domingo, 4 de marzo de 2012

AS MIÑAS DESCULPAS A ALGUNHAS ESPECIES DO MUNDO ANIMAL



Gustaríame pedir desculpas desde tenhoumamigonocanada a aquelas especies animais que nalgún momento da miña vida, sobre todo de pequeno, fixen dano ou non tratei todo o ben que debería.

Perdón aos besbellos (saltamontes) de detrás da miña casa por arrancarvos unha das patas ou a veces as dúas.

Perdón ás moscas tocapelotas que cando eu estaba estudando tivéstedes a mala sorte de colarvos por algunha fiestra. Perdón por cazarvos e non ser capaz de soltarvos, perdón por lanzarvos violetamente contra o chan unha vez estábades na man, perdón por afogarvos na taza do baño (na auga, en mexos ou en merda), perdón por desfrutar véndovos ir polo tubo abaixo, perdón por quitarvos as ás, perdón por cravarvos no extremo dun mondadentes e logo prendervos lume.

Perdón aos patos franceses por comer tantos dos vosos fígados despois de que fosen cebados dunha forma espantosa.

Perdón aos coscos que cruzaban os camiños, ao seu ritmo, e viron como o meu pé caía con forza deixándovos planos.

Perdón ás miñocas que cortaba pola metade… acababades morrendo? Nunca me quedei para sabelo.

Perdón aos bichos bola por enterrarvos en cuspe.

Perdón ao Ruso, o can de miña irmá Angélica por cagar e darlle de comer despois os zurullos.

Perdón ás salamántigas por pegarvos con paos.

Perdón á troita que nunha excursión do cole a unha piscifactoría pasou do seu medio, a auga, ao peto da meu chaquetón. Perdón porque tardei moito tempo en chegar á casa e cando quería meterte na pileta xa estabas morta.

Perdón a toda aquela cantidade de cangrexos que pescamos Carlos e máis eu en Tupide e que logo non se deron comido entre todos os nosos veciños.

Perdón pola koreana que empreguei para pescar, perdón por darvos polo cú co anzó.

Perdón a todas aquelas formigas coas que facía murais de pisotóns no chan de diante da miña casa.

Perdón aos cempés que metía en botellas ata que quedaban sen osíxeno.

Perdón aos sapos do depósito da auga de Foz por inflarvos ata a explosión naquela tarde que me deu por visitar o reino de Lanzós.

Perdón ás galiñas que lles mexei encima.

Perdón aos lámparos por comervos vivos.

Perdón ás quisquillas polo mesmo.

Perdón aos mosquitos que cometeron o erro de chupar o sangue que non debían.

Perdón por machacar ás arañas que atopei nas miñas propiedades.

Perdón a aquel gato que atropelei unha vez en Rábade, foi sen querer.

Perdón aos cabalos aos que lles aplaudín desde lonxe para que se empalmaran sen ter unha hegua cerca.

Perdón ás xoaniñas por soplarvos sempre que vos vía.

Perdón ao Perucho por non facerche caso, por non ser cortés contigo.

Perdón a algunha víbora que pasou da miña cama á indiferencia total e absoluta.

Perdón ás bolboretas ás que, por ignorancia, vos toquei as ás e vos quitei o pó e o dereito a voar.

Perdón ao Hamster de miña irmá por poñerte en mans de Carlos, que de forma non intencionada deixouvos na xaula toda a comida do saco, perdón por matarte por empacho.

Perdón a todos.

Síntoo moito, de corazón, non sabedes canto, perdón a todos, de verdade, menos ás gaivotas que levaron tantas pedradas como a miña puntería me permitiu.

1 comentario: