domingo, 16 de enero de 2011

OS EDDING E A MASTURBACIÓN FEMININA. UN ENSAIO VITAL.

Nese bonito universo da masturbación, deliberada e festivamente pregonada polos homes e pouco admitida por mulleres (aínda que cada vez menos), os obxetos para facelo é un dos grandes temas de debate.
No caso masculino, a verdade, a imaxinación témola bastante aparcada e non pasamos da man, tan só uns poucos se atreven con Donuts, a regandixa que queda entre os coxíns do sofá ou unha botella de auga de cristal con colariño ancho. Por suposto, nin oir falar de gastar un peso en chochos de goma sen vida con pelos que parecen agullas, postos a pagar, moitos collerían o coche e irían ata o Clube La Fuente cargados doutro tipo de cousas de goma. Nada! Acábase recurrindo á man que é rápido e práctico, baixar pantalón e calzón e zambomba, papel para limpar e auga para lavar as mans. Punto. Aburrido? Pode ser. Buscamos unha exaculación que nos dé cinco, seis, sete segundos de pracer. O fin como único obxetivo.



En canto ás mulleres, o conto cambia un pouco. Os seus dedos (fingers) son unha das súas armas preferidas, claro, coma nós, tamén buscan a economía, o rendimento e a eficacia, pero elas esfórzanse un pouco máis e buscan consoladores que se adapten ás súas necesidades. Fan o que é lóxico, son listas, o pracer require coñecemento e preparación. Teñen unha extensa oferta de produtos que vai desde a réplica exacta do membro de Nacho Vidal ou pequenos artiluxios de aceiro do tamaño dun boli ata as famosas bolas chinas. Mola ter unha pequena colección privada (e secreta) de xoguetes no caixón da mesiña de noite para cando se queira. É algo marabilloso o mundo que se abre ante os seus ollos, ou polo menos, a min parécemo.



O caso é que desde a miña máis sincera admiración sobre o sexo feminino, gustaríame ter a oportunidade de aportar ou falar sobre un obxeto que moitas xa coñecerán (e outras non). E refírome a que o coñeceran como tal, como masturbador, porque co uso que ten habitualmente, a súa reputación é incuestionable. Falo dos rotuladores Edding, eses que todos temos na casa, de diferentes colores, tamaños e utilidades que a algúns nos serviron para aprobar moitas materias na universidade ou no instituto. Parte fundamental e pedra angular das técnicas de estudo occidentais, elemento creativo, deseño vangardista, cun prezo irrisorio, pode ser tamén unha fonte de desfrute.



Desde pequeno (quero dicir, desde os catorce anos máis ou menos) me levo fixando nesta utilidade afastada dos escritorios e oficinas. É aquí unha nova dimensión descuberta por millóns de persoas inquedas que buscan momentos de relaxación individual, en parella ou colectiva.
Comezo aproximando o concepto “masturbación”, que provén do termo latino "masturbatione" que significa estimulación manual dos xenitais para producir a excitación sexual e conseguir o orgasmo. Definición desfasada? É posible. O de “manual” non nos serve cos Edding, ou sí, o rotulador manéxase coas mans. Perfecto! Válenos. Hai outra cuestión. É un verbo reflexivo, polo que a acción recae sobre un mesmo e non sei se eso admite colaboracións… que hai de masturbar á túa parella? Ou da masturbación recíproca? Dá igual, imos deixalo, tampouco ten tanta importancia.
Centrémonos na masturbación feminina, porque aprendendo a coñecerse e estimularse a sí mesmas, as mulleres non só alcanzan máis pracer a través da auto-estimulación, senón que poderán educar ás súas parellas para que coñezan e estimulen estes puntos. Hai que atreverse a coñecerse a fondo, sen medo nin complexos, observarse en espellos, aprender como tocarse e acariciarse.


A estimulación do clítoris e a vaxina é a típica masturbación. En primeiro lugar hai que descubrir a lateralidade, que parte (o lado dereito ou o esquerdo) é a máis eróxena (e pódese rezar para que sexan as dúas, para ser ambidestra vaxinal), acariciar os pezóns e apretar o pubis, movementos arriba e abaixo no Monte de Venus, frotar coa palma da man o clítoris e insertar os dedos da outra man na vaxina, rodear o clítoris entre o índice e o pulgar, masaxear ata a erección, empregar auga para dar pracer, vibrador ou consolador cerca do clítoris mellor que sobre el…
Tamén está a manipulación do punto G, que se pode encontrar na parede vaxinal, detrás do cabelo púbico, a un ou dous centímetros da entrada da vaxina. Aquí é moi importante para facilitar o encontro utilizar algún instrumento, como os Edding e pode facerse en exclusivo ou combinando coa estimulación anal (neste caso, non esquecer o uso abundante de lubricante).
Os beizos maiores xogan un papel importante e pódense separar ao gusto ou tiralos hacia atrás para crear tensión no clítoris coas pernas abertas ou pechadas ou abrindo e pechando, por suposto. Eso sí, ao chegar ao clímax (que non é ningún pobo da Costa da Morte) recomendan cerrar as pernas con forza e mantelas así o que dure.
Todo esto pode facerse boca arriba ou boca abaixo, como se queira e sen deixar de lado os Edding, eses rotuladores máxicos, eses rotuladores do pracer. Para saber un pouco máis deles, ahí vai unha breve introducción.
Como a propia casa di “Tenemos la ayuda adecuada al alcance de la mano para casi todas las tareas que hay que resolver cada día…”, rotuladores de fibra, de xel, de tinta, de punta fina, permanentes, brilantes, correctores, diferentes anchos, moitos colores. Ademáis estaremos consumindo unha marca que ten en conta o medio ambiente nos seus materiais.





Temos o Edding 3000, de tamaño ideal, eu creo, cun sainte na parte posterior (para colocar o capuchón estriado) que pode dar moito xogo. A min mólame o verde, informal e divertido. Tamén está o Edding 751, un pouquiño máis fino, cunha elegancia sen igual, moi suave facilitando o deslizamento. Logo, hai o Edding 661, cunha estética máis rural e de grosor entre o 751 e o 3000. Para gordo o Nº 1, na liña do 3000 pero un pelo máis corto, que garantiza o contacto total, todo un “must have” desta temporada. O Edding 130 é ideal para as noites, sofisticado como poucos, cun formato coidado e preparado para todas as ocasións.





A gama 800 é o pai dos Edding, cun grosor que xa pode empezar a competir con algún membro real. O Retract 12, coa súa pinza para colocar na camisa, pode dar moito xogo na combinación de estimulación externa e interna. O 790 é longo e áxil con multitude de posibilidades, a manexabilidade feita rotulador. Un pouco máis longo aínda é o 8400 special, "una máquina" intelixente moi fiable. O Edding 200 é o compacto, moi apropiado para levar no bolso en viaxes, moi coqueto sobre todo nese azul celeste, é como o Smart nos coches. O Edding 100 non se queda atrás e pode aportar moitas sorpresas nun día de treboada.



Non podemos esquecer, xa para rematar, o modelo 1200, ese co que subraiamos os nosos apuntes, en moitas cores, lixeiro, longo e refinado, un pincel para a vaxina, cunha frotabilidade amable e tenra. A que vexa moi homoxénea esta tipoloxía, pode decantarse polos botes marcadores da firma, moito máis arriscados e con carácter punk, o Edding T100 e o Edding HTK25. Un catálogo, sen dúbida, preparado para satisfacer aos chuminos máis esixentes.
Unha anatomia xenital tan interesante como cínica, cargada de zonas eróxenas inimaxinables, atractiva, complexa, plural, tenra e tan cerca da beleza coma unha nube, que agora ten un complemento para cada estación do ano.
Queda claro logo, que entre os xenitais femininos e os Edding pode establecerse unha conexión amorosa propia dunha historia made in Shakespeare, algo bonito, unha necesidade recíproca. Non é xusto que o uso destes rotuladores sexa restrinxido soamente ao ambiente de oficina, senón que debe ampliarse, facelo ese obxeto de desfrute, de estimulación, de escravización. Dicía un antigo dito que as persoas con moito diñeiro están atadas a ese diñeiro e as ataduras son iguais de fortes que as que teñen os pobres costureiros coas súas agullas de coser. Eu se fose muller, prefiriría ser escrava dun Edding 751, por exemplo, escrava de algo relacionado co ocio e non co mundo laboral.
Sería interesante comezar a ver clubes de ‘mulleres amantes dos Edding’ xunto aos xa coñecidos grupos de calceta (máis obsoletos), conferencias sobre ‘Masturbación, saúde e rotuladores permanentes Edding’, filmes independentes de vintecatro minutos sobre sexo chamados “It strokes your cunt and vibrates”, portadas de vinilos folk cun gama 800 bicando un pubis, exposicións de Polaroids sobre experiencias reais cos codiciados rotuladores, relixións que adorasen ao seu Dios Edding, programas de televisión onde homes fosen rexeitados pola súa parella por non poder competir con eses obxetos que antes só servisen para subraiar, un mundo centrado na nova cultura alternativa Edding.
O movemento Edding está en marcha compañeiras.

4 comentarios:

  1. Gustoume a entrada.
    Encantoume o de "Clímax non é un pobo da Costa da Morte".
    E debo recoñecer que o meu modelo de Edding, sen ningún tipo de dúbida, é o 1200, aínda que eu non lle dera nunca a utilidade que ti ofreces neste fantástico artigo.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Non esperaba menos Cris.Alégrome que che gustara o ensaio.
    Por outra parte, unha boa amiga recordoume que non falara nada das contraindicacións do uso destes Edding, e ten razón, boa aportación. A verdade é que non ten moitas xa que o seu nivel de eficacia, probado, é moi alto, dun 99'99%. Aínda así, pode ser que nalgún caso debido a temperaturas moi elevadas (superiores a 50º) as cargas de tinta poidan descargarse armando un cristo considerable. Aquelo quedaría como unha obra de Miquel Barceló ou como unha camiseta de Custo (e esto xa sería máis grave).
    Perdón por non avisar.
    Se tedes algunha suxestión máis non dubidedes en facermas chegar.
    Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Cando os de Edding fagan o habitual seguimento de prensa e encontren esta entrada entenderán porqué as súas ventas aumentaron un porcentaxe considerable esta semana. Igual te chaman para ser o novo director de marketing.

    E falta a opinión de Enrique con estadísticas, comparativas e contraindicacións empiricamente demostradas.

    ResponderEliminar