domingo, 5 de enero de 2014

2014


E así se cambia de ano, simplemente, pasando a folla dun calendario. Días, semanas, meses, estacións… e nada que nos diferencie doutro animal. O mundo está peor, a raza está peor. Non é pesimismo, é realismo. Todo camiña hacia ningures. Ata a pouco orixinal vida secreta de Walter Mitty parece mellor que a realidade. Non hai esperanza nesta estrada, semellante á de Cormac McCarthy pero en versión 2.0. Que tremendismo! Sí! Mais non quero xirar a cabeza. Hoxe non. Nin nunca. Non é doado ser feliz cando un se eleva un par de metros do cilindro persoal e mira arredor. 

Non me gusta a moderación, nin as boas formas. Non é o momento. En "Feminismos", de Olga Castro e María Reimóndez, lin "O radicalismo de hoxe é o sentido común de mañá". Non digo máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario