domingo, 20 de enero de 2013

REALITY BITES


Teño tos, sono os mocos constantemente en papel de limpar o cú, dóeme a gorxa e cada vez que trago sinto unha coitela de afeitar pasando.

Na tele, de fondo, escoito que ese grande pensador que é o putoministro Wert foi apupado na conferencia organizada polo diario El Mundo de Andalucía nun hotel de Sevilla. Ante tal feito, non dubidou en acusalos de fascistas por emitir tal protesta. Uns meses antes, na Semana Internacional de Cine de Valladolid, onde tamén tivo que escoitar berros de descontento, declarou que as protestas non lle afectan "ni lo más mínimo". Dúas mostras, unha de cegueira intelectual e de proxección externa de adxectivos propios, e outra de falta de sensibilidade.

A vértebra desviada volve a amolarme provocándome unha dor coa que non se convive ben. Teño que poñer a faixa e tomar Myolastán. Cágome "en dios" de vez en cando… teno ben merecido… por cabrón!

"Bárcenas regularizou dez millóns de euros gracias á lei de amnistía fiscal do PP" din os xornais que leo. Ao extesoureiro do Partido Popular detectóuselle unha conta en Suiza con fondos que rondaban os 22 millóns de euros e outras como en New York, por exemplo, a onde facía transferencias de fondos. É curioso como o seu partido se lava as mans e todo queda nunha mera cuestión persoal.

O xarope que tomo para o catarro sabe como o cuspe de todos os vellos fumadores dun bar misturado con vinagre de Módena. Alta cociña.

Cando polas mañás vou no coche camiño do traballo, escoito na radio as noxentas e contradictorias palabras de Ignacio González, presidente da Comunidade de Madrid, esa que leva a bandeira do máis cheirento neoliberalismo. Cousas acerca de externalizacións, de regulacións, comprensións de non sei que amaño de privatizacións de servizos sanitarios e posterior aproveitamento empresarial do "guapo cachorro pepero" Juan José Güemes… crónicas de como acabar con todo, diría eu.

Teño sorte, case nunca me doe a cabeza pero ultimamente sinto sobre as cellas unha forte presión que me mata… algo parecido á sensación posterior dun lixeiro pero contundente golpe de martelo.

Fernando Alonso (con todo o seu depósito craneal que necesitaría de código postal propio), Pedro Martínez de la Rosa (con eses finos xeitos de colexio privado), Carlos Moya (o "mollabragas" multiidade), Dani Pedrosa (máis baixo que un vaso de chupito), Jorge Lorenzo (un tipo "diferente"), Julio Iglesias (que clase tienes Julio!) e algúns outros, non pagan os seus impostos aquí, levan as súas contas a paraísos fiscais. E logo que me veñan con bandeiras e camisetas nacionais… Puta que os pariu!

Cando cago, unhas tres veces ao día, non son capaz de botar toda a merda que teño dentro. 

O neno bonito das Nuevas Generaciones do PP Ángel Carromero (ese que a montou ben montada) goza xa de todas as vantaxes de formar parte do poder e de coñecer a quen ten que coñecer. Trouxérono da prisión cubana para outra de Segovia e agora veña permisos e historias varias. Os mossos de esquadra que propinaron unha soberana paliza foron indultados, ao igual que o alto cargo do banco Santander excomulgado por Zapatero antes de irse. Mentres tanto, o galego extoxicómano reinsertado continúa no cárcere por compartir menos dun gramo de heroína.

En Pontevedra sempre chove. Auga, auga e máis auga. Todos os días unha ración de chuvia. E que logo me veñan co canto ese de "es que en la Mariña Lucense siempre hace malo". Home non me tocan as pelotas caribeños de pel branca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario