domingo, 24 de noviembre de 2013

"READY, ABLE"



Eu estaba alí. E non estaba só.

"Ready, Able" é a mellor canción da historia. Non hai máis que dicir... ou sí! 

Lembro cando comprei o disco na Fnac da Coruña. Unha morea de boas críticas na prensa especializada, moitas boas palabras (na rede e cara a cara) de xente que escoitara o disco (notábase) e doutra que dicía telo escoitado pero que dicían o que hai que dicir (tamén se notaba). Por fóra, "Veckatimest" (2009), xa era atractivo, apetecía, moito. Probeino nos auriculares que teñen na sección da tenda. Uns vinte segundos por canción foron de sobra para decidirme. Leveino xunto con algún outro, seguro.

Cheguei á casa, dinlle ao Play e tumbeime no sofá. Estiven case unha hora mirando ao teito e deixando que a música se metese polos recunchos máis agochados do meu cerebro. Unha boa experiencia que, ao repetila nas seguintes ocasións, se foi convertindo en moi boa sen pedir permiso. Gustábame cada vez máis ata chegar á inmensidade.

Así, un día tras outro, non consecutivos claro, sempre fun dos que prefiren dosificar o desfrute. Alternaba esta xoia que me caera nas mans con outros discos guais.

Chegou un momento no que unha das cancións, "Ready, Able", me foi absorvendo a alma. Escalaba posicións no ranking das miñas favoritas a un ritmo que asustaba. Aqueles catro brooklynianos adoptivos conquistáranme por completo. Estaba rendido ao seu encanto neste tema de catro minutos e dezaoito segundos, catro minutos e dezaoito segundos de sensacións difíciles de describir.

Pasaron os anos e ese pedaciño de vida melódica seguía estando ahí. Cando miraba ao equipo de música en medio do silencio e, tal Can de Pavlov, se me viña á cabeza a canción. Cando buscaba un pinchacarneiros emocional por calquera motivo. Cando facía a comida. Cando quería bailar "unha de agarrados" coa miña loira. Cando abría a fiestra e quería aire. Cando me levantaba polas mañás. Cando me deitaba ás noites. Cando me preparaba para sair. Cando escribía as miñas cousas. Cando pensaba. Cando debuxaba. Cando pintaba. Cando lembraba. Cando agardaba a alguén. Sempre. E sempre en voz alta.

A comezos do 2013 saiu o anuncio do cartel do Optimus Primavera Sound de Porto e alí estaban eles. Un nome que sobresaía sobre os demais: READY, ABLE… Grizzly Bear, quero dicir, pero para min era o mesmo, eu vía o título da miña canción.

Xuño non tardou en chegar e ata a data sinalada estiven inmerso nunha morte activa que rematou cando escoitei eses golpes de batería de Christopher Bear, o baixo de Chris Taylor, os laios de guitarra iniciais de Daniel Rossen e a preciosa voz de Edward Droste.  A partires dese momento, convertinme en vapor. 
Rodeado de amigos e coa mesma loira que bailaba na casa entre os meus brazos fun o home máis feliz do mundo. Dentro de min, a primavera envolveume en flores e o outono en follas que caían lentamente. Un fume branco e de algodón chegaba desde atrás. Diante de min, un mar de cores imposibles mollábame os pés e o sol baixaba ata tocamre, sen queimar. A lúa non se quixo perder o instante e sumouse ao grupo. Pechaba os ollos. Abríaos, Pechábaos. Abríaos. Os paxaros piaban, como a mellor orquesta. Diapositivas familiares flotaban no ambiente, miña nai, meu pai, miñas irmás, meus sobriños. Memorias de neno, de rapaz, de home… e o presente. Fun feliz, son feliz.

"Ready, Able" é a sofisticación, a elegancia, o éxtase, é a consciencia e a inconsciencia, a translocación, a beleza no seu grao sumo, é a forza, a pena, a ledicia, a melancolía, éo todo.





I'm gonna take a stab at this,
sure you will be alright

Make a decision with a kiss
Baby I hold fast by it.

And when I trek alone back home
I need; shall I trek in the snow?

Tissue and bones; it was a trick
This is a knock on five

Checking it off my list
Honey look to rewrite.

Time is cast once; and far alone.
Hope I'm ready, able to make my own;
goodbye.

They go we go, I want you to know, what I did I did,
They go we go, I want you to know, what I did I did.

They go we go, I want you to know, what I did I did,
They go we go, I want you to know, what I did I did.

They go we go, I want you to know, what I did I did,
They go we go, I want you to know, what I did I did.


No hay comentarios:

Publicar un comentario