martes, 18 de septiembre de 2012

ALGÚNS APUNTES SOBRE A ACTUALIDADE NEOLIBERAL

Primeiro asunto.
Foi unha nova e unha sorpresa estes días a dimisión da señora Esperanza Aguirre como presidenta da comunidade de Madrid. Todos os medios de comunicación nacionais se fixeron eco do que entendían era de interese público... e sí que o era...
Con bágoas nos ollos (que non me creo, por certo... será que son un puto tipo cruel... da talla de Herodes polo menos) dicía "adeus!" a décadas de servizo público (?) despois de ser elixida dunha maneira totalmente fraudulenta coa compra daqueles dous sinvergoñas fuxitivos do bando rival.
E de inmediato, as reaccións. Núñez Feijoó remataba a súa intervención cun "se eses son os seus motivos reais...". Gómez, socialista, púxose tenro e enterrou un minuto a brosa de guerra. Algunhas políticas de variada ideoloxía mostraba o seu desagrado pola perda dun activo feminino no terreo de poder. E os tertulianos ao seu, a dicir o de sempre. As redes sociais botaron fume no día de onte.
Eu chego ás miñas propias conclusións.
Unha. Con Esperanza en espantada, esa comunidade e esa preciosa cidade quedan dirixidos por dous cargos, Ignacio González (do clube da gomina) e a miña querida Ana Botella (esa alcaldesa tan lúcida e brilante...) que non foron elixidos polos cidadáns. Que acto de democracia!
Dúas. Non entendo ese feminismo mal entendido dalgunhas compañeiras que prima o xénero ante as súas accións de goberno totalitaristas, xenófobas, anti-público e de perda de liberdade para as mulleres.
Tres. Paso de valorar se Eurovegas ten algo que ver na súa decisión, non me importa. O que me interesa é que o proxecto se concedeu sendo unha merda pinchada nun pau e cedendo ante todas as esixencias antilexislativas do peixe gordo estadounidense. Penoso! Pero nada, aínda hai quen aplaude.
E catro. A miña teoría particular é que a señora en cuestión retírase de primeira liña un tempo (que pode ser un ano, máis ou menos) ata que lle corten a cabeza a Mariano Rajoy polo enorme peso das súas medidas impopulares e así poder optar á presidencia dun país que cada vez toca máis a pandereta. É dicir, mentres Mariano se fai un lío cos seus estraños e particulares fonemas, mentres cada día redunda máis en argumentos valeiros e mentiras de verdade, mentres se perde no seu tinte de cabelo, Espe postula para o seu novo cargo preparada para poñer en marcha as medidas máis restrictivas que lle cheguen de Alemania e máis.

Segundo asunto.
Encántame a preconización dos dirixentes galegos populares acerca do ben que está a situación galega a nivel económico e social. Feijoó e compaña non paran de chufar... e digo eu, se todo está tan ben... que carallo fan logo recortando desta maneira? Por que motivo non nos deixou estar como estábamos en lugar de afundir a educación, a sanidade, as clases medias e baixas, o sector naval, o cultural ou as axudas á dependencia?
Se vos fórades á merda!

Terceiro asunto.
E para rematar, Mario Conde, ese ladrón exdelincuente (dise así, non?) que na súa presentación de candidatura en Galicia fixo unha especie de monólogo sen graza ningunha no que nos deixaba aos galegos como uns imbéciles empregando para a labor un acento que non sei de onde sacou.
Gustaríame preguntarlle se ese pelo cambia de estado algunha vez, na cama por exemplo. Se o porculizaron no cárcere. Se esa cara de rancio é consecuencia do ridículo que resulta velo. Se vai os domingos á misa. Ou se lle gusta o puré de pataca.

En resume, cousas da dereita... da puta dereita, da que nos mata cada día, da que emprega esa "violencia institucional" para acabar cos que non son como eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario