miércoles, 29 de agosto de 2012

"ACUTO!"


Na miña vila, cando un neno ou nena quería pedir un tempo morto no transcurso de calquer xogo recurría ao termo "acuto". "Acutooooooo!" berrábamos todos cando nos viña en gana. 
No medio do Escondite sacarte da manga un "acuto" e fastidiarlles aos demais escondites alucinantes. Pouco a pouco todos os participantes ían saíndo e había unha pequena discusión sobre normas de xogo.
Xogando a Coller, a maioría dos "acuto" caían xusto no momento no que o que pillaba che estaba rozando coa punta dos dedos nas costas. Ahí había follón garantizado.
Impresionaba bastante "acutar" xogando a Polis e Cacos por case toda a vila, cando te atopabas só no medio dunha rúa e berrabas sen que ningún compañeiro poidese escoitar. Un dábase conta da dimensión espacio-temporal do propio xogo.

Gustaríame que todo esto que está pasando no mundo fose un xogo e que se poidese "acutar" ben alto para poñer as cousas no seu sitio, non como estaban antes… senón ben postas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario