domingo, 16 de febrero de 2014

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES?



Non nos cansamos (eu sí!) de escoitar ou ler iso da "igualdade de oportunidades". En tertulias de actualidade (cada vez máis habituais e insulsas), xornais (máis centrados nas ventas que na súa función social), na boca dos políticos de turno (de calquera cor política) ou en manifestos e programas ideolóxicos. Igualdade de oportunidades na educación, igualdade de oportunidades na sanidade, igualdade de oportunidades no ascenso social, económico, cultural e político... Parece un espazo común, algo que todos queren, algo que non se pode contradicir por solidariedade (ou máis ben, en realidade, por caridade).

Eu estou en contra desa igualdade de oportunidades. Explícome.

Lido así, ao primeiro toque que dirían os futboleiros, pode parecer unha cuestión obvia coa que todos os decentes estamos dacordo, en forma e fondo, mais non é o meu caso. Opóñome á "igualdade de oportunidades". Por que? Pois porque é un concepto que nos colou o capitalismo e a cultura de clases, que lle veu de perlas ao neoliberalismo, que admitiu a social-democracia por falta de rigor ou por intereses concretos e que a sociedade en xeral absorveu sin ningunha sinal de análise crítico. É unha mesquindade en si mesma por moitos motivos pero por un moi concreto.

Este concepto desbancou (ou suprimiu mellor dito) ao de "igualdade" a secas, que é no que eu creo con toda a miña forza. Á igualdade poden sumárselle todos complementos que desexemos, aínda que en realidade non necesita de ningún porque os engloba todos. Enténdese? Agardo que sí, xa que é moi sinxelo. Xa non se escoita falar de igualdade… e iso é o alarmante.
Cando se fala de "igualdade de oportunidades" déixase de manifesto que non hai unha igualdade real. Igualdade ten un siginificado claro, todos iguais ante a vida e as súas circunstancias. Así de simple. 
A igualdade de oportunidades é esa caridade á que me refiría antes, a caridade que axuda ao pobre, ao humilde a prosperar, a ser alguén respetado, alguén digno. Se todos fósemos iguais, unha muller, un home, unha nena, un neno, un ancián, unha anciá, un galego, un vasco, un andaluz, un murciano, un madrileño, un español, un alemá, un turco, un australiano, un chinés, un arxelino, un chileno, un brasileiro, un mongol, un etíope, un canadiense, un indonesio, un estudante, un parado, un médico, un carpinteiro, un notario, un mineiro, un barrendeiro, un mestre, un traballador do fogar, un xuiz, un administrativo, un investigador, se todos fósemos iguais, como persoas, como seres humanos sería evidente que as oportunidades foran as mesmas. 

Por este moitvo creo na IGUALDADE, como único motor que nos faría únicos con respecto a outras especies, como xeito de liberarnos das cadeas que nos atan(tanto a uns como a outros) e como medio para progresar en harmonía.

IGUALDADE SEMPRE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario