domingo, 30 de septiembre de 2012

+ COUSAS


Rajoy di que os bos cidadáns son os que se quedan na casa e os malos os que se manifestan a expresan o seu punto de vista ante situacións inxustas. Non o podía crer… que surrealismo tan grande! Logo penseino mellor e entendín o que quería dicir, claro, que os bos son os que se deixan dar ben polo cú. Eso de moverse non resulta cómodo verdade? Vai a un logopeda dunha santa vez e déixate de xudgar tanto ás persoas moralmente anda… Quen diaños te cres ti para sentar cátedra ética? Que ir á misa os domingos non te convirte nunha boa persoa… máis ben en todo o contrario…
Eu sempre pertencerei a eses malos aos que ti fas referencia… e irei para o inferno… que alí estase moito mellor que no teu puto ceo… o malo é o calor… aínda que cuns mojitos levarase ben…

Os PePeteiros do goberno (Cristina Cifuentes e Jorge Fernández Díaz) saíron tamén dicindo que a actuación policial ante a manifestación do 25S foi "exemplar" e "magnífica". Meu Deus! Policías golpeando de máis, policías rodeando cando tiñan que estar en liña custodiando, policías disparando bolas de goma dentro da estación de Atocha, na mesma estación na que golpearon a xente que agardaba polos seu tren, policías infiltrados creando conflicto para iniciar e xustificar unha carga desmedida, policías que falan en foros en termos de vergoña sobre como actuar… Pero de que estamos falando? Chegamos a un punto no que, aquí un minte e dá igual. Esa actuación ten que ser investigada e xudgada severamente porque se cometeron moitos erros.

E falando de mintir… imaxinade que vos obrigan a ir a comer a un restaurante, pagades oitenta euros por un menú que non vos dan e que é sustituído por pan duro, produtos caducados e sobras de outros, ademais non hai posibilidade de reclamación… fastidiado verdade? Pois exactamente eso é o que sucede con este goberno. Votas nunhas eleccións cada catro anos por un partido que presenta un programa que incumple a diario (ou sexa, que estafa) e que obriga a manter silencio a base de leña da boa.

Este goberno do Partido Popular (popular?) está empeñado no carallo da austeridade como se fose a chave das noces cando continuamente se demostra que con esas políticas non se vai a ningures (véxase a situación dos veciños portugueses ou dos gregos…). Fóra caretas que non estamos en entroido! O que queren é afundir aos máis débiles economicamente para poder seguir eles mandando no mundo e explotando aos traballadores. 
Aínda que désemos o seu argumento por bo,  é convinte que non confundiran austeridade con dignidade porque o que aquí se está a vivir é unha perda total e absoluta da mesma. 

Para rematar, sácanme un pouco das casiñas ese rollo de que os insultos descalifican a quen os di. Pero que estamos? Tolos? Ou sexa, que a violencia institucional que se está dando é elegante, deixa en bo lugar a quen a comete pero unha persoa á que botan do traballo mentres a súa empresa ten beneficios, que é desahuciada por Bankia (mentres paga o seu rescate con impostos), que ten que pagar por cousas que antes eran dereitos universais, que recibe hostias por manifestar pacificamente un punto de vista diferente na rúa… non pode chamarlles FILLOS DE PUTA? Canto menos deixade ese dereito. O dereito ao insulto.

E un aviso. Son unha persoa pacífica. Creo na convivencia e no entendemento. Agora ben, se por demostrar o meu xusto descontento baixo o dereito de manifestación e libre expresión, recibo eu ou alguén que quero golpes por parte das forzas e corpos de seguridade do estado, teño claro que levarei a paliza do século pero o que deu a primeira vai levar que contar. E non é unha ameaza, é un aviso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario