domingo, 18 de noviembre de 2012

VASELINA vs. GASOLINA


Esto vai sobre dar polo cú. 

Hai xente á que lle gusta. Xente á que non. E xente que aínda non o sabe. Aló cada quen cos seus gustos. Pero, o que non é para nada agradable é que cha metan por atrás sen consentimento, é dicir, que te violen, que te forcen, que cha chanten sen permiso. Polo menos eu penso eso. Hai algúns, en cambio que o deben atopar interesante, xa que ante a actual situación política, económica e social, moitos permanecen calados, pasivos… deixándose dar… e non só eso, senón que a maiores, están poñendo eles do seu peto a vaselina para que entre mellor. E é que os hai bobos de collóns! Que lle imos facer…

Mentres o máis "normal" (e recoñezo que este concepto non me atrae nada) sería deixarse de vaselinas e comprar gasolina para botarlle por encima a toda esta realidade que vivimos e así, poder construila de novo, aquí seguen algúns, bañándose no semen porco de quen os viola. Non estades ben da testa meus!

Mentres se convoca aos traballadores en particular e á sociedade en xeral a secundar e participar nunha folga á que non lle faltan xustificacións, algúns optan por criticala, e o peor de todo, non respetala.

Mentres uns nos partimos os cornos por defender os dereitos de TODOS, outros cagan argumentos cincentos por nós.

Mentres uns perdemos un día de soldo en solidariedade cos escalóns sociais que máis están padecendo esta crise, outros acuden co peito cheo de fume negro aos seus postos de traballo.

Mentres uns din "No me lo puedo permitir", outros pensamos "E eu sí?".

Mentres uns din "No es el momento de huelgas, es el momento de trabajar", outros decimos "É o momento de tentar frealos".

Mentres uns se queixan, día a día, nos seus postos de traballo e nas cafeterías, outros facemos o mesmo pero á hora da verdade estamos onde temos que estar.

Pero tamén, que quede claro, mentres uns estamos participando activamente nesa folga, outros desexarían estalo facendo e non poden porque os seus xefes os ameazan con despidos, non renovacións e empeoramento de condicións de traballo.

Mentres algúns traballadores cremos que nos están perxudicando e que temos que facer todo o que está nas nosas mans para rematar con esta situación, os pequenos empresarios pensan, ilusos,  que isto non vai con eles, pensan que o actual goberno está con eles.  

En Galicia, mentres os que aínda estamos conectados coa sociedade e non nos compren con merendolas apostamos polo cambio de políticas, os enrugados de pel que non saen das súas cociñas de leña empéñanse en ancorarnos ao pasado máis rancio. A ver se o copago farmacéutico axuda un pouco a que o seu ciclo vital chegue ao seu fin… en serio. O seu voto mata a xente cada día… e sábeno… e non lles importa… e a min sí.

Mentres saen á luz o "¡Que se jodan!" de Andreíta Fabra e a petición de "una cura" para os gays (e outras perlas clasistas) da viguesa, tamén do Partido Popular, Andreíta Hermida (por certo, a esa alguén lle tería que dar polo cú…), outros só din "Es lo que hay".

E mentres "moitas máis cousas malas que suceden", outros seguen en silencio, ou o que é peor, morden o anzó e pásanse ao bando contrario, a un bando no que só está o cinco por cento da poboación mundial pero ao que os máis estultes cren pertencer.

Chegado a este punto, vaiamos pasiño a pasiño. Por que non comezan a gobernarnos as putas xa que os seus fillos non deixan de afundirnos na merda? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario