domingo, 27 de julio de 2014

REVOLTA DOCE


Cando bicaba os beizos de cereixa da miña namorada, a voz das masas retirou a miña atención hacia a fiestra. Os raios de sol abríanse paso con forza entre as nubes negras. Púxenme de pé e achegueime ao cristal. Centos, miles de persoas camiñaban con paso firme e ritmo idéntico berrando "Liberdade!". A policía retrocedía, débil, paso atrás, paso atrás. Nos rostros había sorrisos, non pena, había esperanza, non resentimento. Puxen a cazadora e ela un xersei de la. Collímonos da man e saímos do apartamento para sumarnos ao grupo.

domingo, 6 de julio de 2014

HIPERACTIVIDADE



Ros era tan activo que, se quixera, podería xogar contra si mesmo ao tenis e, ao tempo, ser a pelota.