas dos o tres. Ya ve, una oportunidad única, como le decía antes. Entonces… está de acuerdo?
- Eh… - dubidei un momento pero necesitaba o diñeiro e, eu que sei, podía estar ben pagado – supoño que sí, acepto!
- Está muy bien pagado Jimmy. Son veinte euros la hora, es decir, doscientos euros.
Douscen…
- Sí – non me deixou acabar, por segunda vez, como lle gustaba mandar na conversa, non quero imaxinar cómo sería na cama a tipa esta – Doscientos euros!
- Pois nada… adiante! – firmei e a bailar.
- Le aseguro que no se arrepentirá.
Levantámonos, saimos da oficina e voltamos ao mostrador.
- A que hora teño que estar… e onde?
- Ah! No se preocupe Jimmy, el señor Vaquerizo vino por aquí a primera hora de la mañana y ya le hemos dado las llaves de su apartamento. Le espera allí en estos momentos.
- Que? – estaba alucinando tanto que confundín todo aquelo cun soño pero non podía ser, nos meus soños nunca vou a oficinas de traballo temporal – Na miña casa?
- Sí, no se preocupe, todo está correcto.
- Pero…
- Apresúrese e intente ser lo más servicial y amable posible porque este trabajo puede repetirse si lo hace bien.
- Pero como…
- Si lo desea puede prepararle algo de comer para después, por la tarde, cumplir su cometido.
Cando me quixen dar conta de todo aquelo, xa estaba fóra con cara de pailán pero coa mesma necesidade de diñeiro que facía cinco minutos. Non quedaba outra, tiña que facer ese traballo. Atrás quedaban preguntas sobre quen pollas lle dera as miñas chaves do piso a aquela señorita. Era incrible, espionaxe, FBI, CIA, KGB? Esto que me estaba a pasar era a ficción máis grande, era o puto surrealismo. Na miña vida me pasara nada parecido.


Non podía esperar e esta vez, collín un bus urbano para chegar canto antes. Peguei á cara á ventaniña e vía pasar a xente e os coches ata que o vafo non me deixou ver máis. Baixeime na Praza da Palloza, onde vivía, nun edificio vermello que me facilitaba o recoñecemento para chegar á casa nesas noites de embriague etílico. Saquei as chaves do peto e abrín a porta do portal, chamei o ascensor e agardei. Chegou. Monteime e máis espera, oito segundos de reloxo. Pranta sétima, ábrense as portas e recorro o longo corredor ata a miña porta, a D. Teño dúas pechaduras, primeiro abro unha e cando meto a chave na segunda, escoito un berro. Á présa abro e vexo en primer plano a Mario Vaquerizo en mallas brilantes e camiseta de rede de tirantes colgando da lámpara do teito, coa cabeza para abaixo, xuntando o seu collón dereito ás bombillas. A miña cara era un poema de Bécquer. Aquelo cheiraba a pelo queimado que tiraba para atrás.


Hola Mario, son Jaime Oterito e son o teu shop assistant.
- Ah… hola, hola. Soy Mario… Mario Vaquerizo, marido de Alaska… me conoces?
- Si pero… que facías ahí subido? Non ves que eso non é para subirse. É unha lámpara para dar luz ao salón.
- Ya, ya, me aburría y quise probar, digamos que… tenía los cojones fríos.
- Bueno, non digo nada entón pero creo que é mellor que non repitas.
- Vale... está bien, te entiendo.
- Tes fame?
- Pues ya son las dos menos veinte y sí me comería algo. Las cosas como son.
- Vou ver o que teño por ahí.
Fun á cociña, abrín a despensa e alí estaban dúas latas de fabada Litoral. Perfecto! Collín unha pota e volqueinas dentro. A vitro ao máximo, puxen a mesa mentras se quentaban e Mario, que facía nada se abrasaba as pelotas, facía aeróbic no salón cun DVD de Jane Fonda que traía no bolso. Un, dous, tres… e veña piruetas, veña saltos e veña fantasía. Un espectáculo! Como me podía estar pasando esto a min? Quen mo ía crer? Saía vapor da cociña, o que indicaba que a comida estaba lista, acerqueime, collín o cucharón, servín nos pratos e púxenos na mesa.
- Guau! Fabada - dixo Mario – Si no las quieres las dejas.
- Ja, ja… eso son as lentellas chaval… e esto é fabada.
- Me es igual, en mi casa siempre se dijo este dicho con la fabada.
- Pois non sei, supoño que serás de interior logo!
- Bueno, bueno, no hay que entrar tanto en la vida privada, esto es una relación estrictamente laboral, sabes?
- Sei.
- Comemos?
- Veña.
- Pero como pones cuchara para comer esto?
- A ver Mario, que queres? Tenedor?
- Sí, claro.
Dinlle o que pediu e despois non parou de pedir, que se ketchup, que se sal, que se un despertador, que se unha braga. Tróuxenlle todo porque eu só pensaba no diñeiro, que me facía moita falta. Pero que tipo máis raro! De onde saiu?
Comimos sen falar moito máis vendo un programa do corazón nunha canle desas da TDT. Volvíase tolo cos cotilleos e falaba só. Non parou de criticar a forma de vestir de Falete e posicionábase claramente do lado do seu ex mozo que se autosecuestrou. Xustificábao dicindo que Falete, a folklórica, era un tirano.
Antes de acabar de comer quedouse dormido na mesa co tenedor na boca. Deixeino alí tranquilo, descansando e soñando, supoño con Alaska cantando “Bailando”. Senteime mentres no sofá para ler o periódico. Deume tempo de ler El País, o Xornal de Galicia e un folleto de Carrefour que tiña por alí. Tardou un par de horas en despertar e fíxoo cuns sonidos así como “gugu-tata” acompañados duns peidos laterais que case lle rompen as mallas, que ao fixarme máis, vin que levaban brilantina.


- Boas tardes Mario, vaia sesta eh?
- Como que siesta? Estaba meditando.
- Xa, xa.
- Primero estuve pensando en unos asuntos porque soy representante, sabes? Después recordé unos pasajes de la Biblia que me venían como anillo al dedo y al final, dejé la mente en blanco. Hasta ahora que recordé que no tenía Tipp-Ex.
- Xa vexo que eres unha persoa bastante profunda.
- La verdad es que sí, siempre me gustaron las cuevas y los hollos.
- (…) – de pedra me quedei.
- En fin… vamos a comprar, no? Que para eso te contraté.
- Certo – xa desexaba acabar con aquel conto.
- Que eres? Estilista?
- Eh… sí, sí. Estilista profesional. Traballei cos mellores e estudei en Helsinki
- Eu levaba posto un xersei de lá que me fixera miña nai, uns Levi’s 501 vellísimos que me quedaban pequenos e que deixaban ver o pantalón do pixama que non me dera tempo nin a gana de quitar pola mañán. Nos pés, unhas Dr. Marteens que tiña desde o instituto e na cara levaba unhas gafas da Primeira Comuñón. O que eu non sabía é que todo eso estaba de moda. Unha vez máis, alucinante!
- Te parece si nos vamos ya? Este apartamento me está asfixiando, sabes? Es que soy agnóstico, me cuesta estar en espacios cerrados.
- Entendo. Imos logo!
Mario colleu un abrigo de plumas negro que sorprendentemente deixara no colgador da toalla, no baño e fúmonos. Abaixo, enfente do portal, esperábanos unha limusina branca cun chófer que se chamaba Xaime pero que el chamaba Esther. Tívenlle que abrir a porta para subir e nin as grazas me deu. Eu non tiña nin puta idea de a onde íamos e tampouco mo podía imaxinar sinceramente. O tremendo coche, eso sí, colleu pola Ronda de Outeiro arriba, deu a volta na rotonda do alto, todo o mundo que paseaba mirábanos sorprendido. Na altura do Mercadona aminorou a velocidade, puxo a intermitente e meteuse no garaxe do súper. Pero para onde carallo me levaba? Pois sí, ao Mercadona. Outra sorpresa.


Un párking escuro con algunha praza libre foi o primeiro espazo aberto público no que a xente me viu con aquel famoso. Mulleres metían aos nenos na parte de atrás do coche mentres lle dicían aos seus maridos, que metían as bolsas da compra no maletero, “¿Ese no es ese cantante americano?”, “¿Quien?”, “Ese de ahí, el que va con el del pelo rizo”, “¡Anda! Pues sí, es Marilyn Manson”. A verdade é que tiña certo parecido. Os dous daban o mesmo medo. Fomos rápido, Mario puxo os óculos de sol (non me preguntedes o motivo, será por esas cousas que teñen os vip), collimos o carriño e o artista, en lugar de meterlle unha moeda de euro, pediume as chaves da casa, eran de cú redondo e meteunas na ranura. Funcionou. Carai! Que listo era aquel tipo, non era moi guapo, pero listo aínda era. Segundo pasamos polo lado das caixeiras, todo o mundo, que era moito, mirounos de arriba a abaixo. Deus bendito! Parecía un pervertido cunha boneca hinchable pegada. A ver se non vía a ninguén coñecido. Á primeira sección que pasamos foi a de bolería, onde colleu varias cousas, ou mellor dito, collinas eu baixo as súas ordes. Café puro-Arábica Hacendado (2’62 euros), Té Relax con tila, azahar, melisa e herba Luisa (1’32) e seis polvoróns grandes de rosco de viño e améndoas ao chocolate (3’12). Despois, un corredor foinos levando a outro por todo o super. Catro iogures gregos Danone (2’15), fideos de arroz Gallo de 500g. (2’39), doce de cabelo de anxo (1’62), marmelada de laranxa amarga Hacendado (1’10), mel de caña Nuestra Señora del Carmen (1’59), crema de champiñóns Gallina Blanca (0’63), lata de albóndigas de Pollo Lozano (0’99), lata de callos con garabanzos La Nora (1’05), especias para caracois Hacendado (0’85). Debíalle gustar a casquería porque comprou lingua vacuna (8’08), fígado fileteado (2’83) e miolos de porco (1 euro-12 unidades). Que máis? Morcilla asturiana Juntamar (1’60), longaniza de León picante (2’01), salchichas Jumbo Classic Oscar Mayer (1’75), figos naturais Hacendado (1’65), pepino (2’25/k.), tomate canario (1’25/k.), plátano canario (1’59/k.), cenorias Agrícola Villona (0’68/k.), obleas para xeado Pack de dous (0’50). Mario tropeza cun caixa de Dixan que algunha persoa debeu deixar no chan e cae contra unha estantería onde había bolsas de patacas fritidas. Ao apoiar as mans rompe e abre unha bolsa e machaca as patacas coa cabeza. O cabelo chéiralle a ‘receta campesina’ pero lévao con clase, normal, é Mario Vaquerizo. Merca tamén pan raiado Panalca (0’65), marmelo doce Primera (0’95), espárragos extra grandes Hacendado (2’99), bolsas de conxelación Zip (1’20-15 uds.), tinto de verán Sandevid (1’39), sidra El Gaitero (1’89), viño doce Sansón (3’79), batida de coco Mangaroca (8’50), Ponche Caballero (10’75). Avanzamos e iniciase unha pequena conversa, a primeira desde que chegaramos ao Mercadona.


- ¿Tienes hijos Jaime? – preguntou ao mesmo tempo que collía un bote de papillas para bebés.
- Non, aínda son moi novo.
- Ya me lo imaginaba… no tienes pinta de tenerlos, pareces muy irresponsable e inestable… y no creo que tengas novia…
- Pois non teño, non. Paso, de momento. Por agora prefiro botar os meus cohetes por ahí e listo.
- ¡Qué ordinario, madre de dios!
- (Se te foras á merda!) – pensei.
Potito de verduras e pavo Nestlé (1’75), papilla líquida de froitas e cereais Hero Baby (1’75), toalliñas de bebé Deliplus (1’50), papel hixiénico Bosque Verde doble rolo (1’80), empapadores de cama Tena Bed (10’10-20uds.). Pero para que carallo quere esto? Brekkies Excel Complet con polo e arroz (7’98/10k.), lixivia Bosque Verde (1), limpiador de madeira Bosque Verde (1’09), auga destilada (0’78), tinte para roupa La Nave (1’45), deterxente Micolor Fresh (3’99), cepillo térmico 35mm. Deliplus (2), accesorios para o cabelo Infa (1’75) e para cabar xa, prantillas de xel para zapato tamaño pequeño (3’69).
Por fin! Que pesadez! Dóeme a cabeza unha burrada, vaime estoupar. Mario, en cambio, está fresquísimo, bailaría unha lambada con Almodóvar sen problema ningún. Que aguante tiña o cabrón! Xamáis me fixeran pasar unha tarde de compras tan dura. Agora entendía o de que o soldo fora tan bo.
Na caixa, tiven que descargar eu só o carriño e meter todo nas bolsas. Mario sacou un espello do bolso, unhas pinzas de depilar e a facer as cellas. Puta que o pariu!
Levamos todo á limusina (que ocupaba dúas prazas) e alí esperaba Esther como unha figura de cera, de pé xunto á porta. Fumaba un cigarro do revés (non entendín moi ben aquelo pero non preguntei) mentres nos vía vir e cando me veu cargado coas bolsas, botoume unha man. Menos mal, algo de axuda. As bolsas foron encaixando no maletero como un puzzle de poucas pezas e cando o carriño estaba vacío, Mario, sorprendentemente, levouno cos outros. Que detallazo da superestrela! Cando viña de volta parecía unha modelo movendo a cadera dun lado a outro e dándolle ao pelo como a Pantoja. Parouse diante de min e dixo:
- Bueno chicos… nos vamos? Estoy cansadísimo.
- A onde?
- Pues… tú a tu casa y yo a mi hotel. Tus servicios acaban aquí.
- Ah… moi ben. Perfecto!
- Señor, yo pienso que… - iniciaba o chófer.
- Mejor que no pienses Esther, estate callado y así salimos todos ganando, conduce y ya está, sí?
- Sí, señor.
Montamos e todo o camiño houbo un silencio ata o meu barrio. Aparcados diante do portal, en doble fila, Mario retirou o pelo cun movemento-látigo de cabeza co que pensei que se desnucaba e meteu a man nun peto interior do abrigo. Non vou dicir agora eso de ‘pensei que ía sacar unha pistola’, non, máis ben podía sacar un tampax ou o mando da TV. A cuestión é que no bolsiño tiña o diñeiro para pagarme. Non recordaba moi ben o que era, cría que sobre douscentos euros. Efectivamente, deume primeiro esa pasta e logo cen máis de propina dixo. O que me deixou de pedra foi que me meteu os billetes enrolados dentro do calzoncillo ao mesmo tempo que subía as gafas e me chiscaba un ollo. Púxome beizos de pendanga, deume un pico (que me soupo a esterco) e díxome pensando que estaba moi sexy:
- Has sido uno de los mejores shop assistant que he tenido nunca. Te recomendaré a mis amigos… No has pensando en vivir de esto en Madrid? Te iría bien…
- Gracias pero creo que o meu sitio está aquí, eu sin ir ao porto… non son ninguén, son un lobo de mar, non sei nadar pero… a min, non hai quen me joda!
- Como veas… gracias por todo y… cúidate niño!
- Encantado Mario. Ata logo!
- Hasta siempre Jaime!


Con présa baixei do auto e andei aceleradamente ata a porta vermella do edificio no que vivo, o bico deixárame algo mareado. Mirei atrás e a limusina íase ao lonxe e… hostias! As chaves! O capullo deixáramas no carro da compra. Dioooooooooos! Cando baixei o chanzo, pisei mal e rompín os dentes contra o ferro que rodea os contedores de lixo que estaban alí. Caín de xeonllos sangrando coma un porco e vaia cristo armei no chán, non sabía onde estaba. Levantei a cabeza e vin o meu rostro reflexado no cristal dun coche, faltábanme tres dentes. E vaia dor! Comecei a peliscarme para ver se era un soño todo aquel día de tolos, tan surrealista… e nada, era real. Comecei a chorar alí tirado e cando pensei que non podía ir peor, escoito:
Estás bien chico? La caravana de la metadona está a la vuelta de la esquina.
Xírome e vexo que é o pai da miña noiva. El veme, xira a cara e vaise sen dicirme nada.
Escoito os seus pasos separándose, clac, clac, clac, clac, clac…(stop)… clac, clac, clac, clac, clac (de regreso)… (stop), sinto un toque de dedo nas costas, miro e outro vez meu sogro coa man en alto. Pégame unha santa hostia que me deixa temblando e xusto nese momento todo vólvese negro e escoito ti-ti-ti-tí, ti-ti-ti-tí. O espertador. Estou na cama. Sí, sí, sí! Xa me parecía a min… tanto surrealismo. Lévome a man á boca e teño todos os dentes. Ben! Eso sí, mexeime por min, está todo pingando, que ben me viñan agora os empapadores de cama do Mercadona.

domingo, 30 de enero de 2011

AS OBRAS, EU E TODO O DEMÁIS

Seguirán indo os rapaces ás obras de edificios? Foron algunha vez ou era só cousa miña e dos meus amigos? Era algo só de Foz? Só dos máis trastes de Foz? En Coruña, os nenos ían ás obras? E en Girona? E en Berna? E en Omaha? E en Rabat? E en Bombay? E en Asunción? Non teño nin puta idea, tan só sei que a min me encantaba. Lembro que algunha vez compartín esta percepción con compañeiros pero non son consciente da súa resposta, polo que vou contalo desde a miña experiencia.



Foz é unha vila da costa lucense moi tranquila na que pasei os mellores anos da miña vida. Nos anos noventa, a realidade era moi diferente, os nenos e nenas andábamos por ahí, pola rúa me refiro, con total liberdade, sen medo a nada. Para facerse unha idea, en 1º de E.X.B., con seis anos, íamos sós (a maioría) á escola. Agora é impensable.

Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres, Sábado… e Domingo, por fin! O mellor día da semana! Todos os días con cole e obrigacións, o Sábado facendo deporte e o Domingo liberdade total (a non ser por eses corenta minutos que duraba a misa). Cando eu era pequeno, os Domingos significaban o mesmo que os Xoves cando fun universitario, o mesmo que os Sábados e Domingos hoxe en día e, cando se teñen fillos, ese día pasa a ser unha utopía.

Ese sétimo día da semana comezaba sempre igual, ducha ás nove da mañán, a mellor roupa (zapatos, pantalón fino, camisa e xersei), almorzo (croissants e Cola Cao), raia ao lado (que desfacía ao sair da casa), un pouco de debuxos animados (Snorkels, Fraggle Rock ou Os Diminutos) e para a catequesis (os primeiros anos) ou a misa (posteriores anos). Despois desto comezaba o mundo obreiro. Uns cantos exemplos.


Lembro unha tempada, con oito ou nove anos, na que me pasaba por unha obra que había preto da igrexa, ao lado de Reloxaría Borrajo, xusto cando remataba a misa, a eso da unha menos vinte. A maioría das veces só, os acompañantes ocasionais supoño que serían Carlos (o actual Tano), Sacho e Abraham pero a miña memoria non me permite falar con exactitude. Eso sí, nunca fomos alí máis de dous, había que ter coidado, tiñamos un segredo. Non era un edificio a medio facer especialmente bonito, era pequeno, acolledor, de tres prantas de un piso en cada unha. Tan só nós entrábamos nel, non espertaba o interés de outras pandillas. O primeiro día que entrei foi buscando a novidade e vaia se a encontrei. Arriba de todo, na bufarda había un home sen teito (que se chamaba Carlos) e un can tapados cunha manta ao pé dun cartón de viño tinto Don Simón a medio beber. Así se iniciou unha estraña relación de “amizade”, unha cita puntual para levarlle un paquete de galletas, un pouco de pan ou un cartón de leite que lle quitaba da despensa a miña nai sen que se dese conta. El a cambio, regalábame historias sobre os seus anos en Alemania, sobre a relación co seu can, todo tipo de fantasías con mulleres e moitas outras heroicidades. Desde a distancia doume conta que moi ben da cabeza non andaba… pero alí estaba eu. Así cada Domingo ata que un día, sen aviso, foise. Non entendía o que sucedía, continuei indo un par de días máis pero non volveu a presentarse. Algo triste estiven ata que o vin polo pobo, borracho, pegándolle ao can, rompendo lúas dos coches e meténdose coas mulleres.



Con dez anos, nunha etapa máis espiritual, o que nos gustaba era ir merendar ao alto das obras mentres agasallábamos aos ollos con bonitas vistas. Recordo dúas, o mar de Llás e a ría de Foz. En ocasións, collíamos as bicis para ir á obra da casa de Bebo, que eran dúas alturas de grandes dimensións nun alto do terreo, preto das dunas da praia. Na segunda pranta, colocábamos xunto ao oco para a fiestra de Velux, unha pequena escada de madeira que os obreiros tiñan feita e que nos servía para acceder ao exterior (ao teito) e poñernos nunha das caídas. Alí quitábamos as mochilas que viñan cargadas de chopetadas (pipas, Donettes, Boca Bits, Papadeltas e demáis) e a comer en relax total, en silencio, cos paxaros voando cerca, mirando as ondas de Llás e os poucos coches que pasaban. Abraham e eu.
Tamén nos afixemos a ir a outra obra moito máis grande, de seis prantas e unhas cinco vivendas por altura que estaba na estrada xeral de Foz, xusto encima da actual libraría Bahía. Saltábamos a placa de aglomerado que tiña por porta e a subir. As primeiras veces non estaba feita a cuberta e loxicamente non corríamos tanto perigo, merendábamos en superficie plana. Despois xa saíamos ao teito (como facíamos na obra de Bebo). Aquí, case sempre, en vez de lambetadas comíamos merenda de verdade, eu un bocata de chorizón con queixo e un prátano. Non era necesario levar mochila, estábamos moi cerca das nosas casas. Sentados vendo a ría de Foz, vendo San Cosme de Barreiros, vendo a Rapadoira falábamos de cousas de nenos. Lembro a Tano, a Ana, a Jorge, a LuisGo e a Rosa Marina.



Nesta última obra foi onde comezou o novo pasatempo, xogar a polis e cacos, a coller ou ao escondite. A verdade é que era algo bastante máis perigoso pero supoño que o risco era o que nos gustaba. Acontecía polas tardes, aló das cinco. Grupos de tres contra tres ou catro contra catro e toda a tarde dándolle. Ao pouco tempo, coñecíamos todos os recunchos do edificio e houbo que buscar novas construccións. A elixida foi a de Facenda (catro prantas máis baixo e unha terraza enorme), unha das miñas preferidas, polo seu difícil acceso. Tíñamos que entrar saltando un muro que había detrás da fachada do edificio de Facenda. Aquela obra era incrible, moi íntima, tiña un encanto especial. Era un lugar de reunión, de vixianza da rúa. Desde que a coñecín, non a abandoei ata que deixei de ir de obras. Sempre lle fun fiel. Aínda así, como pasa con todo, non se pode abusar, había que variar e descubrimos outra obra que estaba moi cerca, de dimensións maiores en cinco amplas prantas. Na actualidade falamos do edificio onde está o Alimerka e chamábamoslle “A da Gene D’arriba” (por que estaba na estrada xeral de arriba). Aquí xa tíñamos doce anos máis ou menos e a perigosidade aumentaba. Recordo un día que chovía e non conseguimos entrar pola porta porque algo fixeran os obreiros sospeitando que íamos e non se nos ocurriu outra cousa que subir polos ferros do ascensor eléctrico. Nesta pasamos moitas horas xogando ao escondite e argallando cos martelos, coas puntillas, coas carretillas, as formigoneiras… Daquela empezaban a oirse rumores xa (reais) de nenos que caeran polo burato do ascensor e quedaran en cadeira de rodas uns, matáranse outros e os que tiñan sorte romperan unha perna ou un brazo. Algo de respeto nos deu o conto pero non baixamos o ritmo, case que o aumentamos coincidindo coa nosa nova adquisición. Con trece anos apareceu a obra de detrás da casa de Tano, as obras mellor dito, dúas unidas. Limitaban coa “Gene”, coas casas baratas e coa Congostra do Cura. Era inmensa, perdíamonos nela, era o paraíso para os polis e cacos sobre todo xa que ao escondite era imposible. O guai era ver como membros de diferentes pandillas nos xuntábamos e xogábamos. Lembro a Tano, a Jorge, a Sacho, a Aitor, ao Pony vixiando abaixo, a Puntete, a Peixe, ao Beibi, a Colás, a Tilford… Era tan grande que había veces que non acabábamos as partidas porque se facía denoite e non se atopaba aos últimos. Teño flash-backs nos que me vexo correndo moi rápido por táboas que comunicaban unha habitación con outra. O certo é que non había obra máis perigosa.

