lunes, 29 de agosto de 2011

ESAS COUSAS QUE VOS QUERO PREGUNTAR

Parécemo a min ou moitos andaluces crense simpáticos soamente por ter ese acento?

Por que a maioria de rapaces tuning saen con rapazas que traballan en salóns de peiteados?

Que proporción será maior… a de galegos coa pegatina GZ no coche ou a de asturianos coa cruz amarela?

Hai algo mais feo neste mundo que a perilla de segurata?

Quen ten máis barba, Jorge Javier Vázquez ou Chuck Norris?

Cando pensades na barba de Chuck Norris… a imaxe que vedes é unha moqueta marrón?

Credes na maxia do triángulo vital "sexo-comer-cagar"?

Hai algo mais obvio que os complexos de José Mourinho?

Non vos parece que está moi normalizado eso de que te exploten no traballo e ter que dar gracias por elo?

Que é máis bonito que unha braga branca microperforada?

Mataríades a alguén se o acto non tivese consecuencia?

Que anuncio vos pon máis dos nervios… o de Wipp Express ou o de Ligeresa?

Non leva Claudia Schiffer sendo toda a puta vida igual?

Tamén credes que a Cuore emprega o Photoshop para empeorar ás celebrities?

Pensades que a Cuore é a mellor revista para ter no baño?

Eso de "non cantes… que vai chover" está pasadísimo, verdade?

Se comes moito, a polla non engorda, non?

Non vos gustaría ter un chimpancé como mascota?

Hai algún tipo que se equivoque máis indo de guapo e bo mozo que Aznar?

Vistes algunha peli de Van Damme na que non se escachara?

Hai algunha mentira máis idiota que cando entrevistan a un madrileño para a tv nun restaurante galego en verán e di eso de "esto también lo tenemos allí, eh!"?

Hai que ter bigote para ser moi, moi, moi, moi, moi, moi moderno? Ou hai que telo só para ser moi, moi moderno?

Que é de OBK?

Por que teño que escoitar a palabra "estramonio" cen veces esta semana sen querelo?

Quen inventou (e se quedou tan tranquilo) eso de "Curuña, la ciudad en la que nadie es forastero"?

Un gin&tonic de pola tarde… só me pon a min cachondo?

Non cansa moito xa o rollo de A Mariña Lucense e o clima?

En verán só se pode ir a Ibiza?

Non son as tendas de campaña Quechua o mellor produto deste século?

Por que moitas mulleres comezan a vivir como queren cando lles morren os seus homes?

Non vos dan mal rollo as persoas que usan seguido refráns?

Deixaríades que vos mexara encima Falete se vos pica unha medusa?

Hai algo máis guai que ser tranquilo?

Por que moitas rapazas confundiron a madurez co aburrimento?

Que quere dicir que no trinta aniversario che regalen un skate longboard? A ver se te matas e me deixas tranquila? Regalo para que non me sinta vello? Que?

Que é máis horrible que o trikini?

Por que volve a estar de moda o rap?

Non vos molaría ser negro para ter "hermanos"?

Por que hai tanta xente de cor laranxa pola rúa ultimamente?

Non é unha merda a Maruxaina?

Hai algo máis alternativo que cagarse en dios nunha conversa?

Que triste reducción de éxito terá un rapaz que ligue en galego en Coruña?

Cantas mentiras costa facer sentir especial a unha muller? E a un home?

Cantos calzoncillos teño? 100?

Foi este o peor verán da historia?

Que hai máis molón que unhas brochetas de tomate cherry e queixo fresco antes dunha tortilla?

Hai mellor plan que ver o Barça un sábado pola noite?

Beber champagne Viuvé Clicquot directamente do peito dunha muller?

Corremos o ano que ven a maratón de New York?

Morreu Ben Johnson?

É Paquirrín riquiño?

Cal é mellor nome para un club? "Azúcar"? "Vanessa"? "LaCona"? "Aquí esbara"? Ou "Suavecito"?

Quedan ben as gafas de sol indo en pelotas?

Pódese xogar a pelota vasca na frente do presentador de "Enemigos Íntimos"?

Son obrigatorias as dilatacións se levas tatuaxes?

Ten un bo polbo o neoliberalismo?

Que pesa máis un quilo de pipas ou un de alma?

Vale de algo peitearse pola mañá se vas á praia pola tarde?

Son máis listos os calvos?

Quen foi o guai que inventou palabras como "nembargantes" ou "coido"?

O de "Gallegos y asturianos, primos hermanos"… quen o dixo por primeira vez? Un galego ou un asturiano?

Alguén deixou as lentellas sen comer cando lle dixeron o de "… si no las quieres, las dejas"?

lunes, 15 de agosto de 2011

PALABRAS

CAN
AMEBA
SEÑORA
TENEDOR
AMENCER
TECNO
SOL
COLCHÓN
MAR
XABÓN
MADEIRA
SENSACIÓN
VERDE
LUCES
PERFUME
XEO
BEIZOS
FALAR
LIBRO
PEL
REFRESCO
PERNAS
AUGA
ESTACIÓN
CAFÉ
PELOTA
CEA
CAMISAS
COCIÑA
MARRÓN
CREMA
SAL
BICICLETA
CALMA
HERBA
AREA
SALTO
NOITE
TENSIÓN
TRABALLO
PENSAMENTO
MÚSICA
NUBES
LUGAR
AMIGO
ESCOITAR
COMER
CEO
ENTENDER
MIRADA
AIRE
SANDALIAS
GATOS
MINUTOS
CARTEIRA
CIGARROS
MESA
VIÑO
AUSENCIA
MEDO
CANSANCIO
BESO

domingo, 7 de agosto de 2011

HISTORIA DUN XV ANIVERSARIO


Un XV Aniversario é algo que costa cumprir, é algo que dá que facer, que dá que manter, que supón un esforzo por todas as partes… pero un esforzo a hostia de agradable de asumir neste caso, un pracer, un encontro entre amigos, entre compañeiros, unha xuntanza para poñerse ao día… é o día do verán!
Van xa quince anos, quince ceas desde que un grupo de rapaces arredor dos trinta anos (a maioría) e da cuarentena e pico (a minoría) se xuntaron para cear e conmemorar os poucos éxitos dun equipo de baloncesto cadete que, por contra, cimentaron unha boa relación de amizade.
Case sempre nos xuntamos un día do verán (que pode variar) en Xullo ou Agosto e ultimamente nese paso dun mes a outro que marca o ecuador estival, para cear. O noso templo culinario foi a maioría das veces o Bar Acuario, máis coñecido como "O Chulo", aínda que tamén ceamos unha vez en O Frenazo de Alfoz e nesta última, en O Burato de Malpica. Ao principio, estábamos todos, Carlos ("O Tano"), Marco ("Blody"), Pablo ("Poni"), Miguel ("O Checo"), Manuel ("O Polaco"), Juanjo, Lluís, Jorge ("O Tunin"), Calvín ("O Campanillo"), Gustavo ("Gus"), Dorado ("Doris"), Emilio José ("Avisio"), os adestradores Simeón ("Sime") e Alejandro ("Ale") e máis eu ("O Jalo"). Polo camiño foron caendo algúns, uns definitivamente e outros puntualmente (por motivos de axenda). Outros non faltamos nunca pero o verdadeiramente importante é manter o espíritu de equipo… e lógrase.
Todos estes anos foron deixando anécdotas inolvidables, feitos espectaculares, comentarios esaxerados, discusións de temas repetidos (unhas máis intensas que outras), pachangas de basket subrrealistas, excesos de gin & tonics, partidas de ping pong, de baralla española, conversas sobre o uso do galego, viños, cervexas, pratos combinados, pizzas, bailes, escapadas, análises estéticos, música e moito, moito máis.
O ano pasado, medio en broma medio en serio, decidimos que a seguinte cea, como facíamos eses quince anos, celebraríase en Malpica. Por que? Pois non teño nin puta idea! Quizás porque é un pobo especial, un lugar do litoral galego porta da Costa da Morte, con atractivo turístico, cunha paisaxe agreste, un acerto (creo) que non se esquecerá facilmente.
Algúns quedamos no Xoyma para almorzar ás nove e media da mañá e sair sobre as dez. A outro collímolo en Coruña e outros viñeron ata Carballo. Chegamos a Malpica a mediodía, cedo, á unha en punto, deixamos as cousas no Hostal JB (curioso nome, Josefina e Balbino? Justerini & Brooks?) onde a extravertida dona nos botou unha bronca por quedarnos só un día. A primeira caña tomámola abaixo, no paseo da praia (abarrotado, por certo), e as seguintes foron por todo o pobo. Martinis, viños e cervexas ata que chegou a hora de comer, que nun principio tiña que ser obrigatoriamente ás dúas e cuarto (sen escusa) pero que acabou sendo ás tres menos cuarto. A marisquería O Burato foi a elixida, preto do porto, pementos de Padrón, lagostinos á prancha, arroz caldoso, flan cun raro sabor a queixo Loran, chupitos e dixestivos. Un restaurante con camareiras na puta berza, ausencia de café e cervexa, un saleiro que foi moi necesario, protestas, cigarros ao aire libre e risas.
Despois de hora e media comendo, comezou a sesión gin & tonic nun bar bastante curioso de enfrente da praia urbana. Uns xogaron ao mus ou ao tute mentres outros soamente falábamos das fichaxes da liga española. Alí botamos toda a tarde, unhas cantas horas, entraron as nubes pero non avanzaron, quedándose estancas á altura da beira, coma se o mar frease ao clima, non permitindo á choiva amargarnos a festa. Pouco tempo máis tarde, o solete saiu e deixounos, a algúns, pegarnos un baño nese estado de brilo nos ollos que nos espabilou levemente. Unha hora máis tarde estábamos xa cambiados e dispostos a comezar a sesión de viños. Coma sempre, caeron uns cantos, a ritmo razonable, sen presa pero sen pausa ata que nos entrou a fame outra vez. Preguntamos no bar que estábamos se era posible picar unhas racións xa que quedaban mesas libres. A resposta do camareiro foi "Imposible!", unha constante en toda a viaxe. Decidimos irnos a tomar outra para intentalo máis tarde. Voltamos e agora si, na mesa de fóra, démoslle ás racións de calamares, chipiróns e raxo, cousa light, lixeira, encher o bandullo para o tema duro do resto da noite. Cando nos levantamos, non quedaba outra que desfrutar do Nordestazo Rock, que casualmente coincideu na mesma fin de semana. Deunos tempo de escoitar a Che Sudaka e a Stereotypos, os primeiros rollo mestizaxe e os segundos cun toque rock electrónico ao Delorean. E veña bailes, e veña tickets para cubatas, e veña fandango, e veña idas e vidas, e veña trangallada ata o fin do evento. Deste intre en diante, pubs, máis copas, perdas de equilibrio, retiradas por turnos e unha empanada de bonito camiño do hostal.
A xuntanza comezou diferente das demáis pero acabou igual que todas, da única maneira que se pode acabar… coa vista neboenta, arrastrando os pés e co sentimento de ter desfrutado o máximo xunto a outros dez tipos que agardo se sigan reunindo moitos anos máis.

domingo, 31 de julio de 2011

O VERÁN QUE NON É VERÁN


Xa sei que non é moi satisfactorio nin gratificante estar vivindo este mes de Xullo tan gris pero non hai que desesperarse, podemos buscar "opcións b" a ir á praia. Se non fai sol… pois a desfrutar das nubes! Aquí van unhas cantas suxerencias:
1. O mes pasado comprei un frisbee superchulo que está dando moito xogo e que non necesita de praia para que sexa divertido. Vaia compraza! Poden xogar dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez… os que sexan, a pases, a puntuar, todos contra todos, por equipos… desde logo, para min, é o xogo do momento. A sensación de dominio do disco ao ser ben lanzado é algo superior. Anímovos a probalo.
2. A mítica pachanga de fútbol sala sempre pode ser un momento de risas no que pasalo ben. Sobre todo a certa idade, deixan de ser habituais, baixa a competitividade e aumentan as pintas raras (a camiseta Kappa do Barça de fai unha pila de anos, a do Madrid de Teka, a do Celta Escurís, a do Super Dépor Feiraco, medias fucsias, verdes, Converse All Star…) polo que se fai o asunto máis interesante.
3. Visitar calquer monte cercano e experimentar as vistas é algo que tamén se pode facer sen sol. De feito, fai dous anos fun de viaxe a Carnota e á hora do amencer, saín da casa na que estábamos e subín a un pico moi preto do Monte Pindo. Cheguei moi alto, senteime nunha desas rocas de granito e comecei a ver como os primeiros raios do sol ían perdendo protagonismo pola presenza dunhas escuras nubes. Nese momento souben que ía vivir algo bo e decidín mellorar a sensación quitando a roupa. O ceo acabou rompendo, as sombras tragaron ás luces e comezou a orballar. Un tempo de merda… sí, pero unha das sensacións máis especiais que vivín na miña vida. Pola miña zona, Foz, teño San Roque ou A Frouxeira e por ahí adiante tedes A Curota, Fisterra, O Pindo, Santa Tecla…
4. Algo moi bo, ou polo menos para min, é adicar tempo a escoitar música tranquilamente, xa que non esquezades, que en verán acostuma haber présas nos tránsitos praia-chiringuito-bar-sardiñadas…. Sentarse ou tumbarse con calma e experimentar a escoita de música de calidade. Póñovos algúns exemplos… o "III" de The Budos Band, o homónimo de Tweak Bird, "Knee-deep In The North Sea" de Portico Quartet, "Last Of The Country Gentlemen" de Josh T. Pearson ou "Detroit Soul Ambassador" de Melvin Davis.
5. Non vos parece que con este tempo é un bo momento para realizar algún curso de formación? Ben sexa para mellorar o noso curriculum ou simplemente por ocio. Cursos guais? Específicos nas universidades públicas do país, por exemplo, e para aprender o novo arte do século, un curso de cociña, moi útil, divertido e construtivo. Outros interesantes poden ser de coidado ambiental, enerxías renovables ou novas tecnoloxías.
6. E precisamente cociñar é outra das opcións que vos propoño. Que non sabedes o que facer unha tarde espesa? Pois a facer bombóns de chocolate con almendras tostadas, un biscoito, un gazpacho, uns zumes de froitas variadas ou un xeado de ron e nata.
7. E por que non ver filmes? Só ou en compañía, deixar dúas horas, polo menos, para ver cine de calidade é un plan colloúdo. Imaxinádevos no sofá da casa vendo, por exemplo, "El Tercer Hombre", "Las Invasiones Bárbaras", "Two Lovers" ou "Balseros". Se sodes máis de series, recomendo "Little Britain" e, por suposto, se en lugar de elixir a casa como lugar para o visionado escolledes un cine… pois mellor que mellor.
8. Non vos flipa xogar ao Intelect? Sí… Intelect, a versión "branca" do Scrabble…. é xenial! Catro persoas e veña formar palabras. Podedes xogar na casa, nun local social, ao aire libre (se só hai nubes pero non chove nin fai tempo) ou nun bar-café (ideal para acompañar cun gin&tonic de tarde, que son os mellores).
9. Finalmente, non quero desaproveitar o momento de recomendar a lectura, cuestión moi importante na miña vida pero pouco na da maioría (ou eso din as encuestas). A quen lle guste ler, poderanlle servir as miñas recomendacións e a quen non, supoño que xa deixaría de ler este punto cando escribín "recomendar a lectura". Bos libros: "Poemas de la última noche de la tierra" de Bukowski, "Hilo Musical" de Miqui Otero, o cómic "Alec" de Eddie Campbell, "Pensar la arquitectura" de Peter Zumthor ou "Ultraviolencia" de Miguel Noguera.

Nada máis… espero que vos sirvan de algo… aínda que seguramente xa se vos ocurriran estas "opcións b"… non sei… é un intento de dar ánimo...

E se non vos valen, pois xa sabedes, agardar a que cambie a tendencia… e non esquezades que hai sitios nos que fai sol.

lunes, 25 de julio de 2011

SIN TÍTULO

Ven, vaite. Ven, vaite.
Corre, corre, corre, corre.
Fuxe!
Ignora, ignora, ignora, ignora, ignora, ignora.
Extrae. Extrae.
Elimina, elimina, elimina, elimina, elimina, elimina, elimina elimina, elimina, elimina, elimina, elimina, elimina, elimina, elimina.
Cancela, cancela, cancela.

FAI MOITO TEMPO QUE O CEO NON ME DI NADA.

Minte!
Insulta, insulta.
Pega, pega, pega, pega, pega, pega, pega, pega, pega, pega.
Chora, chora, chora, chora.
Finxe, finxe, finxe, finxe, finxe, finxe, finxe, finxe.
Engana, engana.
Interpreta, interpreta.

FAI MOITO TEMPO QUE O CEO NON ME DI NADA.

Desprecia, desprecia, desprecia, desprecia, desprecia.
Ilusiónate… desilusiónate.
Contamina, contamina, contamina, contamina, contamina, contamina, contamina, contamina, contamina, contamina.
Estirpa, estirpa, estirpa, estirpa.
Sufre!
Incomunícate, incomunícate, incomunícate.

FAI MOITO TEMPO QUE ESTOU SÓ.

lunes, 18 de julio de 2011

FACTOR PERSOAL

Cada día, polos diferentes pobos, vilas, aldeas e cidades de todo o planeta, andamos as diferentes persoas dun lado para o outro sen decatarnos (ou sí) de que hai unha serie de factores que nos diferencian e, polo tanto, nos unen. Estes factores poden ser físicos (que todo o mundo ve) ou psíquicos (que non todo o mundo ve). Podemos falar da cor de pelo, de ollos, do tamaño da cabeza, das tetas (do que falei a semana pasada), das mans, dos pés, da polla, da estaura, do seu peso corporal, da forma de vestir, da súa forma de expresarse, da súa intelixencia, da súa ideoloxía política, da súa bondade ou maldade, do seu éxito co sexo oposto e moitos aspectos máis. Neste sentido, hoxe, tocarei (ou tentareino, polo menos) outras cuestións que creo son importantes para identificar e clasificar individuos.

Comezo coa música. Hai dous tipos de persoas. Cando por calquer situación que se nos presenta na vida, caemos en estados de ánimo baixo, hai algúns que deciden escoitar música divertida que lles provoque unhas sensacións contrarias ás que teñen e outros que prefiren bañarse neses estados de baixón con música triste. Os primeiros, elixen bandas como The Drums, Vampire Weekend, Two Door Cinema Club, Jack Peñate, Cut Copy, The Temper Trap ou Local Natives que os excitan e reactivan durante o tempo que dura a reproducción dos álbumes ou un pouquiño máis. A pregunta é se a música positiva (digamos) pode provocar a superación dos problemas ou non. Os outros, decántanse por grupos como Antony & The Johnsons, Bon Iver, Josh T. Pearson, Ray LaMontagne, Grizzly Bear, Peter Broderick ou Damien Jurado para continuar nese estado, facerse conscientes, analizalo, sufrilo e sair finalmente.

Outra maneira é en función de como se come e máis concretamente da orde coa que se meten os alimentos. A uns gústalles comer antes aquelo co que máis van desfrutar mentres que outros prefiren deixalo para o final. Imaxinade un simple prato de ovos, chourizo e patacas fritidas. Eu como antes o chourizo, logo os ovos e finalmente as patacas. Adiviñades de que grupo son eu? Efectivamente, dos que deixan o bo para o final. O primeiro grupo fórmano persoas máis impulsivas, impacientes e o segundo, persoas con templanza e calculadoras. Eu sempre pensei que vendo a unha persoa comer, sabes como é na cama… e non me refiro a cantidades nin gustos, senón a métodos.

Tamén podemos clasificar tendo en conta o xeito de conducir un coche. Hai quen, en autovía, autopistas e vías rápidas, sinaliza os adiantamentos e continúa co indicador durante toda a maniobra e hai quen marca só os desprazamentos laterais abandoando os sinais lumínicos cando van en paralelo. Nesta categoría, hai incluso, quen non sinaliza nada en ningún momento.

No tocante aos hábitos de lectura informativa, temos os que len o MARCA e os que non. Os que sí o fan son fieis na súa rutina e cóstalles pasar un día sen recibir a súa dose de deporte amarelo. Estes poden dividirse á súa vez, entre os que compran o xornal e os que o len en bares e cafeterías. Os que non o len son os que prefiren coller outro xornal ou aos que lles chega coa grande cantidade de información deportiva que hai nos outros medios de comunicación.

Outra clasificación (para homes) pode ser en función de como tratamos o noso pelo corporal. Están os que deciden que a depilación é o mellor mostrando peito e pernas (sobre todo) no seu estado menos natural e os que elixen lucir o pelo que a súa xenética lles deu. Dentro destes últimos tamén se pode facer unha subdivisión entre os que deixan todo ao bravo, despreocupados pola lonxitude do pelo e os que recortan de vez en cando o asunto.

Aínda en relación co pelo e neste caso clasificando mulleres, temos varios tipos de féminas. Primeiro, as que optan por rasurarse a súa zona xenital por completo. Segundo, as que deixan unha especie de patilla. Terceiro, as que lucen o mítico "triángulo de la muerte" ben presentado. E finalmente, as que non lle teñen medo ás zarapalladas e deciden que o pelo está ahí por algo.

Seguimos. Os que usan pinquis e os que non. Supoño que todos e todas sabedes que os pinquis son esa especie de calcetín fino e baixo (que non se ve), xeralmente en cor carne, azul ou negro.

Despois de comer, neses momentos tan nosos presesta, prevolta ao traballo, presálvame deluxe ou presexo, hai quen se prepara un café e hai quen opta polo té, polas infusións.

En relación ao sexo, as historias persoais mostran que hai persoas que antes de irse "en branco" para a casa prefiren follar co conseguinte arrepentimento cobarde (porque se o fas, asúmeo) do día despois e quen asimila o que hai, compra un kebab e se vai comendo tranquilo para a casa.

Temos, por outra parte, os que cando se encontran nas mans con calquer tipo de papel, recibo, bolsa de plástico o tiran directamente ao chan sen preocuparlles o máis mínimo o medio ambiente e a limpeza do lugar, e os que teñen por hábito buscar un cubo de lixo e se non hai gárdano ata atopar un.

Xa para rematar, unha das clasificacións máis importantes para min é aquela que divide en función da xente que di a verdade e a que conta mentiras. Desgraciadamente hai máis do segundo tipo e enténdoo porque dicir a verdade non é doado nin cómodo, incluso moitas veces trae máis problemas.

Son estas algunhas formas de diferenciarnos ou parecernos pero hai moitas máis que nestes momentos non se me veñen á cabeza e que poden sair en conversacións de amigos ou de parella.

domingo, 10 de julio de 2011

SOBRE TETAS


As tetas. As tetas, que cousa tan bonita, verdade?

Un vai pola rua, sobre todo nestes meses estivais, e a variedade que se lle presenta é bastante ampla. Ao longo da miña vida, entre eu mesmo e os meus amigos puidemos ir confeccionando un memorandum oral de toda esta tipoloxía tetística.

Antes de nada é obrigado deixar claro que "toda teta é bonita", aínda que as hai ben feas. O corpo da muller é tan bonito que os paxaros entonan lindas melodías cando as ven. O corpo do home, en cambio, deixa un pouquiño máis que desexar. E esto non é unha visión subxectiva e parcial, non é unha opinión de home, non, as mulleres (ou polo menos bastantes) pensan o mesmo. Nunca vos fixástedes como se miran unhas a outras? E non só miran a roupa que leva, tamén estudan o seu corpo.

Algo clave, creo que é ver as tetas como se fosen brazos, non darlle ningún aire especial nin superíntimo, son sinxelamente partes de corpo que hai que habituarse a ver. E desde ese punto, o que nos podemos encontrar por ahí en festas, praias, habitacións e demáis é un catálogo excelente que é necesario coñecer.

Os peitos, polo seu tamaño, poden ser amagos, tetas, tetos e ubres. As máis habituais son as segundas, as que teñen a maioría das rapazas, de diferentes formas pero todas dentro da normalidade. Os tetos xa van tendo un tamaño maior, máis desfasado e poden ter unha aceptación notable ao mesmo tempo que unha incomodidade manifesta na anatomía feminina. As ubres resultan xa nocivas para o desenvolvemento da columna vertebral e a atracción varonil é menor tamén, aínda que nunca se sabe, para gustos hai colores. Os amagos son pequenísimas formas que sobresaen do peito e cque son moi frecuentes nas atletas e no mundo hippie.

Á hora de vestirse, as tetas poden ser un efecto de lucimento ou un factor problemático. Imaxinade un vestido palabra de honra… é o mesmo cunhas ubres que cunhas tetas? Cun vestido de escote pico, quedan igual uns tetos que uns amagos? A resposta é non, un non rotundo. Hai mulleres que ven limitada a súa forma de vestir en función da súa tipoloxía de tetas. Non vou entrar eu en traxes de voda, tema no que as formas traen auténticos quebradeiros de cabeza.

Deixando os tamaños relativamente de lado pero téndoos moi presentes, entramos, agora, no tema das formas.
A "Teta Cobi" é bastante doada de identificar. Son aquelas que se parecen ao nariz de Cobi, a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona do ano 1992. Están lixeiramente caídas e ata a zona do pezón debuxan unha liña semellante á dun trampolín de saltos de esquí acabando no pezón. Aparecen en mulleres delgadas, recheíñas e gordas. É habitual que vaian acompañadas de curvas pronunciadas á altura da cadeira. É blanda.
"Teta Pera" é similar á primeira pero cunha forma máis estética. En lugar de acabar en punta cun pezón sobresainte, este perde protagonismo, perde dureza e as curvas apodéranse da parte máis externa. Tamén están menos caídas e van asociadas a coller na palma dunha man. Deste tipo ven a expresión "Vaia peras!" ou "Vaia perazas!". Son unhas das personaxes principais dos topless cantábricos e a súa firmeza xa se vai notando, teñen certa dureza. As "Tetas Periña" son as mesmas pero cun tamaño inferior e necesitan de categoría propia pola súa tenra beleza.
A "Teta Líquida" é a evolución darwiniana das dúas anteriores. Unha cucada de teta, tamén con forma de pera pero gañando suavemente anchura e sempre con pezón duro "24 horas". Pola súa localización e tamaño son ideais para levar sen suxeitador, frescas e otorgan seguridade á muller. Gozan dunha aceptación e atracción extraordinaria. Case sempre van ligadas a corpos delgados que potencian ese xogo de curvas e texturas.
A "Teta Pirámide" forma un triángulo exacto entre torso e paredes da teta. O seu motivo son as Pirámides de Exipto e a estética ven da man daqueles suxeitadores cónicos que Madonna popularizou nunha das súas xiras. Son moi inusuais e poden verse en algunhas mulleres de corte deportista non competitivo, máis ben aeróbico. Son raras e ideais para aderezar con elementos decorativos nos pezóns.
As "Tetas Táboa" son ínfimas, minúsculas, practicamente só sobresae o pezón, un pezón infantil e cargado de enerxía. Véndoas, tanto en horizontal como en vertical, o aspecto é o dunha táboa de pasar o ferro ou dunha táboa de surf. Son moi curiosas e teñen certo atractivo, aínda que as que as teñen, normalmente non están moi contentas con elas e deciden operalas para convertilas no seguinte tipo.
E o seguinte tipo son as "Tetas Robot", tetas médicas, tetas operadas, tetas de cicatriz, que moitas veces non quedan como se desexaba previamente. Pezóns mirando para Cuenca, texturas tipo cráter (como esas marcas de vacuna da xeración dos nados no setenta), artificialidade expresiva, tamaños fóra de órbita e todo tipo de merdelladas.
Tamén operadas pero cun resultado mellor, sen chegar a óptimo, son as "Tetas de Goma". Ben postas, non naturais, firmes, redondas, e dan unha falsa seguridade á muller que as pon. Pódese dicir que entre o mundo cirúrxico, son as que poden presumir de bo gusto para meterse prótesis foráneas.
A "Teta Chopetada" parece a "Teta Robot" pero nelas a xenética é a responsable. Poden ser grandes, pequenas ou medianas pero as formas armónicas nin as tocan de esgueira. A verdade, non son moi bonitas e de poucas maneiras se poden corrixir ou modificar. O mellor é ensinalas sen complexos e ofrecerlles naturalidade no trato.
A "Teta Bistec" tampouco é preciosa. A dispersión é a súa característica principal. É enorme en dimensións, caída, delgada e pesada. Podería enrolarse como unha persiana e a estética é como a lingua de Pluto, o can de Disney. Como máis as vin é acompañadas de bikini tanga de leopardo. Desta clasificación, as menos afortunadas son "A Chopetada" e "A Bistec" sen lugar a dúbidas.
Finalmente, as "Tetas Perfect Match" son un regalo para a vista, redondas, tamaño ideal, textura suave, firmeza 100%, pezón bimórfico (duro e blando segundo a situación), aureola esquisita, elegante, amable, discreta pero exuberante, de escote fatal. É unha teta intelixente, con vida propia, cargada de connotación sexual, de olor a rosas, sen imperfeccións e máis comúns do que parecen.

Ata aquí chega este breve análise que trata de profundizar na anatomía humana en xeral e feminina en particular. Algún día iremos da teta para abaixo… eso sí, alí a pluralidade é menor… creo.

Non esquezades ver e mirar, tocar, saborear, olfatear e, de vez en cando oir… escoitalas falar tamén é importante.