domingo, 11 de marzo de 2012

"ESTÉRIL NARRATIVA DE BLOGUE"

"Estéril narrativa de blogue" é unha frase que lle lin a Kiko Amat no seu libro "Mil violines" para referirse a un texto de escaso valor creativo. Fíxome pensar. Desde fai un tempo, veño lendo (sobre todo) e escoitando certas duras críticas por parte dos xornalistas hacia os blogues e por extensión, hacia os seus autores. Non me sinto aludido, de verdade, pero esas opinións parécenme, desde o punto de vista xeralizado desde as que se fan, puro lixo. Non alcanzo a comprender a que ven tanto ataque… supoño que surxirán do medo, do perigoso intrusismo que poden sentir (e que en algúns casos pode ser real). De todos xeitos, creo que esquecen que a maior parte de persoas que invirten parte do seu tempo nos seus blogues, o único que tratan é compartir pensamentos e reflexións con aqueles que queiran lelos. Sen máis. Os xornalistas, en cambio, fan unha labor informativa diferente. Son ambos aspectos antagónicos? Non se pode desfrutar de uns e outros? Penso que sí.

Detesto a quen se cre posuidor do don da razón, da verdade e o que é máis grave, da calidade, soamente polo posto desde o que fala ou escribe. En ocasións déixase de lado a idea que do pobo saímos uns e outros (do mesmo lugar onde viven as persoas que agora reciben información, por certo). Poñamos un exemplo. Acaso ten directamente máis valor algo escrito no xornal El País que nun blogue? Pode ser… pero non é máis importante a condición de quen escribe? El Roto non sería igual de xenial se fixera o mesmo desde un blogue en lugar de desde un xornal? Ou non sería o mesmo se fixera os seus debuxos nun bloc na casa? Lexitima tanto un título en xornalismo? Eu son o primeiro que dá mérito aos títulos en tanto que supoñen unha importante formación, agora ben, a formación non sempre é formal… é convinte non esquecer esto. Son eu mellor mestre por ser licenciado que un tipo que se formou durante moito tempo de forma autodidacta? Pois habería que velo. A cuestión realmente significativa é comparar os coñecementos (e a posta en práctica dos mesmos) dun e doutro. Non vou ser, desde a miña posición, o que categorice… a miña ética non me permite facelo.

A min o xornalismo, como tal, non me di nada, que queren que lles diga? O que me emociona é o bo xornalismo… como todo. Tampouco lle vexo moita cousa aos blogues en si mesmos, pero sí aos bos blogues. É algo bastante sinxelo de entender.

Supoño que o feito de que os Venres vaia directo ao artigo de contraportada de El País para ler a Juan José Millás (que por certo, non é xornalista) non é casualidade. Ou que escoite na radio o programa de Carles Francino. Ou que siga o video-blogue de Gabilondo. Mira! Un grande do xornalismo español que usa a mesma ferramenta que min.

O xornalismo é unha profesión dunha importancia moi grande… é o que nos abre os ollos ante un mundo que non se deixa ver. Os xornalistas son os que fan que a información nos chegue (dunha forma ou outra) para nos poder comprender o que sucede a nivel social, económico, cultural, político e demáis. Eso, cando se fai como ten que facerse, claro está… e se me teño que poñer crítico, debo dicir, que o xornalismo cada vez dá máis noxo. Dígoo bastante claro. Considero que non é algo xeral, pero cada día é máis frecuente ver artigos de opinión e menos de información e, cando se abandoa a información e se pasa á opinión, onde queda o título de xornalismo? Economistas, xuíces, músicos, directores de cine, escritores, sociólogos, políticos, empresarios e membros dos demáis sectores nutren xornais, televisións, radios e outros medios de comunicación. Eso non lles parece intrusismo aos xornalistas? Non debería porque falamos de opinión e eso é algo sen reservas profesionais. Explícome. Está máis capacitado Roncero ou Manolo Lama para opinar de fútbol que Guardiola ou Caparrós, por exemplo? A quen preferides escoitar falar de música a Thom Yorke ou a Manrique? A Boyero ou a Haneke? A Trueba ou a un crítico literario? A Marina ou ao pedante Reverte? Pois cada persoa contestará o que lle parece… porque falamos de opinión… que é precisamente o que se fai nos blogues… opinar… e quen escoita, le ou ve xuzgará con quen se queda.

E moitas veces hai que dar gracias ao intrusismo por salvarnos da baixeza profesional que algúns especialistas mostran. Véxase o caso de Gilberto Gil como ministro de cultura brasileiro. Outras veces hai que autoromperse os dentes con casos como o de Toni Cantó facendo de deputado no congreso español. O que nos leva de novo á cuestión importante: a calidade… todo depende da calidade e eso pode ser patrimonio de calquera (e recalco o de "pode").

Volvendo á frase que me fixo escribir todo esto. "Estéril narrativa de blogue" paréceme un comentario moi despectivo, e moi parcial, e seguramente a Amat non lle importe unha merda o que eu pense pero é o que sinto. Eso de asociar o pouco valor cos blogues non me gusta. É unha triste e inxusta maneira de ningunear a todo un persoal que se esforza por facer algo o mellor que pode. Ou simplemente unha maneira de cubrirse as costas, unha defensa ante algo que non poden controlar, poñer un tapón ante o que eles entenden son ameazas competitivas. Canto pánico! Pero por que motivo? Non se cren eles (e refírome aos críticos neste sentido) tan superiores? Se un noventa por cento dos bloguers non cobramos por facer. É ese carácter lúdico o que os asusta? E ver que hai xente que fai as cousas só por amor o que os aterra? Ou é envidia porque os bloguers non teñen que rendir contas coas liñas editoriais dos medios a diferencia dos xornalistas? Paréceme que vou entendendo o asunto. Non comprendo tanta crítica… se somos inofensivos. Debe ter moito que ver coa pouca seguridade que teñen en si mesmos en realidade. Cantos bloguers hai no mundo? E cantos triunfan? Con "triunfan" quero dicir que se meten no mundo remunerado.

Tanto medo hai a que o común dos mortais teña ferramentas para demostrar o seu valor? Esta pregunta lévame inevitablemente a recentes lecturas sobre esas diferenzas entre unha cultura para os elixidos e outra cultura para o resto, ese falso elitismo que tan cómodos (e pouco ameazados) lles facía sentir a algúns. Pois non me apena anunciar que esa circunstancia fai tempo que pasou á historia. O valor das cousas está alí onde merece estar… e non onde uns cantos nos din. Máis exemplos.

Eu só poido dicir que acudo indistintamente a medios, a blogues ou ao que sexa sen mirar unicamente o prestixio dos suxeitos que os fan posibles. Non sería o mundo da moda máis aburrido sen The Sartorialist? Hai moitos xornalistas que teñan pelotas a comparar a súa labor gastronómica coa de gourmetymerlin.blogspot.com? Faigo algún mal compartindo os meus gustos en underrantcaseyinfluence.blogspot.com? En que se equivocan crlcrv.blogspot.com ou arbolenruinas.blogspot.com facendo o que lles dá a gana nos seus espazos na rede? Non reflexiona dun xeito interesante elinfantedelladovacio.blogspot.com? E que opinades dos traballos de mondaproxectos.blogspot.com? A min todos eles parécenme algo moi positivo e de bastante valor.

A narrativa boa, a dialéctica boa, a estética boa pode aparecer do anonimato tamén, non é exclusividade dos que teñen firma en publicacións oficiais de renome (entre os que hai moitos dos que me río eu… porque merda haina en calquer sitio).

Para rematar o post e concluir esta polémica ocúrreseme un xogo que deixaría en evidencia a todos estes críticos magos da palabra. Ese tipo de xogo que sae a veces na tele en que dan a probar dous tipos de xamón de diferente calidade e a xente non acerta a apreciar. Ou de lagostinos frescos e conxelados. Estaría ben poñer textos extraidos de blogues escritos por mestres, parados, obreiros, estudantes, amas de casa, médicos, administrativos (etc.) xunto a outros de xornais firmados por xornalistas. E claro, que fosen eles os que clasificasen, que para eso son os leídos. Que vergoña ían pasar. Repito, a calidade aparece nos lugares máis insospeitados. A arte non está só nos museos, a boa música non só a fan os que teñen discos publicados. Un bo escritor pode non ser publicado xamais (e un malo pode ter decenas de libros á venda). E miña nai podería ser unha grande cociñeira se lle dese a gana.

Ou sexa que sabes que che digo Kiko Amat? "Llámame Romario, nena!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario