domingo, 25 de noviembre de 2012

ONDE TE VES DENTRO DE DEZ ANOS?

Hoxe apetéceme escribir sobre o pouco que me gustan as preguntas tipo "Onde te ves dentro de dez anos?" que estes días escoitei na radio.
E é que non as entendo. Que propósito teñen? Que se quere conseguir con elas? Paridas de psicoloxía barata… que ven a ser a mesma que a psicoloxía de adestrador… ou de "coach" (perdoade un momento que me dá a risa…).
Neste caso en concreto, coa pregunta "Onde te ves dentro de dez anos?", penso que o que se pretende é dirixir a resposta hacia os cánones establecidos polos convencionalismos, polas expectativas maioritarias. Acaso todos temos que acabar casados, con fillos e cun traballo deses que dan categoría.
Valoro moi positivamente (e divírtenme) as respostas que dan algunhas persoas, sinceramente ou simplemente por tocar as pelotas, a estas cuestións.
Por exemplo, ocúrrenseme unhas cantas que seguramente o interlocutor non agarda.

"Véxome no baño, cagando, despois de fumar un cigarro… cagando por primeira vez logo dun par de semanas tupidísimo tomando cáscara sagrada a casco porro".

"Gustaríame estar nun barco, coa miña mesa de misturas, pinchando para os meus amigos e poñéndonos cegos de todo tipo de drogas".

"Creo que estarei só, sentado no meu sofá de sky, coa barriga asomando, cunha lata de cervexa na man e vendo vídeos VHS de maduritas que lle ensinan a follar a xovenciñas".

"Me veo con mi dedo gordo afectadísimo por la gota".

"Dentro de dez anos estarei igual que agora. Triste, poñéndolle os cornos á miña moza con rapazas moito máis feas que ela pero moito máis porcas tamén".

"Estarei vivindo cos meus pais, poñéndolles as zapatillas de casa, limpándolles o cú, facéndolles copetadas de leite con pan e vendo o partido de liga dos sábados".

"Véxome claramente zumbándome á túa muller… que debe estar ben boa… e debe estar carente de sexo… porque con esa cara de pringao que tes… véxome meténdolla por atrás mentres canta o 'Only You' de The Platters… non o ves ti factible?".

"Non estaría mal ter un traballo estable, non sei… un negocio rentable, ser o meu propio xefe… algo que combine traballo e ocio… e pracer, xa sabes, para misturalos… algo que non implique moitas horas… e que dé diñeiro… xa o teño! Terei un clube de alterne… un puticlub… un chingadeiro… un picadero… un 'Vanessa's'… ou un 'La cona'… ou un 'Almejas'… ou un 'La paparda' mellor".

No hay comentarios:

Publicar un comentario