Chegou o día no que aquelas obras deixaron de selo e nosoutros, como resistencia, continuamos indo a ver pisos piloto e rochos (que se convertiu en moda) e máis tarde, incluso íamos a timbrar nas vivendas para despois sair correndo.


Simultaneando “a de Facenda”, “a da Gene D’arriba” e “a de Pura” foron pasando os anos ata que con quince ou dezaseis nos cacharon na primeira delas. Colleunos o constructor no medio dunha guerra de pistolas (como o paintball pero en vez de bolas de cores, facendo o ruido da boca, “pum!”). Por sorte non botou man a ninguén (aínda que andivo moi pero que moi cerca). Ese día chegamos correndo ata o cemiterio e decatámonos de que o tempo das obras chegara ao seu fin.



Por sorte, nunca nos pasou nada malo aínda recoñecendo que éramos uns inconscientes. Todo aquelo forma parte do meu pasado e teño un grato recordo. Coas obras fun medrando, pouco a pouco fóronse convertindo en edifcios e eu pasei de ser neno a mozo.
Construímonos ao mesmo tempo, pedra, a pedra, ladrillo a ladrillo e para min eso ten un deixe romántico que forma parte do meu ADN. Supoño que eran outros tempos pero aquelas eran as nosas obras! Son! Serán!

domingo, 23 de enero de 2011

FACEBOOK


Clark Kent chega ao seu apartamento de Metrópolis despois dunha dura xornada de traballo no Daily Planet xunto a Lois (que ademáis é a súa churri) e Jimmy Olsen (fotógrafo do Planet). Os tres tiveron, hoxe, unhas cantas discusións con Perry White (director do periódico) por un tema de pago de horas extras. Andan ás voltas coa posibilidade de facerlle unha folga por eso e máis por unha reforma estrutural que quere facer na empresa e coa que os traballadores ven mermados en grande medida os seus dereitos, eses mesmos que tanto costou gañar. Ultimamente Clark (alter ego) e Superman (identidade real) están sometidos a moito estrés entre problemas laborais, o vaivén na relación con Lois e tanto salvamento de vellas en pasos de peóns, tanto incendio que apagar en rañaceos e tanta loita contra malvadas persoaxes para liberar ao mundo.
Clark pecha a porta, quita a americana e tíraa nunha cadeira que ten na entrada. Afloxa o nudo da garabata e sácaa tamén. Desabotoa os botóns máis altos da camisa e deixa ver esa camiseta branca Abanderado que tanto lle gusta levar por debaixo. Eso de levar sempre o traxe de Superman xa é historia, deuse conta que era incomodísimo e ademáis, a capa sempre se lle notaba por detrás, engurrábase moito. Despois descálzase, deixa os zapatos na entrada e colle na habitación as Nordikas que lle regalou súa nai adoptiva, Martha Kent, no último Nadal. No apartamento, cociña e salón comparten un mesmo espazo aberto. Nunha das mesas que ten na parte do salón, ten colocado o seu ordenador portátil, que xa ten uns cantos anos. Encéndeo e mentres se inicia (uns dous ou tres minutos) sírvese unha copa do seu viño preferido, un Amity Vineyard Pinot Noir, de Oregon, colleita do 2000, ao que el chama ‘Red Gold’.


Arrastrando os pés, séntase diante da máquina e o primeiro que fai é poñer “Facebook” no buscador de Google. Pincha no enlace e aparece o interfaz que estaba buscando e no que levaba pensando toda a tarde. Introduce o seu correo e contrasinal e para dentro, xa está, no seu perfil: Clark Kent (para ver, cousa que recomendo, pinchar aquí). Ten tres mensaxes, dúas solicitudes de amizade e seis actualizacións. Eso prodúcelle un subidón importante e comezan a suarlle as mans da emoción. Agarda uns segundos, eso gústalle, manter a sensación, a intriga. Volve á cociña e recolle de encima da nevera o paquete de Marlboro mediado. De camiño á sala saca un cigarro e colócao nos beizos. Séntase e merda! Ten que volver a levantarse polo chisqueiro, no moble da entrada. Agora sí! Acéndeo. Unha primeira calada longa, pracenteira. Séntase de novo. Un trago de viño e cliquea primeiro sobre as actualizacións.


A primeira, Lois que acaba de comentarlle nunha foto “En esta foto estás guapísimo cariño, se nota que esa corbata te la regalé yo en nuestro aniversario” ao que el contesta “jajajaja… gracias cariño… ¿Qué haría yo sin ti?”.

Segunda: Peter Parker ha comentado una foto de Lois Lane “En esta foto está preciosa señorita Lane. Su mirada es impresionante, me recuerda a la puesta de sol de Ciudad del Cabo”. Me cago en Dios! Di Clark polo baixo. Outro trago de viño. Na terceira vese a resposta de Lois a Peter: “Muchas gracias señor Parker. Es usted muy halagador pero permítame no hacer gran caso, ya sabe que el halago produce vanidad. Con todo, agradezco sus palabras”. Clark ponse nervioso e refrega a cara con ambas mans. Despois pasa a man polo seu pelo hacia atrás e resopla con forza. Comezan a empañárselle as gafas e ten que limpialas (faino de verdade pero non tería que facelo porque todos sabemos que é un superheroe e non as necesita). Ponse de pé un momento para poñer un compacto no equipo de música, busca, selecciona e comeza a soar “Chorando apréndese”, un disco dun artista galego chamado Emilio José. Preguntádesvos como o descubriu? Moi fácil, nunha reseña do 28 de febreiro de 2011 do blogue ‘underrantcaseyinfluence.blogspot.com’ que Clark segue diariamente. Volve ao facebook.


Cuarta actualización: “Traballadores Sargadelos ha aceptado su solicitud de amistad”. Quinta: “Lisa Ann ha publicado en tu Muro” e claro, pincha sobre a palabra ‘Muro’, que está destacada en azul e ve que é unha desas merdas de “ha respondido una pregunta sobre usted”. Non sabe como mirar esas chorradas, nunca ve as respostas polo que decide borralo.



A sexta actualización é “A Blody Mav le gusta tu enlace”. Pincha e ve que se refire a un video que puxo pola mañá, antes de ir traballar, moi cedo, dunha canción de Broadcast, “America’s Boy” concretamente. A última nova é de Jimmy Olsen (o fotógrafo do Planet, recordo) que di “Jimmy Olsen ha comentado tu estado”. Clark tiña posto desde había uns días “Paso muchas horas delante del ordenador y me duelen los ojos. Bien sé que tendré que comprar unas gotas, o colirio… o algo”. Jimmy puxéralle “Joder Clark, no me extraña. Todo el día estás fozando en internet en busca de la noticia”. Non máis mensaxes en forma de globo vermello sobre o logo do planeta.
Éntranlle ganas de mexar e vai ao baño. Con esto ten que ter moito coidado, pola forza con que o fai me refiro. En algunha ocasión ten furado a taza do wc. Pon a pirola de lado e presiona á altura do prepucio para dirixir e controlar o asunto. Esta vez non houbo problema, parece que pouco a pouco vai dominando como ten que facer.
Imos agora coas solicitudes de amizade. Sempre deixa para o final o que máis lle gusta. O mesmo fai cando come, cando ten patacas fritidas con bictec e chourizo, sempre deixa as patacas para o último, e vainas comendo lentamente.


Por un lado, pídelle ser amigo Obama. Que honor, por deus! Acepta encantado, faltaría máis, esto pode abrirlle portas na súa carreira como xornalista. Sabe que é popular pero non era consciente de que o seu traballo podía chegar a tan altas esferas. Que dirían os seus coñecidos cando visen eso de “Clark Kent y Obama son ahora amigos”? Xenial, eso facíao feliz sen decatarse de que Superman, que el é de verdade é a persoalidade máis ilustre e importante da Terra (e da galaxia probablemente).

Por outro lado, unha persoa descoñecida para el tamén lle pide amizade, un tal Carlos Moreda Fernández, que por esas latitudes pode que sexa anónimo pero que por España é recoñecido como un dos máis grandes surfers de ondas perigosas. Acude ao seu perfil para saber algo máis del e en canto ve unha foto del xunto a unha figura dunhas pernas femininas en Holanda sabe que está ante un artista. Acepta. Dous novos amigos.
Hai tres mensaxes que lle mandan, unha de Bruce Wayne, outra de CCOO e outra de A Mariña Lucense existe.


A primeira di o seguinte: “Oye Clark, la noche del Viernes que viene organizo una velada de Póker Stars en el Karina’s Club de Metropolis. Me encantaría que, si tu agenda lo permite, te pasaras a jugar unas manos. Soy consciente de que no eres dado a apariciones en público pero también sé que por un amigo harías lo que fuese. Sin más objeto, espero ansiosamente tu respuesta. Cordialmente, Bruce Wayne”. Bufff! Outro compromiso ao que non podía fallar e mira que non lle gustan estas cousas. Co ben que está na casiña cando as súas aventuras acaban… Di ti que posiblemente tería que acabar indo como Superman porque neses sitios sempre hai maleantes que acaban dando problemas ou que intentan estafar, por non falar de grandes roubos planificados. Decidiu non contestarlle, xa o chamaría á casa máis tarde, ou mañán mellor que era tarde.


A seguinte é do sindicato ao que Clark está afiliado, Comisións Obreiras, “Desde el Sindicato Comarcal de CCOO de Metropolis les informamos de que con motivo de la posible huelga convocada en su empresa para el martes 8 de Marzo, hacemos un llamamiento de afiliados y delegados para planificar y organizar las acciones que acompañarán al paro laboral. Le esparamos este jueves a las 20:00h. en nuestro local sindical en el 44 de Jalo Street, primera planta. Un saludo y gracias por su tiempo”. Esto interesáballe moito e anotou a cita na súa axenda (outra parida máis, Superman ten memoria ilimitada).


A última das mensaxes era moi cortiña “Podemos conseguilo! Xa somos 981. A polos 1000! A Mariña Lucense Existe”. O tema tocáballe de preto porque o verán pasado tivera que ir por aquelas terras facer un megaplayback cos veciños dun pobo costeiro, Foz era o nome. Mandou esa mesma mensaxe aos seus contactos para que se fixeran seguidores. Enseguida viu que Obama aceptaba a invitación.
Sooulle o Alcatel One Touch Easy, era seu pai, Jonathan Kent, que lle dicía que súa nai acababa de facer callos e que lle tiña preparados uns tuppers para levar e un pouco de torta de roxóns que lle saira de carallo. Fantástico! A Clark encantábanlle as dúas cousas. Tamén quedaron para ir xogar aos bolos e para cortar un dos montes que teñen. Colgou e acabou o pouco que lle quedaba na copa de viño.
Levantouse unha vez máis da cadeira e serviuse máis dese ouro vermello de Oregón. Posto ao día xa o seu perfil despois de trinta minutos, dispúxose a argallar un pouco.


O primeiro que fixo foi ver o perfil da súa exnoiva Lana Lang. Tíñaa de amiga e éralle igual porque tiña ocultado o seu grupo de amigos, Lois non podía velos (nin niguén), ou eso pensaba o bobiño de Clark. O que non sabía é que ela só tiña que poñer no buscador de Facebook ‘Lana Lane’ e poñíalles os amigos en común entre ambas, onde aparecía o despistado Kent. Clark miroulle a Lana fotos co seu novo noivo, fotos coas amigas, fotos nunha praia onde a brisa do mar lle movía esa melena morena e os ollos se lle poñían chorosos, fotos nun coche tuneado dunha colega de Texas.



Despois mirou outro perfil, de Holly Halston, unha actriz porno que coñeceu no Festival de Coachella no 2010, na localidade californiana de Indio, durante un concerto de Ra Ra Riot o primeiro día de festa. Pouco despois de que os presentaran e deixándose levar pola media ducia de litronas de kalimotxo que beberan e por esas caladas de ‘porrito’, estaban xa mazando e tocándose. Ela cunha camiseta que deixaba ver as súas inmensas tetas e unha minifalda que parecía un cinturón, el cunha camiseta de Black Rebel Motorcycle Club, barba de quince días, uns pantalóns cortos de camuflaxe, as gafas do revés e o pelo despeiteado. Parecía o de Crepúsculo. Viu que estaba conectada e chatearon un pouco.Empezou a cousa tranquila, cortesmente pero pouco a pouco foise quentando, que “vaya bufas tienes en esa foto”, que “me apetece esmagarte el paquetón”, que “a ver cuando nos reunimos en una ciudad-punto intermedio y tenemos un maratón de sexo”, que “yo fodo”, que “me estás poniendo muy caliente”… e non poido contar máis.


Pasada case unha hora escribiu ‘Marcella Panesti’, unha tía coa que se mensaxeaba e coa que aínda non tivera nada, coqueteo online, ‘easyflirt’, romanticismo de teclado, sexo escrito light. Presionou sobre ‘Enviar un mensaje’ e escribiu “Esta noche soñé contigo. Estábamos haciendo un viaje a París. Recorríamos las románticas calles de Le Marais, subíamos a Montmartre y veíamos las actuaciones de los artistas anónimos. Una delicia Carmela. Lo único que lamento es que no estuviese pasando en realidad. No sé que me pasa pero contigo el tiempo me pasa despacio, siempre quiero más, eres como una droga sana pero que me vuelve loco. Un beso tan grande como Canadá”. Enviou.


Tiña sono, cada vez máis, os ollos cerrábanselle, foi ao perfil de Lois e deixoulle unha mensaxe no muro, “Te quiero cariño. No pasan las horas para que mañana vuelva a verte. Un besote tan grande como Canadá” (sempre me pareceu moi frío e de mal gusto eso de empregar as mesmas armas de conquista con muller e amante pero a Clark dáballe igual, tíñaos cadrados).
Conta, sair, pechar ventana, inicio, apagar equipo, hibernar e para a piltra. Chega á habitación, quita todo, tira no chán e métese na cama. Pon o despertador para as 6:38h. e apaga a luz. Mañán será outro día.