domingo, 23 de febrero de 2014

SHAQ DEIXOUNO TODO


Shaq deixouno todo. Deixou o seu megadeportivo de doce cilindros en uve no medio da autopista. Deixou a súa inmensa mansión en Beverlly Hills coas portas abertas. Deixou os seus sete dogos americanos en liberdade. Deixou á súa operada muller con todas as tarxetas visas. Deixou aparcada a Harley Davidson nun bar triste da autopista. Deixou o seu Hummer no fondo do garaxe. Deixou a despensa chea dos produtos máis caros xamais imaxinados. Deixou á súa espectacular amante embarazada de cinco meses. Deixou as sesións co seu experto fisioterapeuta. Deixou os seus frutíferos negocios inmobiliarios en mans dos comerciais. Deixou as súas camisas caras, os seus pantalóns de lino, os seus moitos sombreiros Stetson, os seus zapatos italianos. Deixou sós aos seus pais vellos nunha residencia en Venice Beach. Deixou as súas máis de cen gafas de sol. Deixou ao seu clube de fans sen respostas postais. Deixouno todo e foise vivir a unha chapa de Coca Cola no medio do deserto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario