domingo, 22 de abril de 2012

A MIÑA FIESTRA

A miña fiestra é o aire do meu piso, un agasallo para a vista, a maxia constructiva que abre un espazo para que non morramos, é a liña do horizonte na miña man, o mar, as árbores, as persoas, o ceo, a xeada, as nubes, os paxaros, a chuvia, o sol, o vento. A miña fiestra é a ilusión de comezar un día novo, a forza para seguir andando, a esperanza para permanecer, o contacto coa humanidade. A miña fiestra son trescentos sesenta e cinco instantes, unha morea de lembranzas, ducias de cheiros diferentes, infinitas posibilidades narrativas, é a liberdade máis libre, o galope da imaxinación, a enfermidade alegre, a litografía real, a cantilena da cidade, a asimetría perfecta, a tronza da artificialidade, a subliminalidade, a percepción múltiple, a zarabanda agradable, o xemido inexistente, o valse das almas, o triquitraque das cousas, a seda mental, o relé non caduco, a quimera ardente. A miña fiestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario