domingo, 9 de marzo de 2014

"IT STARTS HEAR"





Puiden ter elixido varios temas de Peter Broderick, xa que a verdade é que me encanta, mais quédome con este por todo o que me revolve por dentro.
Non pensedes que é doado explicar este tipo de cousas. O que se sente, séntese, de forma abstracta e traelo a letras, en ocasións, é como facer un sudoku sen saber cálculo.

Lembro a primeira vez que escoitei esta canción. Flipei, claro! Ese ritmo, lento, calmado, case cardíaco… Lembro que estaba no salón da casa, preparándome para escribir algo, sentado no sofá, coa miña taza de té e un pouco de leite. Logo do silencio do paso dun corte a outro, comezou a soar no equipo. E que sensación tan boa! Por ese tipo de cousas é polas que a música merece a pena!

Parei de facer o que fose e puxen todos os sentidos na escoita. Deixeime caer no sofá e relaxeime. Metinme en cada unha das notas. Tres minutos e medio marabillosos que pasaron demasiado rápido. 

Volvín a escoitala. Esta vez de pé, mirando pola fiestra unha noite que se convertía en especial por un feito sinxelo. Todo me parecía fermoso, todo o que vía tiña encanto. Miraba nun travelling a cámara lenta que me convertía en protagonista de quen sabe que. Outra vez, chegou ao seu fin.

E púxena de novo. Deixei de mirar hacia fóra e mirei hacia dentro. 
Nese lugar onde a tristeza coñece á alegría, onde a melancolía deixa de ser un estado permanente para pasar a ser algo momentáneo que se pode desfrutar, onde a nostalxia non te separa do que queres, senón que te achega… ahí, xusto ahí estaba eu.

E movíame levemente o corpo, e sacudíame as ideas...



"What have you seen?
What haven't you seen?
Most things
I can't be certain but I think
I have a lot to learn
About you
Sometimes you fill the air
And it's hard for me to breath
A collection of images, words
And sounds is distracting
Always distracting
But of course I can't ask anything of you
Because this isn't even my guitar

h t t p : / / w w w . it starts hear . com
h t t p : / / w w w . it starts hear . com

Maybe you can make one big everything
By combining everything
But you'll never know what's missing
And if your scale is too large
Your weight won't even register
IF-YOUR-SCALE-IS-TOO-LARGE
YOUR-WEIGHT-WON'T-E-VEN-RE-GI-STER
WON'T-E-VEN-RE-GI-STER

h t t p : / / w w w . it starts hear . com
h t t p : / / w w w . it starts hear . com

I wanted to say, 'There is love here.'
I wanted to say, 'I am ready to share.'
But I don't own anything
I don't own anything
And that's why I'll go silent".

No hay comentarios:

Publicar un comentario