domingo, 11 de noviembre de 2012

A MAZÁ


Nunha ocasión, Salvador Dalí preguntoulle á súa muller, Gala, se podía enumerarlle "mazás históricas" e ela recitoullas, sen dubidar, como unha letanía:
"Mazá do pecado orixinal de Eva, mazá anatómica de Adán, a mazá estética do xuizo de París, a mazá da afectividade de Guillermo Tell, a mazá da Lei da Gravedade de Newton, a mazá estrutural de Cézanne…". Fixo unha pausa e cambiou de tema segurando que a seguinte sería a "mazá nuclear" que estaba a punto de estalar.

A este respecto, é curiosa a simboloxía histórica desta froita. Hoxe en día, é de sobra coñecido o imperio creado entorno a esa peza, a compañía Apple e os elevados ingresos anuais que xera. Unha das lanzas máis afiadas do capitalismo e do consumismo máis voraz. Todos os gadgets da empresa convertíronse en obxetos de desexo da poboación (ordenadores, reprodutores de música, teléfonos móbiles…). Ese logo ao que lle falta un trozo (trozo que estamos nós masticando como un peixe que morde o anzol) é motivo de salibación para moitas persoas que anhelan todo dela.

A firma Donna Karan tamén a empregou como bote dunha das súas fragancias… e como non podía ser doutro xeito, a xente caeu na tentación e convirteuna nun éxito de ventas.

A mazá, xa cun valor real que se lle atribúe como alimento, é vista como elemento de saúde, a bandeira dunha dieta saudable. Entre outras moitas cousas, fortalece o sistema inmunolóxico, sirve para combater a diarrea (misturada con mel) ou o estreñimento (con iogurte), equilibra o nivel de glucosa, o seu aroma elimina o estrés e a tensión, axuda a combater a resaca, é antioxidante e anticanceríxena.

A mítica banda The Beatles tamén a empregaron como logotipo da súa marca discográfica e moi podre debía estar porque acabaron todos a tiros.

A serie "Desperate Housewives", "Mulleres desesperadas" aquí, tamén a ten como imaxe facendo referencia a esa tentación que leva ao vicio.

E que me decides de Blancanieves e a súa vermella froita? Coincidencia? Por suposto que non. Que necesidade tiña de ser rescatada (unha moza autónoma) por ese príncipe azul de plástico con ese peiteado tan ridículo?

Desde un punto de vista relixioso, é sinal de xuventude (xermánicas e célticas) e tamén de inmortalidade (catolicismo).

Tamén ten connotacións sexuais… é evidente o parecido coas tetas… aínda que neste plano tenlle a batalla gañada a súa irmá a pera.
En relación con isto, nunha ocasión, nun pub en Compostela, achegóuseme unha rapaza na barra e díxome "¡Tienes culito de manzana!". Eu mireina, sen presa, mentres revolvía o meu ron-cola e contesteille "E ti tetas de prostituta!". Non lle pareceu un bo piropo.

A nivel persoal, a mazá tráeme á cabeza unha lembranza bonita que é a meu pai, chegando de traballar, collendo unha do froiteiro e levándome a dar un paseo ao parque. Sempre a mesma rutina.

En canto a datos, chama a atención a cantidade de tipos que existen, Jonathan, Lodi, Reineta, Fuji, Gala (como a muller de Dalí… coincidencia! Ou non!), Gravenstein, Spur, Rome Beauty, Cortland, Granny Smith, Verde Doncella, Esperiega, Cameo, McIntosh (de ahí o nome dos computadores de Apple) ou Empire (entre outros moitos).

E xa que falamos de imperios… e tentando explicar todo este asunto… Quen está detrás deste produto? Quenes son os principais produtores de mazás no mundo? Pois China e EE.UU. amigos. Quen ían ser? As dúas maiores potencias do planeta. Os buques insignia deste asasino capitalista. OUTRA COINCIDENCIA?

1 comentario:

  1. http://www.finanzas.com/xl-semanal/magazine/20121104/china-terror-mesas-europeas-3983.html

    ResponderEliminar