Quedo durmido no sofá coa televisión de fondo. Nese estado de semiconsciencia, escoito voces que caen na miña mente co eco propio do que chega con retraso. Movo a cabeza e coloco as mans encima da barriga. Teño esa sensación de estar cómodo na que a flexión e a extensión das extremidades produce pracer… tanto que o meu membro se pon duro. Agárroo coa man e tiro del hacia abaixo. Eso gústame. Pecho os ollos definitivamente e cando volvo a abrilos pasou case hora e media. As voces da tele resoan na miña cabeza. Eso moléstame, agora. Érgome rápido cos ollos entreabertos. Collo o mando e apago o aparato. Percorro os poucos metros que hai ata a habitación. Carla está xa deitada. Métome na cama. As sabas están quentes. Fai calor. Abrázoa e amóldome ao seu corpo. Ao pouco cambio de posición, hacia o outro lado. Os ollos non queren pecharse. Saco a man de fóra en busca do frío exterior do edredón. O frío convértese rápido en calor de novo. Volvo a abrazala. Dame un ataque de tos. pecho os ollos con forza. Nada. Non prendo. Desdobro o brazo que teño case adormecido. Saco unha perna de fóra e aos dez minutos métoa dentro de novo. Pasan os minutos. Póñome boca para arriba. Pícame a cabeza e ráscome. Doume a volta e coloco o peito en contacto co colchón. Respiro con dificultade. Coloco os collóns ben. Ráscome no cú. Abro as pernas. Póñome de lado e deixo colgar o brazo. Méxome. Levántome ao baño e descargo catro pingas. É máis a sensación, as ganas, que a necesidade real de descargar. Volvo á cama. Tres xiros a un lado. Tres xiros ao outro. Son as tres de mañá. Teño que despertar ás oito. Cruzo os brazos detrás da cabeza e o corpo mira hacia o teito. Outro ataque de tos. Súo aínda que estou espido. Pícanme as pernas. Ráscome cada trinta segundos. Penso na fin de semana. Cambio de postura. Miro o reloxo. Pasou o tempo. Escoito a sirea dunha ambulancia fóra, na rúa. Pecho os ollos. Ábroos de novo. Coloco as mans sobre o peito, cruzadas. Xiro a cabeza hacia a esquerda. Xiro a cabeza hacia a dereita. Acurrúcome hacia un lado. O espazo que teño na cama non me chega. Extendo as extremidades. Atopo algo de frescura nos pés e nas mans. Desaparece a frescura. Pecho os ollos e penso en bobinas de fío enrolándose. Intento que non se me vaian esas imaxes da mente. Enrolo e desenrolo fío vermello. É o último recordo que teño. Adormezo tarde. Sobre as catro da madrugada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario