domingo, 24 de junio de 2012

O TELEXORNAL


- MARIANO RAJOY, PONTEVEDRÉS, CANTA DURANTE AS SÚAS DUCHAS DIARIAS "MI LIMÓN, MI LIMONERO" DE HENRY STEPHENS.

- MIÑA PRIMA, A DO GADIS, ADMITE Á SAÍDA DA SÚA XORNADA LABORAL AO SER PREGUNTADA POLA PRENSA QUE "ESTOY CANSADA DE QUE ME PAGUEN EN MONEDAS DE COBRE".

- BENEDICTO XVI, FARTO DO SEU NOME, DECIDE CAMBIALO POLO DE "EL ARTISTA ANTES CONOCIDO COMO BENEDICTO XVI".

- ELTON JOHN ROMPE CON DAVID FURNISH E INICIA UNHA RELACIÓN CON PACO CLAVEL OU ROUCO VARELA. AS FOTOS DOS PAPARAZZIS NON ACLARAN TOTALMENTE A SÚA IDENTIDADE.

- FONTES ACHEGADAS Á CASA REAL ASEGURAN QUE O REI UTILIZARÁ SHORTS ESTE VERÁN, SEN ACLARAR SE SE ATREVERÁ COAS CAMISETAS DE SISA.

- ZUBIZARRETA, ANTE A SORPRESA DOS BARCELONISTAS, ABANDOA A ENTIDADE E FICHA COMO XOGADOR POLO ROUPAR. O PORTEIRO ADMITE: "ES UN SUEÑO CUMPLIDO. ACABAR MI CARRERA DE ESTA FORMA ES LO QUE SIEMPRE HE QUERIDO".

- ZAPATERO NON QUERE FALAR DA POLÉMICA SURXIDA POLAS SÚAS PALABRAS DO PASADO LUNS NO REINO UNIDO AO SER PREGUNTADO POR UN XORNALISTA SOBRE COMO LLE ÍAN AGORA AS COUSAS. "YES!" FOI A RESPOSTA DO EXMANDATARIO ESPAÑOL.

- CUBA PRESENTA A ROUPA DEPORTIVA PARA OS XOGOS. TODA ELA LUCIRÁ O SÍMBOLO DE NIKE NO LADO DEREITO E NO ESQUERDO O COÑECIDO RATRATO DO CHE GUEVARA.

- O TOM, CAN DE PALLEIRO, ENTRÉGASE Á POLICÍA LOCAL DE FOZ DESPOIS DE ADMITIR QUE ABANDOOU AO SEU DONO NUNHA ESTRADA DE LINDÍN.

- CORDIDO, TERRA DE MISSES, ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CERTAME DE BELEZA MASCULINO "PEL LARANXA E CICLOS POR UN TUBO".

- APROBADO NAS SASDÓNIGAS UN PLAN URBANÍSTICO QUE RECOLLE A CONSTRUCCIÓN DUN COMPLEXO HOSTALEIRO INVISIBLE QUE TRAERÁ MOIOS POSTOS DE TRABALLO Á ZONA.

- A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL NÉGASE A XOGAR O SEGUINTE PARTIDO DA EUROCOPA SE NON LLE LIMAN AS PUNTAS AO CÉSPEDE. "ES QUE PICA" DECLAROU SERGIO RAMOS. 

- MÁIS DE DOUS MIL UNIVERSITARIOS GALEGOS DEIXAN OS SEUS ESTUDOS PARA ADICARSE Á VENTA DE SPEED.

domingo, 17 de junio de 2012

FOTOGRAFÍAS


Encántanme as fotografías, sobre todo as antigas, aquelas en branco e negro ou en sepia… e fundamentalmente en formato impreso, tendo en conta que o revelado era parte da fotografía. Que maxia tiñan as imaxes de antes! Tamén recoñezo que acompañaba a estética dos anos pasados, esa elegancia do traxe de pobre, as roupas das outras décadas, os peiteados, mesmo as persoas. Xa non somos o que eran. Ter unha foto nas mans é unha sensación de nostalxia impagable e, como todo, esa sensación vai desparecendo co paso dos anos e cos avances tecnolóxicos… polo menos para esa é a miña opinión. A maioría dos meus fotógrafos e das miñas fotógrafas preferidas están xa mortos ou a piques de facelo e eso reflexa o meu gusto polo pretérito. Antes, estaba o factor sorpresa de se unha foto tirada sairía ben ou non, había que elixir ben o instante que se capturaba no aparato, digamos que o acto en si mesmo estaba máis pensado (ou non… non o sei). Agora, en cambio, sácanse multitude de fotos que quedan esquecidas no ordenador de cada un e que se visitan moi de cando en vez. Como digo, mellor antes.

Independentemente de gustos, a miña relación coas fotografías sempre foi complexa. Teño un problema que supoño non será meu en exclusiva, imaxino que lle pasará a máis xente pero eu só poido falar por min. Gústame máis sacalas que aparecer nelas e, ademáis, odio posar para un foto, prefiro a improvisación, o carácter imprevisible, que me collan sen atender, considero que é mellor, que as fotos son mellores. Neste sentido, eu son o típico idiota que fastidia as fotos. Son ese que, de pequeno, nas imaxes de comuñón, lle poñía cornos aos do lado. Canto levo desfrutado buscando o momento preciso para levantar a man polas costas do compañeiro cos dous dedos subidos ata chegar á cabeza. O máximo xa era facer cornos dobres, a dúas mans… e ese sorriso de 'Conseguino! Que fillodeputa son!" Son, tamén, ese que nas fotos de equipo deportivo lle estiraba a camiseta desde atrás ao do lado para que parecese un 'bakala'. Son o que no mesmo contexto anterior lle metía o dedo polo cú ao compañeiro tentando que saíse dando un pequeno salto ou con cara ácida. Son o que chamaba ao que estaba ao meu pé xusto antes de que o fotógrafo disparase. Son o que metía o cubata na cara do outro nas fotos nocturnas en grupo. Son o que lle apretaba o brazo a un para que saise dando mostras de dor contido. Son o que, nas fotos de grande grupo me situaba por detrás e en lugar de poñerme de puntas para aparentar ser máis alto, encollía as pernas e deixaba o tronco recto parecendo esaxeradamente baixo. Son o que miraba para un punto perdido mentres todos facían o correcto. Son o que convencía aos do lado para facer o mesmo. Son o que pon os ollos virollos actualmente. Son o que fai o xesto surfer coas mans no ano 2010. Son o que lle coloco cáscaras de pipas no pelo ao que está abaixo. Son o que fai todo eso, recoñézoo, son o capullo. 

Cando me poño eu a retratar, a veces tamén me gusta facer das miñas, como por exemplo, quitar só as cabezas… ou todo menos as cabezas. Esto encántame cando sucede o típico de 'Nos quitas una foto?', eu contesto 'claro, claro' e logo o recordo que levan é unha merda das guapas. Ou o que fai que lle dá ao botón sen darlle. Ou o que lle dá ao zoom para sacar soamente o fuciño dun deles… ou as tetas dunha delas. Son o cabrón, sí!

O que non son é o que fai fotos cando non hai que facelas, é dicir, non son eu o que recollerá eses instantes de vómitos etílicos, de xente en pelotas, de persoas durmindo con caras de imbéciles, de amigos con noiva entrándolle a outras tías, de pallasadas que se fan nas borracheiras ou de calquer porcallada. Eses son outros.

Canto tempo levo xa fodendo fotografías… ou será mellorándoas? Eso xa vai nos gustos de cada persoa. Vós diredes...

domingo, 10 de junio de 2012

FALAR POR TELÉFONO

                                

X: Que tal?

EU: Ben… e tu?

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Xa…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Jajajajaja, claro…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Como?

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Ah xa!

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Que?

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Sí, sí, sí…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Hmmm…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Sí!

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Bueno…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Xa, xa…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: En fin…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Bueno logo…

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Xa falaremos entonces, vale?

X: Vale… Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla…

EU: Veña logo… chao!

X: Bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla… Chao!

EU: Adeus!

domingo, 3 de junio de 2012

BATMAN


Dous amigos vían a tele no seu piso de Pontevedra na parte do día na que a tarde deixa de selo e a escuridade faise a raíña, cando un reflexo rápido de algo cruza a través do cristal da fiestra.

DYLAN: Un momento! Viches eso?
BRANDON: O que?
DYLAN: O que acaba de pasar por ahí? Creo que era un morcego…
BRANDON: Pareceume ver algo pero non o vin…
DYLAN: Ven! Ven ver!

 Os dous levántanse e achéganse á fiestra.

DYLAN: Onde irá? Xúroche que o vin! Era un morcego, tío!
BRANDON: Non fai falta que mo xures, créote… eu xa os vin máis veces… bastantes diría eu… DYLAN: De verdade? Pois non me dá moi bo rollo…
BRANDON: Non pasa nada… é algo habitual…
DYLAN: Que dis?
BRANDON: O que oes… e vouche dicir outra cousa, un deles é Batman.
DYLAN: Que?
BRANDON: Que un deles é Batman!
DYLAN: Boh! Cala!
BRANDON: Como queiras logo…
DYLAN: Estás de coña, non?
BRANDON: Non! Batman vive ahí enfronte, en Marín, despois da celulosa…
DYLAN: Vale carallo! O que me faltaba por oir!
BRANDON: Dígocho en serio… estou cansado de velo…
DYLAN: Pero como que velo? Ademais, teño entendido que Batman vive en Gothan…
BRANDON: Iso son os guionistas dos cómics e de cine que son uns alucinados…

De pé, mirando pola fiestra que dá á Ría de Pontevedra e sinalando a diferentes lugares seguen a conversa.

BRANDON: Mira, ves ese letreiro luminoso ahí arriba?
DYLAN: Cal?
BRANDON: Ese de Adeslas sobre o edificio…
DYLAN: Sí… que pasa?
BRANDON: Pois que ahí, polas noites, estou farto de ver eu a Batman, sentado sobre a primeira letra "A".
DYLAN: E que fai ahí?
BRANDON: Non sei… estará esperando a que pase algo… non sei… el está ahí co seu pitillo, mirando para o mar e pensando nas súas cousas… digo eu…
DYLAN: Pero seguro que non te estás confundindo?
BRANDON: Como que me chamo Quique Brandon que non! Joder! Se vai á Escola de Idiomas tamén… vestido con roupa de rúa, claro…
DYLAN: Á Escola de Idiomas?
BRANDON: Eso! Estuda… creo que francés… debe ir en 2º de Intermedio…
DYLAN: Pero como sabes todo iso?
BRANDON: Porque temos amigos comúns hostias!
DYLAN: Estou flipando! Non sabía nada…
BRANDON: Pois sí! E ti estás cansado de velo, eh…
DYLAN: Eu? Onde?
BRANDON: Por ahí, Dylan, por ahí… eu que sei… lembras fai dúas semanas cando fomos tomar algo ao Bar Carolo?
DYLAN: Sí…
BRANDON: Pois o que estaba xogando á tragaperras era el… lembras?
DYLAN: Non moi ben…
BRANDON: Sí home… con pantalóns de pinzas… raia ao lado… uns corenta anos…
DYLAN: Nin idea…
BRANDON: Vai moito tamén pola Libraría Paz…
DYLAN: Si oh?
BRANDON: Claro… e queda a deber moitas veces… ou quen sabe? Ao mellor lle vai pagar Alfred despois…
DYLAN: Alfred? Que Alfred?
BRANDON: O seu mordomo…
DYLAN: Pero ese tamén vive aquí?
BRANDON: Sí… vive con el… na Batcova.
DYLAN: A Batcova… guauuuu… e onde será? Sábelo?
BRANDON: Eso sábese. Ves aqueles árbores xusto despois da celulosa?
DYLAN: Sí!
BRANDON: Ahí está!
DYLAN: E eu sen enterarme…
BRANDON: É que non sei a que andas…
DYLAN: …
BRANDON: Sabes o taller de aquí abaixo?
DYLAN: O Weisfald Motor?
BRANDON: Sí!
DYLAN: Que pasa?
BRANDON: Un dos mecánicos é Robin.
DYLAN: Alucinante, tío! Alucinante!
BRANDON: Fíxate mañá… xa verás… nótaselle a pluma ás leguas…
DYLAN: E logo? É gay?
BRANDON: Eso din…
DYLAN: No me lo puedo creer!
BRANDON: Pois sí, meu amigo…
DYLAN: Entón Batman…
BRANDON: Que? Se é… non! Creo que non. O outro día dixéronme que estaba leado cunha do Gadis…
DYLAN: Que sorte!
BRANDON: Que sorte? O gay non serás ti?
DYLAN: Non home, dígoo porque pode ir no Batmóbil e eso…
BRANDON: Ah xa! Eso ten que molar…

E alí quedaron, quedos, mirando para Marín ao lonxe, mentres nas súas cabezas daban voltas todas as historias que leran e viran no cine.

lunes, 28 de mayo de 2012

A PALABRA INFINITA


Vas e ves
co teu valor.

Xogas a non ser real,
pérdeste nas letras,
pelexas coa acción,
amolas canto queres,
das noxo!

Cantas a mentira,
non recolles nada,
queres sairte coa túa,
enganas os oídos,
perturbadora!

Fires a quen escoita,
coses teas que non deixan ver,
matas a ilusión,
acabas coa esperanza,
mala serpe!

Agochas a culpables,
condeas a inocentes,
pechas portas,
abres nichos turbulentos,
mala herba!

Vaste na necesidade,
quedas na opulencia,
abundas cuns,
faltas noutros,
falsa palabra! 

domingo, 20 de mayo de 2012

........?


Cando camiñamos avanzamos, deixamos atrás cousas, a veces miramos para ver o que deixamos, outras soamente continuamos o paso. Novos proxectos, novas motivacións, novas ledicias… ou sinxelamente un futuro con novos "máis do mesmo"? Difícil sabelo, difícil adiviñar o que chega, o que ven. Buscamos a felicidade coa novidade ou é que non sabemos desfrutar a normalidade? Esa normalidade que logo tanto botamos de menos e á que desexamos voltar. Que é todo esto do que falo? Non teño nin puta idea…. tan só escribo sen pensar… ou pensando moito… Cando un camiña é valiente por facelo ou é que dá pasos que se supoñen se teñen que dar? Algo do que facemos é libre? Eliximos realmente os nosos plans? Non estou seguro, só sei que aquí estou… vivindo, cambiando o meu lugar de residencia cada pouco tempo, comprando roupa que non necesito, escoitando moita música, lendo moitos libros, vendo pelis, indo en bici á escola de idiomas, conducindo ata o traballo, asistindo a concertos, saíndo polas noites, vendo ao Barça, viaxando o que poido, comendo en bos restaurantes, discutindo cos compañeiros, pensando na familia, bailando, escribindo nos meus blogues, aforrando pouco, rebuscando en librarías, en tendas de discos, navegando en internet, abrindo o meu perfil de facebook, lembrando tempos pasados, imaxinando tempos futuros… (deus! esto parece "Trainspotting") Os tempos futuros… é que hostias é eso? Non se supoñía que nesta altura os coches ían voar xa? Eu vexo que todo segue igual… ou peor… segue habendo fame, pobreza, violencia en exceso, pasividade humana, pouca loita, pouca reacción, moita protesta de cafetería… as conversas seguen a ser as mesmas, revivals mensuais, cantos de sirea… Eso sí, cada vez fai máis calor, as estacións son raras, non as de tren, as do ano, as de tren son iguais… pero máis desertas… e con herba sen rozar, menos coidadas, máis abandoadas… como o ser humano, ao que ninguén mira como vida, senón como obxeto, como produto que se vende en mercados con música de baile prefabricado… e que se mete en caixas de formigón como ratas agardando a seren experimentadas. Estamos aquí para algo? Só para estar? Para ser día a día máis imbéciles? Camiñando entre amores e desamores, fidelidades e infidelidades, divertimentos e tristezas, ansias e frustracións, complexos e orgullos, penas e choros, risas e anécdotas… Algo importante por ahí? Ou facémolo nos importante para poder ir tirando? Algo interesante que contar? Pouco. Valorámonos os uns aos outros? Ou estamos nunha guerra permanente na que sobrevive o máis cabrón? Vivimos ou combatimos? Somos todos iguais? Valemos o mesmo? Non. Non vos dá a sensación de que quenes deberían falar máis calan e os que deberían estar calados falan sen parar? Silencio! Por favor! Pídoo por favor, joder! Non hai moito capullo por metro cadrado entre a xente boa? Non debería haber unha illa enorme non sei onde para toda esta merda? Claro que sí! Ou para que unha illa… metámolos en Asturias… hai boa sidra para que se emborrachen e se maten… é ese o futuro? Ou no 2030 seguiremos igual de mal, igual de ben? Para a espera temos a Nina Simone, para seguir coas mentiras… temos o viño Rioja… temos os gin & tonics… temos Sálvame Deluxe… temos as camisas de cadros de moda… temos "The Wire"… temos ganas de continuar reptando por este sinsentido… xa non temos cartas postais de amor… nin cassette's… nin a Game Boy… nin a Amy Winehouse… nin televisións de cú… nin pantalóns de campana… nin ao Fary.

domingo, 13 de mayo de 2012

NON DURMIR


Quedo durmido no sofá coa televisión de fondo. Nese estado de semiconsciencia, escoito voces que caen na miña mente co eco propio do que chega con retraso. Movo a cabeza e coloco as mans encima da barriga. Teño esa sensación de estar cómodo na que a flexión e a extensión das extremidades produce pracer… tanto que o meu membro se pon duro. Agárroo coa man e tiro del hacia abaixo. Eso gústame. Pecho os ollos definitivamente e cando volvo a abrilos pasou case hora e media. As voces da tele resoan na miña cabeza. Eso moléstame, agora. Érgome rápido cos ollos entreabertos. Collo o mando e apago o aparato. Percorro os poucos metros que hai ata a habitación. Carla está xa deitada. Métome na cama. As sabas están quentes. Fai calor. Abrázoa e amóldome ao seu corpo. Ao pouco cambio de posición, hacia o outro lado. Os ollos non queren pecharse. Saco a man de fóra en busca do frío exterior do edredón. O frío convértese rápido en calor de novo. Volvo a abrazala. Dame un ataque de tos. pecho os ollos con forza. Nada. Non prendo. Desdobro o brazo que teño case adormecido. Saco unha perna de fóra e aos dez minutos métoa dentro de novo. Pasan os minutos. Póñome boca para arriba. Pícame a cabeza e ráscome. Doume a volta e coloco o peito en contacto co colchón. Respiro con dificultade. Coloco os collóns ben. Ráscome no cú. Abro as pernas. Póñome de lado e deixo colgar o brazo. Méxome. Levántome ao baño e descargo catro pingas. É máis a sensación, as ganas, que a necesidade real de descargar. Volvo á cama. Tres xiros a un lado. Tres xiros ao outro. Son as tres de mañá. Teño que despertar ás oito. Cruzo os brazos detrás da cabeza e o corpo mira hacia o teito. Outro ataque de tos. Súo aínda que estou espido. Pícanme as pernas. Ráscome cada trinta segundos. Penso na fin de semana. Cambio de postura. Miro o reloxo. Pasou o tempo. Escoito a sirea dunha ambulancia fóra, na rúa. Pecho os ollos. Ábroos de novo. Coloco as mans sobre o peito, cruzadas. Xiro a cabeza hacia a esquerda. Xiro a cabeza hacia a dereita. Acurrúcome hacia un lado. O espazo que teño na cama non me chega. Extendo as extremidades. Atopo algo de frescura nos pés e nas mans. Desaparece a frescura. Pecho os ollos e penso en bobinas de fío enrolándose. Intento que non se me vaian esas imaxes da mente. Enrolo e desenrolo fío vermello. É o último recordo que teño. Adormezo tarde. Sobre as catro da madrugada.