Cando bicaba os beizos de cereixa da miña namorada, a voz das masas retirou a miña atención hacia a fiestra. Os raios de sol abríanse paso con forza entre as nubes negras. Púxenme de pé e achegueime ao cristal. Centos, miles de persoas camiñaban con paso firme e ritmo idéntico berrando "Liberdade!". A policía retrocedía, débil, paso atrás, paso atrás. Nos rostros había sorrisos, non pena, había esperanza, non resentimento. Puxen a cazadora e ela un xersei de la. Collímonos da man e saímos do apartamento para sumarnos ao grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario