domingo, 7 de octubre de 2012

APUNTANDO...


Esta semana chegoume un WhatsApp dun amigo e colega de traballo, mestre, acerca da multitude de recortes ao profesorado que contemplaba a nova lei de educación, a LOMCE, do asasino pedagóxico Ignacio Wert e compaña. 
Baixada de soldo, reducción do período vacacional, aumento de horarios, recortes económicos nos períodos de baixa… unha serie de medidas que a lei non contempla pero que moitas delas xa se nos foron aplicadas con anterioridade (con ambos gobernos).
É unha mensaxe bulo do tipo "comparte" animando a unha folga indefinida do sector que comigo non cola… a min non ma meten… porque basicamente sei ler. 
Todo sae, sospeito, de entornos ligados á administración para crear un determinado efecto no profesorado. Tentan pintar o panorama moi mal (peor aínda do que está… que xa é dicir…) para que logo, cando descubramos a realidade lexislativa descubramos que as cousas son mellor do que pensábamos. Son como raposos… ou como zorras… pero repito, non cola. O cal non quita para darse conta de que esta lei é restrictiva, elitista, segregadora, mercantilista e sinWertgoña… unha merda falando claro… como a maioría das medidas que toma esta tropa que non sirven para absolutamente nada de proveito, tan só pero continuar afondando na diferencia social e económica.
Malos tempos para todos aqueles que apostamos pola igualdade de oportunidades, polos dereitos dos cidadáns a desenvolverse sen importar a conta corrente, e en definitiva por unha sociedade xusta e democrática.


Cambiando de tema, faime moitísima graza o arranque da multi-salario María Dolores de Cospedal (que cachondo me poñen estes apelidos compostos!) con respecto á defensa a ultranza que o seu partido fará contra todos aqueles que simplemente plantexen a posibilidade (de dereito e lóxica) de mudar algúns aspectos (fundamentalmente sobre a organización estructural… léase creación dun Estado Federal) da benquerida Constitución Española. 
Non vin eu que puxese tanto empeño en opoñerse á súa modificación cando PP e PSOE (co apoio de UPN) se puxeron dacordo nun moi breve espacio de tempo para introducir nesa mesma Constitución o texto de principio de estabilidade presupostaria que controla o déficit. Seredes mentireiros!
Algo máis. Non resulta contradictorio coa propia Constitución ese carácter inmutable que algúns lle queden dar? Acaso algo que foi tan positivo froito do acordo de diferentes ideoloxías non debe adaptarse aos tempos? Non temos que seguir crecendo en acordos? Non é xusto que recolla as sensibilidades dos pobos? 
Váianse á merda dunha puta vez tropa de ultraliberais cercenadores de liberdades!

Movemento señores, movemento!

No hay comentarios:

Publicar un comentario