O galo canta un saúdo
madrugador
e abre os ollos a xente.
XEADA.
A friaxe é benvida na cara
a pesar da fiestra
que non pode pelexar.
SOL.
Raios iluminan a habitación,
de vagar,
perdendo a forza,
mentres os primeiros coches
arrancan.
NUBES.
Avanzan os nimbostratos
como un pano de aceiro,
sen ameazas,
mais con feitos,
e as señoras van á compra.
CHUVIA.
Comezan a caer pingas
levemente.
Gañan intensidade
e hai mares no chan.
Petan e petan, duro.
SOL.
Ven a vella co seu arco,
tender pontes vaporosas
que ilusionan aos nenos.
VENTO.
Levanta a roupa o nordés
e métese nos ósos.
Intégrase entre as prendas
coma un tsunami
que ninguén é capaz de conter.
NUBES.
Estratocúmulos que queiman o ceo
e agasallan paisaxes
marcianos,
aquí na Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario