domingo, 20 de mayo de 2012

........?


Cando camiñamos avanzamos, deixamos atrás cousas, a veces miramos para ver o que deixamos, outras soamente continuamos o paso. Novos proxectos, novas motivacións, novas ledicias… ou sinxelamente un futuro con novos "máis do mesmo"? Difícil sabelo, difícil adiviñar o que chega, o que ven. Buscamos a felicidade coa novidade ou é que non sabemos desfrutar a normalidade? Esa normalidade que logo tanto botamos de menos e á que desexamos voltar. Que é todo esto do que falo? Non teño nin puta idea…. tan só escribo sen pensar… ou pensando moito… Cando un camiña é valiente por facelo ou é que dá pasos que se supoñen se teñen que dar? Algo do que facemos é libre? Eliximos realmente os nosos plans? Non estou seguro, só sei que aquí estou… vivindo, cambiando o meu lugar de residencia cada pouco tempo, comprando roupa que non necesito, escoitando moita música, lendo moitos libros, vendo pelis, indo en bici á escola de idiomas, conducindo ata o traballo, asistindo a concertos, saíndo polas noites, vendo ao Barça, viaxando o que poido, comendo en bos restaurantes, discutindo cos compañeiros, pensando na familia, bailando, escribindo nos meus blogues, aforrando pouco, rebuscando en librarías, en tendas de discos, navegando en internet, abrindo o meu perfil de facebook, lembrando tempos pasados, imaxinando tempos futuros… (deus! esto parece "Trainspotting") Os tempos futuros… é que hostias é eso? Non se supoñía que nesta altura os coches ían voar xa? Eu vexo que todo segue igual… ou peor… segue habendo fame, pobreza, violencia en exceso, pasividade humana, pouca loita, pouca reacción, moita protesta de cafetería… as conversas seguen a ser as mesmas, revivals mensuais, cantos de sirea… Eso sí, cada vez fai máis calor, as estacións son raras, non as de tren, as do ano, as de tren son iguais… pero máis desertas… e con herba sen rozar, menos coidadas, máis abandoadas… como o ser humano, ao que ninguén mira como vida, senón como obxeto, como produto que se vende en mercados con música de baile prefabricado… e que se mete en caixas de formigón como ratas agardando a seren experimentadas. Estamos aquí para algo? Só para estar? Para ser día a día máis imbéciles? Camiñando entre amores e desamores, fidelidades e infidelidades, divertimentos e tristezas, ansias e frustracións, complexos e orgullos, penas e choros, risas e anécdotas… Algo importante por ahí? Ou facémolo nos importante para poder ir tirando? Algo interesante que contar? Pouco. Valorámonos os uns aos outros? Ou estamos nunha guerra permanente na que sobrevive o máis cabrón? Vivimos ou combatimos? Somos todos iguais? Valemos o mesmo? Non. Non vos dá a sensación de que quenes deberían falar máis calan e os que deberían estar calados falan sen parar? Silencio! Por favor! Pídoo por favor, joder! Non hai moito capullo por metro cadrado entre a xente boa? Non debería haber unha illa enorme non sei onde para toda esta merda? Claro que sí! Ou para que unha illa… metámolos en Asturias… hai boa sidra para que se emborrachen e se maten… é ese o futuro? Ou no 2030 seguiremos igual de mal, igual de ben? Para a espera temos a Nina Simone, para seguir coas mentiras… temos o viño Rioja… temos os gin & tonics… temos Sálvame Deluxe… temos as camisas de cadros de moda… temos "The Wire"… temos ganas de continuar reptando por este sinsentido… xa non temos cartas postais de amor… nin cassette's… nin a Game Boy… nin a Amy Winehouse… nin televisións de cú… nin pantalóns de campana… nin ao Fary.

No hay comentarios:

Publicar un comentario