domingo, 30 de noviembre de 2014

DE TEMPO E MATERIA



O tempo fai o único que sabe: 
transcurrir.
As nubes non sempre traen auga, tamén protexen do 
sol.
Os trens, de vagariño, paran en estacións 
emocionais.
As agullas picadas nos dedos amosan que estamos
vivos.
Os reloxos soan como pulsacións eléctricas,
vivas.

lunes, 24 de noviembre de 2014

TIRA DO AIRE, PUTA TRISTE


Tira da corda podre,
ha romper.

Fuxe do lugar do suceso,
non deixes sinais,
só fume.

Pon a lavadora sen roupa,
tira as toallas usadas pola fiestra,
mexa na cama,
prende lume aos mobles,
mete o brazo na tele
e quítalle a merda,
agrede aos veciños,
enche o chan de follas de carballo,
os libros son leña,
arden rápido,
Instagram é o museo das pipas,
nunca apagues a luz,
esquece as duchas quentes
e as frías,
mete galiñas e porcos no salón,
bebe sen parar,
fuma aparatos de plástico
sen descanso,
afunde as tarxetas de crédito 
en copas de viño,
non respires aire, que mata,
respira absenta,
fai caldos de cables,
cúbrete de xamón 
e na rúa desprázate a saltos.

Fai música 
chocando un collón con outro.

domingo, 16 de noviembre de 2014

ABÚRREME



1. As rapazas que din que o día da súa voda é o máis feliz das súas vidas.
2. As camisetas de El Niño.
3. A carne moi feita.
4. Os que pensan que ter barba é algo moderno… e os outros que cren que andar afeitado é andar limpo.
5. A xente de papel cebola.
6. Arcade Fire.
7. As conversas sobre Inditex e sobre traballo en xeral.
8. O cheiro a peido que non é meu.
9. Os/as que só poñen pulseiras en verán.
10. Falar con xente que ten os ollos clavados na pantalla do teléfono.
11. Os libros con forro.
12. A música de Morrisey (que non as súas letras).
13. Os debates sobre o leite normal ou de soja.
14. As familias reais.
15. A xente que dice que Izal mola. 
16. Os libros de consumo masivo como os de Dan Brown, Stieg Larsson, Manel Loureiro ou E. L. James.
17. As polémicas de Mariló Montero sen que traian consecuencias serias.
18. Xornalistas pseudoescritores e populistas como Arturo Pérez Reverte ou Antonio Herrera.
19. As organizacións políticas tradicionais.
20. As cartas de gin & tonic que convirten os gin & tonic en algo que non son.
21. Facer uns cornos coa man nos concertos metal.
22. Ter que familiarizarme coas normas de uso dunha lavadora.
23. Os Rolex.
24. A cor vermella.
25. Repetir a mesma discusión cunha mesma persoa.
26. Os filmes de Almodóvar.
27. Pablo Motos e o seu programa.
28. Quenes deixan de interesarse por algo por motivos alleos ao propio interese.
29. Os selfies unipersoais.
30. O amiguismo, o clientilismo e a perversión da meritocracia.
31. Que só se vexa violencia onde hai hostias.
32. As inversión en bolsa e, en consecuencia, as páxinas alaranxadas dos xornais.
33. A xente que sempre antepón as formas ao fondo con frases como "Quien pierde las formas, pierde la razón".
34. Roberto Blanco Valdés.
35. O silencio de quen non ten valor para opinar.
36. Os/as que sempre teñen motivo para amargarse.
37. Poñer etiquetas e atender a estereotipos para facer escarnio.
38. Os/as que non se deixan conquistar.
39. A desconfianza.
40. O vinagre balsámico.
41. As reducións de Pedro Ximénez.
42. As fotos do arco da vella.
43. Fito y Los Fitipaldis e a súa falta de creatividade.
44. O conto da valentía dos toureiros.

domingo, 9 de noviembre de 2014

CLASES DE FRANCÉS

A: Ola!

B: Bonjour!
C: Salut!
D: Bonjour!

A: Ah, sí... Bonjour!

C: Comment allez-vous?
B: Comment vous appelez-vous?
C: Vous êtes d'ici?

A: ... eh... oui, oui...

D: Quel âge as-tu?
B: Tu es étudiant?
C: Vous travaillez dans quoi?

A: Oui... eh... je ne sais pas...

C: C'est la premiere fois que vous venez ici?
B: Ça fait combien de temps que tu es ici?
D: Quelle belle journée, hein?
C: Il a fait un temps magnifique.

A: Excusez-moi... baixo xa o pantalón?

lunes, 3 de noviembre de 2014

_D__S_NCR_S__


Catrocentas veces merda.
Catrocentas veces medra, 
reza o corrector automático.

Comezaba desairado
e xa multipliquei ese tono por tres.

Grazas (non quero!-berro).
Gracias.

onteS,
POPonde?
tÚ!
consolar…





Paredes grises, con humidade, feas, estáticas.
Nubes que se moven rápido por arriba.