Tumbado sobre o mar,
como nunha cama leve
na que me descansan as costas…
Abro os ollos… Llás.
Pecho.
Arriba, abaixo,
abaixo, arriba.
Abro os ollos… Lapamán.
Pecho.
O sal nos beizos.
Abro os ollos… Uhabia.
Pecho.
O sol quéntame a cara.
Abro os ollos… Soustons.
Pecho.
A espuma envólveme.
Abro os ollos… Peizás.
Pecho.
O nordés agarímame a punta dos pés.
Abro os ollos… Port Vieux.
Pecho.
Castelos…
Aire…
Area…
Ceo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario