domingo, 30 de septiembre de 2012

+ COUSAS


Rajoy di que os bos cidadáns son os que se quedan na casa e os malos os que se manifestan a expresan o seu punto de vista ante situacións inxustas. Non o podía crer… que surrealismo tan grande! Logo penseino mellor e entendín o que quería dicir, claro, que os bos son os que se deixan dar ben polo cú. Eso de moverse non resulta cómodo verdade? Vai a un logopeda dunha santa vez e déixate de xudgar tanto ás persoas moralmente anda… Quen diaños te cres ti para sentar cátedra ética? Que ir á misa os domingos non te convirte nunha boa persoa… máis ben en todo o contrario…
Eu sempre pertencerei a eses malos aos que ti fas referencia… e irei para o inferno… que alí estase moito mellor que no teu puto ceo… o malo é o calor… aínda que cuns mojitos levarase ben…

Os PePeteiros do goberno (Cristina Cifuentes e Jorge Fernández Díaz) saíron tamén dicindo que a actuación policial ante a manifestación do 25S foi "exemplar" e "magnífica". Meu Deus! Policías golpeando de máis, policías rodeando cando tiñan que estar en liña custodiando, policías disparando bolas de goma dentro da estación de Atocha, na mesma estación na que golpearon a xente que agardaba polos seu tren, policías infiltrados creando conflicto para iniciar e xustificar unha carga desmedida, policías que falan en foros en termos de vergoña sobre como actuar… Pero de que estamos falando? Chegamos a un punto no que, aquí un minte e dá igual. Esa actuación ten que ser investigada e xudgada severamente porque se cometeron moitos erros.

E falando de mintir… imaxinade que vos obrigan a ir a comer a un restaurante, pagades oitenta euros por un menú que non vos dan e que é sustituído por pan duro, produtos caducados e sobras de outros, ademais non hai posibilidade de reclamación… fastidiado verdade? Pois exactamente eso é o que sucede con este goberno. Votas nunhas eleccións cada catro anos por un partido que presenta un programa que incumple a diario (ou sexa, que estafa) e que obriga a manter silencio a base de leña da boa.

Este goberno do Partido Popular (popular?) está empeñado no carallo da austeridade como se fose a chave das noces cando continuamente se demostra que con esas políticas non se vai a ningures (véxase a situación dos veciños portugueses ou dos gregos…). Fóra caretas que non estamos en entroido! O que queren é afundir aos máis débiles economicamente para poder seguir eles mandando no mundo e explotando aos traballadores. 
Aínda que désemos o seu argumento por bo,  é convinte que non confundiran austeridade con dignidade porque o que aquí se está a vivir é unha perda total e absoluta da mesma. 

Para rematar, sácanme un pouco das casiñas ese rollo de que os insultos descalifican a quen os di. Pero que estamos? Tolos? Ou sexa, que a violencia institucional que se está dando é elegante, deixa en bo lugar a quen a comete pero unha persoa á que botan do traballo mentres a súa empresa ten beneficios, que é desahuciada por Bankia (mentres paga o seu rescate con impostos), que ten que pagar por cousas que antes eran dereitos universais, que recibe hostias por manifestar pacificamente un punto de vista diferente na rúa… non pode chamarlles FILLOS DE PUTA? Canto menos deixade ese dereito. O dereito ao insulto.

E un aviso. Son unha persoa pacífica. Creo na convivencia e no entendemento. Agora ben, se por demostrar o meu xusto descontento baixo o dereito de manifestación e libre expresión, recibo eu ou alguén que quero golpes por parte das forzas e corpos de seguridade do estado, teño claro que levarei a paliza do século pero o que deu a primeira vai levar que contar. E non é unha ameaza, é un aviso.

lunes, 24 de septiembre de 2012

DÍAS DE BRAGAS

Algodón branco, microperforación, un aderezo de puntilla, pel suave, unha lixeira transparencia, o cheiro da roupa limpa, dos sexos, domingo pola tarde, unha alfombra no chan, chocolate para despois, silencio, pupilas dilatadas, boca aberta, ritmo de caracol, The XX de fondo, nin rastro de Barry White, pausas para mirar, doces humidades, cantos de gorxa, beizos que se apretan, a tea nos nocellos, calor, a dureza do cabelo, esa cor, ameixa ao vapor, tesoiras que te apretan sen cortar, luces naturais...

martes, 18 de septiembre de 2012

ALGÚNS APUNTES SOBRE A ACTUALIDADE NEOLIBERAL

Primeiro asunto.
Foi unha nova e unha sorpresa estes días a dimisión da señora Esperanza Aguirre como presidenta da comunidade de Madrid. Todos os medios de comunicación nacionais se fixeron eco do que entendían era de interese público... e sí que o era...
Con bágoas nos ollos (que non me creo, por certo... será que son un puto tipo cruel... da talla de Herodes polo menos) dicía "adeus!" a décadas de servizo público (?) despois de ser elixida dunha maneira totalmente fraudulenta coa compra daqueles dous sinvergoñas fuxitivos do bando rival.
E de inmediato, as reaccións. Núñez Feijoó remataba a súa intervención cun "se eses son os seus motivos reais...". Gómez, socialista, púxose tenro e enterrou un minuto a brosa de guerra. Algunhas políticas de variada ideoloxía mostraba o seu desagrado pola perda dun activo feminino no terreo de poder. E os tertulianos ao seu, a dicir o de sempre. As redes sociais botaron fume no día de onte.
Eu chego ás miñas propias conclusións.
Unha. Con Esperanza en espantada, esa comunidade e esa preciosa cidade quedan dirixidos por dous cargos, Ignacio González (do clube da gomina) e a miña querida Ana Botella (esa alcaldesa tan lúcida e brilante...) que non foron elixidos polos cidadáns. Que acto de democracia!
Dúas. Non entendo ese feminismo mal entendido dalgunhas compañeiras que prima o xénero ante as súas accións de goberno totalitaristas, xenófobas, anti-público e de perda de liberdade para as mulleres.
Tres. Paso de valorar se Eurovegas ten algo que ver na súa decisión, non me importa. O que me interesa é que o proxecto se concedeu sendo unha merda pinchada nun pau e cedendo ante todas as esixencias antilexislativas do peixe gordo estadounidense. Penoso! Pero nada, aínda hai quen aplaude.
E catro. A miña teoría particular é que a señora en cuestión retírase de primeira liña un tempo (que pode ser un ano, máis ou menos) ata que lle corten a cabeza a Mariano Rajoy polo enorme peso das súas medidas impopulares e así poder optar á presidencia dun país que cada vez toca máis a pandereta. É dicir, mentres Mariano se fai un lío cos seus estraños e particulares fonemas, mentres cada día redunda máis en argumentos valeiros e mentiras de verdade, mentres se perde no seu tinte de cabelo, Espe postula para o seu novo cargo preparada para poñer en marcha as medidas máis restrictivas que lle cheguen de Alemania e máis.

Segundo asunto.
Encántame a preconización dos dirixentes galegos populares acerca do ben que está a situación galega a nivel económico e social. Feijoó e compaña non paran de chufar... e digo eu, se todo está tan ben... que carallo fan logo recortando desta maneira? Por que motivo non nos deixou estar como estábamos en lugar de afundir a educación, a sanidade, as clases medias e baixas, o sector naval, o cultural ou as axudas á dependencia?
Se vos fórades á merda!

Terceiro asunto.
E para rematar, Mario Conde, ese ladrón exdelincuente (dise así, non?) que na súa presentación de candidatura en Galicia fixo unha especie de monólogo sen graza ningunha no que nos deixaba aos galegos como uns imbéciles empregando para a labor un acento que non sei de onde sacou.
Gustaríame preguntarlle se ese pelo cambia de estado algunha vez, na cama por exemplo. Se o porculizaron no cárcere. Se esa cara de rancio é consecuencia do ridículo que resulta velo. Se vai os domingos á misa. Ou se lle gusta o puré de pataca.

En resume, cousas da dereita... da puta dereita, da que nos mata cada día, da que emprega esa "violencia institucional" para acabar cos que non son como eles.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

IMBÉCIL

Foie gras? Sí… e tu? Eu… non… é moi graso. Que prefires logo? Leituga? Non sei… tes un boli? Un boli? Sí, un boli. Deixa que mire na cociña… Se non atopas un váleme tamén unha pluma… Nada! Teño unha goma… Perfecto! Pero para que a queres? Para borrar todas as lembranzas que teño contigo. Joder! Por? Porque me dá a gana. Como queiras… E entón… o do boli? Para apuntar na man que eras un imbécil. Estás un pouco rara hoxe, non? Eu? Que va! Estou normal. O que pasa é que non te podo ver… Pois a verdade é que é unha boa forma de dicilo… gracias! De nada.

viernes, 7 de septiembre de 2012

CONFIANZA

Onde fuches puta? Con quen me deixaches? Que foi o que fixen? Cubres todo de néboa baixa cando che ven en gana. Afogas os peixes ao sol por mero pasatempo. Cantas coas sireas, soa, sen compaña, núa, agardando a ninguén. Nunha ocasión vinte ao lonxe... e despois… o mañá. Ameazas torturando, chantas pena na alma, deixas luces acesas e vaste. Quérote comigo! Abandóate e entrégate! Fuxe de ti!