domingo, 6 de abril de 2014

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA



É realmente penoso que esta noxenta e exterminadora lei educativa de WERTedoiro se iniciase e xirase entorno á eliminación dunha materia que á Igrexa lle parecía perigosísima. Falo de Educación para a cidadanía, moi maltratada tamén por axentes educativos (pais, nais, mestres, profesores, políticos) que presumen de ir na procura da vangarda e din soster bandeiras de progresismo. E digo que é unha pena porque se algunha asinatura é necesaria, é precisamente esta. O resto das áreas, intrumentais ou non, progresan adecuadamente (como diríamos hai anos). É certo que convén mellorar en todas pero non hai queixa. E esquecede xa o puto Informe PISA, que nin di o que os MASS Media reproducen nin tampouco hai que facerlle moito caso… que o leva a cabo quen o leva a cabo.

Este goberno e máis o poder relixioso tiraron ao lixo Educación para a cidadanía e tirárona nun momento como o que estamos a vivir. 
Credes que un dos problemas da nosa sociedade é a baixa formación? Pero se hai sobrecualificación! 
Credes que falar en galego, euskera ou catalán supón un perigo para a cidadanía? Para os de raia ao lado, camisa por dentro e zapato brillante pode ser.
De verdade vos parece que o que lle fai falta á educación é a competitividade? Eu creo que a competitividade foi o principio do fin das economías.

Ben, pois como dicía, neste momento no que vivimos, con innumerables casos de corrupción, co mal da violencia doméstica moi activo, cunha sociedade machista que se fai aínda máis cada día, coa falta de ética dos poderes fácticos, coa crecente e inxusta desigualdade no mundo, coa desaparición dos valores como motor de cambio, coa perda de dereitos reiterados, coa maliciosa cousificación do ser humano, co clasismo e o racismo sempre presentes… dicídeme, dicídeme! 

HAI ALGUNHA MATERIA QUE FAGA MÁIS FALTA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario