domingo, 19 de febrero de 2012

SOÑOS


Un asunto que me parece interesantísimo é o dos soños… esa actividade mental desde a inconsciencia, ese desfrute ou sufrimento en función do tema, esa diferencia en número, esa lembranza dos detalles, ese esquecemento rápido, a recurrencia duns e o pasaxeiro doutros… o certo é que me parece algo máxico e moi diferente a todo o que nos rodea, cecais comparable coa astroloxía.

No que non perdo tempo é en interpretar os soños, nin un segundo, encóntroo unha pallasada das grandes, non faigo caso da Teoría de Freud, aínda que moita xente se gañe con eso a vida, sobre todo en América (e refírome ao continente, eu non lle chamo así a EE.UU., así só lle poden chamar eles, co seu superego imbécil). Non creo que se lle teña que dar importancia a un ideario baseado en nada, pura literatura eso sí, pero sen demostración empírica ningunha. Eu son máis do constructivismo de Piaget, do racionalismo de Rousseau e Kant, do estudo sensorial de Weber e Felchner, do estructuralismo de Wundt, das leis de aprendizaxe de Skinner e Thorndike, do naturalismo de Darwin, da tábula rasa de Locke e Hume, da importancia da cultura e contexto social de Vygotsky ou da vertente fisiolóxica de Pavlov. Non estou dacordo con Freud en que cada soño representa un desexo por parte do que soña. Paso de Freud! É un excelente escritor (a pesares do dopping) e o que fixo foi un excelente conto, por outra parte, moi atractivo para a opinión pública e moi acomodaticio na vontade humana de ter fe e buscar explicacións onde non as hai. Miles de psicoanalistas teñen que darlle as gracias porque as súas contas bancarias teñan moitísimos máis ceros que a miña e por ter estupendas butacas como a Eames Lounge Chair (a preferida do que escrebe) ou a tumbona 242 de Mies van der Rohe nas súas consultas. Todo esto non o digo por dicir, quede claro, é unha opinión traballada (moito máis do que aquí expoño, o resto sería entrar moito en materia) e que a miña licenciatura e posterior estudo do tema pode avalar, sempre desde a humildade dun que estuda e se deixa ensinar por bos mestres.

Do que quero falar aquí é soamente dos SOÑOS, quero compartir con vós algúns que tiven, teño e… non sei se terei, o futuro é algo incerto.

Cando era pequeno, de idade e estatura, había un que se repitiu moitas veces. Nos días previos a excursións da escola, esas excursións a Lugo, ás piscifactorías de xa non lembro onde, a Vigo ou á fábrica de Coca Cola en Coruña, o nerviosismo previo era importante, non sei cal era o motivo pero así era. Cando ía para a cama, pensaba en ir ben preparado coa miña roupa guai, coa miña fiambreira chea de tortilla e bistecs empanados, a miña Fanta laranxa fría envolta en papel de aluminio, todo listo para o día no que se podía ter máis roce e liberdade coas nenas como máis oportunidade de fedellar cos colegas. Eran días distintos, importantes. Cando conseguía adormecer chegaba o soño, no que eu xa estaba no bus camiño a onde fose. Ía criminal, vaqueros Chevignon (que será desa marca?), suadeira de surf, beisbolera e… un momento! Onde van os meus preciosos Nike Huarache de correr? Hostia puta! Que veño en zapatillas de casa!

Outro recurrente era o de correr e non dar avanzado. Que agonía rapaces! Alí estaba eu, eu que sei, perseguido por unha pandilla de niggers do Bronx que me querían golpear e eu a cámara lenta… e eles veña achegarse cada vez máis. Ou alí estaba eu, nas pistas de atletismo de Lugo, durante unha carreira de velocidade, ou en salto de lonxitude, e non me movía do sitio. Pensaba, "pero se eu corro moito… que carallo pasa aquí?" e acababa quedando último. Así era a cousa. En vez de ser Jose, era José Luís Paz de la Fuente (o neno da clase que menos corría). Polo menos serviume para saber o que se sinte sendo lento.

Un que me gustaba moito e que, por certo, xa fai que non aparece é o de voar. Que sensación máis chula! Que gozada! Ir dando un paseo e de súpeto coller carreiriña e a voar. Moitas veces despegaba na Curva dos negros, no paseo marítimo de Foz e planeaba por toda a vila. É que máis que voar, o que facía era planear. Como se pegase un salto enorme e me aguantara no aire cinco minutos… suficientes para ir da Rapadoira ao porto, pasando polo cemiterio. Saudaba cando pasaba por encima da miña casa e a xente alucinaba… debía ser o único que podía facelo.

Por outro lado estaban todos aqueles soños de batallas, non pelexas, batallas grupais en diferentes contextos históricos. Armadura de ferro e espada ou peito ao aire e brosa ou vaqueros e navalla ou chándal e bate de béisbol ou mono de tea e puñetazos. Nada fino, nada de florete e leotardos, nada elegante, nada de arcos e flechas… ao bruto! E absolutamente nunca con armas de fogo… curioso… supoño que quería sentir o valor da miña forza… en fin, non sei… O que non era nada agradable era cando me cargaba a alguén que non debía. Non esquecerei nunca a sensación de culpa e pena cando espertei unha vez despois dunha destas loitas en soños. Normalmente non me fastidiaba matar ou atontar a extraños pero outro conto foi cando, fai moitos anos, nunha cegada repartindo brosazos me din a volta e lla clavei nas costas a unha persoa á que non lle vía a cara. Caeu xirándose e… meu deus! Era miña nai.

Non poido pasar por alto os soños húmidos, só faltaría. Houbo algún que outro, tampouco moitos, recoñezo. O primeiro (que lembro, claro) foi a moi temperá idade, con dez anos ou así (que ano! primeira masturbación, tabaco… hostia de meu pai cando me cachou), tireime á mesmísima Norma Duval no seu camerino. Xa vedes, unha muller muller, con bos e grandes peitos, pernazas e mans gordas. O mellor polvo da miña vida… jajajajaja… é broma… pero non estivo mal… non sei como se portaba con outros, comigo estivo xenial. Máis tarde foron chagando outros menos agradables nos que follaba con rapazas que non me atraían tanto, ou mellor dito, cuns pufazos de moito nabo. Pero que ía facer eu? Parar? Eso nunca! Ao feito… peito!

Nunha ocasión soñei co meu propio enterro… pero desde fóra. Morría xove, con vinte anos máis ou menos. O meu corpo estaba no tanatorio de enfronte do concello. A xente ía chegando, algúns choraban, outros non, algúns rían, outros non, algúns falaban, algúns estaban, algúns faltaban pero en xeral, non me queixo, había bastante xente… aínda que eso non importaba, estaba morto… ou non, eu vía todo desde lonxe, sen agocharme en ningún lugar… era como se fose invisible. Nunca souben a causa da morte… sería un accidente de moto supoño.

Que mal se pasa cando un soña que lle queda una materia da carreira! Levar polo menos un par de anos traballando e darte conta de que che falta unha para cabar. Ter que volver a estudar… despois de tempo sen facelo… horrible! E quen vai aprobar ahora? Eso sí, espertar e ver que todo está como debe, un pracer enorme.

Algunha vez, tamén coincidín nos soños con persoas que tamén estaban soñando, eso que eu chamo soño compartido.

Xa de maior, descubrín unha cousa moi guai: ser consciente de que estás soñando, o que se denomina cientificamente como "soños lúcidos". Vou explicarme. Sabedes que cada noite, temos catro ou cinco ciclos de soño e que cada ciclo está formado por unha Fase NO REM (tamén chamada NREM) e por outra REM. A Fase NO REM (No Rapid Eye Movement) divídese en catro subfases. A Fase 1 é na que pasamos de espertos a soño lixeiro, a Fase 2 é na que se pasa do lixeiro ao sono real, a Fase 3 de soño profundo e a Fase 4 de moi profundo. Nestes catro períodos, é onde se poden producir as "alucinacións hipnogóxicas", onde o corpo se paraliza e só funcionan os músculos dos ollos, o cerebro e a respiración. Neste estado experiméntase a sensación de estar esperto e percíbense as sensacións como reais (nunca tan mal o pasei como cando me vin tumbado na cama sen poder moverme e xente allea entrando na miña casa para facer mal… horrible!). Despois destas fases ven a Fase REM, onde hai unha relaxación muscular case total pero con actividade mental similar a cando estamos espertos. Aquí é onde con carácter xeral se producen os soños. Tamén é onde se poden dar eses "soños lúcidos" nos que a persoa sabe que está soñando e incluso chegar a controlar o propio soño, como é o meu caso… científicamente son un "onironauta".
Imaxinade o poder que se sinte!

Para rematar, dicirvos que soñedes, soñade amigos, aínda que non poidades controlalo.




P.D.: Podedes probar co seguinte, que a min a veces me funciona. Cando quero soñar (e relaxarme se non dou prendido), intento adormecer pensando en que me meto nunha bobina de lá (non o corpo, a mente) e o fío vai desenvolvéndose e volvéndo a envolverse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario