domingo, 2 de febrero de 2014

"FOR WHAT IT'S WORTH?"





Noventa quilómetros á hora nun coche grande e vello. Unha estrada en entorno rural. Calor e sol. Árbores pasando a cámara lenta. Pequenas bandadas de paxaros debuxan mulleres no ceo, sen roupa. Ao lonxe, nada. Un cigarro na boca. Lentes escuras. Asentos de pel e no do lado unha loira de revista que sempre sorrí. Pantalóns vaqueiros apretados. Camisa aberta. Sen capota. Pelo ondeando no berce aéreo. No cassette soa "For What It's Worth". Que outra cousa podía ser?

Deste xeito me imaxinei eu moitas veces cando só era un neno, tumbado na cama,  pola noite, antes de adormecer, co walkman a todo volume e deixando voar a imaxinación con esta xoia que descubrira no recopilatorio do programa televisivo  "Esta noche cruzamos el Mississippi" que me deixara Carlos. E as noites eran máis cortas. E os días mellores agardando que chegara de novo a noite. E os dous minutos e corenta que duraba a canción eran todo un mundo. Un mundo que era o real e o meu, unha fantasía. 

Esta canción de 1966 escrita por Stephen Stills e interpretada por Buffalo Springfield é simplemente perfecta. Inspirada por un evento na era da psicodelia e a contracultura, non tardou en convertirse nunha recoñecida canción-protesta e nun básico na miña lenda musical vital.

A frase "Stop, children, what's that sound?" cobrou un novo significado, con esa voz (e voces) marcada pola levedade, pola delicadeza, pola elegancia, coa guitarra árida e lonxana e a batería precisa e mínima. 

Unha mostra clara de que na sinxeleza se agochan moitas cousas boas. 

O nivel emotivo desta canción é superior e a súa curta duración non fai máis que elevala aos altares da inmortalidade. 

Se fose veneno, tomaríao para morrer.



There's something happening here
But what it is ain't exactly clear
There's a man with a gun over there
Telling me I got to beware

I think it's time we stop
Children, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

There's battle lines being drawn
Nobody's right if everybody's wrong
Young people speaking' their minds
Getting so much resistance from behind

It's time we stop
Hey, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

What a field day for the heat
A thousand people in the street
Singing songs and carrying signs
Mostly saying, "hooray for our side"

It's time we stop
Hey, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

Paranoia strikes deep
Into your life it will creep
It starts when you're always afraid
Step out of line, the men come and take you away

We better stop
Hey, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

We better stop
Hey, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

We better stop
Now, what's that sound?
Everybody look - what's going down?

We better stop
Children, what's that sound?
Everybody look - what's going down?



No hay comentarios:

Publicar un comentario