domingo, 3 de junio de 2012

BATMAN


Dous amigos vían a tele no seu piso de Pontevedra na parte do día na que a tarde deixa de selo e a escuridade faise a raíña, cando un reflexo rápido de algo cruza a través do cristal da fiestra.

DYLAN: Un momento! Viches eso?
BRANDON: O que?
DYLAN: O que acaba de pasar por ahí? Creo que era un morcego…
BRANDON: Pareceume ver algo pero non o vin…
DYLAN: Ven! Ven ver!

 Os dous levántanse e achéganse á fiestra.

DYLAN: Onde irá? Xúroche que o vin! Era un morcego, tío!
BRANDON: Non fai falta que mo xures, créote… eu xa os vin máis veces… bastantes diría eu… DYLAN: De verdade? Pois non me dá moi bo rollo…
BRANDON: Non pasa nada… é algo habitual…
DYLAN: Que dis?
BRANDON: O que oes… e vouche dicir outra cousa, un deles é Batman.
DYLAN: Que?
BRANDON: Que un deles é Batman!
DYLAN: Boh! Cala!
BRANDON: Como queiras logo…
DYLAN: Estás de coña, non?
BRANDON: Non! Batman vive ahí enfronte, en Marín, despois da celulosa…
DYLAN: Vale carallo! O que me faltaba por oir!
BRANDON: Dígocho en serio… estou cansado de velo…
DYLAN: Pero como que velo? Ademais, teño entendido que Batman vive en Gothan…
BRANDON: Iso son os guionistas dos cómics e de cine que son uns alucinados…

De pé, mirando pola fiestra que dá á Ría de Pontevedra e sinalando a diferentes lugares seguen a conversa.

BRANDON: Mira, ves ese letreiro luminoso ahí arriba?
DYLAN: Cal?
BRANDON: Ese de Adeslas sobre o edificio…
DYLAN: Sí… que pasa?
BRANDON: Pois que ahí, polas noites, estou farto de ver eu a Batman, sentado sobre a primeira letra "A".
DYLAN: E que fai ahí?
BRANDON: Non sei… estará esperando a que pase algo… non sei… el está ahí co seu pitillo, mirando para o mar e pensando nas súas cousas… digo eu…
DYLAN: Pero seguro que non te estás confundindo?
BRANDON: Como que me chamo Quique Brandon que non! Joder! Se vai á Escola de Idiomas tamén… vestido con roupa de rúa, claro…
DYLAN: Á Escola de Idiomas?
BRANDON: Eso! Estuda… creo que francés… debe ir en 2º de Intermedio…
DYLAN: Pero como sabes todo iso?
BRANDON: Porque temos amigos comúns hostias!
DYLAN: Estou flipando! Non sabía nada…
BRANDON: Pois sí! E ti estás cansado de velo, eh…
DYLAN: Eu? Onde?
BRANDON: Por ahí, Dylan, por ahí… eu que sei… lembras fai dúas semanas cando fomos tomar algo ao Bar Carolo?
DYLAN: Sí…
BRANDON: Pois o que estaba xogando á tragaperras era el… lembras?
DYLAN: Non moi ben…
BRANDON: Sí home… con pantalóns de pinzas… raia ao lado… uns corenta anos…
DYLAN: Nin idea…
BRANDON: Vai moito tamén pola Libraría Paz…
DYLAN: Si oh?
BRANDON: Claro… e queda a deber moitas veces… ou quen sabe? Ao mellor lle vai pagar Alfred despois…
DYLAN: Alfred? Que Alfred?
BRANDON: O seu mordomo…
DYLAN: Pero ese tamén vive aquí?
BRANDON: Sí… vive con el… na Batcova.
DYLAN: A Batcova… guauuuu… e onde será? Sábelo?
BRANDON: Eso sábese. Ves aqueles árbores xusto despois da celulosa?
DYLAN: Sí!
BRANDON: Ahí está!
DYLAN: E eu sen enterarme…
BRANDON: É que non sei a que andas…
DYLAN: …
BRANDON: Sabes o taller de aquí abaixo?
DYLAN: O Weisfald Motor?
BRANDON: Sí!
DYLAN: Que pasa?
BRANDON: Un dos mecánicos é Robin.
DYLAN: Alucinante, tío! Alucinante!
BRANDON: Fíxate mañá… xa verás… nótaselle a pluma ás leguas…
DYLAN: E logo? É gay?
BRANDON: Eso din…
DYLAN: No me lo puedo creer!
BRANDON: Pois sí, meu amigo…
DYLAN: Entón Batman…
BRANDON: Que? Se é… non! Creo que non. O outro día dixéronme que estaba leado cunha do Gadis…
DYLAN: Que sorte!
BRANDON: Que sorte? O gay non serás ti?
DYLAN: Non home, dígoo porque pode ir no Batmóbil e eso…
BRANDON: Ah xa! Eso ten que molar…

E alí quedaron, quedos, mirando para Marín ao lonxe, mentres nas súas cabezas daban voltas todas as historias que leran e viran no cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario