domingo, 20 de abril de 2014

ESPIRITUALIDADE A PORTA FRÍA



Cada vez é menos común, pero segue acontecendo, eso de que che veñan á casa vendendo enciclopedias, alarmas, conexións a internet, sbscripcións a ONG's ou libros do círculo de lectores. Tamén facía tempo que non vía a persoas que viñan co timo relixioso, concretamente desde que naquel estupendo piso de estudantes de Riazor onde vivíamos Manuel, Diego, Bernardo e máis un servidor invitamos a comer a aqueles Testículos de Germán… digo Testigos de Jehová (nin me molesto en ver se se escribe así). Que ensinanzas, que traxes e que peiteados nos traían… un momento… ou eran mormóns? En fin, non lembro, que máis dá se dá igual. Alí tivemos, todo o santo ano (e nunca mellor dito) aquel libro (non sei se lle chaman biblia tamén…). Que preciosidade de pasaxes líamos antes de comer! Que maneira de bendicir os alimentos que na nosa mesa puxera… o diñeiro de nosos pais!  

(Para outro día queda a historia da comercial de R ceando con nós, con karaoke improvisado e interpretación improvisada de papeis ficticios). 

Tiveron que pasar uns cantos anos para que outro relixioso pasara pola miña casa, pola miña actual de Pontevedra. Sentimos o timbre arriba, nada de primeiro o porteiro automático. Pensei que sería alguén pedindo esmola… non! Era un vello que se quedou calado ata que dixemos: "Si?". "Mira… vengo para ver si teneis unos minutos para hablar sobre la familia". Desculpa? - pensei eu. Que clase de broma é esta? Pois debe estar de moda este rollo! "Sobre la familia y la felicidad" - añadiu o educado señor. Díxenlle que non nos interesaba e que moitas gracias (por pura cortesía). Reaccionei rápido (pensando inmediatamente neste relato) e o que sí collimos foi o tríptico que traia nas mans para entregar… sempre pode ser divertido botarlle un vistazo. Efectivamente! Acertei! Cóntovos…

"DISFRUTE DE SU VIDA EN FAMILIA" é o título na primeira folla e "¿Es de veras posible que las familias sean felices? ¿De qué manera?" o que ven seguido. Debaixo das letras, unha foto dunha familia estadounidense, me parece (polo branco-vermello da pel, roupa de supermercado e peiteados). Un prado, pai de pé cun loro na man, ao lado, un fillo sinalando ao loro e sorrindo, sentadas unha nai que mira ao neno e outra filla que acaricia dous cans (e sí, sorprendentemente parecen de palleiro). Só por esta foto xa merece a pena ter collido o folleto. Lembrei ao loro de Jamones (Bar "O Chícaro). 

Abro o documento. "DISFRUTE DE SU VIDA EN FAMILIA" pon e o texto, o párrafo chanta un "¿Conoce familias tan felices y unidas como las que ven en este tratado?". E eu que sei! - pensei. A min tíñanme pintas de capullos (desde o respecto, eh!). Un pouquiño de divorcio, de inseguridade laboral e de nais solteiras. Logo veñen cousas sobre a orixe da familia. Versículos de Mateo, a Génesis… Por fin, a pregunta: "¿Cómo se puede tener éxito?" e a foto dun matrimonio negro cunha nena case bebé (e non caio nesa merda de dicir "de cor"… porque de que cor falamos? nin o tenramente despectivo "negritos") coa súa cesta de mimbre, pelota e oso de peluche incluídos sobre unha toalla encima do céspede. Respostando á pregunta anterior, o seguinte: "Más vale comer verduras con amor, que carne de res con odio" e "Más vale comer pan duro y vivir en paz que tener muchas fiestas y vivir peleando". Xa estamos co puto conto da relixión de ter que elixir. Non entendo nada… e que nunca entendín nada destas cousas… por eso suspendín relixión en 4º de E.X.B. Verduras e amor? Carne e odio? Pero de que estamos falando? Comer pan duro e vivir en paz… que bonito mundo, verdade? Pan duro… mmmmmmm, riquísimo! Muchas fiestas y vivir peleando. Outra vez co rollo de que o desfrute pode relacionarse coas pelexas (pelexas de golpes, me refiro… coas outras pelexas, a veces sí ten que ver o desfrute). 

A continuación, unhas instruccións para ser feliz en familia. "Esposos: Amen a sus mujeres como a su propio cuerpo" (frase dun tal Efesios). Fala de apreciar opinións, de escoitar, de ser tenro, comprensivo e de infundir seguridade. Ben, paréceme ben, estou dacordo. Pero aquí faigo eu dúas apreciacións. Primeira con respecto á frase anterior do panfleto. Se na sociedade actual, os homes e rapaces non coidan os seus corpos (tabaco, alcol, outras drogas e demáis), teñen que facer o mesmo coas súas mulleres? E segunda, xa se ve como as relixións coidan ás súas mulleres, verdade? A súa postura iguala mogollón! 

Máis. "Esposas: Tengan profundo respeto a sus esposos" (outra vez Efesios). Moi ben… xa sabemos… respeto… calar se che poñen os cornos, se che berran. E segue "…la mujer es una ayudante, como complemento de él…" Ahí estamos! Di "¿Se da cuenta usted de lo beneficioso que es para la vida familiar que la esposa muestre respeto a su esposo apoyando sus decisiones y colaborando con él en alcanzar las metas familiares?" Eso é! Colaborar, apoiar as SÚAS decisións… nada de que a muller se realice, nada de que sexa a puta xefa do núcleo.

Outra. "Cónyuges: Mantengan la fidelidad de las relaciones entre esposos" (os Hebreos neste caso). Vale! Pero imos ver… se a maioría das relacións comezan con infidelidades ao anterior. 

E "Padres: Entrenen a sus hijos conforme al camino para ellos". Eu aquí volvo a non enterarme. Que quere dicir esto? É un entrenamiento? Pois vale!

"Hijos: Hijos, sean obedientes a sus padres en unión con el Señor" (e veña Efesios). En unión con quen? Quen é ese Señor con maiúscula? O que me timbrou? Eu xa fun obediente, case sempre, e cando non o fun, fixen ben en non selo… o meu criterio era mellor.

E pasamos á última páxina, a contraportada, na que se aclara en letra moi pequeniña "A menos que se indique lo contrario, todas las citas de la Biblia se hacen de la Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras". Ah, vale! Guai! Xenial! Pois merda pa Traducción esa! Eso sí! Outra foto máis. Tócalle aos chinos. Un gordo de cabeza enorme e a súa filla que, desde o cabaliño lle agarra os papos. Que raro! E aquí onde vai a muller?

Acabouse… e por suposto sen mención ningunha a outros tipos de núcleos familiares… non agardaba menos! Uno, único y para siempre! Toma logo!

Que documento! Que sabiduría! Un panfleto entre a relixiosidade machista-light e os anuncios de multietnia de Benetton.

E digo eu… non lle sería mellor ao vello irse para o Rosalar bailar unhas pezas? E quen di o Rosalar di o Petit Mon Amour ou o Don Juan. Nada máis. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario