domingo, 10 de noviembre de 2013

O XEFE



Esta semana soñei co meu xefe. Estaba parado co seu traxe gris de Cortefiel (ou de Emidio Tucci, tanto me ten) no medio dunha praza que non identifiquei. Non había luz solar, era máis ben como unha iluminación artificial na que dominaban as variantes da cor gris. Non había ninguén máis con el, atopábase só mirando hacia arriba, teso coma o garabato dun carabullo. Tiña as mans nos bolsos dos pantalóns e aparentaba unha tranquilidade que non era tal. No seu rostro chamaba a atención un sorriso falso, moi similar á dos viláns dos filmes… algo así como a do Joker ou a de Gargamel. Quería parecer boa persoa, certamente indefenso pero non temeroso. O silencio era total. Non se escoitaba nin o silbar do vento, de feito era coma se estivese na soedade dunha sala de consulta.
A súa calva brilaba como nunca e o calvario que provocaban cada unha das súas accións era inaguantable. Non era un tipo querido, máis ben era un ser repugnante que creaba antipatías alí onde estivese.
Un son como o do inicio das tormentas foi entrando na imaxe e comezou a sentir medo. A inseguridade apoderouse da súa mente e foi consciente de que non controlaba a situación. O ruido intenso veu acompañado de berros de miles de persoas que clamaban igualdade de oportunidades, respeto e conciencia. "Polo ensino público!", "Non ao mercantilismo!", "Queremos construir, non derruir!", "Non á selección, sí á integración!", "Dignidade!", "Pola ensinanza de calidade!"
De súpeto, un primeiro plano da súa cara. O seu parecido cun xove Adolf Eichmann avivaba aínda máis o lume dos que se manifestaban acusticamente.
Entrou en estéreo outro son, o de alguén facendo forza coa respiración contida, a un volume altísimo, case enxordecedor. Aos poucos segundos, en plena fase REM , vin como toneladas de merda lle caían encima, pouco a pouco pero sen pausa. A textura da mesma era ideal para unha morte por asfixia e non por golpe, branda e co peso suficiente para evitar a liberdade de movementos… terreo no que el se movía como un peixe nun río… mais que agora se lle ía das mans. O chapapote que os seus compañeiros negaran víñalle agora pero do interior humano. Toda a merda que fixera tragar aos seus empregados caíalle no lombo. 
Era unha paisaxe preciosa! Sublime! Moi desfrutable. O excremento cubríao ata o fuciño e seguía subindo. O último que lembro foi a súa man saíndo do bulto marrón cos dous dedos de victoria alzados. Acto seguido, moitas mans, como nos circos romanos, indicaron co pulgar cara abaixo e as últimas doses de feces enterrárono xa sen alento.
Sen tempo a entender o que estaba sucedendo, o reloxo da miña mesiña de noite comezou a soar, coma sempre, ás 8:00h. Un novo día empezaba e abrín a fiestra da habitación para airearme. O cheiro a merda seguía estando ahí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario