domingo, 14 de octubre de 2012

DEBATINDO?


Tras o debate desta semana entre o popular Núñez Feijoo e o socialista Vázquez quédame claro, primeiro, que a pobreza intelectual, moral e dialéctica de ambos candidatos é algo manifesto. Tamén, considero que falar dun vencedor, neste caso, é como elixir o gañador dun concurso de tiro ao plato no que os participantes dispararon ao público.

Co mesmo sentido que o filme de Manuel Gómez Pereira "¿Por que lo llaman amor cuando quieren decir sexo?", pregúntome eu "Por que lle chaman debate cando queren dicir exposicións cutres redactadas por tipos aínda máis cutres?". Resulta insultante asisitir a tal mostra de enconamento, hermetismo, rixidez, atomatismo e falta de ideas. É que acaso non hai ninguén máis brilante que estes dous nos seus respectivos partidos? Estou seguro que sí… aínda que tampouco moito máis… non vos vaiades pensar. O seu grado de cultura é directamente proporcional á veracidade das súas promesas… "cero patatero!" como diría o outro.

Admito que non papei enteiro o cara a cara de Hollande e Sarkozy pero vin bastantes puntos do mesmo e quedoume claro que aquelo sí que era un intercambio de opinións, ideas e ofensas. Agradécese esa franqueza, esa naturalidade e esa capacidade de improvisación baseada na conversa presente. Creo que os españois terían que fixarse moito máis nestas cousas… e envexalas… e menos indignarse coa polémica do dopping hacia os nosos deportistas. Sacar peito ao carallo que dá noxo vernos!

Menos mal que queda Beiras para escoitar a alguén falar con xeito… e que queda Martiño Noriega, un progresista, un tipo avanzado no noso tempo… e que queda Yolanda Díaz, que pouco ten que agochar… Menos mal!

Tanto o PSOE como o PP moito me temo que pensan máis nos outros que en si mesmos e eso é sinal dun problema. Vázquez mirando de reollo o resultado dos demais para a coalición… e Feijoo igual,  acusando ao final do "debate" aos socialistas de querer gobernar con outros. Que pensará este Habichuela que é a democracia entón? Hai algo malo en xuntarse? Eu non o vexo? Non é o máis próximo actualmente ao modelo de listas abertas que tanta xente pide?

Outra cousa, ninguén lles explicou aos contertulios que se di "crise" e non "crisi"? Ninguén lle dixo a Feijoo que o de saudar en galego e castelán xa non vende nestas eleccións? Non lle dá vergoña á xente ter a estes dous candidatos como máximos representantes?

Algo mais movidiño estivo a charla entre Jorquera e Feijoo… ainda que máis do mesmo.

E o do candidato do BNG e o do PSOE foi como o sexo de última hora nos baños dun pub, rápido, consentido e carente de significado.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario