domingo, 13 de enero de 2013

"LO MEJOR DEL AÑO"


É habitual por estas datas, nestes comezos de novo ano, nos meses de Xaneiro, que os principais medios editoriais nacionais e internacionais (tanto impresos como web) publiquen as súas listas cos mellores discos, libros, cómics, filmes e demais do ano que xa acabou. Tradicionalmente, acostumo a invertir tempo lendo e mirando cada unha destas listas coa única intención de enriquecer o meu punto de vista e de engordar (permítaseme a expresión) os meus coñecementos xerais sobre estes asuntos. Pero o que antes me podía resultar atractivo e ilusionante, agora tornouse un soberano aburrimento. Explícome.

A maioría destes medios que eu reviso non me aportan nada neste senso clasificador. Vouvos poñer algúns exemplos. O 12 é un número bonito ou sexa que imos cos doce mellores discos internacionais de varias publicacións. 

PITCHFORK: 1. "Good Kid, m.A.A.d City" de Kendrick Lamar. 2. "Channel Orange" de Frank Ocean. 3. "The Idler Wheel…" de Fiona Apple. 4. "Lonerism" de Tame Impala. 5. "The Seer" de Swans. 6. "Visions" de Grimes. 7. "Bloom" de Beach House. 8. "Kill For Love" de Chromatics. 9. "The Money Store" de Death Grips. 
10. " Shields" de Grizzly Bear. 11. "Celebration Rock" de Japandroids. 
12. "Allelujah! Don't Bend! Ascend" de Godspeed You! Black Emperor. 

ALLMUSIC: (Só poña xa o nome das bandas no caso de discos que se repiten) 
1. Grimes. 2. Frank Ocean. 3. Fiona Apple. 4. Kendrick Lamar. 5. "Kaleidoscope Dream" de Miguel. 6. "Until The Quiet Comes" de Flying Lotus. 7. "Harmonicraft" de Torche. 8. "Devotion" de Jessie Ware. 9. "Love This Giant" de David Byrne e St. Vincent. 10. "Kiss" de Carly Rae Jepsen. 11. "Breakup Song" de Deerhoof. 12. "3 Pears" de Dwight Yoakam.

ROCKDELUX: 1.Swans. 2.Frank Ocean. 3. "Bisch Bosch" de Scott Walker". 
4. Kendrick Lamar. 5. Beach House. 6. Grimes. 7. Chromatics. 8. "Coexist" de The XX. 9. "Quarantine" de Laurel Halo. 10. Death Grips. 11. "Vers Les Lueurs" de Dominique A. 12. "R.A.P. Music" de Killer Mike.

JENESAISPOP: 1. Beach House. 2. The XX. 3. Frank Ocean. 4. "In Our Heads" de Hot Chip. 5. Fiona Apple. 6. "Words & Music" de Saint Etienne. 7. "Sweet Heart, Sweet Light" de Spiritualized. 8. "Herreros y fatigas" de Klaus & Kinski. 
9. "Gossamer" de Passion Pit. 10. "11 de novembre" de Silvia Pérez Cruz. 11. Tame Impala. 12. Chromatics.

MONDOSONORO: 1. "An Awesome Wave" de Alt J. 2. Swans. 3. Chromatics. 
4. Grizzly Bear. 5. Beach House. 6. The XX. 7. "Tension" de Die Antwoord. 8. "Come Of Age" de The Vaccines. 9. "Django Django" de Django Django. 10. Tame Impala.

DISQUECOOL: 1. Dominique A. 2. Grizzly Bear. 3. Godspeed You! Black Emperor. 4. Swans. 5. Spiritualized. 6. Tame Impala. 7. "Sun" de Cat Power. 8. "Tramp" de Sharon Van Etten. 9. "The Haunted Man" de Bat For Lashes. 10. Passion Pit. 11. "Confess" de Twin Shadow. 12. "Tinieblas, por fin" de The New Raemon.

Como podedes ver, unha coincidencia de referencias enorme… e os que non coinciden nos doce primeiros, fano nos seguintes números da clasificación. É coma se a partires da primeira lista, os redactores tivesen medo de arriscar e puxeran os mesmos para ser igual de "cool people". Ou é que esta xente escoita só ese tipo de música.

Imos ver. Ninguén nega que estes álbumes non sexan discazos, que o son, máis sí é certo que esa unanimidade empobrece moitísimo e dá para chegar á conclusión de que isto non é máis que unha grande farsa na que o resultadismo e a promoción mandan. Tanta historia con deixar de lado a música comercial, tanto postelitismo (que é peor que o elitismo mesmo) do indie, tanto ir de alternativos e resulta que, en realidade, non se vai máis alá, ninguén ten as pelotas suficientes para aportar de verdade, para sumar. Que hai da música clásica, que hai da new wave, da contemporánea, da música africana, asiática, do jazz, dop blues, do spoken word, da música de baile, da desértica, da música de raíces? Ninguén escoita discos diferentes? Imaxino a estes redactores metidos nun bucle que os leva sempre aos mesmos grupos ata que deciden que algún xa lle gusta a demasiada xente e o cambia por outro novo que mole.

Supoño que aqueles que non se deixan levar pola dictadura occidental se estarán rindo destas listas e daqueles que as confeccionan desde os seus ricos recunchos culturais.

Cando o mes pasado comprei a revista Rockdelux e falaba cuns amigos sobre a lectura das listas, un deses amigos, Carlos, díxome algo así como "Joder! Co que che gustan a ti as clasificacións…" E tiña toda a razón. Encántanme. Pero non como simples instrumentos de avaliación, senón como elementos de enriquecemento persoal e colectivo, como momentos de compartimento de información, de comuñón ou non, como rasgos identitarios de coñecemento do "outro", é dicir, como unha forma máis de profundizar nas persoas e así conseguir desenvolverse, xa que é poñendo cousas en común como as persoas medramos intelectualmente. O dos medios xa é outra cousa que non me interesa nada en absoluto.

Merda para este tipo de listas!


Como alternativa e como xeito de tentar aportar algo diferente vou dar vinteún discos (inversamente doce) que persoalmente me gustaron moito deste ano (sen ningún orde). Non me interesa se son os mellores, tampouco teño os coñecementos técnicos musicais para poder discriminalo, pero son algúns que me fliparon.

1. "Believe You Me" de Ombre.
2. "Brillante" de Mi Nave.
3. "Ark" de Halls.
4. "You & Me" de Four Visions.
5. "Patience (After Sebald)" de The Caretacker.
6. "Portico Quartet" de Portico Quartet.
7. "About The Feeling" de Summer Heart.
8. "O deus que devasta mas também cura" de Lucas Santtana.
9. "Primavera" de Tan Frío El Verano.
10. "11 de novembre" de Silvia Pérez Cruz.
11. "Folila" de Amadou & Mariam.
12. "Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tales Of Her Animals" de Jane Joyd.
13. "Fin" de John Talabot.
14. "America" de Dan Deacon.
15 "Growing Seeds" de Lust For Youth.
16. "The Keychain Collection" de Gang Colours.
17. "Memória de Peixe" de Memória de Peixe. 
18. "World Music" de Goat.
19. "It Only Happens Once" de Janek Gwizdala.
20. "Nocturne" de Wild Nothing.
21. "Fantasmage" de Fantasmage.


No hay comentarios:

Publicar un comentario