domingo, 25 de diciembre de 2011

SET LIST PARA CALQUER NOITE DO NADAL


"I'll Take Care Of U". GIL SCOTT-HERON & JAMIE XX.
"Hanging On". ACTIVE CHILD.
"Rain". HORSEPOWER PRODUCTIONS.
"Days". CREEP.
"Pure". PALPITATION.
"The Look". METRONOMY.
"Swing Tree". DISCOVERY.
"Hawai". BLACKBIRD BLACKBIRD.
"Polish Girl". NEON INDIAN.
"Close". ASLOPE.
"Soak It Up". HOUSES.
"Night Air". JAMIE WOON.
"You'll Improve Me". JUNIOR BOYS.
"Right Thing To Do (feat. Jessie Ware). SBTRKT.
"Utopia". YACHT.
"Come Back To Me". THE RAPTURE.
"I >3 U SO". CASSIUS.
"All Of The Lights". KANYE WEST.
"Midnight City". M83.
"Aminals". BATHS.
"Liiines". GHOSTPOET.
"Mi Mujer". NICOLAS JAAR.
"What You Do To Me". BLAKROC.
"Constellations". DARWIN DEEZ.
"Blue Cassette". FRIENDLY FIRES.
"Broken". LATE OF THE PIER.
"Over My Dead Body". DRAKE.
"Illuminata". CEO.
"Cloud 909". LONE.
"Gardening". MIKE SLOTT.
"Just The Yellow Bits". TEEBS.
"Futura". BATTLES.
"London Girl". THE INVISIBLE.



HORRIBLE FOTO: unafrasecelebre.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

A MIÑA CARTA (SEN PAMPLINAS) AOS REIS


Queridos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar:

Este ano porteime bastante ben… ainda que sempre se pode portar un mellor. Esforceime no traballo, continuei estudando portugués, reactivei parte da economía comprando bastantes cousas, tratei ben á familia, noiva e amigos, fun solidario con quen puiden selo e desfrutei coas pequenas cousas (e coas grandes tamén).

Agora vou centrarme xa nos regalos que quero para este ano. Non vos pido nada de amor para os seres humanos, nin nada sobre o fin da fame, nin a mellora de África coas enfermidades, nin para evitar a pobreza, nin máis traballo para os que non o teñen, nin saúde pública, nin sorte nos novos proxectos, nin a eliminación do racismo, do clasismo e de todos eses "-ismos" feos e malos, nin acabar co quecemento global e a contaminación, nin o coidado e salvamento das especies animais e vexetais, nin os éxitos para o Barça este ano, nin sorrisos para ninguén, nin felicidade sequera… este ano, todo o que quero é material.

Ahí vai a miña lista:

- Estiven en Oporto fai pouco e vin unha parka Fred Perry nunha tenda do Centro Comercial da Bombarda. Habíaa en tres cores: azul barco, verde e granate. Váleme en calquera dos tres (en ASOS haina en granate… por se vos é máis doado pedila).

- Gustaríanme tamén tres ou catro bastidores con lenzo para pintar… dos bos eh! Non me veñades con trangalladas desas que se lles ven as grampas.

- Se pasades por algunha FNAC, collédeme pelis ("Mil años de oración" de Wayne Wang, "Ríos y mareas" de Thomas Riedelsheimer, "Fantástico Sr. Fox" de Wes Anderson, "London River" de Rachid Bouchareb e "Miel" de Semih Kaplanoglu), discos ("Chorando apréndese" de Emilio José, "Maintenant" de Gigi, "A new exciting experience" de Free Pop Electronic Concept e "Gemini" de Wild Nothing), libros ("Historias de Nueva York" de Enric González, "El rey pálido" de David Foster Wallace e "Libertad" de Jonathan Franzen) e cómics ("Historias del barrio" de Gabi Beltrán e Bartolomé Seguí e "Crónicas de Jerusalén" de Guy Delisle).

- Quero tamén unhas cantas botellas de viño: Rioja Torre Muga Reserva do 1995, Chablis La Sereine 2008, Chateau Smith Haut Lafitte, Paco & Lola 2010, o Eco-Wine Marechal Foch Organic de Amity Vineyard do 2008, Pinot Noir Reserva 2009 Terra Noble e o champagne Bollinger Special Cuvee.

- Por suposto, tres ou catro foies frescos envasados ao vacío das Landas (Francia).

- Non estaría mal que lembrásedes o que me gustan as Tom Ford de sol, concretamente os modelos Gabriel ou Alphonse (marrón ou negro, tanto ten).

- Encantaríame un Scalestric, o C4 GT por exemplo.

- Teño moitas ganas dun equipo hi-fi. Descríbovolo para que saibades cal quero. É unha Yamaha MCR-840SN con DVD e iPod Dock gris plataeada. Para completar o asunto, que vos parece un xiradiscos? Ben? Pois o Project Debut III en vermello.

- Tampouco estaría mal un sobre branco con 2000 euros para unha viaxe que quero facer a Londres con miña nai. Esa cantidade creo que sería suficiente.

- Sería xenial que os Rolling Stones tocaran na Rapadoira de balde con toda a praia chea de bolas de goma de cores.

- Tanme entrando as ganas dun tambor africano de percusión… non son moi caros e hainos chulísimos… Baltasar, xa ti sabes...

- Ah! Esquecíame! Hai dous reloxos que me gustan. Un é o Longines Heritage Collection con caixa en ouro de 18 quilates sen mini esferas. O outro, un que vin nunha reloxería da Vía Santa Catarina de Oporto, é restaurado, tipo os reloxos de avó (como eu lles chamo), sinxelo, correa marrón e caixa tamén de ouro. O comerciante, a primeira vez que fun deixábamo por 950 euros e a segunda por 1100 (pode que na suba tivera algo que ver que para probalo deixei o meu Omega Dynamic do 70 no mostrador) e, a verdade, é que calquera dos dous prezos sería xusto, é unha peza de grande valor. Ambos son automáticos, nun só hai que pagar e no outro, tamén negociar (pero bueno… Baltasar sabe deso, non?).

Ben… e creo que nada máis señores… non pido nada que non mereza e que non desexe.

Pode parecervos algo mal que todo sexa material pero entendédeme, estou mirando por vós. Que queredes? Que vos pida o ben e toda esa parida? Meteríavos nun follón de carallo. Convertiríavos en políticos e creo que xa temos bastantes. Ademáis, se nos poñemos tontos, a min tamén me pode parecer mal o feito de vervos en mil sitios, en mil cabalgatas ao mesmo tempo. Ou o caramelazo que me deu unha vez Melchor nun ollo de pequeno. Ou a discrimanción positiva da que desfruta Baltasar desde fai xa moitos anos. Ou que lle roubedes todo o protagonismo ao bo de Papá Noel… co frío que pasa o pobre! Ou que bebades vós os chupitos de herbas que lles deixamos aos camelos. Ou que cheguedes tan tarde que case non dé tempo a xogar cos regalos. Ou que só traballedes un día en todo o ano (coa que está caendo). Ou que todos os Nadais lles teña que explicar a centos de nenos e nenas que existides de verdade. Ou que sigades sendo os únicos monarcas ben vistos. Ou que desde os balcóns dos concellos prometades piscinas e pavillóns que nunca chegan. Ou que a Baltasar se lle vaia a cor da pel cando chove. Ou que poidades ir traballar con esas pintas. Ou que vos poidades tirar a todas esas paxes sen que ninguén sospeite. Ou que nunca me trouxerades o puto Blandi-Blub. Son moitas tonterías, ou sexa que non me jodades!

Nada máis. Agardo con impaciencia a que chegue todo e só me queda desexarvos a vós, tamén, unhas felices festas que chegan e que todo vaia ben.

Un chuchiño meus reis!

JALO.



P.D.: O ouro, o incienso e a mirra deixádellos aos de Burela antes, vale? (Xa vos dixen que non quería trangalladas… e de "realidade", "divinidade" e "amargura" está o mundo cheo!).

domingo, 11 de diciembre de 2011

CATRO MINI-CONVERSAS


Un rapaz e unha rapaza falan deitados na cama despois dunha longa noite de sexo. Son as nove e media da mañá, el é de Laracha, ela de Agolada.

Miguel: Hostia tía! Vaia festa eh?
Natalia: Como? Que dis?
M: Que vaia festival nos acabamos de pegar…
N: Jajajaja… xa, non estivo mal, verdade?
M: Naaaaaaada mal. Fíxate que me apetecen fumar vinte ou trinta cigarros…
N: Carai! Pois na miña cama non é que aínda vai arder todo…
M: Un sí ou?
N: Veña… un sí que che deixo.
M: Que pasada! Esto é o mellor que hai, veña foder e ahora relax…
N: Que bruto es!
M: Debo ser… ti sí que eres bruta… 'a los hechos me remito'… jajaja
N: Cala! jajaja
M: Se o amor fose facer leña Natalia, ti serías unha Husqvarna.



Tres amigos bailan no fondo dun pub de Foz, e quen di bailar di mover a cabeza. Como é habitual neles, escanean a todas as tías que entran. Entra unha rapaza cos fumes subidos, unha veraneante, de Lugo, que fai anos era un cañón prepotente ao alcance só dos máis horteras metrosexuales e agora collera uns quiliños de máis.

Álex: Cuidao, cuidao que ven ahí a guapa!
Román: Diiiiiiiiiosssss! Ahí ven Scania…
Tomás: Dille ao camarero que abra tamén a outra porta non vaia quedar atrancada…
R: Sí, non vaia ser…
A: A ver quen a quere agora a esta…
R: Tonta perdida e aínda encima púxose como o container do vidro…
T: Vaia depresión debe ter…
R: Debeu parar de ir ao gym.
A: Pois que non se despiste moito non vaia ser que rebente.
R: Como se debe poñer de churrasco a cabrona…



Xa na discoteca, o último local antes de marchar para a casa, José fala cunha coñecida nun enésimo intento de levala á súa cama, unha penúltima bala, un lanzamento de aparello en toda regla.

José: Que tal Sonia?
Sonia: Bien… Hola José… ¿Y tú?
J: Podía estar mellor…
S: Como todos supongo…
J: Supongo… jajajaja… Xa facía tempo que non te vía…
S: Es que no bajo mucho de Coruña… ya sabes, esto es un pueblín y siempre es la misma historia…
J: Xa, claro… Tomas algo que te invito…
S: Bueno… Un Bacardi Limón con cola - ponlle a man no peito.
J: Estás moi guapa hoxe… - captou a mensaxe, debe levar moito tempo sen estar cun tío porque a cousa vai moi doada.
S: Gracias, tú tampoco estás mal… Te noto algo cambiado...
J: Home… estou indo correr e eso… - cre que xa é momento de soltar o seu 'guión de excéntrico especial para o ligoteo diferente'.
S: Se te nota, se te nota…
J: Oye Sonia… - cambia ao castelán polos nervios - … Tú que eres, más de Bollicao o de Mi Merienda?
S: ¿Como? Creo que soy más de Tigretón…
J: Mmmmmmm… Eso me gusta… Guau, guau, guau… - imita o ladrido dun Yorkshire.



Unha parella toma algo polo pobo a esas horas nas que apetece cear algo rápido.

Ramón: Apetéceche comer unha burguer?
María: Unha Burguer? Non!
R: Que queres logo?
M: Non sei, algo máis light…
R: Máis light que unha burguer? Eu que sei… un pouco de churrasco ahí no do lado?
M: Joder! Sempre estás igual… que non son unha vaca!
R: E que queres? Leituga soa?
M: Boh! Eu que sei… un sandwich mixto…
R: Vaia merda! Ti pide o que queiras, eu deso non quero…
M: Eres un animaliño… Non podes facer coma a xente normal? Mira para as demaís parellas…
R: Que fan?
M: Pois cear lixeiro… sen problemas e sen discutir.
R: As demáis parellas… As demáis parellas - imita voz de tía rallante.
M: Ti non es normal Ramón…
R: Non, non son, ti sí en cambio…
M: Esto non parece unha parella, sempre tes que discutir…
R: Buffff!
M: Nin sequera me dis nunca que me queres…
R: Como que non? Pero se cho dixen a semana pasada…
M: Pero dilo por compromiso, non o sentes...





Foto: Bruno Rico

domingo, 4 de diciembre de 2011

CRÓNICA DUN INSULTO


Fillo de puta, cabrón, imbécil pailán, estúpido, idiota, capullo, gilipollas, puerco, tonto, bobo, soplapollas, carapolla, pallaso, ignorante, petardo, burro, toca pelotas, absurdo, ruín, cerdo, bosta, friki, mollo, paleto, tío feo, polilla, merdeiro, carolo, notas, pardillo, muñeco, choni, analfabeto, bocazas, fillo de puta (outra vez)…

Encántanme as librerías… moito… e en todos os sitios que vou, en todos os lugares, intento enterarme das máis especiais para perderme nelas e encontrar cousas que me gusten. Eso mesmo facía esta fin de semana pasada en Oporto, nunha viaxe durante a ponte de 'todos os santos' (long weekend) na que desfrutei bastante. Era pola mañá, camiñaba polo entorno da Torre de Clérigos despois de almorzar no precioso establecimento Galería de París e atopei a Livraria Lello e Irmao (na Rúa das Carmelitas), famosa pola súa arquitetura interior (ademáis de por ser unha das localizacións do filme Harry Potter) e por ser unha das máis belas de todo Europa. Saquei a típica e obrigada foto de min coa impresionante fachada branca de fondo e para dentro. A primeira impresión foi de asombro, asombro ante aquela basta expresión de madeira (que non é tal… imita madeira en realidade) da escaleira e polos altos teitos e vidreira superior. Non tardei en darme conta, aínda que xa o sabía, de que a maioría das persoas que alí estaban, era como mera visita turística despois da repercusión que tivo no mundo do cine de aventuras.

Tiña pensado comprar, polo menos, un par de libros pero un suceso amaragoume a estancia e fixo que tivera que cambiar os meus plans. Din un garbeo pola pranta baixa examinando o xénero, guías de viaxe, libros de arquitetura portuguesa, de cociña, de literatura nacional e internacional, diccionarios e libros infantís basicamente. Tampouco era gran cousa deixando a un lado o local en si mesmo. O piso superior non me fixo cambiar de opinión, máis arquitetura, cine, arte en xeral, deseño, libros de texto, best-sellers e demáis libros sen ningún caracter especial. Pouca xente revolvía entre os libros, aínda que uns cantos sí o facíamos. Foi cando revisaba un bonito libro sobre un conxunto de lofts nos que predominaba a madeira como elemnto constructivo cando aconteceu o que non tiña que ter acontecido. Un pedazo de merda humana apareceu de detrás dun ordenador para berrarlle a un home que non sacara fotos, que estaba prohibido. Nese momento non me enfadei pero recoñezo que non me gustou o xesto, non me gustou ese protagonismo innecesario… as cousas pódense dicir de outra maneira, achegarte á persoa e dicirllo en baixo, dunha forma discreta, sen dar a nota. O tipo en cuestión paseábase cun aire raro, como vixiando, tanto que me lembrou a ese seguimento desconfiado e inquisitivo que fan os chinos nos seus almacéns de merda. Facíame estar incómodo nun lugar que se supoñía me tiña que agradar. Non pasaron nin dous minutos, cando volveu á carga o xeneral 'mal follao'. "Nao tire fotos!" lle espetou a unha rapaza de quince anos, máis ou menos. A nena tiña a cámara apagada colgando sobre o peito e miraba hacia abaixo, hacia as escaleiras agardando a chegada de seus pais. Non era portuguesa (polo que non entendeu) e non estaba atendendo ao 'fenómeno' (non tiña motivo, estaba desfrutando coas vistas e compartindo a ledicia coa súa familia). O panoio repiteu máis alto a mesma frase despois de arrear unha machada moi desagradable. A chavala levantou a cabeza medio cagada de medo e polos xestos entendeu a mensaxe. Tamén coa mímica tentou contestar que non estaba facendo nada e o puto soplapollas botoulle unha bronca de carallo. Hai que ter pelotas! O artista acabou dicindo "Nao brinques comigo, que estou a trabalhar" cun tono despectivo e borde nun volume demasiado alto. Todos nos enteramos e a rapaza, sen comelo nin bebelo, quedouse cortadísima… deume moita pena, pareceume moi inxusto. En pouco tempo recordei aquela clase (unha de moitas) na que o maltratador (e tamén fillo de puta… hai que dicilo!) Don Fernando, no Martínez Otero, foi de listo (sendo do máis burro que vin na vida…) cando Ratoeira estaba queimando serrín cun soplete no taller de pretecnoloxía e chegou el… "¿Quien está comiendo quicos?"… todos calamos e el seguiu "A mi olfato no hay quien lo engañe" (jejeje…)… e claro a cousa acabou con Víctor 'Petrolero' expulsado da clase por comer maiz frito. Volvendo a Oporto, alí estaba o imbécil ese co peito de fóra pavoneándose como se fose 'o rei das librerías mediáticas'… O rei da merda diría eu! Apetecíame matalo a paos, machacalo alí mesmo… foi un deses momentos nos que case me cego de todo. Estes rollos aféctanme moito, sacan toda a miña agresividade (tanto físico como verbal)… e só poido pensar en devolverlla á miña maneira. A opción máis adecuada foi adicarlle unha mirada de desprecio seguido dunha machada das que marcan época para acabar dicindo mentres seguía vendo libros "Se eso é traballar…". Nese mesmo momento decidín escribir esto e pasáronseme pola cabeza todos os insultos que coñezo para adicarlle.

A cuestión é que o que ía comprar non o comprei (e imaxino que non lles importará) pero o máis fastidiado é que o que tiña que ser un bo recordo da Livraria Lello e Irmao, foi a cagada máxima, deixándome un moi mal sabor de boca.

É probable que esto vos pareza desproporcionado (ou non) pero creo que non debería ser así… o protagonismo debe terse cando debe terse, e non cando a un lle dá a gana. Ademáis, quen pollas é ese capullo? Pois eso, un pailán que non folla nin un venres ao mes, que non sabe facer un ovo frito nin facer a cama, un idiota que se levanta empalmado sin saber para que vale o que ten entre as pernas, un ignorante que ve na bordería e en dar a nota cando non procede o seu mecanismo para combatir a impotencia mental, un capullo dos grandes ao que súa nai lle pon a roupa encima da cama para sair á rúa, un tipo cunha cara de gilipollas tan grande que apetece colgarlle un cartel de "Se Traspasa", un estúpido co addxetivo 'amable' no seu penoso perfil de Badoo, un peideiro que se limpa os mocos na manga da camisa, un pardillo que non leu un libro na súa puta merda de vida traballando onde traballa… e, en definitiva, un fillo de puta integral.

Polo menos, creo que en certa medida lla devolvín á miña maneira e teño a esperanza de que algúns usuarios lean esto cando busquen en Google "Livraria Lello e Irmao".

domingo, 27 de noviembre de 2011

RESPOSTA A UN COMENTARIO DO 18 DE XANEIRO DE ESQUERDAENFOZ.BLOGSPOT.COM


Xa non lembro como cheguei eu hoxe a este blogue pero nesta entrada apeteceume comentar (e fáigoo desde o meu perfil blogger real, mostrando a miña identidade).

Ben... o primeiro ao que quero referirme é ao título do post: "Aprendendo a falar galego". Son dos que penso que as linguas hai que estudalas e, polo tanto, aprendelas (aínda que sexan as nosas) porque do mellor uso que de elas se faiga, extraerase a idea de riqueza de lingua (e de pobo). Hai moitos estudos que demostran que cada vez, as persoas dispomos de menos palabras no noso vocabulario (e a verdade é que se nota moito). E en relación con esto, é importante coñecer que hai moitas persoas que falan varias linguas e que son analfabetas en todas elas (esto explícase porque aprenderon falando, a base de fonética... xeralmente inmigrantes... eu comprobeino cos galegos en Londres) e estou seguro que esa non é unha situación cómoda nin autónoma á hora de desenvolverse nun país. Deixo claro entón, que debemos coñecer a lingua, estudala, o cal non quere dicir mirar só para a Mesa pola Normalización (e dinamización) Linguística.

Son crítico e comparto contigo a opinión de "artificialidade" á que está chegando a nosa lingua en boca de algúns pero difiro na análise. A nosa lingua chegou a un punto moi complexo de, digamos, "mareo institucional histórico" que desemboca en cambios de "avance-retroceso" (por exemplo, fai trece anos dinamizábase a segunda forma do artigo "come-lo peixe" en detrimento de "comer o peixe" e hoxe en día sucede xusto o contrario) que estancan a situación do galego ata rozar a parodia. Aquí tamén podería incluir certos termos de dubidosa orixe que algúns excéntricos lingüistas se sacan da manga nunha mostra irreal de patriotismo cultural ("coido", nembargantes"...).

Non estás no certo cando falas de "fala artificialmente aportuguesada", non, todo o contrario. Ese "aportuguesamento" nunca sería artificial, sería o natural. Unha lingua, o galego-português, é a única que debería ter existido (no noso mapa me refiro), o que pasa é que, como saberás, en Galicia vivimos cousas que afectaron ao noso uso (como a falta de educación de calidade en lingua propia e demáis cuestións históricas). Os cambios que van hacia o portugués son os lóxicos (o "ao" en lugar de "ó" por exemplo)... o problema son os que non van hacia ningures.
Falo e escribo portugués polo que coñezo tanto as grandes diferencias que existen entre este e o galego, como os motivos evolutivos desas diferencias.

Non me gusta cando falas de "noxento galego transxénico". É unha falta de respeto grande ás persoas que traballan e traballaron por el... que cometen erros, por suposto, pero fan cousas moi importantes pola miña lingua (e non é opinión, é información, un feito).

Sobre o BNG, en oposición ao que ti pensas tamén, quero dicir simplemente que son os únicos que miran algo polo galego (dun xeito ou outro)... e falo en termos de partido, non individuais. Esto está máis que claro. E digo esto deixando claro que non son do BNG e que non son nacionalista, sí galeguista.

E para rematar xa, ti falas de que separan... quenes? O BNG? Algúns dos seus membros (os menos respetuosos coa pluralidade) pode ser... pero en xeral, non o creo. Chegar á idea dun galego común a todos é algo básico, o cal non está reñido co galego oral propio de cada bloque dialectal. Non esquezamos, que na fala, os diferentes "tipos" de galego son válidos e ninguén di que os que falan así o falamos mal. Eu a eso chámolle riqueza de lingua.

Fai uso do teu respeto á pluralidade para respetar tamén que cada un fale como queira, aínda que a ti non che guste ou che resulte artificial.
Os mesmos dereitos para uns que para outros...

E eso ao que te refires de "impoñer" unha lingua é o que me fai dubidar que realmente sexas de esquerdas. Pode que estés afiliado (ou sexas simpatizante) a un partido que consideres de esquerdas (ou non) pero esa afirmación é propia da dereita máis rancia (por outra parte, un discurso que calou moito tamén na esquerda "menos esquerda" e máis centralista). Eso terías que miralo ben! "Imposición" foi o que houbo historicamente co castelán e esto tratábase dunha xusta igualación (que nunca será real nesta sociedade cada vez máis diglósica). Aquí metíchela ata o fondo... a non ser que o que pretendas con esto (esquerdaenfoz.blogspot.com) sexa ademáis de dar a túa opinión, de dereito, facer populismo con fins partidistas.

E ESQUECÍAME... O CASTELÁN, NOS ÚLTIMOS ANOS, EXPERIMENTOU OS MESMOS (OU MÁIS) CAMBIOS QUE O GALEGO, O QUE PASA É QUE NON SE ARMA TANTO ESCÁNDALO... OU SIMPLEMENTE, QUE É UN DATO QUE SE DESCOÑECE... E A IGNORANCIA DÁ LUGAR A OPINIÓNS DE VALOR MOI LIMITADO.

domingo, 20 de noviembre de 2011

COUSAS QUE NON ME GUSTAN (SOBRE A IDENTIDADE)


Gústame a xente que non ten medo a dicir o que pensa, os que opinan libremente sen deixarse levar por imposicións sociais ou presións de calquer tipo. Gústame quen é valiente para deixar ver as súas ideas independentemente da réplica que vaia ter, o que fala con argumentos e constrúe opinións críticas con valor sen caer en xeralidades cobardes carentes de análise e coñecemento. Gústanme aqueles que teñen amigos e algún que outro inimigo tamén… en definitiva, gústame a autenticidade, a persoa real, a persoa transparente que vai de fronte, de cara (sen chegar a confundir esto último coa sinceridade innecesaria que ten no dano e no intrusismo persoal o seu obxectivo primeiro).

Dito esto, quero profundizar agora en varias cousas que non me gustan. Non poido facelo en profundidade porque daría para moitas liñas e considero que as que escribo xa son bastantes (incluso excesivas para moitos/as). Quizás outro día continúe a lista.

En coherencia con aquelo que me gusta, está o que non me gusta e algúns exemplos concretos son os seguintes:

Non me gusta o anuncio de Gadis de "Vivamos como galegos". Nada! Non me emociona en absoluto… como me vai emocionar algo así? Pero estes tipos saben o que son as emocións reais? Unha emoción é cando chegas á casa de teus pais pasado bastante tempo e ves que eles te reciben cuns torrezmos e un platiño de caldo. Emoción é estar ao borde da bágoa lendo a Manuel María. Emoción é cando estando no estranxeiro falando en inglés practicamente as vintecatro horas do día, te encontras ailladamente cunha persoa e podes falar na túa lingua (sendo ti mesmo por primeira vez en moito tempo). Emoción é escoitar á túa avoa falar sobre a súa dura infancia. Emoción é facer o amor con alguén que desexas moito. Emoción non é escoitar a unha empregada do Corte Inglés dicir "graciñas" despois de atenderte en castelán, nin a palabra "riquiño"… eso non emociona. Ver a un tipo montado nun cabalo facendo un discurso simplista cargado de tópicos (seguramente certos) sobre galeguidade é ridículo. Outro home co peito ao aire e unha gaita colgada só se pode identificar cun pailán (home… que Budiño non anda por ahí en pelotas subido a un taxi!). E ter unha "aldea" para ir de vez en cando non é máis que algo para demostrar que xa non se está nela (Emilio José canta sobre esto). "Malo será!" claro que o dicimos pero que de ahí se saque que os galegos somos optimistas… hai moito eh! O conformismo e a sumisión non ten que ver co optimismo. E veña voltas co 'sentimento' ata provocar o desmaio no sofá (ou as ganas de ir cagar). Ten moito que ver, acaso, un tipo de Bande cun de "La Coruña"? E un de Foz cun de Lugo? Ben pouco! O mesmiño que un galego cun andaluz.
Cantas de esas persoas se emocionan lendo a Rosalía (se é que algunha vez a leron)? Ou cantos elixen coñecer a nosa terra antes de facer cento cincuenta viaxes a Amsterdam, Londres, París, Roma, Ibiza e Berlín?
O spot só pode emocionar, segundo o meu criterio, a quen non se sinte galego, ou a quen só ten de galego o feito de vivir entre varias liñas fronteirizas imaxinarias, ou aos que lles dura a galeguidade xusto o tempo do anuncio, ou aos executivos dunha empresa (Gadis) que só rotula en castelán. Son galegos os publicistas que fixeron o anuncio? Ou tan só copiaron outro anuncio arxentino e cambiaron a barbacoa polas filloas?

Non me gusta que a gaita sexa a única expresión da música galega. Mitin do BNG… e veña gaita! Programa da TVG… e veña gaita! Pais que falan galego normativo e que á mínima cambian ao castelán… fillo a clases de gaita! Entendédeme, non minusvaloro ese instrumento, de feito a min gústame, pero non quero que sexa utilizado en exclusiva como garante de amor a un país. Non fai falta. Ademáis, que desprecio á zanfona, ao pandeiro, ao bombo, á canaveira, á carraca, ás tarrañolas, aos pínfanos… Trátase de ser orixinal a veces, non? Tamén en Galicia se fai rap (Gran Purismo, Dios k te Crew), rock (Ataque Escampe), canción de autor (Fuxan os Ventos, Os Tamara), spoken word (nunha ocasión vin a Manolo Rivas recitando xunto a unha orixinal banda da Costa da Morte acompañando con guitarras, serrucho e batería… impresionante!), indie (Emilio José), sen etiquetas (Marful) ou pop (Som do Galpom). Todo para a gaita, subvencións, apoio, respeto institucional… e esto deriva nunha situación que aborrezo, unha grande cantidade de persoas que comezan a odiala sen ela ter culpa ningunha e que dan como resultado frases como "Has parar coa puta gaita", "Telegaita" (despectivamente), "E veña tocar a gaita" (como sinónimo de "tocar o carallo"), "Es máis pesado que Carlos Núñez"...

Con respecto a estes dous "non me gusta", quero dicir que a galeguidade lévase dentro e demóstrase día a día, non é necesario andar con chapas brancas con raia azul celeste e estrela vermella, nin poñer unha boina, nin empregar o verbo "coido" en lugar de "penso", nin comezar a vestir como unha pandereteira, nin cantar en galego na zona ultra dun campo de fútbol (e despois mirar ao do lado e dicirlle" me consola joder a los del Celta" ou "quien te diera que marcara ahora un gol Bebeto!"), nin irse vivir a Compostela, nin ler a revista "Vieiros". Cando un finxe, nótase moito, vese artificial, como estar a escuras nunha habitación e encender unha bombilla para dicir que é o sol. As cousas, os sentimentos, teñen que sair de forma natural, fluir (como fluían aqueles "hilitos de plastilina" do Prestige segundo dicía ese que vai ser o presidente de España desde hoxe) e se non é así, que se queden dentro, que non abrasen con chorradas… que estudei en dúas universidades e na miña clase só éramos dous ou tres os que falábamos en galego, joder (de sesenta)! Que ten de galego un pobo (que ademáis escolle a un goberno) que maltrata constantemente a unha cultura e a unha lingua? Non me toquen os collóns!

Non me gustan Arturo Pérez-Reverte nin Carlos Herrera. Do primeiro só poido dicir que "La piel del tambor" foi o único libro que non rematei en toda a miña vida e que as súas opinións na prensa son tan vulgares como populistas, á par que carentes de ningún tipo de profundización nin respeto. Do segundo, que lle gusta bastante as reaccións que provoca no público o primeiro e segue unha liña similar. ambos fan o contrario do que eu considero algo de calidade, fan máis ben o contrario. Reptan e fan de mercenarios ante os que os escoitan e len adaptándose ao que se quere oir (ignorantadas case sempre) cando tería que ser ao revés, fidelizar a partir de opinións. Son dous títeres en mans de dous egos tan grandes como a polla de John C. Holmes. Os seus discursos son tan pouco orixinais como o libro de Ana Rosa Quintana. Lémbranme a curas rancios, ao Burger King, á opinión de bar barata, á autopalmada no peito, á grasa que solta a pel, ás estafas, ao mofo, a un afeitado a medias, a un choque 'coche-columna de garaxe', ao catarro, a gafas empañadas…

Non me gustan os smartphones con todas esas aplicacións, tamaño ao USA e batería de recarga diaria. Non me gustan, provócame dor de cabeza o simple feito de pensar en ter que cambiar o meu teléfono actual por un destes. A lexión iPhone, as BlackBerry, os HTC, os novos Nokia, con conexións HD, escravos das redes sociais, carísimos, con plans fixos de tarifas, tan grandes como tabletas gráficas, encima das mesas de bar xunto ao tabaco e o chisqueiro, con fundas, aparatos do demo!

Non me gusta nada Rosa Díez. Non soporto as persoas que sempre queren estar por encima das outras sen importarlles como facelo. Esta tipa é un exemplo claro desto que digo. Líder de UPyD, un partido político creado por e para pailáns (con todo o respeto eh!). Unha muller con menos lucidez que unha pedra ao sol, con máis ganas de protagonismo que Mourinho, máis rancia que o unto, cun intelecto de menos vinte puntos, con menos clase que Belén Esteban, carente de ningún tipo de atractivo, descoñecedora da palabra respeto, con menos vocabulario que un sms, con esa cara de pemento de Padrón, unha señora que parece que vive no amargo absoluto (ou en caso contrario, non se explica que sexa como é)… nin falar da calidade e cantidade de sexo que debe ter… (esto encantaríame dicirllo para que me chamara machista).

Non me gustan tampouco as mostras de ignorancia que os propios confunden con intelixencia… e hoxe estou a piques de presenciar a maior.

Son todas elas, cuestións que teñen que ver coa identidade, unha identidade cada vez máis falseada.

domingo, 13 de noviembre de 2011

DEBATES E DESASTRES...




Non son deses que tira contra a clase política como se fosen seres aparte da sociedade, tampouco os defendo desde logo, son bastante crítico con todos eles. Non considero que sexa unha cuestión conxunta, xeral, de grupo. Penso que o problema está no propio individuo, no ser humano. Como se pode ser tan absoluto e simple nos comentarios e opinións cando se ven casos día a día que demostran que o que falla é a individualidade. O exemplo está na superficie, nas declaracións de facenda (con tanta xente escondendo asuntos e ganancias), nas facturas de ocio de fin de semana como ceas ou noites de hotel (que son aproveitadas para a declaración fiscal dos negocios propios), na compra de coches persoais a nomes de empresas, nos consumos irresponsables de luz, auga ou gasolina, nos 'pequenos' roubos en tendas, nas facturas infladas de obra e moito máis, unha tras outra, macarrada tras macarrada, trampa tras trampa. Os políticos somos nós mesmos pero con moitas máis posibilidades de facer mal, sinxelamente. Meu deus, nin que nós fósemos a hostia. Non diañizemos a ninguén por favor, son xente normal e corrente.

Tamén é certo que non todas as persoas somos iguais… a uns 'réinalles' moito máis que a outros. Debería existir unha norma que imposibilitase opinar ou criticar sen demostrar que o que emite esa opinión non fai o mesmo na súa vida privada. Con esto conseguiríamos que opinase moita menos xente, pero que o que se dixera, tivese moito máis valor. Todo esto vai sobre tentacións e forza de voluntade. É unha cousa parecida á infidelidade de parella. A min non me gusta, por suposto, e poido opinar sobre ela, pero dunha forma cauta e respetuosa, non categórica. Para min, quen o fai de maneira oposta, non está sendo moi honesto nin moi xusto. Como diría aquel, "hai que verse" porque hai tentacións e tentacións e mentres non se nos den a cada un, non podemos ter a arrogancia de ser tan categóricos. Gustaríame a min ver a moitos e moitas con parella con Giselle Bundchen ou George Clooney dispostos a ter un affaire… ou a moitos e moitas atopando unha carteira con doce mil euros no chan. Habería quen actuaría dunha maneira e quen doutra pero ata que pasa non o sabemos.

Nesta liña, crítica pero certamente contida, teño opinións sobre o mundo da política pero admito que me cansa moitísimo dala, non creo que sexa moi importante, nin que sirva de moito… é difícil facer cambiar de opinión á xente e, ademáis, cada día convénzome máis de que non merece a pena defender a quen non quere ser defendido. Hai moita queixa, pero de cafetería e polo tanto, que cada un mire por sí mesmo. Se a nosa sociedade fose diferente, ao mellor cambiaba de opinión pero visto o visto… É como cando o pobo (mundial), en xeral se queixa de que a culpa da crise a teñen os mercados… vaia maneira de insultarse a sí mesmos! Quen carallo son os mercados máis que nós mesmos? O mercado non se rixe pola oferta e a demanda? Ahí entramos nós, non? Temos o poder de elixir o que consumimos e non facemos máis que contribuir a encher esto de merda.

Como estou canso de intercambios de opinión sobre asuntos que a priori parecen de capital importancia pero ao final non o son tanto, gustaríame centrarme hoxe nas cinco cousas "sen importancia" que máis me gustaron do pasado debate entre Alfredo Pérez Rubalcaba e Mariano Rajoy.

1. As reaccións de linguaxe infantil.
Foi realmente divertido ver como nos momentos nos que se interrumpían saían os nenos que toda persoa leva dentro. Esas interrupcións non están no guión linguístico e expresivo (seguramente sí no estratéxico) e polo tanto toca tirar da colleita propia. O resultado foi ver a Rubalcaba dicindo "Me quedan dos segundos" (como en Pasapalabra) ante a moderación de Campo Vidal, a Rajoy facendo xestos en plan 'sí hombre!', a Rubal dicindo "No, Mariano" e o outro "Sí", "No", "Sí", "No" (boísimo, un 'túa-miña' brutal) ou a Rajoy contestando ás acusacións de estar lendo todo o tempo cun "No leo ni programa ni nada". Tamén estivo ben cando Mariano dixo algo así como "No me saque gráficos de nada" cando Rubal lle ensinaba un cadro cos índices de delitos dun goberno e outro (ou foi co da evolución das pensións?).

2. Os vaciles.
Os vaciles foron o máis divertido do debate, como unha conversación na rúa, e fixo bastante ameno o asunto, polo menos foi unha nota cómica entre tanta cifra e dato incomprensible pola audiencia. Aquí está máis curtido o candidato socialista, por valía persoal, nada que ver coa ideoloxía (xa que Zapatero nesto non era ningún artista, máis ben era tipo Rajoy). Non estivo mal cando lle dixo a Mariano "Puede consultarlo… eso sí, hay que traducirlo, está en francés" sobre o documento do imposto ás grandes fortunas francesas. Cando se vacilaron mutuamente foi no momento no que o popular "se confundeu" e chamou Rodríguez Zapatero a Rubalcaba, este correxiuno e o galego replicou que se confundira porque dicía as mesmas cousas sen sentido que José Luís no debate de fai tres anos, ao que Rubal dixo que sabía quen era Zapatero e que lembraba o debate, aquel no que Mariano perdera. Esto chámase Pim-Pam-Pum! Rubalcaba tamén lle deu un dato a Rajoy afirmando que "Aunque esto no lo diga en la ficha que no para de leer". Non quero esquecer unha nova modalidade, o autovacile que inventou Rajoy elixindo (ou vindo imposto desde as clases de dialéctica da Rúa Génova) o termo "insidia" como o máis empregado no seu speech. "Insidia" señores! Hai que telos cadrados! Cos problemas que ten para pronunciar os "eses"! Eso é capacidade de superación… ou masoquismo, segundo por onde se mire, claro. Acaso non puido dicir "malintencionado"? Xa postos valientes puido pedir un Passport con Schweppes.

3. As estratexias.
Dentro deste capítulo, cabe destacar o papel que xogaba cada un. O socialista tentaba movilizar ao electorado de esquerdas e aos indecisos (creo que sin moito éxito) mentres que o popular facía eso de "laissez faire", deixarse ir sen falar moito e sen meterse en asuntos espiñosos. Rubalcaba atacaba co conscientemente ambiguo programa electoral do PP e Rajoy negaba sen maís. Un mostraba a frescura dunha leituga (propia de quen ten todo perdido e só pode gañar, sexa así ou non) e outro lía sen parar (incluso o discurso de peche) ata seis centas veces segundo os medios de comunicación.

4. Os outfits.
Supoño que para a maioría de vós, a imaxe non é tan importante (ou ao mellor me equivoco e sí o é) pero para min é moito, sempre parello ao valor persoal, por suposto. Para moitos só importa que faiga ben o seu traballo… pero a cuestión é que hai moitos que fan igual o seu traballo e ahí é onde hai que elixir entre uns e outros. Un exemplo real desto, Guardiola ten unha imaxe impresionante (seguridade, educación, temperamento, intelixencia, elegancia, clase…) moi en consonancia co seu interior (culto e o resto de adxectivos de antes), é dicir, o de dentro vese fóra, ou o de fóra viste ao de dentro. Non é só importante ser listo, senón parecelo tamén (a unha coa outra, sempre… por separado, mal). En cambio, Luís Aragonés será un bo adestrador (tampouco o sei, eso din) pero con esas pintas e formas, mal imos!
Centrándome no caso de Rubalcaba e Rajoy, está claro que ningún dos dous ten unha imaxe ideal, non entro no tema de ser máis ou menos guapos, non é eso, máis ben en deixes, maneiras, vestimenta, posturas, xestos e demáis. Rubalcaba tiña a garabata torta polo micro, a americana sentáballe fatal e encórvase máis que Burns dos "Simpsons" ou que Corvax de "Big Muzzy". Rajoy, pola súa parte, ten máis pranta, é máis alto, pero ven a ser como eses pivots zoupóns dos equipos de baloncesto de liga autonómica, fai movementos coa lingua de pervertido, está cambiando de luces cortas a longas seguido cos ollos e segue poñéndose moi nervioso pola súa falta de naturalidade (o que por outra parte me indica que é bo tipo, seguramente un pardillo). Eso sí, púxose tipo ultimamente… debeu estar facendo aqua gym.

5. Os medios de comunicación e as redes sociais.
Resulta canto menos chocante ver como reaccionan os medios de comunicación de masas (os famosos Mass Media) despois do cara a cara, así como a aportación das redes sociais durante o combate. Comezo por esto último. Tanto Twitter como Facebook (as principais) fervían en actividade e participación e podían lerse cousas como estas: "Rubalcaba sale vivo del bloque económico. Rajoy perdona por jugar a empatar", "Rajoy cambia de estrategia y empieza por sus propuestas.... Por algo será" (do profesor de universidade xovense Antón Losada), "Rajoy lendo outra vez, de novo co conto da creación de emprego e ignorando o que lle acaba de dicir Rubalcaba", "Non me parece tan estéril a estratexia reporteril de Rubalcaba" (do xornalista cultural galego Iago Martínez), "Qué gran error cometió Rubal al no aceptar el consejo de que se pusiera fundas en los dientes! El primer plano le está destrozando" (ao que un tal Dhuncan lle contestou "igual que cuando a ti te aconsejaron ponerte una careta"), "Rubal interrumpe una y otra vez, está fuera de registro. Me recuerda a Segolene: Je suis en colère" (de Pedro J. Ramírez),"A Rubalcaba le ha quedado la corbata torcida con un micro" (do xornalista de Público Ignacio Escolar) ou "-POLÍTICA AGRARIA COMÚN- AHAHAHAH, RAJOY HA HECHO 3 CHISTES EN UNA FRASE DE 3 PALABRAS", "Bueno, Almunia despertou... un pouquiño" (do músico galego, perdón ourensano, Emilio José).
Por outro lado, os medios de comunicación, case na súa totalidade (menos Público e La Sexta) deron a Mariano como vencedor da pugna dialéctica cando para min é obvio que foi ao revés, non entro en ideoloxías políticas, tan só en transmitir ideas, defendelas e facelo con naturalidade e seguridade. Se detrás non houbese siglas de partido, e pasase o mesmo en calquer outro contexto, creo que todo o mundo opinaría que Alfredo bailou a Rajoy. E outra cousa é quen sae gañador do debate, que é Mariano, que de feito, xa o tiña gañado sen presentarse. A esto último é ao que se refiren os medios, a que non serviu de nada o debate, como se di coloquialmente, porque o peixe estaba vendido.


O debate foi, en conclusión a crónica dunha morte e o relato dun nacemento. Morte dun candidato e proxecto que non fixeron ben os seus deberes e nacemento, despois dunha sesta de sete anos, doutras ideas que arrasarán nas eleccións do 20N. Un combate entre un candidato posto ahí para a derrota e un dirixente que en dez días acabará as vacacións para facer o que se agarda del… ou polo menos o que agardo eu.

domingo, 6 de noviembre de 2011

O SILENCIO



Non é feo o silencio verdade? A min paréceme precioso… tan agradable, tan sincero, tan discreto, tan necesario… aínda que segundo como se mire, pode ter moitos significados diferentes.

A RAE defíneo como a abstención do falar, a falta de ruido. "Silencio" provén do termo latino "silentium" e contén cantidade de matices en función de como se produza ou do contexto no que se dea.

Ao longo dos tempos, diferentes autores e personalidades falaron del con connotacións distintas. Así, Benjamin Disraeli (estadista inglés) dixo que "Hai persoas silenciosas que son moito máis interesantes que os mellores oradores". William Shakespeare, pola súa parte, afirmaba que "É mellor ser rei do teu silencio que escravo das túas palabras". Miguel de Unamuno, que "A veces, o silencio é a peor mentira". Martin Luther King consideraba que "A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silencio dos bondadosos". O músico de jazz Miles Davis dixo tamén que "O silencio é o máis forte dos ruidos". Georges Benjamin Clemenceau (político e periodista francés) asegurou que "Manexar o silencio é máis difícil que manexar a palabra". William Hazlitt (literato inglés) cría que "O silencio era un grande arte para a conversa". E eu, fai uns cantos anos, escribín nunha zapatilla deportiva "Silence is the strongest gun" ("O silencio é a arma máis forte"… fíxeno en inglés por esa chorrada de que chega a máis xente, pola universalidade… que carallo de universalidade! Se o puxen no meu puto pé…). Todo esto deixa claro que a percepción do silencio varía e para ilustralo, dalgún modo, vouvos contar o que vivín non fai moito na Praza da Leña pontevedresa e que me levou a facer un croquis nunha servilleta de papel que agora desenvolvo.

Un Venres pola noite, estaba tomando unha cervexa na terraza do Loaira moi ben acompañado pero nun momento hostil entre nós, posterior a unha discusión da que non lembro o motivo. O silencio era a nota dominante, cada un estaba ao seu, picando nas aceitunas e pensando nas súas cousas. Non teño nin zorra do que tiña ela na cabeza pero eu comecei a apreciar ese silencio, a facerme consciente del. Era moi agradable, permitía o sosego, calmaba os ánimos e permitía observar o que tiña ao arredor. Era unha especie de calma despois da tormenta, necesaria e prácida (no luar). Este era un silencio individual e de parella pero non total, de fondo escoitábanse conversacións de outros grupos (xa sabedes como de efervescente é esta praza) sobre sair de marcha e resacas do día anterior, sobre traballo, sobre política local e autonómica e sobre reloxos. Era un silencio sobre palabras vacías e vaciadas.
Noutra mesa, ao lado, ceaban un pai e o seu fillo pequeno e quixen entender que era un divorciado ou un viúvo. Practicamente non falaron durante o tempo que coincidimos, apenas dúas ou tres frases. O resto, invertírono en xogar á Nintendo DS (o neno) e en argallar no teléfono de última xeración (o home). Veña maquinita con sabe deus que xogos, caras raras e xestos para colocar as gafas. E veña mensaxes no aparato móbil. O pequeno introducido na mecánica do xogo e o maior, imaxinei, comunicándose cunha amante ou nova moza, ilusionado, cun adolescente en plena fase de morreos e mans agarradas. Este era un silencio non sei se necesario ou obrigado pero daba sensación de que estaban perdendo ocasións de comunicarse… e a infancia dun neno pasa rápido como un relámpago… e non volve.
De regreso ao meu propio silencio, nada cambiara, máis sorbos de Estrella Galicia e as últimas aceitunas. Mirei á miña esquerda e pasou un "sen teito", só, coa roupa desgastada e porca, camiñando sen rumbo, ou eso cría eu, absorto no seu mundo persoal, cheo de silencio, día tras día, baixo o peso rotundo da súa verdade, da realidade que lle estaba tocando vivir. Tantas horas en solitario teñen que dar moito para pensar, para meditar e ese silencio non ten que ser doado de xestionar, desde logo, pero claro, ese é forzado, non lle queda outra, é algo imposto por un motivo descoñecido para min e moi trillado, seguramente, para el.
Cando desapareceu da miña vista rúa arriba, veu á miña cabeza o pensamento de min mesmo en todas esas tardes e noites de fai case dous anos nas que me sumerxía en min mesmo, escoitando música, lendo libros, escribindo cousas que estaba a vivir, acompañado dunha boa copa de viño e de cigarros. Este era un silencio voluntario pero non por eso menos duro, moi necesario sí, pero complicado, cheo de incertidumes e de antigas e novas vivencias. Esto pode traer consigo momentos de moita creatividade e tamén ganas tolas de socialización, diversión e alienación, estados de ánimo que cambian como as mareas en función do cd no que me metera, do tema sobre o que redactara ou da lectura que escollese. O silencio tiña que ver moito aquí co aillamento persoal, coa toma de conciencia do que me rodeaba, coa valiación da miña vida, da que non quería fuxir e prefiría combatir enfrontándome a ela.
Esta lembranza levoume a outra idea, que máis ou menos é levar ao extremo o anterior, a vida dun monxe/a de clausura, dun tibetano ou dun tipo que se retire á vida contemplativa nunha cabana no monte, por exemplo. Día tras día, semana tras semana, mes tras mes, ano tras ano… toda unha vida sumido no silencio sen axentes externos que o modifiquen. O puro silencio como opción de vida. ahí é onde ten sentido esa frase que oín un día de "estou descubrindo o verdadeiro significado do silencio" (que por certo, algunha vez empreguei como exitosa estratexia místico-espiritual de ligoteo na universidade). Esto é o silencio como incomunicación absoluta.
Ata aquí o esquema que fixen ese día pero gustaríame engadir outro tipo de silencio que vivo agora mesmo no meu centro de traballo. É o silencio do que ten medo a falar, a expresar as súas ideas. No cole, baixo a temeridade que poden supoñer as consecuencias (vengativas) dun equipo directivo dictatorial, os compañeiros calan o que pensan sen ter en conta a importancia do que teñen que dicir. Este é un silencio negativo que se asocia coa pasividade total, un silencio que leva e levou aos pobos a vivir situacións moi duras e incómodas.

O silencio, por tanto, pode ser bonito ou desesperante, positivo ou negativo, necesario ou forzado, imposto ou elixido… o silencio é o silencio.

domingo, 30 de octubre de 2011

O SOÑO DUNHA NOITE DE OUTONO


"Line" - Portico Quartet (Sbtrkt 'More Hang' Mix).
"Maybes" - Mount Kimbie (James Blake Remix).
"Wire" - Jon Hopkins (Nathan Fake Remix).
"You Are Here" - Nathan Fake (Four Tet Remix).
"Love Cry" - Four Tet (Joy Orbison Remix).
"Limit To Your Love" - James Blake (Freemun Dubstep Remix).
"I Feel It All" - Feist (Diplo Remix).
"Love Like A Sunset" - Phoenix (Animal Collective Remix).
"Skinny Love" - Bon Iver (Das Kapital Rerub).
"Forever Dolphin Love" - Connan Mockasin (Erol Alkan Rework).
"Awaiting An Accident" - Boom bip (Lali Puna Remix).
"Take It Back" - Toddla T. (Dillon Francis Remix).
"El Moreno" - Mexican With Guns (feat. Helado Negro).
"Kaili" - Caribou (Fuck Buttons Remix).
"Real Love" - Delorean (Pional Remix).
"Kalise" - El Guincho (Delorean remix).
"Tribulations" - LCD Soundsystem (Lindstrom Mix).
"Plans" - Bloc Party (Replanned by Mogwai).
"Shelter" - The XX (John Talabot Remix).
"Surfer's Hymn" - Panda Bear (Actress Primitive Pattern Remix).
"Night Air" - Jamie Woon (Blue Daisy Market).
"Kick Out The Chairs" - Munk con James Murphy (Who Made Who Remix).
"The Journey To Serra da Estrela" - The Phenomenal Handclap Band (Fujiya & Miyagi Remix).

domingo, 23 de octubre de 2011

ESES BARES...

Na nosa cultura, galega e española, sabemos, vivimos e desfrutamos dun tempo ocioso que se desenvolve en grande medida nos bares, eses lugares onde se toma café, té, copas, refrescos (poucos) e tamén comida (en ocasións). Son algo así como templos, moito máis visitados que as igrexas (cada vez máis abandoadas), refuxios de persoas que buscan escapes das elevadas horas de estancia nos traballos (que non sempre se corresponden con horas de traballo… horas produtivas me refiro), locales de reunión destinadas á socialización extrema, sexa esta profunda ou superficial. O caso é que os bares están ahí para nós, agardando a ser ocupados por ferventes consumidores non moi esixentes.

Acudimos a bastantes e de diferentes tipos, pero hai uns que teñen un significado especial… non sei se son os máis guais ou os que máis nos gustan… o que sí sei é que son moi relevantes nas nosas vidas. De festa, de descanso, de charla, de debate, de encontro, de paso fugaz, de estancia continuada… moitos tipos, como digo.

Hai uns bares que ocupan no noso día a día un espazo único e diferente. Son aqueles que nos traen as lembranzas máis regulares, máis habituais, nos que facemos cousas que nos identifican. Se tivésemos que elixir os nosos favoritos, estes, non aparecerían na lista… estarían nunha que non existe.

Nas diferentes etapas da miña vida, foron aparecendo e facéndose fortes unha serie de locais que boto de menos (algúns) e outros aos que non desexo voltar (algúns, tamén).

En Foz, o meu pobo, hai un no que, cada vez que vou, paso o tempo de despois de comer (unha ou dúas horas), sexa a época do ano que sexa, é "A Eskina", que é un bar situado enfronte da praia da Rapadoira, o epicentro do turismo focense. Nel, sempre encontro á mesma xente e case sempre tomo o mesmo, un café (con xeo ou sen el) e en contadas veces, en festas e eso, emociónome cun gin & tonic de tarde. Poido quedarme dentro ou fóra, en función dos acompañantes, dos temas de conversación ou do clima. Para min supón unha posta ao día do feito popular, unha tormenta de ruxe ruxes sá e saudable, supón unhas risas con vaciles de lado a lado (que van e veñen… 'hostias como panes'), unha actualización do devir político local, unha aceptación e visionado das rapazas de moda, un complemento informativo a Punto Pelota, supón unha lectura superficial da prensa diaria (deportiva, autonómica e central) ou unha vista rápida da Interviú (cos intercambios de opinión propios sobre tetas operadas ou non). A Eskina é unha neopousada dun par de horas.

Na Coruña, o meu lugar era o "Torre Esmeralda", debaixo da miña casa, ao ladiño da fonte de Catro Camiños. É un bar-cafetería de clientes fixos, do barrio e de traballadores da zona, uns camareros tan agradables de segundas como secos de primeiras. Ten madeira escura e mámore, fotos nas paredes e ultimamente, polas mañáns da fin de semana, estase a convertir no novo Portiño (por que?). Era ideal para ver calquera partido de fútbol (tanto liga como Champions) no que xogara o Barça e que non desen en aberto, claro. Tamén para ir conectarse a internet (se non tes na casa), para tomar un café de mañá ou a cervexa de espera dun colega. Xente maior, xente xove, aquela muller de cincuenta e tantos sempre impecable e delgada como unha pasa, o meu veciño hipereducado que cheiraba a viño, aquel matrimonio de pailáns, os de UGT en mesas de catro, a vella xunto ao cristal… o Arenal enfronte…. ah! E os sandwiches mixtos vexetais.

Cando preparaba oposicións en Lugo, había un bar que significaba o desconecte das cinco ou seis horas que estudaba ao día. Unha horterada total, na Rúa Fontiñas, a un minuto do noso piso. Non é que fora moito pero é que nesa época tampouco ía a moitos sitios, unha vez á semana aproximadamente e case sempre a última hora. Non lembro o que bebíamos, supoño que cervexa (ou mojitos?) porque a principal atención era a misteriosa camareira do Sur de América (non sei o país pero pode ser Venezuela). Xogábamos a adivinarlle a vida, idade, situación sentimental, fillos, carácter, talla de sostén… así somos… supoño que uns porcos… ou será que sinxelamente non finximos? Chamábase o "Menta y Limón" e supoñía unha hora semanal de liberdade e fantasía naquel cárcere de apuntes e programacións didácticas.

Na miña estancia de un ano en Carballo, polo menos un par de veces por semana, baixaba á cervexaría do lado do meu piso, a "Boa Estrela", un lugar agradable no que tomar algo e falar un pouco. Case sempre ía acompañado polo que a conversa estaba asegurada. Cando non era así, sinplemente collía a prensa e a poñerme ao día. Era case toda en madeira, cun pequeno alto de mesas máis íntimas e con dúas pantallas de televisón nas que, entre outras cousas, vin a final que gañamos da Eurocopa de Fútbol. Penso que era un bar típico de xente xoven desa zona… camareiras guapas multiempregadas (pubs, bares, discos) coñecidas por todos os locais, coches "preparados" aparcados fóra xunto a motos de grande ciclindrada, lingua galega nos oídos, gomina e escotes.

No breve pero intenso tempo que estiven en Compostela (tres meses), había un bar que para min significaba "desconexión" e "venres pola noite", o "San Clemente", coas súas estufas de exterior e as xenerosas tapas coa cervexa ou viño. Traballaba nun cole en Negreira de substituto e preparaba oposicións ao mesmo tempo, o cal significaba de Luns a Venres, de oito da mañá a doce da noite, traballo máis estudo, co único descanso de unha hora para comer, así foron eses tres meses. O momento no que tomaba aire? O do bar.

Na fase londinense, teño dous con significado distinto: o "About Thyme" e o "The Steele's". O primeiro, o restaurante no que traballei, que no pranta baixa tiña unha barra de bar na que agardar a mesa ou degustar interesantes viños. Alí traballei de barman un tempo e outro de camareiro de mesa. Un restaurante de nova cociña europea con exposicións de pintura e actuacións de jazz e soul en directo. Na barra tiven moitas conversacións de bar cun presentador de deportes da BBC, cun dos excontables de Ruiz Mateos (piradísimo), cun xuiz, cun político do parlamento, cun branco e rico vello (caendo) e o seu xove noivo negro, cunha vella de Fisterra ou con Pepe, o comercial de Martin Códax… e cos compañeiros de distintas nacionalidades. O segundo, era un pub, aínda hoxe, un dos meus preferidos da capital, ao lado do noso primeiro fogar en Belsize Park. Música en directo (sobre todo acid jazz), menú Thai, varios ambientes e sempre boa compañía.

Agora, en Pontevedra, xa comezo a ver cal vai ser o meu bar deste tipo… o "Al Andalus"… santo nome! Preto do meu piso, enfronte á Alameda, e vai ser o meu bar porque é onde vou ver os partidos do meu Barça cando sexan de pago, hora e media de Aquarius e bocata quente de beicon con queixo. É un local normal, incluso con certo toque impersoal na decoración, pero ten o seu encanto… e ademáis é a sede dun clube de xadrez e acuden a el para xogar todos os días… silencio, entón. A maiores, ten unha camareira moi, moi agradable que trata á xente fantásticamente ben.

Eses bares...

domingo, 16 de octubre de 2011

CROMOS ESQUECIDOS?



STEVE SMITH:
2'03m. 97k. Escolta dos Miami Heat. Nº 3. 15.2 ptos./p. Guaperas.

SCOTT SKILES:
1'85m. 84k. Base dos Orlando Magic. Nº 4. 11 ptos./p. Como un taxista irlandés.

LAPHONSO ELLIS:
2'03m. 109 k. Alero dos Denver Nuggets. Nº 20. 15 ptos./p. De muslo ancho.

LATRELL SPREWELL:
1'96m. 86k. Escolta dos Golden State Warriors. Nº 15. 18.3 ptos./p. Rápido e moi de street basket.

JEFF HORNACECK:
1'93m. 86k. Base dos Utah Jazz. Nº14. 14.7 ptos./p. O Rivas (K.C. Rivac) da NBA (da liga… non na orquestra).

MARK PRICE:
1'83m. 81k. Base dos Cleveland Cavaliers. Nº 25. 16.5 ptos./p. Triplista central.

CLARENCE WEATHERSPOON:
2'01m. 109k. Pívot dos Philadelphia 76ers. Nº 35. 17 ptos./p. Reboteador pasao de peso.

GLEN RICE:
2'03m. 100k. Alero dos Miami Heat. Nº 41. 18.7 ptos./p. Triplista total superperilla.

RIK SMITS:
2'24m. 120k. Pívot dos Indiana Pacers. Nº 45. 13.7 ptos./p. Como Darío en alto.

CLIFFORD ROBINSON:
2'08m. 102k. Pivot dos Portland Trail Blazers. Nº 3. 14.5 ptos./p. Con cinta na cabeza e bigote negrata.

CHARLES SMITH:
2'08m. 111k. Pívot dos New York Knicks. Nº 54. 16.3 ptos./p. Reserva de Ewing.

CHRISTIAN LAETTNER:
2'11m. 111k. Pívot dos Minnesota Timberwolves. Nº 32. 17.5 ptos./p. Este chaval estivo no Dream Team.

SHAWN BRADLEY:
2'29m. 109k. Pívot dos Philadelphia 76ers. Nº 76. 10.3 ptos./p. Un spaghetti branco e rápido.

MOOKIE BLAYLOCK:
1'85m. 84k. Base de Atlanta Hawks. Nº 10. 13.3.ptos./p. Ladrón de guante branco.

CRAIG EHLO:
2'01m. 93k. Escolta de Atlanta Hawks. Nº 3. 9 ptos./p. Da escola de Paco Maldonado.

MAHMOUD ABDUL-RAUF:
1'85m. 73k. Base de Denver Nuggets. Nº 3. 15.4 ptos./p. Boísimo nos tiros libres e pelo pollísima.

MITCH RICHMOND:
1'96m. 98k. Alero dos Sacramento Kings. Nº 2. 22.7 ptos./p. Un superclase total.

VINNY DEL NEGRO:
1'93m. 91k. Escolta dos San Antonio Spurs. Nº 15. 8.6 ptos./p. Cara de capullo… o cuarto Fustes.

CEDRIC CEBALLOS:
2'01m. 102k. Alero dos Phoenix Suns. Nº 23. 11.6 ptos./p. Abría as pernas como Jordan.

ROBERT HORRY:
2'08m. 100k. Alero dos Houston Rockets. Nº 25. 10 ptos./p. Moi completo e peinado de Will Smith.

ROD STRICKLAND:
1'91m. 84k. Base de Portland Trail Blazaers. Nº 1. 12.9 ptos./p. Penetracións, roubos, defensa…

KENNY ANDERSON:
1'85m. 76k. Base dos New Jersey Nets. Nº 7. 14.5 ptos./p. Zurdo moi anotador, All Star.

TOM GUGLIOTTA:
2'08m. 108k. Ala-Pívot dos Washington Bullets. Nº 24. 14.7 ptos./p. Moi bo xogador branco de peli de mafia italiana.

domingo, 9 de octubre de 2011

SOBRE O PASO DO TEMPO



ARRUGA: Pregue da pel ou doutra cousa flexible.
ARRUGAR: Formar arrugas. Encollerse. Envellecer.
ENVELLECER: Facer vella a unha persoa ou cousa; avellentar. Durar moito tempo.
AVELLENTAR: Facer avellar, envellecer prematuramente; tornarse vello, ir cara a vello antes de tempo.
VELLO: Que ten moita idade. Antigo, de época ou tempo pasado. Gastado, consumido polo tempo e o uso. Persoa de moita idade.
BELEZA: Conxunto de gracias ou cualidades que, manifestándose sensiblemente, provocan un sentimento de pracer, admiración ou de gusto. Algo que é belo.

Con estas seis definicións do meu antigo Xerais do ano 1988 (xa choveu!) quero achegarvos un tema que me gusta… o da vellez. Fáigoo, primeiro, co termo "ARRUGA", e non "engurra" (algo tan feo como chamarse "Inverno" ou "Winter"), algo que me parece precioso, como xa dicía Adolfo Domínguez, "La arruga es bella"… e así é. Non hai nada máis fermoso que unha arruga no rostro das persoas, eses pregues que nos identifican e que deixan ver o paso dos anos, que nos enchen de experiencias e que nos permiten sentir libres e vividos ao mesmo tempo.
Nunha ocasión que estaba só en Malpica, tomando unhas racións e unha cervexa fresca nun bar do porto, observei pola cristaleira durante media hora a uns vellos que falaban entre eles. Dous fumaban, tres non. Falando das mesmas cousas de sempre, miraban ao porto, ao infinito (seguramente pouco lles queda por ver) cuns ollos cheos de vida, signos de valor persoal, elementos da linguaxe, miradas históricas sen contaminar. A s súas arrugas da cara e mans demostraban o que tiñan vivido, daban fé de quenes eran. E precisamente eso creo que é unha das manifestacións máis claras de BELEZA… e non o é querer agochar o paso dos días, das semanas, dos meses, dos anos.
Hai diferentes maneiras de ENVELLECER. Unha é de xeito natural, deixando que o tempo flúa e se note, outra negándose a admitir ese paso ao estado seguinte. Non falo de formas de vestir, falar ou actuar (que tamén podería), senón do propio corpo, do físico, de asumir realidades. Prefiro mil veces antes calquera persoa da rúa (penso en miña nai e meu pai… aínda que seguramente poderían ser calquera dos vosos) que unha Preysler, unha Obregón, un Mickey Rourke ou un Arturo Fernández. Deixamos de ser quenes somos por levar unha careta? Non sabemos quenes somos? Porque mudar o rostro cando o que necesitamos é mudar o cerebro?
Envellecer non é sinónimo de AVELLENTAR e por eso temos que coidarnos na medida do posible para que cheguemos a VELLOS no momento que teñamos que facelo e non antes de tempo. A idade é como as catro estacións do ano… non por símiles en relación coas características dunhas e as etapas da outra, non, máis ben no sentido de que cada unha delas ten que ser como é… polo menos, eso é o que eu creo. Polo tanto, non teñan medo ao que non hai que telo… e déixense ARRUGAR!

Na liña que eu vexo a vellez, vena tamén máis persoas e, como sabedes (ou non) que me gusta o número 4, poño catro exemplos.
Primeiro preséntovos o que di un grande da literatura universal, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, "O segredo dunha boa vellez non é outra cousa que un pacto honrado coa soedade", con esa soedade non cun matiz de tristeza, senón como un exercicio de honestidade ante a vida, de saber quen é un mesmo… porque é nesa soedade cando estamos con nós mesmos, cando non temos que finxir, cando somos o que somos.
INGMAR BERGMAN, mestre do sétimo arte, considera que "Envellecer é como escalar unha gran montaña: mentres se sube, as forzas disminúen, pero a mirada é máis libre, a vista máis ampla e serena", e deixa claro que todo ten os seus 'pros' e os seus 'contras', todo depende dos ollos que ven.
A paz é algo que todos buscamos ao longo das nosas vidas pero segundo o que afirma ANATOLE FRANCE, novelista e Premio Novel francés, "A vellez conduce a unha tranquilidade indiferente que asegura a paz interior e exterior", é dicir, quita responsabilidades, proporciona o descanso, elimina o estrés e en definitiva, deixa que nos retiremos para vivir nun mundo do que se pode 'pasar'. (Eso sí, non esquezamos aquí que os maiores non son pais e nais dos seus netos, non son 'au pairs'… están ahí para desfrutalos e non para sufrilos… sexamos responsables, lóxicos, autónomos e xustos.
E outro xenio, neste caso da pintura, SALVADOR DALÍ, pensa que "Moitas persoas non cumpren os oitenta porque intentan durante demasiado tempo quedarse nos corenta", reflexión en relación con esa non asunción do paso do tempo que deriva en operacións estéticas que nos deixan cun par de colchonetas pintadas con Tintalux en lugar de beizos e con parches de tambor na cara e con ollos que comezan nas orellas.

Pola contra, tamén hai quen cre de forma diferente, menos vitalista, como é o caso de PLATÓN, "Teme á vellez, pois nunca ven soa". Unha visión que, a veces pode ser certa, pero que reflexa unha interpretación parcial, xa que nos tempos que vivimos, o mal ven dado en calquer etapa… e mirade unha cousa… se ven na vellez, podemos pensar que polo menos ven cando ten que vir… non hai máis… trátase de pensar.
ALBERTO MORAVIA, escritor italiano, di que "A vellez é unha enfermidade como calquera outra na cal ao final, un morre irremisiblemente". Que morremos está claro, a dose de realismo agradécese pero o de "enfermidade" é unha visión pesimista e que el debería evitar porque no seu caso, a enfermidade veulle moito antes, no período infantil, e fixo que tivera que estar recluido sen sair. Esto relátao nno seu libro "Agostino" (1944).
Outro excelente escritor, ENRIQUE JARDIEL PONCELA (que agora volve estar presente gracias á editorial Blackie Books), ponse reflexivo dicindo que "A vellez é un exceso que aumenta por días". "Exceso" pode significar 'sairse dos límites establecidos' ou 'abuso' e en ambos casos creo que non está lúcido. En primeiro lugar, el non a viviu, morreu con cincuenta anos, arruinado e deixado de lado polos amigos. En segundo lugar, penso que os excesos ao que levan é a morte antes de chegar á vellez (e non digo con esto que fose o seu caso). Discrepo totalmente entón, con aquel que no seu epitafio puxo "Se queredes os maiores eloxios, morrede!"… eu paso de eloxios.
Despídome cunha das máis xeniais mentes, OSCAR WILDE, e cunha frase súa (con moita miga) á que eu lle dou a volta (que por outra parte é o que el faría). Afirma "A traxedia da vellez non é que un sexa vello, senón que un é xove". Para min, "O BO DA VELLEZ É QUE UN, SENDO VELLO, PODE VOLVER A SER XOVE".

domingo, 2 de octubre de 2011

QUE FARÍA A HUMANIDADE PARA MERECER ESTO?


Pocholo-Isabel Preysler-Carmen Bordiu-Víctor Sandoval-Chayo Mohedano-Fran Rivera-Carmen Lomana-Kiko Matamoros-Duquesa de Alba-Lydia Lozano-María Patiño-Nacho Polo-Belén Esteban-Raquel Mosquera-Antonio David Flores-Josemi García Sieiro-Terelu Campos-Kiko Hernández-Julián Muñoz-Mario Vaquerizo-Nuria Bermúdez-Elena Tablada-Sonia Monroy-Bárbara Rey-Chabeli Iglesias-Carla Goyanes-Pitita Ridruejo-María José Campanario-Alessandro Lecquio-Marta López-Toni Genil-Yola Berrocal-Rosa de Benito-Sergio Alis-Maite Zaldívar-Karmele Marchante-Aída Nízar-Pipi Estrada-Paco Porras-Jesús Mariñas-Dinio-Loli Álvarez-Carmen Hornillos-Leonardo Dantes-Ana Obregón-Norma Duval-Rafael Medina-Luís Medina-Pepa Jiménez-Blanca Cuesta-Borja Thyssen-Jesulín-Fran-Tita Cervera-Eugenia Martínez de Irujo-Cayetano Martínez de Irujo-Leticia Sabater-Tamara-Mila Ximénez-Paris Hilton-Nani Gaitán-Raquel Bollo-Jaime Ostos-Jacobo(bo) Ostos-Miriam Sánchez-Tamara Gorro-Justin Bieber-Nacho Montes-Genoveva Casanova-Sofía Cristo-Nagore-Jorge Berrocal-Malena Gracia-Aramis Fuster-Coyote Dax-Alfonso Díez-Chelo García Cortés-Luís Rollán-Marujita Díaz-Ortega Cano-Antonio Montero-Makoke-Paloma Barrientos-Beatriz Cortázar-Belén Rodríguez-Andrés Bruguera-Maricielo Pajares-Isaac "caballito de mar"-Ivonne Reyes-Rafa Mora-Cari Lapique-Amador Mohedano-Jorge Javier Vázquez-Jaime Cantizano-Paloma García Pelayo-Marina Danko-Marina Castaño-Sara Montiel-Jose Manuel Parada-Jimmy Giménez Arnau-Fosky-Mari Ángeles Grajal-Jaime Peñafiel-Antonio Tejado-José Campos-Isabel Pantoja...

Moitas cousas malas levamos feito e aquí temos todo o carbón...

domingo, 25 de septiembre de 2011

R.E.M.



Creo que a maioria das persoas que me coñecen saben do meu gusto por R.E.M. (ou non), unha das primeiras bandas que escoitei voluntariamente e que me acompañou durante os anos que levo vividos, que xa son trinta, trinta bos e intensos anos que deron para xogar a fútbol, un breve escarceo co taekwondo, a baloncesto, facer atletismo, cross, aprender inglés en Anjo, ter un bo grupo de amigos e un par de noivas, experimentar coas rapazas, abrir a cabeza contra o marco da porta da miña habitación, un par de accidentes de scooter, romper un dente contra o fondo dunha piscina ás oito da mañán, viaxar, vivir en bastantes lugares, estudar educación física e psicopedagoxía, aprender a cociñar, entusiasmarme cos viños e a restauración, afondar no mundo blogger, desfrutar da familia, traballar de camareiro, de barman, dando cursos de relaxación, montando parques, facendo enquisas, de mestre e, en definitva, vivindo e convertíndome no tipo que son.

Ao longo de todas esas cousas, a banda de Athens (Georgia) estivo ao meu carón, desfrutando e soportando os diferentes estados de ánimo, momentos varios, fieles sempre mutuamente, disco tras disco, día tras día, o un co outro.
Michael Stipe, Peter Buck, Mike Mills e Bill Berry foron os fundadores do grupo pero tan só os tres primeiros continuarían ata o final. O delgado pelado, o rubio con cara de pampo e o das gafas de sol.

R.E.M., o seu nome, ven de "Rapid Eye Movement" (que curiosamente é algo que estudei na carreira) que é unha das fases do soño concretamente a quinta. O soño está composto por ciclos que se repiten. Cada ciclo, fórmase dunha Fase Non REM con catro subfases (dúas de sono lixeiro e dúas de sono profundo) e dunha fase REM, última de cada un dos ciclos e que enlaza co comezo do novo ciclo (subfase 1 da Fase Non REM). A que interesa é a REM, aquela na que a relaxación muscular é case total e unha actividade cerebral similar á de cando estamos despertos. Dise que xeralemente é nesta fase na que temos os soños. O significado non pode ser máis real porque escoitalos é como calquera deses soños.

Dos seus catorce álbumes de estudo, teño once orixinais que me pasean por toda a súa historia. Desde os fantásticos e auténticos anos de I.R.S. ata o Warner actual e non son capaz de quedarme con ningún, todos son un "todo" que forma parte de min. Supoño que eso é o que pasa cando queres tanto a un grupo. "Murmur" (1983) coas impresionantes "Radio Free Europe", "Talk About The Passion", "Perfect Circle" e "There She Goes Again". "Reckoning" (1984) con temas como "So Central Rain", "Pretty Persuasion" e "Time After Time". "Lifes Rich Pageant" (1986) e as marabillas "I Believe", "These Days" e "Dream (All I Have To Do)". "Dead Letter Office" (1987), con rarezas e caras b. "Document" (1987) onde están "The One I Love", "It's The End Of The World As We Know It (And I Feel Fine)" e "Finest Worksong". "Green" (1988), o de "Orange Crush", "Stand" ou "Pop Song". "Out Of Time" (1991), pode que o seu disco máis coñecido con clásicos como "Losing My Religion" e "Shiny Happy People". "Automatic For The People"(1992) e "Drive", "Everybody Hurts", "Man On The Moon" e "Nightswimming". O cambio de tercio co "Monster" (1994) de "What's The Frequency, Kenneth?" ou "Star 69". O pouco recoñecido "New Adventures In Hi-Fi" (1996) con "E-Bow The Letter", "Leave", "So Fast, So Numb" e "Electrolite". E "Reveal" (2001) con "The Lifting", "Imitation Of Life" e "All The Way To Reno (You're Gonna Be A Star)".

Agora, anuncian a súa retirada dos escenarios, déixanme só co resto de bandas que me gustan… vai ser como se me faltase un pedazo de corazón… pero sempre me quedarán eses discos… e ese DVD de "Perfect Square" desde Berlín cunha actuación en directo memorable e o documental "A Stirling Performance" co pobo de William Wallace de fondo. Como vos desfrutei R.E.M.! Canto vos vou botar de menos… "É o fin do mundo tal e como o coñeciamos…" e non me sinto ben.

Non estou preparado para o que se aveciña, o marketing máis agresivo lanzando recopilatorios e cousas conmemorativas… teño deles xusto o que quero…

Nestes tempos nos que todo vai tan rápido e a autenticidade está en perigo de estinción en favor dun postureo de "nova banda cool para os máis áxiles" que caduca á semana (ata a aparición do seguinte 'hype'), declárome fan de R.E.M., polos séculos dos séculos.

Gracias por todo señores!

domingo, 18 de septiembre de 2011

SPOTIFY



O mecánico Mike Mechanic cansouse de traballar no seu taller e conseguiu un novo choio ideando as cuñas publicitarias para Spotify. Non sabía moi ben de que ía o tema pero a idea atraíao. Era un usuario activo do programa e, a verdade é que en moitas ocasións esas interrupcións entre canción e canción inflábanlle as pelotas dunha maneira que só el sabía. Facíalle gracia contribuir nese pequeno espazo para a creatividade comecial tentando que os que escoitan música non se crispen.

Unha noite de outono, na súa pequena habitación chegoulle vía mail o primeiro encargo. Tiña que traballar a partir dunha serie de palabras que lle daban e estas foron "cigarros Cándido", "chicas" e "seguridad". Púxose mans á obra e enseguida sacou o seguinte anuncio:
Voz de Home: ¡Hola cariño! ¿Te apetece un Cándido?
Voz de Muller: ¿Un cándido fin de semana en Roma? Por supuesto.
VdH: Jajajajajaja… no mujer… ¿No conoces los Cándidos? Son los nuevos cigarros bajos en nicotina y con todo el sabor original del tabaco americano…
VdM: ¡Oooooh! Con menos nicotina, ¿dices? Déjame probar una calada…
VdH: ¿Estás de broma? ¿Una calada? Pero si son los pitillos más baratos del mercado… Toma uno anda…
VdM: Muchas gracias… eeeeeh…
VdH: Fran… mi nombre es Fran.
VdM: Fraaaaan… me gusta…
VdH: ¿El tabaco o mi nombre?
VdM: Ambos.
VdH: ¿Que te parece si nos tomamos un Licor 43 en la barra y después una burguer en mi apartamento?
VdM: Mmmmmm… suena bien…
Voz en Off: Cigarros Cándido, saludables para nuestro organismo y alegres para nuestro cuerpo.

Tres días máis tarde recibiu o seguinte encargo despois de ser felicitado pola compañía polo traballo coa marca de cigarros. Tocaba agora algo con "Nocilla", "familia" e "vida sana". Non tardou en convertir en éxito o seguinte anuncio:
Neno Pequeno: Mama, mama… quiero merendar… ¡cómprame chuches!
Madre: Chuches no cariño que te caerán los dientes…
NP: ¡Joooooo! Veeeeenga… porfi…
M: Mira, tengo aqui una cosa que te va a gustar… es como una chuche pero más sana.
NP: ¿Y que es mami?
M: Una estupenda rebanada de pan con Nocilla.
NP: ¿Nocilla? ¿Que es eso?
M: Pues… cacao, avellanas, leche y azúcar.
NP: Vale… ¿y le puedo echar Chetos?
M: No hijo… Chetos no que te pones como una maraca.
NP: Mmmmmm… riquísimo… ¡La Nocilla mola mucho mami!
M: Claro amor mio… jajajajaja...
NP: Jajajajaja…
Voz en Off: Leche, cacao, avellanas, azúcar… y sin cucurucho¡La Nocilla mola mucho!

"¡Buen trabajo señor Mechanic!" - lle decían seguido os sus xefes. E el veña anuncios… ata que chegou a súa consagración definitiva cunha cuña sobre seguros. Recibiu o e-mail cos termos "Complejos vitamínicos Wes Creivin", "salud", "cansancio" e "natural". A continuación, o anuncio:
Voz de Home: ¡No aguanto más! Estoy cansadísimo… toda la semana trabajando y llega el Viernes y no tengo fuerzas ni para tomar unas cervecitas…
Voz de Amigo: ¡Joder Juan! Estás muy viejo… la edad te está pasando factura…
VdH: No digas eso… si tu tuvieras la presión que tengo que soportar en el chollo… eso no hay cuerpo que lo aguante…
VdA: Pero tio… ¿acaso no conoces las pastillas de Wes Creivin?
VdH: Eeeeeeeh… ¿esas que son, las nuevas Mitsubishi?
VdA: ¡Que va! Wes Creivin es un complejo vitamínico que revitaliza cuerpo, mente, espíritu y… el cimbrel, claro…
VdH: ¡Hostia puta! ¿Y donde pillas esa mierda? ¿En el poblao?
VdA: Juanitooooo… que se vende en farmacias… que son legales…
VdH: Bueno, bueno, bueno… como evolucionamos, ¿verdad? Speed de venta en farmacias… ¡Ya era hora!
VdA: ¡Y dale! Que son todo compuestos naturales… ginseng, miel, naranjas, kiwis y unto.
VdH: ¡Dios bendito! Pero esa mezcla… Debe de ser nociva para la salud…
VdA:¿Estás de coña? Son todo productos sanísimos presentes en toda dieta saludable…
VdH: A ver… dame uno.
VdA: Casualmente llevo aquí media 'ducia'. ¡Toma!
VdH: ¡Que buenas están! Saben a macedonia con caldo de berza… ¡Y que subidón… la virgen santa!
VdA: Si ¿eh?
VdH: ¡Vamos a tomar unos gin & tonics!
VdA: Pero si son las once de la mañana Juan…
Voz en Off: Si te faltan fuerzas, lo que necesitas es el complejo vitamínico Wes Creivin. En ampollas de quinientos y ochocientos miligramos. Natural, sencillo y ahora en tu farmacia.

O éxito de Mike foi aumentando e non tardou en facer fortuna coas súas cuñas para Spotify, para radio e para campos de fútbol. Convertiuse nun gurú da comunicación e da publicidade e os seus anuncios en Spotify supuxeron un cambio na concepción do programa, os usuarios comezaron a descargar os anuncios e non a música. Foi un revolucionario dos medios, o Andy Warhol das ondas.

domingo, 11 de septiembre de 2011

CONEXIÓN FROUXEIRA


XAQUÍN: E a quen lle importa eso tío? A min non eh! Non me importa unha merda… é que… tes cada cousa… estar aquí de puta madre, tranquilamente e vesme con este conto. En que carallo tarás pensando? Non ves que non é o momento? Non sabes desfrutar do que ves? Deixarte levar…
ROMARIO: Joder! Tranquilo tío! Non é pa tanto… é sólo unha pregunta… non che parece interesante, ou que?
XAQUÍN: Interesante dices? Buffff! Mira… non me jodas, vale?
ROMARIO: Pois a min paréceme guai para poñer no muro de Facebook en plan guai… e que a xente vaia comentando… e chegar aos cincuenta comentarios ou por ahí.
XAQUÍN: Cincuenta hostias che daba eu. A ti paréceche normal estar aquí arriba… na Frouxeira… neste monte tan bonito… con estas vistas… coa historia que ten este lugar… e ter os huevos de abrir a boca pa decir esa chorrada…
ROMARIO: Estás esaxerando, tío!
XAQUÍN: Mira… se é outro, tírate embaixo… eu porque son o teu colega…
ROMARIO: Xa vexo… a ti sólo che parecen boas preguntas as túas… e veña encher o teu muro con preguntas… pois esta mola!
XAQUÍN: Queres abrir os ollos e calar xa? Contempla a paisaxe.
ROMARIO: Xa sei o que pasa aquí. Jódeche que se me ocurrira unha pregunta tan intelectual…
XAQUÍN: Si… moito!
ROMARIO: Pois si chaval! Nótaseche ás leguas. Son un puto crack! E vouno poñer tamén no Twitter. Vouno convertir nun puto 'trending topic' deses. Vou ser o crack da semana nos Tweets.
XAQUÍN: Vas…
ROMARIO: Xa cho direi.
XAQUÍN: O que vas é convertirte na pailana da semana.
ROMARIO: Xa falaremos… de nada vale que mo digas ahora… as cousas veranse no seu debido tempo.
XAQUÍN: Tasme rompendo a cabeza, tio! Déixao xa!
ROMARIO: Son o puto jefeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee! - Berra cos brazos extendidos e de pé na rocha máis alta.
XAQUÍN: É que hai que ser gilipollas… jodícheme o momento… co ben que estaba eu aquí vendo desde Alfoz a Foz… que xa me sentía eu coma Pardo de Cela…
ROMARIO: E ese cal era? C1 logo?
XAQUÍN: Como que C1?
ROMARIO: Pardo de Cela… era dos celas de Santa Cecilia, ou?
XAQUÍN: Vaite a merda anda! Casi te prefiero de pesado coas túas preguntas que con estes vaciles cutres…
ROMARIO: Ves! Admites que foi unha boa pregunta…
XAQUÍN: E dalle! Vas ir pa baixo eh! Estoute avisando… estasme quentando moito a cabeza… e vaime dar algo… Tes por ahí un Neobrufen?
ROMARIO: No. Dios! A ver… en serio… contesta… é posible?
XAQUÍN: Jodeeeeeeeer! Que me dá igual, que non me importa… outra vez? Paréceme unha chorrada enorme… o que non sei é que fas pensando nesas cousas…
ROMARIO: Hai que actualizarse chaval… meterse na onda… estar ao día…
XAQUÍN: Estar ao día? De que? Si levas unha camisa de teu pai… por favor…
ROMARIO: Estilo vintage que o lin nunha revista de miña irmá.
XAQUÍN: Dame mal…
ROMARIO: Pois que che dé pero xa me contarás mañá no Face e no Twitter cando poña: "Es posible el concepto indie-mainstream?"
XAQUÍN: Bueno… acabouse… lárgome… e tú non baixas no meu coche… xa tas chamando a túa irmá… ou a un indie… ou á virgen santísima!
ROMARIO: Non te poñas así… a ver oh! Espera! Espera!

domingo, 4 de septiembre de 2011

ZAPPING DUN MARTES 30 DE AGOSTO


17:17h.-TVE1-Eva Luna (Telenovela). Rapaza de inicial clase baixa, que despois de casarse cun rico, está na piscina, nunha tumbona tomando un daikiri e tratando mal ao servizo.

17:19h.-LA 2-Los Extraños de África. Crocodilos crías son comidos polos varanos (especie de lagarto). Logo empezan a sair os hipopótamos rosa.

17:21h.-ANTENA 3-El Secreto de Puente Viejo. A ex de Imanol Arias e un tipo falan do seu amor e de deixar traballo a un lado e irse a Arxentina continuar a súa historia. "Tú y yo juntos para siempre(…) ven conmigo, lo superaremos los dos".

17:23h.-CUATRO-NCIS:Los Angeles. A todo gas. Chris O'Donnel e os seus compañeiros de traballo, polis, falan de autopistas.

17:24h.-TELE CINCO-Sálvame. Terelu, Raquel Bollo, Lydia Lozano, María Teresa Campos, Kiko Hernández, Matamoros falan na sección do rincón do espectador no que escoitan críticas dos televidentes.

17:26h.- LA SEXTA-Bones. Os dous protas falando-coqueteando en camisetas de tirantes nunha sala moi extraña.

17:27h.-TVG PONTEVEDRA-A solaina de verán. Reportaxe sobre vestidos de noiva.

17:28h.-TVG2-Xabarín Club. Serie de animación sobre o conto dos tres porquiños. Moi guai, a verdade.

17:30h.-TDP-Ciclismo,Vuelta a España 2011. Ataque dun corredor irlandés que provoca algún corte. Comentan Perico e compañía.

17:31h.-MARCA TV-Eurobasket 2011. Grecia 25-Bosnia 26. Os comentaristas falan de chorradas.

17:32h.-24H- La tarde en 24 horas. Fala Montoro, o do PP, sobre o Pacto para a reforma constitucional.

17:33h.- VTELEVISIÓN-Pop Corn. Programa sobre videos divertidos ao estilo "Videos de Primera".

17:35h.-INTERECONOMÍA- Los Clones. Unha pardilla que vai de lista dá paso a un video que parodia o programa "Redes" para explicar a reforma laboral. Por deus!

17:37h.-NOVA-Los herederos del monte. Telenovela na que sae unha muller cun dos "Pasión de Gavilanes", onde el lle promete a ela que a coidará como se merece, cun primeiro plano nos ollos do home e música tensa.

17:38h.-NEOX-Como conocí a vuestra madre. Un rapaz e unha rapaza, que parece que se gustan, pídense perdón e dícense cousas bonitas. El é arquiteto.

17:39h.-CLAN-Las nuevas aventuras del Pájaro Loco. Alí está el nunha moto evitando as artimañas dun buitre e un canario que queren adormecelo sen éxito.

17:41h.-DISNEY CHANNEL-Kuzco: Un emperador en el cole. Canción de inicio dos debuxos.

17:42h.-BOING-Doraemon. Ahí vai andando Novita pasando de todo Dios mentres os seus amigos se preguntan o motivo. Doraemon está na casa cunha pranta que graba voces do entorno e que oe o que dixeron antes.

17:44h.-NITRO-Colombo. O detective e un barbudo conversan sobre unhas huellas. Colombo pon caras raras, cun lápis na boca e co puro entre os dedos.

17:45h.-LOCALIA VIGO-Programa sobre a humanización das persoas na súa loita pola terra propia en Brasil. Ten moi boa pinta.

17:46h.-MTV-Cazados. O programa de Ashton Kutcher de cámaras ocultas a famosas. Esta vez tócalle a Halle Berry. Aparece Penélope Cruz nunha entrevista sobre higiene.

17:49h.-LA 10-Orgullo. Serie de época na que unha muller enfronte dun espello charla cun home sobre ir á misa.

17:50h.-LA SIETE-Mujeres y hombres y viceversa. Pipi e Miriam Sánchez "Lapiedra" fanse bromas mentres as tronistas alucinan.

17:51h.-FDF-Caso Abierto. Un negro e unha branca falan nun concerto dentro dunha comuna hippie, nunha imaxe desas de lembranza de época pasada. Despois a imaxe volve ao presente e continúan coa resolución do caso.

17:54h.-POPULAR TV GALICIA-Te damos la tarde. Programa de debate que non vale nin para tomar polo cú. Fala por teléfono Antonio Gutiérrez mentres os máis frikies comentaristas (Cristina García Hirschfield, a ex de Camilo José Cela e demáis cachorritas peperas) atenden xestualizando.

17:55h.-DIVINITY-Mujeres Desesperadas. A rubia fea e o home falan sobre como actuar cos seus fillos para que non se lles suban á chepa.

17:57h.-LA SEXTA 2-Este es mi barrio. Están nunha tenda de mantillas que rexenta unha asturiana na zona centro de Santa Cruz de Tenerife.

17:58h.-LA SEXTA 3-Bailando con lobos. Un membro do exército fala con outros homes sobre a unión do grupo nos malos momentos. Deixan o exército desesperanzados.

18:00h.-AXN-Non se ve.

18:00h.-TELETIENDA-Rinair. Un respirador nasal anatómico que fai que entre maior cantidade de osíxeno nos pulmóns.

18:01h.-GOL TELEVISIÓN-Non se ve.

18:02h.-LA TIENDA EN CASA-Gym Form Dual Shaper. O mítico abdominator para poñerse a tope, con maleta de deporte, cinta métrica, dous electrodos e dvd's de regalo.

18:04h.-CANAL+ 2-Non se ve.

lunes, 29 de agosto de 2011

ESAS COUSAS QUE VOS QUERO PREGUNTAR

Parécemo a min ou moitos andaluces crense simpáticos soamente por ter ese acento?

Por que a maioria de rapaces tuning saen con rapazas que traballan en salóns de peiteados?

Que proporción será maior… a de galegos coa pegatina GZ no coche ou a de asturianos coa cruz amarela?

Hai algo mais feo neste mundo que a perilla de segurata?

Quen ten máis barba, Jorge Javier Vázquez ou Chuck Norris?

Cando pensades na barba de Chuck Norris… a imaxe que vedes é unha moqueta marrón?

Credes na maxia do triángulo vital "sexo-comer-cagar"?

Hai algo mais obvio que os complexos de José Mourinho?

Non vos parece que está moi normalizado eso de que te exploten no traballo e ter que dar gracias por elo?

Que é máis bonito que unha braga branca microperforada?

Mataríades a alguén se o acto non tivese consecuencia?

Que anuncio vos pon máis dos nervios… o de Wipp Express ou o de Ligeresa?

Non leva Claudia Schiffer sendo toda a puta vida igual?

Tamén credes que a Cuore emprega o Photoshop para empeorar ás celebrities?

Pensades que a Cuore é a mellor revista para ter no baño?

Eso de "non cantes… que vai chover" está pasadísimo, verdade?

Se comes moito, a polla non engorda, non?

Non vos gustaría ter un chimpancé como mascota?

Hai algún tipo que se equivoque máis indo de guapo e bo mozo que Aznar?

Vistes algunha peli de Van Damme na que non se escachara?

Hai algunha mentira máis idiota que cando entrevistan a un madrileño para a tv nun restaurante galego en verán e di eso de "esto también lo tenemos allí, eh!"?

Hai que ter bigote para ser moi, moi, moi, moi, moi, moi moderno? Ou hai que telo só para ser moi, moi moderno?

Que é de OBK?

Por que teño que escoitar a palabra "estramonio" cen veces esta semana sen querelo?

Quen inventou (e se quedou tan tranquilo) eso de "Curuña, la ciudad en la que nadie es forastero"?

Un gin&tonic de pola tarde… só me pon a min cachondo?

Non cansa moito xa o rollo de A Mariña Lucense e o clima?

En verán só se pode ir a Ibiza?

Non son as tendas de campaña Quechua o mellor produto deste século?

Por que moitas mulleres comezan a vivir como queren cando lles morren os seus homes?

Non vos dan mal rollo as persoas que usan seguido refráns?

Deixaríades que vos mexara encima Falete se vos pica unha medusa?

Hai algo máis guai que ser tranquilo?

Por que moitas rapazas confundiron a madurez co aburrimento?

Que quere dicir que no trinta aniversario che regalen un skate longboard? A ver se te matas e me deixas tranquila? Regalo para que non me sinta vello? Que?

Que é máis horrible que o trikini?

Por que volve a estar de moda o rap?

Non vos molaría ser negro para ter "hermanos"?

Por que hai tanta xente de cor laranxa pola rúa ultimamente?

Non é unha merda a Maruxaina?

Hai algo máis alternativo que cagarse en dios nunha conversa?

Que triste reducción de éxito terá un rapaz que ligue en galego en Coruña?

Cantas mentiras costa facer sentir especial a unha muller? E a un home?

Cantos calzoncillos teño? 100?

Foi este o peor verán da historia?

Que hai máis molón que unhas brochetas de tomate cherry e queixo fresco antes dunha tortilla?

Hai mellor plan que ver o Barça un sábado pola noite?

Beber champagne Viuvé Clicquot directamente do peito dunha muller?

Corremos o ano que ven a maratón de New York?

Morreu Ben Johnson?

É Paquirrín riquiño?

Cal é mellor nome para un club? "Azúcar"? "Vanessa"? "LaCona"? "Aquí esbara"? Ou "Suavecito"?

Quedan ben as gafas de sol indo en pelotas?

Pódese xogar a pelota vasca na frente do presentador de "Enemigos Íntimos"?

Son obrigatorias as dilatacións se levas tatuaxes?

Ten un bo polbo o neoliberalismo?

Que pesa máis un quilo de pipas ou un de alma?

Vale de algo peitearse pola mañá se vas á praia pola tarde?

Son máis listos os calvos?

Quen foi o guai que inventou palabras como "nembargantes" ou "coido"?

O de "Gallegos y asturianos, primos hermanos"… quen o dixo por primeira vez? Un galego ou un asturiano?

Alguén deixou as lentellas sen comer cando lle dixeron o de "… si no las quieres, las dejas"?