domingo, 26 de febrero de 2012

A RUTINA QUE ME FALTA

Alarma. Compañeira arriba. Leves ruidos. Alarma. Eu arriba. Ducha quente. Un bico de "ata logo". Secado. Poñer chándal. Té English Breakfast, culler de mel e dúas gotas de leite. Actualizar blogue. Lavar os dentes. Maletín. Pechar porta. Dúas pechaduras. Ascensor. Saída á rúa. Garaxe. Coche. Pasarón. Prados xeados. Gasolineiras. Curvas. Valga. Pontecesures. Padrón. Autobuses. Mando a distancia. Cancela aberta. Aparcamento. Nenos/as en filas. Bos días! Garda de transporte. Timbre de entrada. Manter orde. Subida ás aulas. Sala de mestres. Hora de garda. Non substitúo. Charlo cos compañeiros. Reviso o correo da Xunta. Analizo a programación semanal. Clase con 4ºB. Ximnasio. Frío. Presentación sesión. Desprazamentos e xiros. Aseo. Timbre. Alumnos de volta co titor. Biblioteca. Préstamo e devolución con 3ºA. Préstamo e devolución cos de 4 anos. Colocar libros nos estantes. Catalogar libros. Timbre. Garda de recreo. Patio grande. Falo con Puri e vixío. Problemas entre os alumnos. Mediador. Timbre. Vixiancia de escaleiras. Plan lector en 5ºA. Timbre. Clase doble en 5ºB. Coller material no ximnasio. Traslado ao pabellón. Firma a Manolo. Presentación sesión. Quecemento. Lanzamentos, recepcións, conduccións. Descanso de cinco minutos. Xogos cooperativos. Pequena bronca. Carreira de resistencia. Aseo. Recoller material. Traslado ao ximnasio. Pechar almacén. Garda de escaleiras. Adeus. Coche. Mando a distancia. Cancela aberta. Autobuses. Dez minutos. Catedral. Ponte. Pontecesures. Fame. Valga. Curvas. Gasolineiras. Sol. Pasarón. Garaxe. Rúa. Portal. Ascensor. Casa. Poño música. Preparo comida. Apago o reproductor. Tele. Como. Té de caramelo de vainilla. Frego. Bicicleta. Pecho a porta. Ascensor. Rúa. Zona vella. Baixada. Ponte. Cidade Universitaria. Escola Oficial de Idiomas. Portugués. Exposición de nova do xornal. Gramática. Conversa. Fin. Bicicleta. Cidade Universitaria. Ponte. Subida. Zona Vella. Visita ao caixeiro. Portal. Ascensor. Piso. Poño música. Ordenador. Facebook. Visito páxinas de interese. Escribo entradas dos blogues. Chega Carla. Falamos. Debuxo. Iogurte. Leo. Sofá. "Vía V". Cola Cao con galletas. Zapping. Falo. "Punto Pelota". Quedo só. Ollos abertos. Anuncios. Apago a tele. Lavo os dentes. Mírome a barba no espello. Déitome. Abrazo. Bico. Calor. Penso. Ciclo do sono. Soño. Esperto. Vou ao baño. Mexo. Bebo auga. Volvo á cama. Soño. Alarma…

1 comentario: