Onde fuches puta?
Con quen me deixaches?
Que foi o que fixen?
Cubres todo de néboa baixa
cando che ven en gana.
Afogas os peixes ao sol
por mero pasatempo.
Cantas coas sireas, soa,
sen compaña, núa,
agardando a ninguén.
Nunha ocasión vinte ao lonxe...
e despois… o mañá.
Ameazas torturando,
chantas pena na alma,
deixas luces acesas e vaste.
Quérote comigo!
Abandóate e entrégate!
Fuxe de ti!
No hay comentarios:
Publicar un comentario