Cidades de cristal,
vilas de cemento
e as aldeas…
un DESERTO.
As árbores choran a ausencia
do home que as observa
e revolve as súas raíces fortes,
subterraneamente,
contra os materiais impostos.
Do ceo cae petróleo.
Un choro negro
que nos agasalla a palabra:
CULPABLE.
Non hai verde, hai gris,
hai fame, hai pena, hai soedade.
Canto tempo imos seguir con isto?
Pechando a mente,
as fronteiras e os músculos?
Dóelle a alma a quen a ten.
O medo é ignorancia.
En ocasións,
na mirada dun galego,
vexo o desafío de todo un pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario